You are on page 1of 38

O proceso multiplicador

TEMA 3.
O ESTUDO DO MULTIPLICADOR

Parkin, M (2007). Macroeconomía. 7ª edición. Pearson Educación, México.

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.1 Introdución ao estudo dos multiplicadores
3.1.1 Multiplicador dinámico
3.1.2 Multiplicador con impostos fixos
3.2 O multiplicador do orzamento equilibrado ou teorema do
TEMA 3. orzamento equilibrado
O ESTUDO DO MULTIPLICADOR 3.2.1 O multiplicador do orzamento equilibrado desde unha
perspectiva dinámica
3.3 Definición dos multiplicadores considerando os impostos en
función da renda.
3.3.1 Multiplicador dunha variación do tipo impositivo
3.4 O multiplicador nunha economía aberta

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.1 Introdución ao estudo dos multiplicadores

3.1 Introdución ao estudo dos multiplicadores


 Neste tema imos estudar como se comporta a economía no curto prazo, ante variacións
autónomas da inversión, do gasto público, ou dos impostos e, para iso, imos utilizar o
modelo do Multiplicador Keynesiano.
 O modelo do Multiplicador ofrécenos unha explicación sinxela das flutuacións cíclicas da
economía, e de como variacións autónomas da inversión, do gasto público ou dos impostos
afectan aos niveis de produción e de emprego.
 Partindo dunha situación de equilibrio inicial da renda, onde a produción da economía é
igual á demanda agregada, imos ver como esas variacións autónomas afectan á produción
e, polo tanto, á renda.
 O modelo do Multiplicador Keynesiano desenvólvese no contexto histórico da Gran Depresión
de 1929 e céntrase no estudo da economía no curto prazo.

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.1 Introdución ao estudo dos multiplicadores

 Proceso dinámico
Co estudo do multiplicador trátase de atopar a relación entre a
variación da renda e as variacións das compoñentes autónomas da
Demanda Agregada (DA):
• Variacións autónomas da Inversión: ΔI0
• Variacións do Consumo Autónomo: ΔC0
• Variacións autónomas do Gasto Público: ΔG
• Modificacións tipo impositivo: Δt
No estudo do multiplicador sempre están presentes o consumo
marxinal (c), o aforro marxinal (s), o tipo impositivo (t), a propensión
marxinal a importar (m), etc.

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.1.1 O multiplicador dunha economía simple

3.1.1.O multiplicador dunha economía simple:


Economía Simple:
• Economía pechada: Non existen X nin M.
• Sen Sector Público: Non existen Impostos nin Gasto Público
Y=C+I
• Ao non haber impostos (T), a Renda (Y) é igual á Renda Dispoñible (Yd)
Supostos de partida:
Yd = Y – T, se T=0, → Y = Yd
• Función de Consumo Keynesiana:
C = f(Yd) = C0 + cYd = C0 + cY

Onde C0 : Consumo Autónomo


c : Propensión marxinal ao consumo

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.1.1 O multiplicador dunha economía simple

Que pasaría nesa economía simple se se producise un


incremento autónomo da inversión?

ΔI0 ?
O incremento autónomo da inversión daría lugar a un
incremento da renda (Y) superior ao incremento autónomo
da inversión, como consecuencia do efecto multiplicador.

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.1.1 O multiplicador dunha economía simple

 O Efecto Multiplicador, é un fenómeno polo que un incremento inicial autónomo


dalgunha compoñente da Demanda Agregada desencadea unha serie de
incrementos sucesivos inducidos por incrementos na produción e no consumo.

↑ Inversión → ↑ Demanda Agregada → ↑ Produción →


↑ Renda Dispoñible → ↑ Consumo → ↑ Demanda Agregada ...

 O fundamento do efecto multiplicador está na dependencia do Consumo da Renda


Dispoñible.

