You are on page 1of 2

O MEDIO AMBIENTE E AS PERSOAS

O medio ambiente é todo o que nos rodea e que afecta ao desenvolvemento da


nosa vida: aire, auga, fábricas, edificios.....
As persoas modificamos o medio ambiente en función dos recursos que
precisamos para cubrir as nosas necesidades:
➔ Para alimentarnos: aramos a terra, cultivamos....
➔ Para asegurar auga para o consumo: construímos pozos, canalizacións...
➔ Para comunicarnos: construímos estradas, aeroportos...
➔ Para obter materiais: extraemos rochas e minerais da terra.
➔ Para descansar: edificamos vivendas, hoteis...

O desenvolvemento sustentable é o que propón satisfacer as nosas


necesidades actuais sen destruír o medio ambiente e sen poñer en perigo as
condicións de vida das xeracións futuras.

Cumio da Terra: conferencia das Nacións Unidas na que se fixeron as


recomendacións necesarias para garantir un desenvolvemento sustentable no
século XXI. Estas recomendacións recolléronse nun documento chamado
Axenda 21.

OS PROBLEMAS DO MEDIO AMBIENTE


● A deforestación é a perda de bosques. Prodúcese cando se cortan de
forma descontrolada grandes superficies de bosques para aproveitar a
madeira.
● A sobreexplotación dos recursos naturais prodúcese cando os seres
humanos consumimos tan rápido en en cantidades tan grandes estes
recursos que non damos tempo a que se rexeneren de forma natural.
● A contaminación consiste en liberar ao medio natural substancias nocivas
que poden alterar a composición da atmosfera (gases das industrias,
automóviles...), da auga (verteduras industriais, fugas de petróleo dos
barcos...) ou do terreo (pesticidas e fertilizantes).
● O cambio climático: alteración das condicións normais dos elementos do
clima, como a temperatura, as precipitacións, os ventos... Estas
alteracións están provocadas por fenómenos naturais (erupcións
volcánicas) ou por actividades humanas (actividade industrial, corta de
bosques...) que producen moitos gases invernadoiro como o dióxido de
carbono.
Protocolo de Kyoto: é un acordo internacional no que os países firmantes
aceptaron reducir as emisións de gases contaminantes.
A PROTECCIÓN DO MEDIO AMBIENTE

Como poden as persoas coidar o medio ambiente?

✔ Aforrar auga: pechar billas e ducharnos.


✔ Aforrar electricidade: apagar as luces cando non son necesarias e
utilizar lámpadas de baixo consumo.
✔ Aforrar combustible: utilizar o transporte público e no abusar da
calefacción e do aire acondicionado.
✔ Depositar o lixo e os residuos nos lugares adecuados.
✔ Respectar a fauna e a flora.

As leis protexen o medio ambiente


As autoridades encárganse de elaborar leis que permiten a conservación do
medio ambiente:
➢ Para protexer as paisaxes decláranas espacios naturais protexidos:
paisaxes de singular beleza, con animais ou plantas de gran valor, formas
do relevo únicas....
➢ Para recuperar as paisaxes deterioradas: plantación de árbores,
depuración de augas....
➢ Para previr os danos nas paisaxes: realizar estudos para coñecer o
impacto das nosas actividades...

Os parques nacionais
En España hai 15 parques nacionais:
• Parques de alta montaña: Picos de Europa, Ordesa e Monte Perdido,
Serra de Guadarrama, Serra Nevada e Aigüestortes i Estany de Sant
Maurici.
• Parques marítimo-terrestres: Illas Atlánticas de Galicia e Arquipélago
de Cabrera.
• Parques de zonas húmidas: Doñana e Tablas de Daimiel.
• Parques de bosque mediterráneo: Cabañeros e Monfragüe.
• Parques volcánicos: Garajonay, Timanfaya, Caldera de Taburiente e
Teide.

You might also like