You are on page 1of 8

2 O

 inicio da Idade Moderna

en España e América

1. O reinado dos Reis Católicos

A Idade Moderna iniciouse en España co reinado dos Reis Católicos, os cales
puxeron as bases da hexemonía española en Europa, que logo consolidarían Car-
los I e Felipe II.

1.1 A unión dinástica de Castela e Aragón

A unión dinástica de Castela e Aragón logrouse a través do
matrimonio de Isabel I de Castela e Fernando II de Ara-
gón en 1469. Os territorios que integraban as dúas coroas
só tiveron en común os monarcas, e cada un mantivo as
súas institucións, leis, costumes e moeda.

1.2 O fortalecemento do Estado

A implantación da monarquía autoritaria conseguiuse a través da unidade terri-
torial e relixiosa, e o establecemento do Estado moderno.
❚❚ A unificación territorial iniciouse coa anexión
a Castela do reino nazarí de Granada (1492) e
culminou coa incorporación do reino de Nava-
rra (1512).
❚❚ Para conseguir a unidade relixiosa, os Reis Ca-
tólicos crearon en 1478 o tribunal da Inquisición,
unha institución que perseguía os herexes; e
obrigaron a bautizarse ou marchar aos xudeus
(1492) e aos mudéxares de Granada (1500).
❚❚ O establecemento do Estado moderno. Os Boabdil, último rei nazarí, abandonando Granada.

Reis Católicos impuxeron a súa autoridade, so-

metendo a alta nobreza; controlando os bens
das ordes militares, e quitando autonomía
aos municipios e convocando escasamente as
Cortes. Melloraron a administración, creando
Consellos integrados por xuristas; instituín-
do tribunais reais (Audiencias); establecendo
© Grupo Anaya, S. A. Material fotocopiable autorizado.

o cobramento de impostos; creando a Santa

Irmandade, que mantiña a orde no campo, e
modernizando o exército, organizándoo en
terzos. Xudeus.

1.3 A expansión de Castela e Aragón

❚❚ Castela conquistou prazas no norte de África (Melilla, Orán, Alxer e Trípoli) e
proseguiu a súa expansión atlántica, que culminou coa conquista de Canarias
(1496) e o descubrimento de América (1492).
❚❚ Aragón recuperou o Rosellón e a Cerdaña no sur de Francia; e conquistou Ná-
poles no sur de Italia.

12 Nome e apelidos: ......................................................................................................................................................................................................................... Data:..........................................

Área
fotocopiable ADAPTACIÓN CURRICULAR
Avanza en competencias
Comprender a realidade histórica Manejar información temporal
1 Responde as seguintes cuestións: 4 Sitúa no eixe cronolóxico, ao lado de cada
a) Como se chamaban os Reis Católicos? data, os seguintes acontecementos: voda
de Isabel e Fernando, conquista de Grana-
....................................................... e .............................................................
da, incorporación de Navarra, creación da
b) Que características permitiron a implan- Inquisición, expulsión dos xudeus e con-
tación da monarquía autoritaria? quista de Canarias.
1. ...................................................................................................................
1512 .....................................................................................................
2. ...................................................................................................................
3. ...................................................................................................................

Relacionar informacións 1496 .....................................................................................................

2 Coloca cada feito histórico no recadro co-

rrespondente: anexión de Granada a Caste-
1492 .....................................................................................................
la; expulsión dos xudeus; creación da Inqui-
sición; incorporación de Navarra; expulsión
dos mudéxares de Granada. .....................................................................................................

.....................................................................................................
Unidade 1478
territorial

1469 .....................................................................................................

Organizar a información
5 Completa.
Unidade Os Reis Católicos crearon ...........................................................
relixiosa
integrados por xuristas; instituíron .............................

………....................... reais; crearon a ............................................................

................................................................... , que mantiña a orde no

campo; e modernizaron o exército, organi-

Traballar con mapas
zándoo en ..................................................................................... .
3 Observa o mapa coa expansión exterior e
nomea os territorios que comprendía o rei- OCÉANO
IMPERIO
no de Castela e a coroa de Aragón. AT L Á N T I C O Franco-Condado
ALEMÁN
© Grupo Anaya, S. A. Material fotocopiable autorizado.