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.1.1 O multiplicador dunha economía simple

Y=C+I
Lembrar: Yd = Y
Función de Consumo: C= C0 + cYd
Impacto dun incremento autónomo da Inversión: (dI)
∆ I ∆C ∆Y ∆ Acumulado Y
Impacto Inicial dI dY = dC+dI = dI dI
2º Impacto dC = dC0+cdY = cdI dY = dC+dI = cdI dI+(cdI)
3º impacto dC = cdY = c(c.dI) = c2dI dY = dC+dI = c2dI dI+(cdI)+(c2dI)
4º Impacto dC = cdY = c(c2dI) = c3dI dY = dC+dI =c3dI dI+(cdI)+(c2dI) )+(c3dI)
…... …. … …

En conxunto,a variación da renda será: dY = dI+cdI+c2dI+c3dI+…+cndI = dI(1+c+c2+c3+…+cn)

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.1.1 O multiplicador dunha economía simple

Y=C+I
Lembrar: Yd = Y
Función de Consumo: C= C0 + cYd
Impacto sobre a renda dun incremento autónomo da Inversión: (dI)?

dI 0 dY = dC+dI = dI dI
dC = dC0+cdY = cdI dY = dC+dI = cdI dI+(cdI)
dC = cdY = c(c.dI) = c2dI dY = dC+dI = c2dI dI+(cdI)+(c2dI)
dC = cdY = c(c2dI) = c3dI dY = dC+dI =c3dI dI+(cdI)+(c2dI) )+(c3dI)
…... …... …... …...

En conxunto,a variación da renda será: dY = dI+cdI+c2dI+c3dI+…+cndI = dI(1+c+c2+c3+…+cn)

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.1.1 O multiplicador dunha economía simple

• dY= dI (1+c+c2+c3+…+cn) Progresión xeométrica de razón (c)

• A suma dunha progresión xeométrica de razón menor que a unidade é:


a1
S= Sendo: (a1) o primeiro termo da progresión
1- R (R) a razón

• No noso caso, a razón é a Propensión Marxinal ao Consumo (c), e sabemos que 0 < c <1

• Polo tanto: dY = dI (1+c+c2+c3+…+cn) = dI 1


1-c
dY = 1 dI Sendo: 1
> 1 O multiplicador
1-c 1-c

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.1.1 O multiplicador dunha economía simple

Xenéricamente, o multiplicador (keynesiano) dunha


economía simple é:
A A suma das compoñentes autónomas da
Demanda Agregada
dY = 1 dA Sendo:
1-c 1
> 1 O multiplicador
1-c

dY = 1 (dC +dI)
0
1-c

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.1.1 O multiplicador dunha economía simple

Proceso do multiplicador dinámico:exercicio numérico


Y= C+I
Y=200+0,75Y+100
Y=1.200
∆I=50
Inversión (I) Renda (Y) Variación renda (dY) Consumo (C) Variación consumo (dC)
100 1.200,0 0,0 1.100,0
150 1.250,0 50,0 1.100,0 0,0
1.237,5 37,5 1.137,5 37,5
1.315,6 28,1 1.165,6 28,1
1.336,7 21,1 1.186,7 21,1
1.352,5 15,8 1.202,5 15,8
1.364,4 11,9 1.214,4 11,9
... ... ... ... ...
dI=50 1.400 dY=200 1.250 dY=150

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.1.1 O multiplicador dunha economía simple

Temos:
Y= C+I ; Y=200+0,75Y+100 ; Y=1.200
∆I=50
A nova renda de equilibrio será:
Y= C+I →Y=C0+cY+I → dY=dC0+cdY+dI → dY=cdY+dI →
→ dY-cdY =dI → dY(1-0,75)=50 → dY= 50/0,25 = 200
Y=1.200+(dY=200) =1.400
C=C0+cY=200+0,75*1.400=1.250 Ou tamén Y=C+I → C=Y-I =1.400 – 150 =1.250

1
De feito: dY = 1 dI = 50 = 200
1-c 1 – 0,75

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.1.2 Multiplicador con impostos fixos

3.1.2.Multiplicador con impostos fixos:

 Incluímos o Sector Público e estudamos o multiplicador dun cambio no gasto público


considerando os impostos fixos: T=T0

 Os impostos establécense nunha cantidade fixa determinada, con independencia da


renda, por exemploT=100

 Neste suposto, o multiplicador dun cambio do gasto público (G) é o mesmo que o
correspondente a un cambio no nivel de inversión.

