You are on page 1of 27

Vamos a falar de algúns datos que aparecen no libro de JORGE

MIRA ¿A QUE ALTURA ESTÁ O CEO? :


A QUE ALTURA ESTÁ O CEO AZUL?

ESTÁ A UNS 25 KM
DE ALTURA
DE QUE FORMA É A TERRA?
Os nosos antepasados pensaban nun
principio que a Terra era plana; pero hai
moitos anos, uns 500 a.C Hecateo de
Mileto razoou a seguinte teoría onde se
deixaría claro que a Terra e redonda, non
plana (vista na seguinte diapositiva).
Aínda así non ten una forma esférica de
todo, é mais achatada na zona dos polos.
A distancia do ecuador ao centro da Terra
é uns 22Km máis longa que do polo norte
ao centro. A circunferencia do ecuador
mide uns 70Km máis que as que pasan
polos polos (meridianos).
TEORÍA DE HECATEO DE MILETO:

Se a Terra fose plana, veriamos o


barco afastarse ata que non fose
apreciable polos nosos ollos. Como é
redonda, veremos como vai
desaparecendo pola súa parte Baixa.
Se subimos a una montaña, veremos
máis lonxe que dende a praia
Ademais de esta evidencia para que a Terra fose redonda existía
outra:

Cando a Terra está xusto entre o Sol e a


Lúa, tapa a esta última, causando o que
se coñece como eclipse de Lúa. Nese
momento a Lúa fai de pantalla para
proxectar a figura do noso planeta sobre
a da Lúa deducíndose así que a Terra
ten forma redonda.
Outro que tamén se deu conta de que a Terra era redonda foi
Eratóstenes xa que:
Eratóstenes deuse conta do seguinte:
Mentres que os raios de Sol caen
verticais en Siena, en Alexandría fano cun
ángulo de 1/50 de circunferencia (7,2
grados). Este ángulo será xa que logo,
igual que o que fan esas dúas cidades e,
como consecuencia, o arco que separa
será 1/50 da circunferencia terrestre.
Como ese arco mide 800Km, a terra ten
40.000Km de circunferencia.
Agora que sabemos o tamaño da Terra, pasemos á Lúa:
O xenial grego Aristarco de Samos decatouse do seguinte:
Cando a Lúa a que tapa a Terra, a súa sombra sobre ela é
só un puntiño. Cando estamos na casa vendo un eclipse
de Sol, como o disco da Lúa encaixa tan ben co do Sol , a
pouco que a Lúa se afaste, deixará de facer sombra
escura de todo enriba de nós. Aristarco comprendeu que
ese achique da sombra da Lúa sobre a Terra ten que ser
debido a que o Sol é moi grande , e polo tanto, os raios
das beiras superior e inferior do Sol tiñan que chegar un
pouco inclinados, de xeito que fixeran que as sombras da
Terra e a Lúa una sobre a outra se contraesen. Posto que
a sombra da Lúa sobre a Terra e só un puntiño tiña que
pasarlle algo semellante á sombra da Terra sobre a Lúa e
sabendo que a sombra da Terra sobre a Lúa é 2,5 veces
maior ca a Lúa, Aristarco compensou ese efecto de
contracción e deduciu que a Terra tiña que ser 3,5 maior
cá Lúa
DISTANCIA Á LÚA:
Unha vez se soubo o tamaño da
Lúa, calculouse a distancia á que
está usando una moeda e una
regra de tres.
Este colleu a moeda e púxoa diante
dos seus ollos, ata tapar
perfectamente a Lúa facendo así
una equivalencia de triángulos,
entre os diámetros da moeda e o
tamaño da Lúa habería a mesma
distancia que do ollo á moeda e a
distancia do ollo á Lúa.
Coñecendo o diámetro da moeda e medindo a distancia que os separan dos
nosos ollos determinase, co tamaño lunar que estimou Hisparco: A distancia
da Terra á Lúa é de 400.000Km
Coñecendo a distancia Terra-Lúa Aristarco seguiu investigando
sabendo tamén cal sería o tamaño do sol. Este prestou atención ás
fases da Lúa e medindo con precisión o ángulo X coa Lúa en cuarto
crecente ou minguante, soubo a distancia Terra- Sol.

Aristarco calculou de ángulo 87 grados, dato


que actualmente é 89,8, un erro que parece
insignificante pero en realidade é catastrófico.
Aristarco calculara que o Sol estaba 20 veces
mais lonxe da Terra do que está a Lúa , cando
en realidade é 400 veces maior.

