You are on page 1of 15

● Introdución- Xustificación

A unidade didáctica que vamos a traballar é a décimo cuarta chamada “Sherlock


Holmes”, esta UD caracterizase polas súas actividades de orientación no medio
ambiente, as cales se intentarán traballar fora das instalacións do centro
dependendo da sesión se se precisa.

Nesta unidade didáctica imos traballar, a través de varias actividades, a orientación


no medio natural. A orientación é unha das actividades que maior repercusión tivo ao
longo dos últimos anos na Educación primaria dentro da materia de Educación Física
e dentro do bloque de “Actividades no medio natural”.

É unha necesidade para o noso alumnado, ser capaces de interactuar co medio e


ser capaces de orientarse dentro da natureza. Ademais do enfoque educativo que, a
nivel docente proporciónanos, o feito de que poidan interactuar co medioambiente,
sentirse partícipes da actividade que eles van desenvolver, facilita moito o noso
traballo e fai que un dos moitos obxectivos do currículo, aprender a aprender este
presente a través de toda a actividade. Por tanto, vai ser moi fácil abordar os
aspectos educativos que a través do traballo da Orientación nas clases de Educación
Física podemos abordar. Realmente cando nos expomos realizar este tipo de tarefas
o que estamos a buscar non é un simple medio de entretemento, dalgún modo
estamos a encubrir, a partir dunha actividade lúdica, buscamos traballar unha serie
de determinados obxectivos aos que o alumno chegará a partir da explicación dunha
serie de actividades.

Aspectos que consideramos que poden ser positivos a nivel educativo dentro
deste tipo de actividades:

A idea cando traballamos este tipo de actividades, é que ao alumnado lles sirva para
desenvolverse en situacións reais, o cal fará que non só vaia a ser unha actividade
relacionada coa propia materia. A vantaxe destas actividades é que podemos
situalas ao longo de todo o ano tanto nun medio rural como na cidade, a praia,
montaña, etc. o cal nos dá moitas posibilidades e unha gran riqueza á hora de expor
obxectivos e contidos a traballar.

Outra vantaxe que temos é que, como nós pretendemos enfocar o traballo desde un
punto de vista lúdico, imos ter o factor favorable da propia natureza do neno/a, xa
que eles van buscar divertirse por tanto a actividade deixa de ser unha carga para
pasar a ser un medio de animado.

Ademais cremos que é unha actividade que pode favorecer o desenvolvemento de


actitudes cognitivas, sociais e afectivas ademais das motrices e psicomotrices.

Problemas que podemos ter a hora de executar a actividade:

Consideramos que quizais o maior problema que podamos ter en Galicia á hora de
realizar este tipo de actividades é a climatoloxía, razón pola cal tentaremos situar
dentro do último trimestre do curso que é cando o clima é máis favorable na nosa
comunidade.

● Contextualización:

O “CPI Castroverde” é un centro público rural situado no casco urbano de


Castroverde. Recibe alumnado do Concello de Castroverde en infantil, primaria e
secundaria e do Concello de Baleira en secundaria. O centro ten liña 1 e unha
proporción ideal de alumnado por aula.

CARACTERÍSTICAS DA CONTORNA:

Os concellos de procedencia da maioría do alumnado teñen unha situación


socioeconómica e cultural semellantes, sendo unha das súas actividades principais o
sector servizos xunto coa agricultura e gandería.

A duración desta unidade didáctica vai a ser de 5 sesións repartidas no terceiro


trimestre do 6º curso da Educación Primaria.

Decidimos realizar esta unidade didáctica durante o mes de xuño porque a


Organización das Nacións Unidas designaron o 5 de xuño como o Día Mundial do
Medio Ambiente para destacar que a protección e a saúde do medio ambiente é
unha cuestión importante, que afecta ao benestar dos pobos e ao desenvolvemento
económico en todo o mundo. Entón, aproveitando este dato, comezaremos a levar a
cabo sesións en torno a este tema transversal.

Ademais, o tempo meteorolóxico é máis axeitado para realizar as actividades que


temos previstas.

31 de MAIO: primeira sesión.

2 DE XUÑO: segunda sesión.

7 DE XUÑO: terceira sesión.

11 DE XUÑO: cuarta sesión.

17 DE XUÑO: quinta sesión.

En canto á aula, hai un profesor ou profesora por cada 20 alumnos/as. Non


precisaremos a aula de 6º de primaria pero si o pavillón do concello que esta a caron
do colexio, e que previamente solicitaremos. Ademais, realizaremos unha serie de
saídas ao exterior do centro para realizar as diversas sesións.