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.1.2 Multiplicador con impostos fixos

3.1.2.Multiplicador con impostos fixos:


 Para obter o multiplicador, diferenciamos na identidade correspondente a un
modelo de economía pechada con SP → Y = C+I+G, C=f(Yd)= C0+c(Y-T0)
Y = C0 +c(Y-T0)+ I0 + G0
dY = dC0 + cdY- cdT0 + dI0 + dG0

Se notamos: C0 + I 0 + G0 = A → dC0 + dI 0 + dG0 = dA


e asumimos que os impostos son fixos: -c*dT0= 0

dY -cdY = dA → dY = 1 dA
1- c

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.2 O multiplicador do orzamento equilibrado ou teorema do orzamento equilibrado

3.3. O multiplicador do orzamento equilibrado ou teorema do orzamento equilibrado


 Supoñemos unha economía pechada e con SP
 Os impostos serán da formaT=T0
 Calquera variación deT0 irá acompañada dunha variación do gasto público na
mesma magnitude e do mesmo signo, co obxecto de manter o orzamento
equilibrado:
Supostos de partida:
• Se a recadación por impostos aumenta (diminúe) en (T1-T0), o gasto
público aumentará (diminuirá) na mesma contía (G1-G0)
• Así,se o orzamento está equilibrado permanecerá equilibrado.Se non
estivese equilibrado non se alterará o déficit ou o superávit.

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.2 O multiplicador do orzamento equilibrado ou teorema do orzamento equilibrado

 A identidade básica neste caso é:


Y=C+I+G → Y = C0 +c(Y -T0)+ I0 + G0

 Supoñemos que se trata de impostos fixos,T0, é dicir, a recadación impositiva é


determinada polo Goberno sen que tal recadación dependa da renda.

 Se o orzamento se ten que liquidar de forma equilibrada, calquera variación do gasto


debe ir acompañada dunha variación idéntica da recadación impositiva.

dG0 = dT0 Exemplo: Se ↑G = 200 → ↑T = 200

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.2 O multiplicador do orzamento equilibrado ou teorema do orzamento equilibrado

O aumento do gasto público provoca Un aumento dos impostos provoca


unha expansión da renda:↑G→↑Y unha redución da renda:↑T0 →↓Y

 Se dG0 = dT0, semella que a renda non varía, que os efectos expansivos do gasto e os efectos
restritivos dos impostos compensaríanse entre si, non obstante, o multiplicador do orzamento
equilibrado (omultiplicador dunha expansión do gasto simultáneo a un incremento de igual
magnitude nos impostos) toma el valor da unidade.
 Isto significa que un ↑G acompañado dun ↑T de idéntica magnitude produce un efecto
sobre a renda de equilibrio de magnitude igual á variación do gasto público

dY= 1*dG0

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.2 O multiplicador do orzamento equilibrado ou teorema do orzamento equilibrado

Diferenciando: = dG0 =0 =0
Y = C0 +c(Y-T0)+ I0 + G0  dY = cdY – cdT0+ dC0+ dI0 + dG0

Supoñemos que: dI0 = dC0 =0 dY = cdY – cdG0 + dG0 


dT0 = dG0
dY – cdY = dG0 – cdG0 

dY(1 – c) = dG0 (1-c) 

(1-c) dG
dY = 0 = dG0 dY = dG0
(1-c)

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.2 O multiplicador do orzamento equilibrado ou teorema do orzamento equilibrado

 Avariación da renda será igual á variación do gasto público, cando esta


última sexa igual á variación experimentada polos impostos, considerando a
inversión e o consumo autónomo constantes.