Sabendo as distancias á Lúa e ao Sol, e o tamaño da Lúa, aplicando


una regra de tres como na distancia á Lúa sabemos o tamaño do Sol;
8 MILLÓNS DE Km.
A QUE ALTURA ESTÁN OS PLANETAS?

Kepler descubreu que para todos os planetas


existe a mesma proporción entre o tempo que
lles leva dar una volta ao redor do Sol e a súa
distancia a el. Nomeadamente descubriu que,
se elevamos ao cadrado o tempo que lle leva a
un planeta dar a volta ao Sol , e o dividimos
pola súa distancia máxima ao Sol elevada ao
cubo, o número que nos sae e igual para todos
os planetas. Deste xeito o planeta máis
afastado circulará pola súa órbita elíptica mais
lento que o planeta máis cercano.
DISTANCIA AO SOL… E DISTANCIA AOS PLANETAS:
Esta foi tarefa de Giovanni Cassini
que o resolveu da seguinte forma:
Este estirou un brazo, pechou un
ollo e puxo o polgar cara arriba
tapando un punto nunha parede. De
seguida abriu o ollo e pechou o
outro. O resultado e que vemos
como polgar cambia de lado. Ao ver
isto fíxoo cos planetas collendo
Marte de referencia. Con este
experimento foi como se coñeceu a
distancia aos planetas.
AGORA IMOS IR MÁIS ALÁ, A QUE ALTURA ESTÁN AS
ESTRELAS?
Para isto mirou a mesma estrela con 6
meses de diferencia e decatouse de que se
movera 300 millóns de Km. Con iso
acadábase una diferenza entre os puntos
de visión igual ao dobre da distancia ao
Terra-Sol. Ademais case ningunha estrela
presentaba diferenzas na súa posición.
Máis tarde Friedrich Bessel atopou en
1831 una estrela, 61 Cygni, que
presentaba un desprazamento de 5,2
segundos de arco. Este conseguiu o que
parecía imposible, medir cambios na
posición relativa dunha estrela ao
observala con 6 meses de diferenza.
Agora pensemos o seguinte:
Se pensamos no ángulo, un ángulo recto son 90
graos, cada grao divídase en 3600 segundos . Se
botamos contas do noso planeta á Cygni son 100
billóns de Km; está a 11 anos luz
1año luz=9,461000000000Km
HENRIETTA LEAVITT PROPORCIONOU OUTRO MÉTODO DE MEDIDA
DE DISTANCIAS ASTRONÓMICAS, GRACIAS A ELA SABEMOS O
TAMAÑO DA VÍA LÁCTEA
Esta calculouno da seguinte maneira:
Posto que se pode calcular as distancias a dúas
lámpadas iguais medindo a luz que recibimos
delas, se aproximamos a lámpada á metade de
distancia, a cantidade de luz que recibiremos
dela será 4 veces maior; una vez sabido isto
puido facer o meso con dúas estrelas, para iso
necesitou atopar dúas estrelas pulsantes no
firmamento que brillasen do mesmo xeito.
Unha vez atopado e coñecida a distancia ás
estrelas e determinado o período de oscilación
das súas luces obtense a distancia a outras
estrelas que tivesen o mesmo período de
oscilación
Deste xeito avanzouse moito e rápido podéndose determinar no 1918 o
tamaño da vía lactea: 100.000anos luz
HAI MÁIS GALAXIAS ALÉN DA NOSA?
O astrónomo Edwin Hubble un día
desde o seu telescopio observou
unha estrela variable, este púxose a
investigar e os seus cálculos daban a
que estaba fora da vía láctea. Para
este razoamento só existía una
solución, alá fora da vía láctea tería
que existir mais materia.
(Hubble descubrir a Nebulosa de
Andrómeda que é una galaxia coma
a nosa e está a 2,5 millóns de anos
luz)
COMO AUMENTAN AS LUCES QUE SE MOVEN

As estrelas ao estren afastadas


de nós adquieren una cor
avermellada, o vermello é a
frecuencia de luz máis Baixa que
podemos percibir; colo
contrario, as que están mais
achegadas a nos Terán cores
azuis e violetas posto que son as
frecuencias de luz máis altas que
podemos ver.(lei de Hubble)
LEI DE HUBBLE:

