You are on page 1of 1

PAUTAS PARA PARTICIPAR NUN DEBATE (FILOSOFÍA 1º BAC).

Tendo en conta que a profesora exerce o rol de guía (establecendo as normas), de


moderadora (introducindo brevemente o tema, lanzando algunha pregunta e dando a quenda
de palabra, sexa voluntaria ou imposta) e de secretaria (elaborando unha síntese final con
axuda de todos), os alumnos/as participantes deben ter en conta as seguintes pautas:

- Prepararse e documentarse previamente, pois non se trata de impoñer o punto de


vista persoal, senón de convencer usando a exposición, a argumentación e a contra-
argumentación. Hai que buscar argumentos (os que son a favor chámanse “PROBAS” e
pretenden demostrar a validez do que un di, mentres que os argumentos en contra
chámanse “OBXECIÓNS” e pretenden mostrar os erros do contrincante).

- Levar apoio escrito (información buscada, elaborada e organizada) e boli e papel para
tomar breves notas durante o debate (para fixar ideas que xorden e non esquecelas
mentres esperas quenda de palabra ou para recordar expresións do contrincante e
poder contestarlle con precisión).

- Non usar fórmulas como: “Eu creo que”, “A min paréceme que”, pois denotan
inseguridade e subxetividade. Mellor fórmulas máis categóricas como: “O uso da
violencia lexítima por parte do Estado é / non é necesaria porque...”, “A
legalización/ilegalización das drogas é necesaria porque...” (recorrer á lexislación, a
autoridades no tema, a estudos realizados, a exemplos, a experiencias persoais, etc).

- Falar con precisión, claridade e brevidade, usando os conceptos adecuados.


Aclaralos nós ou esixir que se aclaren segundo conveña (“Convén aclarar que unha
cousa é... e outra moi distinta...” “Estás confundindo conceptos...). A falta de
vocabulario claro e os rodeos innecesarios (perífrases ou circunloquios) implican perda
de forza e xa que logo, de poder de convicción.

- Non só formular ideas de forma enunciativa, senón tb suscitar preguntas para


acurralar ao contrincante en algo que dixo ou cando non se sabe que responder ante
un comentario determinado. Fórmulas iniciais para elaborar preguntas interesantes:

o Por que...? En que che baseas...? Cales son as razóns...? Cal é o propósito
de...?
o Que diferenza habería se...? Como sería se...? E se...? Que ocorrería se
soubésemos...? Que cambiaría se...?

- Non desviarnos do tema e reconducir o asunto se o contrincante non é pertinente


ou coherente, utilizando fórmulas como: “Estás desviandote do tema principal, que
é...”, “O que dixeches non é relevante para o asunto que estamos tratando, que é...”,
aproveitando a ocasión para reafirmar o que interesa defender.

You might also like