Reino de Castela: ............................................................................... ROSELLÓN E CERDAÑA FRANCIA VENECIA

HUNGRÍA

NAVARRA

.........................................................................................................................................

CATALUÑA
......................................................................................................................................... ARAGÓN ESTADOS
G AL

ARAGÓN DA
CASTELA Sardeña
IGREXA NÁPOLES
PO RT U

......................................................................................................................................... VALENCIA Mar

Illas
Baleares Mediterráneo Sicilia

Coroa de Aragón: ..............................................................................

Alxer Buxía
(Bejaïa)
Orán
......................................................................................................................................... Melilla

E S TA D O S Territorios da
......................................................................................................................................... I. Canarias BERBERISCOS coroa de Castela
Territorios da
coroa de Aragón
.........................................................................................................................................

Nome e apelidos: ......................................................................................................................................................................................................................... Data:.......................................... 13

Área
ADAPTACIÓN CURRICULAR fotocopiable
2. A
 monarquía hispánica: Carlos I e Felipe II

2.1 Os monarcas do século xvi

No século xvi, a casa de Austria estivo representada por Carlos I e polo seu fillo
Felipe II.
❚❚ Carlos I. Naceu e criouse no Países Baixos, e sucedeu ao seu avó Fernando o Ca-
tólico en 1516. Herdou dos seus avós paternos e maternos numerosos territorios
no centro e no norte de Europa e en Italia, que ampliou con novas conquistas en
América.
❚❚ Felipe II. Incorporou aos seus territorios as illas Filipinas e o reino de Portugal coas
súas extensas colonias.

2.2 O reinado de Carlos I (1516-1556)

❚❚ Conflitos interiores. Á súa chegada a España, Carlos I desatou unha forte oposi-
ción, xa que non falaba castelán; pediu enormes sumas de diñeiro para financiar
a súa elección como emperador, e deixou o goberno en mans de conselleiros
flamengos. Esta situación provocou dúas revoltas: a das Comunidades en Castela
(1520-1521) e a das Xermanías en Valencia e Mallorca (1519-1523).
❚❚ Conflitos exteriores. Francia perdeu o Milanesado; os turcos perderon Túnez; o
problema protestante: os príncipes alemáns, convertidos ao luteranismo e dese­
xosos de autonomía, enfrontáronse a Carlos I. Tras numerosas guerras, a Paz de
Augsburgo (1555) recoñeceu a liberdade relixiosa en Alemaña.
1516 1520 1522 1524 1527 1531 1556
1519 1555
REINADO DE CARLOS I
Conquista do
Inicio do palacio de imperio inca Paz de
Creación do Consello de Indias Carlos V en Granada
Finaliza a primeira Augsburgo
volta ao mundo
Carlos é elixido emperador
Revolta das Xermanías. Inicio da de Alemaña. Sublevación
conquista do imperio azteca (final da conquista en 1521) das Comunidades

2.3 O reinado de Felipe II (1556-1598)

❚❚ Problemas internos. Felipe II enfrontouse a unha rebelión dos mouriscos nas Alpu-
jarras granadinas (1568), causada polas presións que sufrían para abandonar a súa
relixión e os seus costumes; e a unha rebelión en Aragón (1590), que consideraba
que as actuacións do rei non respectaban os seus foros ou dereitos tradicionais.
❚❚ Problemas externos. Derrotou os franceses na batalla de San Quintín (1557); aos
© Grupo Anaya, S. A. Material fotocopiable autorizado.

turcos na batalla de Lepanto (1571); o apoio á causa católica enfrontoulle a unha

rebelión do Países Baixos do Norte (1566), protestantes que se independendiza-
ron en 1579; e púxose a mal con Inglaterra, país protestante que apoiaba a suble-
vación do Países Baixos, polo que Felipe II planeou a súa invasión enviando unha
frota de barcos coñecida como a Armada Invencible, pero fracasou (1588).
1556 1563 1568 1590 1598
1557 1566 1571 1588
REINADO DE FELIPE II
Vitoria de Vitoria de Lepanto, Rebelión de Aragón
San Quintín conquista de Filipinas
Inicio de Sublevación Derrota da Armada Invencible.
El Escorial dos mouriscos O Greco pinta O enterro
do conde de Orgaz
Sublevación dos Países
Baixos do Norte

14 Nome e apelidos: ......................................................................................................................................................................................................................... Data:..........................................