 Baixo esas condicións, o multiplicador do orzamento equilibrado é a unidade

dT = dG0  dY= 1*dG0

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.2.1 O multiplicador do orzamento equilibrado desde unha perspectiva dinámica

O multiplicador do orzamento equilibrado desde unha perspectiva dinámica

 Premisa nº1: dT=dG Orzamento equilibrado

 Premisa nº2: dC= - cdT


Con T fixos, unha variación dos impostos é igual á variación da renda
dispoñible co signo cambiado, é dicir, un aumento de T da lugar a unha
redución da renda dispoñible:
Yd=Y-T → ∆Yd=-∆T → dT= - dYd
A variación do consumo será o produto da propensión marxinal a
consumir pola variación da renda dispoñible: dC = c dYd = -c dT Impostos fixos

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.2.1 O multiplicador do orzamento equilibrado desde unha perspectiva dinámica

O multiplicador do orzamento equilibrado desde unha perspectiva dinámica

 Nunha perspectiva dinámica a variación da renda será igual á variación do consumo:

Y=C+I  dY = dC= -cdT


 O consumo reducirase ao reducirse a renda:
dC = cdY = c(-cdT)= -c2dT
 A renda reducirase en -c2dT e así sucesivamente

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.2.1 O multiplicador do orzamento equilibrado desde unha perspectiva dinámica

Podemos escribir entón: dY= -dT(c+c2+c3+…+cn) Variación da renda provocada por


unha variación do imposto

Do multiplicador dinámico do gasto público sabemos:


Variación da renda producida por
dY= dG (1+c+c2+c3+…+cn) unha variación do gasto

 Premisa nº1:dG = dT Orzamento equilibrado

A variación ou efecto neto sobre a renda é


Temos: precisamente a variación do gasto, dY=dG,
dY = -dT( c+c2+c3+…+cn) xa que o resto dos sumandos se anulan
dY = dG(1+c+c2+c3+…+cn) dY = dG

dY = dG+cdG-cdG +c2dG -c2dG +c3dG -c3dG +…+cndG -cndG

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.3 Dedución dos multiplicadores con impostos como función da renda

3.3 Dedución dos multiplicadores con impostos como función da renda


 Os impostos son función da renda: cando a renda aumenta, a
recadación impositiva modificase:
− Se os impostos son progresivos (como o IRPF e, en xeral, os
impostos sobre a renda): a recadación aumenta en maior proporción
que a renda.
− Se os impostos son proporcionais (como o Imposto de Sociedades):
o tipo impositivo non varía coa renda, pero a recadación varía na
mesma proporción que a renda.
− Se os impostos son regresivos: a recadación aumentará en menor
medida que a renda.

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.3 Dedución dos multiplicadores con impostos como función da renda

3.3 Dedución dos multiplicadores con impostos como función da renda


 Para a obtención deste multiplicador, consideramos una función de impostos: T=t(y)
 A identidade macroeconómica correspondente ao equilibrio nunha economía
pechada e con SP é: Y = C+I+G  Y = C0 +c(Y- t(Y))+ I0 + G0

Diferenciando: dY = dC0 +cdY - ctdY+ dI0 + dG0 

Sacamos dY dY = dY (c(1-t)) + dC0 + dI0 + dG0


dY = dY (c(1-t)) + dA 
Denotamos A como: A= C0 + I0 + G0
1
dY (1 - c(1-t)) = dA  dY = 1 - c(1 - t) dA

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.3 Dedución dos multiplicadores con impostos como función da renda

3.3 Dedución dos multiplicadores con impostos como función da renda


1
dY = 1 - c(1 - t) dA

 O valor do multiplicador depende do consumo marcinal (c) coma nos


multiplicadores anteriores: se ↑c → ↑ z
 O multiplicador depende tamén do tipo impositivo: si ↑t → ↓z
 Se aumenta calquera compoñente autónomo da DA: a renda aumenta en
menor medida que o facía cando os impostos eran fixos.

