You are on page 1of 6

DEREITO DE FAMILIA

2023-2024
Marta Carballo Fidalgo
PROGRAMA

INTRODUCIÓN
Lección 1.- Familia e Dereito
1. A familia e o Dereito de Familia
2. A familia na Constitución española de 1978.
3. Os cambios na concepción da familia e a súa repercusión na modificación da
lexislación civil.
4. Desenvolvemento autonómico do Dereito de familia: a lexislación da
Comunidade Autónoma de Galicia.

O MATRIMONIO
Lección 2.- O matrimonio
1. Matrimonio: concepto, natureza e caracteres.
2. O sistema matrimonial español vixente.
3. Promesa de matrimonio.
4. Requisitos do matrimonio: o acta e o expediente matrimonial, capacidade e
impedimentos.
5. A celebración do matrimonio e as súas modalidades.
6. Efectos do matrimonio: dereitos e deberes dos cónxuxes

A ORGANIZACIÓN ECONÓMICA DO MATRIMONIO

Lección 3. Sistema de organización económica do matrimonio


1. Determinación do réxime económico no Dereito español.
2. O réxime económico no Código Civil.
3. O réxime matrimonial primario.
4. Capitulacións matrimoniais: concepto e significado, forma e contido.
5. Doazóns por razón de matrimonio.
6. O réxime económico familiar no Dereito civil de Galicia: os pactos previos
sobre liquidación da sociedade de gananciáis.

Lección 4. A sociedade de gananciais


1. Bens comúns e privativos: a presunción de ganancialidade.
2. Cargas e obrigas da sociedade de gananciais.
3. Responsabilidade fronte a terceiros.
4. Responsabilidade por débedas privativas.

Lección 5.- Xestión, administración e liquidación da sociedade de


gananciais. Outros réximes económicos
1. Xestión e administración.
2. Disolución e liquidación.
3. O réxime de separación de bens.
4. O réxime de participación nas ganancias: liquidación.

INEFICACIA, DISOLUCIÓN E CRISES MATRIMONIAIS

Lección 6.- A nulidade, a separación e o divorcio


1. Nulidade do matrimonio.
2. Separación do matrimonio.
3. Disolución do matrimonio.
4. Disolución por divorcio.
5. Efectos comúns á separación, nulidade e divorcio contencioso: medidas na
fase preliminar, medidas durante o procedemento e medidas definitivas.
6. O convenio regulador.
7. Dereito de compensación económica e indemnización.
8. Os pactos previos sobre as consecuencias das crisis matrimoniais.
9. A mediación familiar.

Lección 7. As unións extramatrimoniais ou de feito (a convivencia more


uxorio)
1. As unións de feito: desenvolvemento lexislativo autonómico e situación no
Dereito estatal
2. O tratamento xurisprudencial das parellas non casadas no Dereito estatal:
efectos persoais e patrimoniais da convivencia e cese da vida en común.
3. As lexislacións autonómicas sobre as unións de feito: doutrina do Tribunal
Constitucional.
4. A regulación das unións de feito no Dereito civil de Galicia.

A FILIACIÓN

Lección 8. A relación de filiación


1. Nocións fundamentais e clases
2. Atribución da filiación e a súa proba.
3. Determinación da maternidade.
4. Determinación da paternidade matrimonial.
5. Determinación da paternidade non matrimonial.
6. As accións de filiación: accións de reclamación e de impugnación.

Lección 9.- Filiación adoptiva e técnicas de reprodución asistida


1. Filiación e técnicas de reprodución asistida.
2. Adopción: requisitos persoais e procedemento.
3. Efectos: impugnación e extinción da adopción.

Lección 10.- Patria potestade


1. Concepto, evolución histórica e natureza.
2. Suxeitos: os menores e o interese do menor
3. Exercicio: a complexidade dos proxenitores non convivintes e as discrepancias
sobre as decisión que afectan aos menores
4. Contido persoal e patrimonial.
5. Perda, modificación, suspensión e extinción da patria potestade.
6. Protección dos menores ante o incumprimento dos deberes da patria potestade:
declaración de desamparo, tutela ex lege, garda e acollemento

ALIMENTOS ENTRE PARENTES

Lección 11.- A obriga de alimentos entre parentes


1. Concepto, natureza e carácteres.
2. Contido: suxeitos e obxecto da prestación alimenticia.
3. Nacemento, modificación e extinción da obriga de alimentos.