Área
fotocopiable ADAPTACIÓN CURRICULAR
Avanza en competencias
Resolver problemas Relacionar informacións
6 Calcula cantos anos duraron os reinados de 10 Indica a que reinado (Carlos I ou Felipe II)
Carlos I e de Felipe II. corresponden os seguintes feitos históri-
cos:
Carlos I:...............anos. Felipe II: ................. anos.
a) Francia perde o Milanesado: ……………............
Comprender a realidade histórica b) Batalla de San Quintín: …………….................................
7 Contesta as cuestións. c) Batalla de Lepanto: ………………........................................
a) Como se chaman os dous monarcas es- d) Paz de Augsburgo: ……………….........................................
pañois que reinaron no século xvi? e) A Armada Invencible: ……………...................................
.................................................................. e ......................................................... f) Rebelión do Países Baixos: ………………...........
b) En que datas reinou cada un deles? 11 Une con frechas.
Carlos I: (...............-..............) Felipe II: (...............-............) Revolta das Comunidades 1590

Usar o vocabulario Revolta das Xermanías 1520-1521

8 Indica a que termo fan referencia as seguin- Rebelión das Alpujarras 1519-1523
tes definicións:
Rebelión en Aragón 1568
a) Persoas que asesoran o monarca: ……………

……….................................................................................................................
Organizar a información
b) Goberno de determinados territorios ou
12 Escribe na seguinte táboa os conflitos in-
de certos temas: …………………………...................................
teriores durante os reinados de Carlos I e
………….................................................................................................................. Felipe II:
c) Representante do rei nos seus territorios:
Problemas internos
……………………………………...........................................................................

…………..................................................................................................................

Carlos I
Traballar con mapas
9 Coa axuda do mapa, indica a herdanza que
recibiu Carlos I.

Herdanza recibida Felipe II

De Isabel I
Da súa avoa materna,
de Castela Isabel I de Castela
Do seu avó materno, Mar do
Fernando II de Aragón Norte
Mar
Da súa avoa paterna, Provincias Báltico
María de Borgoña Unidas
e Flandes
Do seu avó paterno,
De Fernando II
© Grupo Anaya, S. A. Material fotocopiable autorizado.

Maximiliano de Austria
de Aragón Límite do imperio SACRO IMPERIO
alemán ROMANO
XERMÁNICO
Ducado de
RÍA
Luxemburgo NG
AUSTRIA HU
OCÉANO Franco Condado ESTIRIA
TIROL CARINTIA
Charolais CARNIOLA
De Maximiliano ATLÁNTICO
de Austria
ARAGÓN
CASTELA Illas
Baleares Sardeña Reino de
Nápoles
Vélez da M ar Me d it e rrá n e o
De María de Gomera Sicilia
Borgoña Illas Melilla Orán
Alxer Buxía
(Bejaïa)
Canarias
0 200 400 600 km

Nome e apelidos: ......................................................................................................................................................................................................................... Data:.......................................... 15

Área
ADAPTACIÓN CURRICULAR fotocopiable
3. A
 conquista e a organización de América

3.1 Características do proceso

Finalizada a fase de descubrimento, no século xvi os españois procederon a con-
quistar e organizar o territorio americano. As principais características son:
❚❚ Foi un proceso rápido (entre 1519 e 1558), grazas a que os conquistadores conta-
ban cun armamento superior e inicialmente foron identificados con deuses.
❚❚ Os conquistadores eran particulares que pretendían facer fortuna.
❚❚ A conquista baseouse en capitulacións: contratos polos que a coroa autorizaba a
un capitán a formar unha expedición, que tiña que sufragar do seu propio peto, e
a conquistar un territorio concreto.

3.2 Etapas da conquista

❚❚ Primeira etapa. Incorporáronse os grandes imperios americanos: Hernán Cortés
conquistou o imperio azteca (1519-1521) e Francisco Pizarro conquistou o imperio
inca tras tomar Cuzco, a súa capital (1533).
❚❚ Segunda etapa. Incorporáronse o resto de América do Sur, agás Brasil; América
Central (maias) e o sur de América do Norte; e as illas Filipinas en Asia (1571).