NOTA: Isto débese a que os incrementos da renda provocados por un aumento da inversión
ou do gasto público aumentan tamén a recadación impositiva. O aumento da recadación por
impostos (T) reduce a renda dispoñible (Yd) e o consumo.

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.3 Dedución dos multiplicadores con impostos como función da renda

3.3 Dedución dos multiplicadores con impostos como función da renda

 O multiplicador obtido anteriormente e o correspondente a este tipo de impostos T=t(y),


cumpren a seguinte condición:

1 1
1-c > 1 - c(1 - t) O tipo impositivo é
positivo e menor que 1

 O multiplicador no caso de economías con impostos como función da renda (T=tY)


é menor que o multiplicador en economías con impostos fixos (T=T0)

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.3.1 O multiplicador dunha variación do tipo impositivo

3.3.1 O multiplicador dunha variación do tipo impositivo


 Imos obter o multiplicador dun cambio do tipo impositivo:
Supoñemos un imposto da forma: T=t*Y , onde t é o tipo impositivo.
Un cambio do tipo impositivo consiste nun aumento ou nunha diminución do mesmo:
(ex.T=0,2Y a T=0,25Y), representa un cambio do tipo impositivo do 20% ao 25%.

 A identidade correspondente ao equilibrio neste caso é:


Y = C+I+G
Y = C0 +c(Y- tY)+ I0 + G0

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.3.1 O multiplicador dunha variación do tipo impositivo

Y = C0 +c(Y- tY)+ I0 + G0
Diferenciando:
dY = dC0 +cdY- ctdY- cYdt + dI0 + dG0
dY = dY (c(1-t)) – cYdt + dC0 + dI0 + dG0
dY - dY(c(1-t)) = – cYdt + dC0 + dI0 + dG0
dY (1-(c(1-t)) = – cYdt + dC0 + dI0 + dG0
Si notamos:
dA= dC0 + dI0 + dG0= 0
-cYdt
A variación da renda será: dY = 1 - c(1 - t)

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.3.1 O multiplicador dunha variación do tipo impositivo

- cYdt
 Este multiplicador é negativo: 1 - c(1 - t)

• Un aumento do tipo impositivo provoca unha redución da renda: ↑t →↓Y e ↓t →↑Y


• -cYdt é a variación exógena do consumo debida a unha redución da renda dispoñible
ante un incremento dos impostos (Ydt é a variación da renda dispoñible)

Polo tanto, os dous efectos sobre el consumo son:


• Cambio exóxeno: é a consecuencia da actuación directa do imposto sobre a renda
dispoñible: dt→dYd→dC
• Cambio endóxeno:o efecto sobre o multiplicador: dT→dY→dC e dS

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.4 O multiplicador dunha economía aberta

3.4 O multiplicador dunha economía aberta


- Exportacións: X=X0 son autónomas
- Importacións: Teñen unha compoñente autónoma e outra que
 Economía aberta depende da renda: M=M0+mY
- (con m>0), que é a propensión marxinal a importar: Cando aumenta
a renda, aumentan as importacións.

 A identidade correspondente ao equilibrio será: Y = C+I+G+(X-M)

Y = C0 +c(Y-t(Y))+ I0 + G0 + X0 - M0 - mY

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.4 O multiplicador dunha economía aberta

Y = C0 +c(Y- tY)+ I0 + G0 + X0 - M0 - mY
Diferenciando:
dY = dC0 +cdY-ctdY + dI0 + dG0 + dX0 - dM0 - mdY
dY = dYc(1-t) -mdY + dC0 + dI0 + dG0 + dX0 – dM0
dY - dY c(1-t) +mdY = dC0 + dI0 + dG0 + dX0 – dM0
dY (1 - c(1-t)+m) = dC0 + dI0 + dG0 + dX0 – dM0
Si notamos:
dA= dC0 + dI0 + dG0 + dX0 - dM0
1
A variación da renda será: dY = 1 - c(1 - t)+m dA