METODOLOXIA DA ENSINANZA

A ensinanza da materia divídese en dous grandes apartados: as clases de


expositivas, nas que o profesor adquire o principal protagonismo, e as clases
interactivas, de carácter práctico, nas que o alumnado realizará e protagonizará
exposicións, comentarios, discusións, exercicios e análise de casos.
As clases expositivas terán carácter presencial. O profesor explicará na aula os
conceptos e procesos básicos da materia, debendo o alumnado, posteriormente,
complementar tales explicacións coa utilización dos materiais de traballo e
manuais recomendados en cada caso.
Nas clases interactivas, que tamén terán carácter presencial, o alumnado deberá
demostrar a adquisición ou posesión dos coñecementos e competencias que se
pretenden avaliar na asignatura. O desenvolvemento das clases interactivas
tentará de complementar, de xeito práctico, o visto nas de tipo expositivo. Para
elo, o alumnado deberá resolver diferentes exercicios e casos, exporá temas e
realizará diferentes aportacións persoais solicitadas polo profesor. Os exercicios
e casos serán realizados na aula.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA

- BERCOVITZ RODRIGUEZ-CANO, R. (coordinador): Manual de Derecho


Civil. Derecho de familia. Bercal, Madrid.
- DIEZ-PICAZO, L. e GULLÓN BALLESTEROS, A., Sistema de Derecho civil,
vol. IV: Derecho de familia. Derecho de sucesiones. Ed. Tecnos. Madrid.
- LACRUZ BERDEJO, J. L. y otros, Elementos de Derecho civil, tomo IV:
Derecho de familia, Dykinson, Madrid.

SISTEMA DE AVALIACIÓN DA APRENDIZAXE

A avaliación da materia levarase a cabo a través de dúas actuacións: avaliación


continua e proba teórico-práctica final.
A avaliación continua terá un peso do 30% da cualificación final (3 puntos sobre
10). Valoraranse tanto a asistencia e intervención activa nas clases expositivas
(10%) como as actividades e prácticas, individuais ou en grupo, realizadas nas
clases interactivas (20%).
A proba teórico-práctica final, na que se avaliarán o dominio dos conceptos
teóricos adquiridos e a súa aplicación a un caso práctico, terá un peso de ata 7
puntos na nota final (70%). O/a alumno/a deberá obter nesta proba un mínimo de
3 puntos. Para a realización do caso práctico deberá utilizarse a lexislación
indicada na clase pola profesora, especialmente o Código Civil e a Lei de Dereito
Civil de Galicia.
A cualificación final determinarase sumando a nota correspondente ao exame e a
obtida na avaliación continua. Para aprobar a materia, a suma debe ser 5 ou
superior. O/a alumno/a que non participase nas clases en todo o cuadrimestre
debe obter no exame unha nota mínima de 5 (sobre 7). Non poderá aprobarse a
materia cunha pregunta do exame en branco ou cunha calificación de 0.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de
aplicación o recollido na "Normativa de avaliación de rendemento académico dos
estudantes e de revisión de cualificacións".
Esta forma de avaliación é única para as convocatorias ordinaria e extraordinaria.
Para tal efecto, a cualificación correspondente á avaliación continua ao longo do
curso académico considerarase a mesma en ambas as dúas convocatorias.
En posteriores matrículas non se gardarán as notas da avaliación continua.
Cómpre advertirlles expresamente aos alumnos que, consonte a normativa de
permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera
asistencia e/ou participación en calquera das actividades referidas será obxecto de
avaliación e, xa que logo, a nota final do estudante que as cumprimente en
ningún caso será de NON PRESENTADO.
Réxime para o alumnado con exención de docencia:
O 100% da cualificación será a determinada polo exame final. O alumnado
poderá asistir ao longo de todo o curso académico ás titorías que precise.

You might also like