3.3 Goberno e administración

Tras a conquista, as Indias incorporáronse á coroa de Castela. O goberno dos novos
territorios encomendouse ao Consello de Indias, organismo creado en 1524 encar-
gado dos asuntos das Indias.
A administración do territorio organizouse en dous vicerreinados: Nova España e
Perú, amplos territorios gobernados por vicerreis ou representantes directos do rei.
Para a administración de xustiza creáronse audiencias.

3.4 A explotación económica

❚❚ A actividade económica principal foi a mi-
OCÉANO
nería, realizada mediante a mita ou traballo Boston

forzoso asalariado dos indios. Destacan as San Luis Jamestown

minas de prata (Zacatecas, México; Potosí, AT L Á N T I C

O

Perú). Cáncer
Golfo de La Habana Trópico de
México
❚❚ As actividades agrarias practicáronse en México Santo Domingo
grandes propiedades agrícolas e gandeiras, Veracruz
Mar Caribe
chamadas facendas e estanzas. Eran traballa- Cartagena
© Grupo Anaya, S. A. Material fotocopiable autorizado.

de Indias
das por indíxenas en réxime de encomenda,
Panamá Paramaribo
que era un sistema de traballo obrigatorio dos OCÉANO

indios. Ecuador Quito

Guayaquil
❚❚ O comercio coas Indias exercíase mediante a PA C Í F I C O
Casa de Contratación de Sevilla (1503), onde Recife
debía inscribirse cada navío á ida e á volta das Lima
Cuzco
Pueblos originarios
Indias. Territorios ocupados por:

❚❚ Os casteláns introduciron en América cultivos España Trópico de Capricornio

Portugal
europeos (trigo), asiáticos (café) e animais Gran Bretaña
Asunción Río de
Janeiro
descoñecidos (cabalos). As colonias america- Francia
Países Bajos Santiago
nas proporcionaron novos cultivos (millo, pa- Buenos Aires
0 500 1000 1500 2000 km
taca) e algúns animais (pavo).

16 Nome e apelidos: ......................................................................................................................................................................................................................... Data:..........................................

Área
fotocopiable ADAPTACIÓN CURRICULAR
Avanza en competencias
Usar vocabulario Comprender a realidade histórica
13 Define. 16 Responde as cuestións.
a) Consello de Indias: ................................................................. a) Quen conquistou o imperio azteca? E
o imperio inca? .........................................................................
......................................................................................................................
....................................................................................................................

...................................................................................................................... b) Que institución se encargaba do co-

b) Vicerreinado: ................................................................................. mercio coas Indias? ....................................................
....................................................................................................................
......................................................................................................................
Organizar a información
......................................................................................................................
17 Enumera as características principais no
14 Indica a que conceptos fan referencia as proceso de conquista de América.
seguintes definicións: a) ............................................................................................................................

a) Traballo forzoso asalariado dos indios:

....................................................................................................................

………………………........................................................................................... b) ............................................................................................................................

....................................................................................................................
......................................................................................................................
c) ............................................................................................................................

b) Sistema de traballo obrigatorio dos in-
dios: ……………………….........................................................................................
Relacionar informacións
18 Une con frechas.
....................................................................................................................
Toma de Cuzco 1524
....................................................................................................................
Incorporación de Filipinas 1533
Elaborar textos Casa de Contratación 1571
15 Observa o debuxo e redacta un breve tex- Consello de Indias 1503
to sobre a indumentaria dos conquistado-
res españois. Utilizar as TIC
...................................................
19 Busca información en Internet sobre as mi-
nas de prata de Potosí e realiza unha breve
................................................... redacción de cinco ou seis liñas.
.........................................................
...................................................

.........................................................
...................................................

.........................................................
...................................................

.........................................................
© Grupo Anaya, S. A. Material fotocopiable autorizado.

...................................................
.........................................................

...................................................
.........................................................

...................................................
.........................................................

...................................................
.........................................................

.......................................................................................................................................
.........................................................

....................................................................................................................................... .........................................................

....................................................................................................................................... .........................................................