TIPOS DE FAMILIAS:

Hai un número significativo de familias extensas nas que conviven tres xeracións
distintas, ainda que estan a aumentar as familias monoparentais.
ALUMNADO:

Hai unha alta proporción de alumnado con diversidade funcional. estanse a realizar
medidas de sensibilización e prevención do maltrato entre iguais así como a
potenciación dunha cultura de xestión pacífica dos conflitos.

RELACIÓN CON OUTRAS INSTITUCIÓNS:

O centro ten unha relación de colaboración coas seguintes organismos e institucións,


o Concello, coa ANPA e con asociacións deportivas.

VALORES E PRINCIPIOS PRIORITARIOS:

O centro aposta por potenciar algúns dos valores e principios recollidos na


Constitución Española e que consideramos neste contorno social, económico e
cultural:

a. A Tolerancia

b. A Solidariedade

c. A Convivencia e a xestión pacífica dos conflitos

d. O respecto a diversidade apostando pola pluralidade lingüística,


relixiosa e cultural dos distintos pobos.

e. A igualdade entre persoas independentemente da identidade


de xénero ou opcións afectivo-sexuais.

CARACTERÍSTICAS SINGULARES

Ofertas que ofrece o centro escolar:

1. Infantil
2. Primaria
3. ESO
● Servizos:
○ Comedor
○ Transporte
○ Madrugadores (Concello)
○ Actividades extraescolares (ANPA, Concello e Club polideportivo
Castroverde).

Que valores educativos proporcionamos ou pretendemos que adquiran os


nosos alumnos con estas ou aquelas tarefas?.

Consideramos que é un medio de coñecer o que lles rodea, é a maneira de aprender


a respectar e protexer a flora, a fauna, o noso patrimonio. Ademais de ser unha
maneira de cooperar cos compañeiros, o cal á súa vez fai que se nós, docentes,
distribuímolos en grupos de forma que sexan heteroxéneos e mixtos favorecemos
tamén a integración e por tanto non discrimanación do alumnado. Desta maneira
estamos a conseguir que unha actividade de educación física convértase en materia
interdisciplinar, xa que estamos a abarcar diversas materias como ciencias naturais,
sociais,etc.

O bo que ten este tipo de actividades, é que non son pechadas na súa maneira de
executalas, lévanos a ter que tomar decisións, o cal para o alumnado é positivo xa
que lles fai ter que expor opcións á hora de resolver as dificultades que poidan
aparecer ao longo delas. Isto vai favorecer que teñan que pensar, por tanto debater
co resto de compañeiros/ as e co cal chegar a acordos para chegar a un bo fin.

● Relación con el currículo educativo:

Neste apartado vincularase a unidade didáctica cos seguintes elementos


contemplados no Decreto 105/2014.
Competencias clave:
● Aprender a aprender (CAA). Esta competencia é fundamental para a
aprendizaxe permanente ao longo da vida. Inclúe distintas destrezas como a
reflexión e a conciencia dos propios procesos de aprendizaxe. Esta busca
que o alumno ou alumna desenvolva unha aprendizaxe autónoma e eficaz.
Isto trabállase nesta VDE a través da realización de tarefas e diversas
actividades lúdicas na que o docente adopta un papel de guía.
● Competencias sociais e cívicas (CSC). Esta competencia relaciónase co
benestar persoal e colectivo. Trabállase con actividades e xogos nos que os
alumnos deben cooperar ou conseguir un obxectivo de maneira grupal ou
con accións que implican unha resolución pacífica dos conflitos.
● Comunicación lingüística (CCL) E fundamental para o desenvolvemento de
todo tipo de actividades xa que fomenta a relación entre o alumnado
facilitando a comunicación, reflexión e intercambio de opinións.
● Sentido de iniciativa e espírito emprendedor (CSIEE) Predisposición do
alumno para actuar dunha forma creativa, de forma autónoma ou
independente, con espírito emprendedor e iniciativa. Esta competencia
trabállase e ten presenza na unidade didáctica ao dotar ao alumnado dun
coñecemento sobre o seu propio corpo e as súas posibilidades de
movemento, a parte das actividades que inciten iniciativa.

➔ Educación en valores e temas transversais:


Igualdade homes e mulleres, prevención racismo e xenofobia, prevención e
resolución pacífica de conflitos.

