You are on page 1of 1

Fragmento da “presentación” de Mª Ll. Hernanz e J.

Mª Brucart, La sintaxis, Barcelona,


Crítica, 1987

1) A sintaxe coma unha disciplina en expansión: antes dos 50/60 a sintaxe era
unha disciplina marxinal, pero neste momento xorden novos modelos teóricos
(gramática xenerativa, gramática funcional) que teñen a sintaxe como tronco
central dos seus estudos, e non a morfoloxía coma ata entón.
2) Dinamismo: desfase entre a investigación e a docencia (modelos xa
superados).
3) Descrición e explicación da lingua:
a) Descrición: análise do corpus para coñecer as regras da lingua. É a tarefa
central da gramática tradicional.
b) Explicación dos feitos da lingua: debe facerse necesariamente dentro dun
marco teórico (hipótese). Non existe un só marco teórico, de aí que sexan
múltiples os modelos de gramática baseados en hipóteses parcialmente
diferentes. Ademais, dependendo do marco teórico e dos seus obxectivos
serán máis importantes uns ou outros elementos, un feito que depende das
perspectivas dos ditos marcos, non dos feitos lingüísticos en si.
4) Confusión entre medios de análise e análise mesma: é frecuente que se
confunda a representación gráfica da análise (árbores, caixas, etc.) coa
análise mesma. Porén, a análise é un exercicio de reflexión intelectual, que
pode representarse graficamente, pero que consiste en determinar:
a) Estrutura xerárquica.
b) Funcións (papel dun tipo de unidade na súa unidade superior).
c) Tipo de unidades (propiedades formais).

1 Sintaxe galega
2009/2010
USC

You might also like