Nome e apelidos: ......................................................................................................................................................................................................................... Data:.......................................... 17

Área
ADAPTACIÓN CURRICULAR fotocopiable
4. A
 arte española no século xvi

4.1 A arquitectura renacentista

Inspirouse en modelos italianos e na súa evolución distínguense tres estilos:
❚❚ O plateresco (1500-1530). Mantivo as formas góticas no interior, pero recubriu a
fachada con decoración renacentista. Exemplos: as fachadas da Universidade de
Salamanca e de San Marcos de León.
❚❚ O purismo (1530-1560). Adoptou os elementos construtivos renacentistas e sim-
plificou e aumentou o tamaño da decoración. Exemplos: o palacio de Carlos V, en
Granada; e a fachada da Universidade de Alcalá de Henares.
❚❚ O herreriano (1560-1600). Caracterizouse polas formas simples, as cubertas exte-
riores de lousa e a nudez decorativa. O edificio máis importante foi o mosteiro-pa-
lacio de El Escorial.

Fachada da Universidade de Salamanca. Fachada da Universidade de Alcalá de Henares.

4.2 A escultura renacentista

❚❚ Caracterizouse pola importancia das tallas en madeira policromada, o realismo e a
temática principalmente relixiosa. As obras feitas en madeira centráronse nos re-
tablos, os cadeirados de coro e os pasos procesionales; os sepulcros realizáronse
en pedra.
❚❚ Os escultores máis famosos foron Alonso de Berruguete (O Sacrificio de Isaac e
o cadeirado da catedral de Toledo) e Juan de Juni (O enterro de Cristo y A Virxe
das Angustias).

4.3 A pintura renacentista

Martirio de San
Estivo influída polos grandes mestres italianos, e a súa temática foi principalmente Sebastián, Alonso
relixiosa. Pintores destacados foron Pedro Berruguete e O Greco. A pintura del Gre- de Berruguete.
co caracterizouse polas figuras de proporcións alongadas con posturas complexas:
as composicións complicadas; as luces fortes, brillantes e irreais; e un colorido de
tons fríos (azuis, agrisados).
A temática das súas obras foi principalmente relixiosa. Tamén foi un gran retratista.
Obras destacadas: O enterro do Conde de Orgaz (1588) e O cabaleiro da man no
© Grupo Anaya, S. A. Material fotocopiable autorizado.

peito (1584).

O enterro do Conde de Orgaz, O Greco.

18 Nome e apelidos: ......................................................................................................................................................................................................................... Data:..........................................

Área
fotocopiable ADAPTACIÓN CURRICULAR
Avanza en competencias
Analizar estilos Relacionar informacións
20 Enumera os estilos polos que pasou a ar- 24 Une con frechas.
quitectura renacentista e indica a súa cro-
noloxía. Plateresco El Escorial

a) ............................................................................................................................
Purismo Universidade
de Salamanca
....................................................................................................................
Herreriano Palacio de Carlos V
b) ............................................................................................................................ en Granada

....................................................................................................................
Coñecer a arte
c) ............................................................................................................................
25 Infórmate e describe a imaxe de El Esco-
.................................................................................................................... rial, indicando o seu estilo, autor, principais
dependencias e algunhas características
21 Explica as características da escultura re- do seu estilo arquitectónico.
nacentista.

.............................................................................................................................

Obtener información
22 Escribe, ao lado de cada escultor, as súas
obras máis representativas. a) Estilo: ........................................................................................................

a) Alonso de Berruguete: ................................................. b) Autor: ........................................................................................................

........................................................................................................................... c) Principais dependencias: ........................................

.................................................................................................................... .....................................................................................................................

b) Juan de Juni: ................................................................................ .....................................................................................................................

............................................................................................................................ .....................................................................................................................

.................................................................................................................... .....................................................................................................................

Producir textos .....................................................................................................................

23 Elabora un pequeno texto no que mencio- d) Principais características: .......................................

© Grupo Anaya, S. A. Material fotocopiable autorizado.

nes as principais características da pintura

do Greco. .....................................................................................................................

............................................................................................................................. .....................................................................................................................

Nome e apelidos: ......................................................................................................................................................................................................................... Data:.......................................... 19

Área
ADAPTACIÓN CURRICULAR fotocopiable

You might also like