● Obxectivos xerais de etapa:


No Decreto 105/2014, no seu artigo 3 veñen sinalados os obxectivos xerais
da educación primaria aos que todas as áreas deben contribuír. Neste
apartado sinálanse a aqueles concretos que se traballarán na unidade
didáctica.

b) Desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de


responsabilidade no estudo, así como actitudes de confianza en si mesmo/a, sentido
crítico, iniciativa persoal, curiosidade, interese e creatividade na aprendizaxe, e
espírito emprendedor.

d) Coñecer, comprender e respectar as diferentes culturas e as diferenzas entre as


persoas, a igualdade de dereitos e oportunidades de homes e mulleres e a non
discriminación de persoas con discapacidade nin por outros motivos

g) Desenvolver as competencias matemáticas básicas e iniciarse na resolución de


problemas que requiran a realización de operacións elementais de cálculo,
coñecementos xeométricos e estimacións, así como ser quen de aplicalos ás
situacións da súa vida cotiá.
h) Coñecer os aspectos fundamentais das ciencias da natureza, as ciencias sociais,
a xeografía, a historia e a cultura, con especial atención aos relacionados e
vinculados con Galicia.

k) Valorar a hixiene e a saúde, aceptar o propio corpo e o das demais persoas,


respectar as diferenzas e utilizar a educación física e o deporte como medios para
favorecer o desenvolvemento persoal e social.

l) Coñecer e valorar os animais máis próximos ao ser humano e adoptar modos de


comportamento que favorezan o seu coidado.

● Bloques de contidos e criterios de avaliación:

Bloque 3. Habilidades motrices:

Estándares de aprendizaxe avaliables:

EFB3.1.1. Adapta os desprazamentos a diferentes tipos de contornos e de


actividades físico-deportivas e artístico-expresivas axustando a súa realización aos
parámetros espazotemporais e mantendo o equilibrio postural.

EFB3.1.4 Aplica as habilidades motrices de xiro a diferentes tipos de contornos e de


actividades físicodeportivas e artístico-expresivas, tendo en conta os tres eixes
corporais e os dous sentidos, e axustando a súa realización aos parámetros
espazotemporais e mantendo o equilibrio postural.
EFB3.1.6. Realiza e propón actividades físicas e xogos no medio natural ou en
contornos non habituais, adaptando as habilidades motrices á diversidade e
incerteza procedente do contorno e ás súas posibilidades.

Criterio de avaliación:

B3.1. Resolver situacións motrices con diversidade de estímulos e condicionantes


espazo-temporais, seleccionando e combinando as habilidades motrices básicas e
adaptándoas ás condicións establecidas de forma eficaz.

Bloque 5: Actividade física e saúde:


Estándares de aprendizaxe avaliables:

EFB5.1.1. Interésase por mellorar as capacidades físicas.

EFB5.1.4. Adopta e promove hábitos posturais axeitados na súa vida cotiá e na


práctica da actividade física, recoñecendo a súa importancia para saúde.

Criterio de avaliación:

B5.1. Recoñecer os efectos do exercicio físico, a hixiene, a alimentación e os hábitos


posturais sobre a saúde e o benestar, manifestando unha actitude responsable cara
a un mesmo.

Estándares de aprendizaxe avaliables:

EFB5.2.3. Adapta a intensidade do seu esforzo ao tempo de duración da actividade.

Criterio de avaliación:

B5.2. Mellorar o nivel das súas capacidades físicas, regulando e dosificando a


intensidade e duración do esforzo, tendo en conta as súas posibilidades e a súa
relación coa saúde.

Bloque 6: Os xogos e actividades deportivas:

Estándares de aprendizaxe avaliables:

EFB6.1.2. Realiza combinacións de habilidades motrices básicas axustándose a un


obxectivo e a uns parámetros espazo-temporais.

Criterio de avaliación:

B6.1. Resolver retos tácticos elementais propios do xogo e de actividades físicas,


con ou sen oposición, aplicando principios e regras para resolver as situacións
motrices, actuando de forma individual, coordinada e cooperativa e desempeñando
as diferentes funcións implícitas en xogos e actividades.
Estándares de aprendizaxe avaliables:
EFB6.4.1. Faise responsable da eliminación dos residuos que se xeran as
actividades no medio natural.
EFB6.4.2. Utiliza os espazos naturais respectando a flora e a fauna do lugar.

Criterios de avaliación:

B6.4. Manifestar respecto cara á contorno e o medio natural nos xogos e actividades
ao aire libre, identificando e realizando accións concretas dirixidas á súa
preservación.