O corremento ao vermello dunha


galaxia é proporcional á distancia
que se separa de nós. É dicir, se una
galaxia está ao dobre de distancia
doutra, entón o seu corremento ao
vermello será o dobre
A TEORÍA XERAL DA RELATIVIDADE
Albert Einstein publicou una teoría
sorprendente: para comprender o
mundo debe terse en conta que
espazo e tempo non son dimensións
independentes, ata o punto de que, se
dous observadores que se moven a
diferentes velocidades cronometran un
mesmo feito, as súas medidas van a ser
distintas. Esta diferencia de velocidade
so se percibe cando son velocidades
extremadamente altas como no caso
dos planetas, estrelas…
HAWKING E PENROSE ENCAIXAN O BIG BANG NA
TEORÍA DA RELATIVIDADE
Quedaba aínda un fío solto, a ida do inicio do
espazo-tempo cun Big-Bang, cousa difícil de
encaixar pero que conseguiron os homes
citado no encabezado. Estes ademais de iso
tamén demostraron que, no marco da teoría
xeral da relatividade, cun universo que se
infla coma un globo, non hai máis solución
que admitir que o universo tivo un comezo.
Pero aí non acaba o traballo, xa que tamén
demostraron que o tempo transcorrido desde
ese Big Bang é finito, e pode ser calculado.
A QUE RITMO FOXEN AS GALAXIAS?
A 600Km por cada megapársec de
distancia.
(1 megaparsec e un millón de parse, e 1
parsec é a distancia á que tería que
estar un obxecto astronómico para que
a metade da paralaxe fose de un
segundo de arco. É dicir, teriamos un
triangulo cuxo ángulo mais pequeno
mediría só un segundo de arco. Cando
iso é así a altura do triangulo é de un
parsec( 3,26 anos luz))
Estes datos non eran correctos, pouco despois mediuse que esa
velocidade andaba polos 75Km/s por megaparsec
Posto que esa cifra fora errónea, e era seis veces máis pequena que a medida
po Hubble, o tempo que levaban fuxindo as galaxias tiña que ser seis veces
maior ao estimado e dicir sobre uns 13.000millons de anos. Fagamos os
cálculos:
Tempo=espazo/velocidade=1megàparsec/(68km/s)=3,1*10^19km/(68km/s)= 4,56*10^17s
E isto canto é:
4,56*10^17s/(31.556900s/ano)=14.450millons de anos
A DERRADEIRA ALTURA DO CEO:
Recordemos o que se descubrirá analizando
as ecuacións da relatividade xeral de
Einstein: que o universo se expande… porque
o espazo-tempo no que o universo está
pintado se expande. Iso quere dicir que o
punto que emitiu a luz máis antiga que agora
nos chega, tivo moito tempo para afastarse
de nós logo de emitirnos esa luz. É dicir que
ao tempo que a luz vén cara a Terra, o punto
que a emitiu vaise afastando. O balance final
resulta en que ese punto se afastou unas tres
veces mais que a distancia que tería
percorrida a luz se o punto estivese quedo.
En concreto, o punto que emitiu esa luz hai
13.800 millóns de anos está agora a uns
46.500 millóns de anos luz.
OPINIÓN SOBRE O LIBRO:
Baixo o meu punto de vista é un libro que eu nunca escollería para leer entre os
meus gustos. Cando acudimos o día 29 de Novembro á charla que impartiu Jorge
Mira, pareceume interesante o libro, tiña datos curiosos, pero aínda así ao lelo
resultoume algo aburrido, como se lese una enciclopedia, un libro de astronomía…
demasiados datos por todas partes, cada páxina, capítulo que pasaba, falábame de
outro tema distinto pero que en definitiva estaba encadeado ao anterior. Ainda así
teño que recoñecer que as súas aclaracións estaban moi ben pensadas e Dani
Padrón, ilustrador de este libro fixo un moi bo traballo, encantáronme os seus
debuxiños facendo as aclaracións do que iba narrando Jorge. Ademais de iso
felicítoo por dar creado un libro que contén tanta información e narralo en tan só
127 páxinas.
En definitiva, tivo interesante o libro, pero non me serviu de nada lelo porque hai
tantos datos que cando te das conta xa non che acorda ningún. Eu en vez de coller
tantos datos e escupilos como fixo el, collería a metade ou menos e centraríame ben
neles sen querer abarcar todo ou senón facer un libro mais extenso pero que teña
explicacións mais densas porque explica as teorías nun parágrafo só e parecéronme
cortas.
JORGE MIRA PON O UNIVERSO AO ALCANCE DOS
LECTORES.
A QUE ALTURA ESTA O CEO?
TRABALLO DE ALBA ANDUJAR ZAMAR 2ºBACH-A

You might also like