You are on page 1of 1

NOÉ VILÁN OJEA 2º BACH D

No terceiro parágrafo deste texto Malones Villanueva describe os prexuízos lingüísticos que
levan a os galegos a minusvalorar a súa lingua. Neste caso caso, os traballadores dun
restaurante resístense a falar en galego cos asistentes a un Curso de Lingua e Cultura
Galega que queren practicar.

Hoxe, hai moitas persoas que cambian de idioma según o contexto no que se atopen
porque asocian o castelán a usos mais formais e o galego a usos mais coloquiais, a
maioría cre que o galego é un idioma inferior , que falalo supón perder prestixio , amigos,
éxitos…, o que conleva que cada vez haxa menos galegofalantes . A estas persoas habería
que decirlles que o galego é tan válido coma calquera outra lingua e pódese empregar en
tódolos ámbitos e non por iso van ter menos oportunidades na vida.

Por outro lado, o coñecemento dun idioma é un beneficio, xa que canto mais linguas se
dominen mais formación e facilidades para coñecer outras culturas...

Os galegos deberían aprender dos estudantes extranxeiros que veñen a aprender o noso
idioma . É paradóxico que loubemos o que ven de fora e non apreciemos e empreguemos a
nosa lingua.

Debería ser un orgullo ter un idioma propio xa que sin él desaparecerían as tradicións,
cultura e ata o mesmo idioma.

Habería que traballar concienciando aos cidadáns , xa que as iniciativas do goberno non
favorecen a normalización lingüística . Si institucións e colectivos traballaran xuntos
poderíase volver a conseguir o estatus que se foi perdendo cos anos, de forma que deixe
de ser unha lingua minoritaría.

You might also like