● Relación con outras áreas curriculares:

Outras áreas que se traballarán nas actividades serán por exemplo Ciencias sociais,
pola súa relación co traballo cooperativo co que esto supon, ademáis do traballo que
podemos realizar en relación co patrimonio da nosa contorna e o seu aprendizaxe
sobre este; CIencias da natureza pola diversa información que se lles transmitirá nas
distintas actividades , fomentando o a unidade e vinculación coa natureza.

Obxectivos didácticos:

Os obxectivos que se buscan con esta unidade a través da realización das súas
actividades detalladas nas sesións son os seguintes:

1. Divulgar e fomentar a práctica da orientación como deporte na escola.


2. Coñecer a simboloxía básica da orientación (puntos cardinais).
3. Aprender a orientarse en función de distintas indicacións, conceptos ou
materiais que poidan servir ao alumnado a desenvolverse no medio natural,
non só como actividade eventual senon para o seu día a día.
4. Coñecer, interpretar e respetar o medioambiente.
5. Ofrecer solucións para o coidado da biodiversidade do medio no que van a
traballar.
6. Aprender a traballar de modo colaborativo e respectar ao alleo.
7. Desenvolver as distintas habilidades e destrezas básicas a través do xogo.
8. Cumprir as normas, atender ás explicacións e participar activamente nas
actividades e xogos.
9. Utilizar a bolsa de aseo ao finalizar a clase.

Contidos didácticos:

1. Evolución da orientación dende os seus orixes, simboloxía e elementos


utilizados nela.
2. Recoñecer e repetar o estado do medio natural.
3. Colaboración cos compañeiros/ as, participación e integración no grupo.
4. Respecto polas diferenzas individuais.
5. Coñecer os elementos básicos das carreiras de orientación.
Temporalización e sesións:

Sesións Contidos Materiais

1 Orientación espacial Teas, conos, picas, pelotas,


bancos suecos (obstáculos)
2 Utilidade dos elementos
de orientación.

5 Avaliación final

Metodoloxía Asignación de tarefas, descubrimento guiado e


desenvolvemento crítico.

Avaliación Listas de control (observación), heteroevaluación,


autoavaliación e coevaluación.

Objetivos de etapa Bloques de Contenidos


Competencias clave CAA, CSC, SIE
Obxectivos da sesión -
- Desenvolver habilidades y destrezas a través de las actividades de trabajo.
- Fomentar la colaboración.
Número 1/5 Nome UD Sherlock Holmes Temporalización 3ºtrimestre (21 maio/4 xuño) Curso 6º

Obxectivos etapa b, d, k Bloques de contido B3.1, B5.1, B5.2, B6.1

Competencias clave CCL, CSC, CAA

Obxectivos da sesión

Adquirir nocións sobre orientación.


Orientarse nun espacio coñecido.
Aprender a traballar de xeito cooperativo.

Recursos materiais e instalación Temática Orientación espacial

Ximnasio do centro
Teas, conos, picas, pelotas, bancos suecos (obstáculos)

● F. INICIAL/ANIMACIÓN 10’

Colocaremos o alumnado por parellas, de xeito que cada alumno guiará a súa
parella, previamente se lle vendaran os ollos. Unha vez feito isto procederase a
moverse polo ximnasio. Nun principio faríamos isto sen máis, sen darlles ningunha
noción. A nosa idea é a de enganchalos cunha actividade, que si ben non é
exactamente unha carreira de orientación vainos servir para facer unha iniciación
cara a elas.
Cando levemos entre 5-10 minutos pararémolos e procederemos a preguntarlles que
sensacións tiveron. Unha vez feito isto darémoslle unha breve información do que
imos a traballar ao longo do resto da sesión e intentaremos saber se alguen ten
algunha noción xeral sobre o tema, por exemplo: Quen realizou orientación? e Como
a realizou?

● F. LOGRO DE OBXECTIVOS 30’

Act. 1: Nesta actividade dividiranse por tres, duas persoas deberán levar unha
banda nos ollos imposibilitando a súa visión (irán por quendas). No primeiro tramo da
actividade deberán dirixir os seus compañeiros/as por un camiño de obstáculos (os
cales desperdigarían o alumnado previamente por unha área do ximnasio), o
obxectivo do xogo e que as persoas que leven os ollos vendados crucen dun lado a
outro sen pisar ningún dos obxectos ou saírse do recorrido. As instruccións que dará
o “lazarillo” serán libres.
Act. 2: Unha vez rematada esa actividade, procederemos a facer unha progresión da
mesma, neste caso as indicacións que deberan de dicir non serán adiante, atrás,
dereita ou esquerda, se non norte, sur, leste e oeste.

