You are on page 1of 1

Nista narración que resumín anteriormente detecto evidencias de etnocentrismo .

O etnocentrismo xorde cando os membros dunha sociedade consideran a súa propia cultura como
superior as demais . Un exemplo disto podemos atopalo no texto cando nos di que Darwin considera
que os salvaxes son seres inferiores e nunca se plantea que o home branco non teña dereito a
invadir as terras dos salvaxes , para él os europeos teñen non só o dereito senón o deber de levar a
relixión cristiana e a civilización a zonas remotas do planeta.

Outra mostra de etnocentrismo podemos considerala no feito de que Robert Fit Rzoy , cando voltou
da viaxe trouxera 4 indíxenas para educalos e cristianizalos e volver a embarcalos de volta para que
unha vez civilizados, deixalos nos seus asentamentos orixinais para que fosen un fermento relixioso
e social para os fueguinos, o pobo indíxena mais salvaxe, pobre e primitivos que atopara na viaxe.

A xenofobia que é unha actitude de desprezo e rexeitamento cara ó estranxeiro e persoas doutras
culturas, neste documento atopamos un exemplo cando nos relata que Fitz Roy estaba disposto a
loitar contra as hordas dos liberais e progresistas e ateos que estaban invadindo o mundo , e en
concreto, Inglaterra, pero ata deixaban votar a clase media e incluso os pobres.

Tamén se aprecia na guerra de exterminio do Xeral Rosas contra os indíxenas da zona, os indios só
tiñan lanzas e os soldados fusiles e cañons. Mataban a todas as mulleres, homes e nenos

Tamén aquí hai exemplo da segregación, que é manter a persoa ou grupos en espazo diferentes que
só poden abandonar en condicións restritivas, no destino dos aboríxene a mans dos británicos , a
todos os indíxenas da illa de Tasmania leváronos a unha isla do estreito de Bass donde moitos
indíxenas morreron ou foron apresados . Cando os tasmanos foron deportados non quedaban mais
de 210 personas ,7 anos mais tarde só quedaban 54.

Ademais tamén temos na mesma páxina que na segregación , unha forte discriminación ( que
consiste nun trato diferenciado en diversos ámbitos da vida social e con características humillantes e
degradantes. Trato degradante que lle facían aos negros porque consideraban que eran os autores
dos numerosos roubos , incendios asasinatos e que tarde ou temprano ocasionarían o seu
exterminio . Todo isto debido ó comportamento infame dalgúns dos nosos compatriotas.

En canto o racismo , que é unha crenza ou actitude que se basea na consideración de que hai razas
superiores a outras ,no texto apreciamos rasgos de racismo no fragmento que relata como unha
noble anciana usaba un aparato triturador de dedos para castigar as súas criadas, os alaridos dun
esclavo sometido a torturas polo seu amo, un neno de seis anos golpeado na cabeza cun látigo por
traer un vaso pouco limpio, tamén hai racismo na eliminación dos indios a mans dos brancos

Estes son uns poucos exemplos que atopei no texto ,seguramente hai moitos mais , paréceme que
hai moita crueldade ,prexuicios, racismo, xenofobia....

You might also like