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.4 O multiplicador dunha economía aberta

 O multiplicador contén no denominador a propensión marxinal a importar:

1
dY = 1 - c(1 - t) + m dA
Como m>0, o valor do multiplicador é menor
cuanto maior sexa a propensión marxinal a importar

• Ante unha variación de calquera das compoñentes autónomas da DA: (C0, I0, G0, X0)
→ A renda aumentará en menor medida debido á saída de renda para pagar as
importacións.
• Se aumentan as importacións autónomas (M0), a renda diminuíra (M0 entra na
identidade con signo negativo)

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.4 O multiplicador dunha economía aberta

• Se aumenta o gasto público: prodúcese un efecto expansivo sobre a renda


• Ao crecer a renda, aumentan as importacións. Este feito provoca unha saída de renda ao
exterior para pagar las importacións → O multiplicador dunha economía aberta é menor que o
mesmo multiplicador nunha economía pechada (o que non significa que sexa mellor unha economía
pechada que unha economía aberta)
1 1 1
> >
1− c 1− c(1− t) 1− c(1− t) + m

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.4 O multiplicador dunha economía aberta

• O multiplicador dun aumento da inversión autónoma (I0) é maior nun modelo de economía
simple (pechada e sen SP) que o correspondente a un modelo con SP con impostos en función da
renda.
• Á súa vez, este último é maior que o correspondente a unha economía aberta onde as
importacións son función da renda.

1 1 1
> >
1− c 1− c(1− t) 1− c(1− t) + m

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.4 O multiplicador dunha economía aberta

 Nos tres multiplicadores se cumprirá:


1) Son maiores cuanto maior sexa a propensión marxinal a consumir (c) e menores canto
menor sexa a propensión marxinal a consumir
2) Son maiores canto menor sexa o tipo impositivo (t) e menores cuanto maior sexa o
tipo impositivo
3) O terceiro multiplicador será maior canto menor sexa a propensión marxinal a
importar (m), e será menor cuanto maior sexa a propensión marxinal a importar
4) Son maiores canto menor sexa a propensión marxinal a aforrar
1 1 1
> >
1− c 1− c(1− t) 1− c(1− t) + m

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
3.4 O multiplicador dunha economía aberta

 Nos tres multiplicadores se cumprirán estas dúas condicións:


1. O incremento da renda ante un aumento dunha compoñente autónoma
da DA será maior canto maior sexa o multiplicador para un determinado
incremento da DA (dA).
2. Será tamén maior canto maior sexa o aumento da DA, dado un valor
do multiplicador.

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22
− PATEIRO RODRÍGUEZ, C., L.A. VEIGA, L. VARELA, F. BRUNA (2020). PRINCIPIOS DE MACROECONOMÍA.
REPROGRAFÍA NOROESTE, S.L.
− PATEIRO RODRÍGUEZ, C., L.A. VEIGA, L. VARELA, F. BRUNA (2020). PRINCIPIOS DE MACROECONOMÍA.
LIBRO DE PROBLEMAS, TEST Y EXÁMENES RESUELTOS. REPROGRAFÍA NOROESTE, S.L.
− BLANCHARD, O (2017). MACROECONOMÍA. PEARSON
− MOCHÓN MORCILLO, F. , DE JUAN (2009). INTRODUCCIÓN A LA MACROECONOMÍA. MCGRAW-HILL
− MOCHÓN MORCILLO, F. , DE JUAN (2008). INTRODUCCIÓN A LA MACROECONOMÍA EJERCICIOS. EDERSA
− DORNBUSCH, R. Y S. FISCHER (VARIAS EDICIONES). MACROECONOMÍA. MCGRAW-HILL

Facultade de Economía e Empresa


Principios de Macroeconomía. Dobre grao en ADE e Dereito. Primeiro. UDC 2021-22

You might also like