Act. 3: Ao concluir a tarea anterior, iniciaremos a adquirir nocións sobre a


orientación, empezando a formar unha rosa dos ventos para a cal precisaremops
que se divididan en grupos de oito (no noso caso, xa que a nosa aula consta de 20
persoas faremos un grupo de 4 e dous de 8) e a cada persoa asignaráselle un punto
cardinal (contando con nordeste, noroeste...) e estarán collidos da man. O profesor
irá dando indicacións de cantos pasos teñen que dar e en que dirección, sen rotar a
“rosa”.

● VOLTA A CALMA E ANÁLISE DE RESULTADOS (10´)

Procederemos a poñerlles este video dun minuto e medio aproximadamente


https://www.youtube.com/watch?v=c-p--Y8aWnU. Para finalizar a sesión
sentarémonos, tanto o alumnado como o docente, en círculo para verse entre todos
e falaremos sobre a sesión. A partir deste punto, comentaremos que foi o que máis
lles gustou e como se sentiron nos distintos momentos da sesión.

Número 2/5 Nome UD Sherlock Holmes Temporalización 3ºtrimestre (21 maio/4 xuño) Curso 6º

Obxectivos etapa b, d, k Bloques de contido B3.1, B5.1, B5.2, B6.1

Competencias clave CCL, CSC, CAA

Obxectivos da sesión

Adquirir nocións sobre orientación.


Orientarse nun espacio coñecido.
Aprender a traballar de xeito cooperativo.

Recursos materiais e instalación Temática Orientación espacial

Patio
Compás, mapas

● F. INICIAL/ANIMACIÓN 10’
Comezaremos explicandolles ao alumnado como é unha carreira de orientación e
como imos a empezar a traballar co mapa e a brúxula, preguntaremoslles que
utilidade consideran que teñen estes elementos dentro das carreiras de orientación.

● F. LOGRO DE OBXECTIVOS 30’

Act. 1:

Farémos catro equipos de cinco participantes de xeito que esteñan repartidos


heteroxeneamente.
Para dar inicio a actividade, poñerémos todos os grupos nunha zoa centrada no
patio, e darémoslles un compás e un mapa a cada grupo de alumnos con cinco
indicacións distintas (por exemplo 30 pasos Norte), desta forma cada grupo acabará
en zoas distintas dos seus mapas nos cales deberán marcar onde quedaron eles
aproximadamente.
O dar a señal de "SAIDA", cada equipo fixa a súa brúxula na dirección indicada na
súa tarxeta e caminara a distancia indicada no seu mapa. Unha vez feito isto fara o
mesmo para os outros rumbos. Unha vez realizados todos istes pasos,
compararemos os distintos mapas e as suas marcas co noso (o cal terá todos os
puntos de referencia).
Podemos facelo si queremos de xeito competitivo para implicar máis a súa
participación e interese. Neste caso daríamos puntos os equipos que se acerquen
máis o obxectivo.

● VOLTA A CALMA E ANÁLISE DE RESULTADOS (10´)

Procederemos a poñerlles este video de seis minutos aproximadamente Iniciación a


la Orientación Deportiva - YouTube. Para finalizar a sesión sentarémonos, tanto o
alumnado como o docente, en círculo para verse entre todos e falaremos sobre a
sesión. A partir deste punto, comentaremos que foi o que máis lles gustou e como se
sentiron nos distintos momentos da sesión.
Número 3/5 Nome UD Sherlock Holmes Temporalización 3ºtrimestre (21 maio/4 xuño) Curso 6º

Obxectivos etapa Bloques de contido

Competencias clave

Obxectivos da sesión

Recursos materiais e instalación Temática Orientación espacial

Patio
Compás, mapas

● F. INICIAL/ANIMACIÓN 10’

● F. LOGRO DE OBXECTIVOS 30’

Act. 1:

● VOLTA A CALMA E ANÁLISE DE RESULTADOS (10´)

Bibliografía

LA ORIENTACIÓN EN EDUCACIÓN FÍSICA. (s. f.).


http://www.educaciofisica.com/orientacion.htm. Recuperado 22 de junio
de 2021, de http://www.educaciofisica.com/orientacion.htm

Martes, D. N. 171, & de 2014 Páx., 9. de Setembro. (s/f). I. DISPOSICIÓNS


XERAIS. Recuperado el 22 de junio de 2021, de Xunta.gal website:
http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/protected/content_type
/advertisement/2014/09/09/20140909_curriculo_primaria.pdf
Hillcourt, W. H. (s. f.). Juegos de brújula y mapa. Juegos de brújula y

mapa. http://insignares.20m.com/Bill9.htm

You might also like