You are on page 1of 2

PALABRAS CONFLITIVAS

Ai!/ Aí/ Hai


Ai!: Interxección.
Aí: Adverbio de lugar.
Hai: Forma verbal (haber).

Cando/ Canda
Cando: Expresa tempo.
Canda: Expresa compañía.

Cardeal/ Negrón
Cardeal: Só para designar ao prelado.
Negrón: É unha mazadura.

Con que/ Conque


Con que: Ten significado de instrumento.
Conque: Ten valor de “así que”.

Firma/ Sinatura
Firma: Emprégase unicamente cando fai referencia a unha empresa comercial.
Sinatura: Autógrafo dunha persoa.

Grado/Grao/Gran
Grado: Emprégase en galego só cando signifique vontade ou gusto.
Grao: Equivale a nivel, rango, intensidade e tamén designa a unidade de medida tanto
térmica como xeométrica.
Gran: Adxectiva tanto unha cantidade como tamén define unha semente o unha
broulla.

Interese/ Xuro
Interese: Atención, fixación.
Xuro: Única forma válida para falar no eido económico.

Inversión/ Investimento
Inversión: Cando se fala de cambio de sentido ou posición.
Investimento: Úsase este verbo cando se fala de cartos.

Lume/ Fogo
Lume: Ten un significado moi amplo, podendo aplicarse a todo aquilo que arde.
Fogo: Significado máis restrinxido. Os tres usos máis claros son: “Armas de fogo”,
“fogos de artificio” e “alto o fogo”.

Niño/ Neno
Niño: Casa dos paxaros ou doutros animais.
Neno: Cria do ser humano.
O fin/ A fin
O fin: Finalidade, obxectivo.
A fin: Remate dalgunha cousa.

Ola/ Onda
Ola: Forma de saúdo ou recipiente.
Onda: Elevación dunha superficie líquida.

Porque/ Por que/ Porqué


Porque: Úsase esta partícula para explicar unha causa.
Por que: Esta é a forma que se emprega na interrogación.
Porqué: Ten como en castelán valor substantivo.

Recorrer/ Percorrer
Recorrer: Acción que se fai no xulgado.
Percorrer: Facer un camiño, unha distancia.

Secreto/ Segredo
Secreto: Funciona só como adxectivo (policía secreta).
Segredo: Funciona como substantivo (teño un segredo).

Se non/ Senón
Se non: As frases que o inclúen teñen un carácter condicional.
Senón: Esta partícula dá sentido adversativo á frase.

Sentido/ Senso
Sentido: Emprégase cando é participio do verbo sentir, ou é sinónimo de doído,
facultade de percibir impresións, siso, xeito particular de entender as cousas, ou fala
dunha dirección.
Senso: Pódese empregar sentido ou senso cando se fai referencia á acepción dunha
palabra ou expresión.

Sono/ Soño
Sono: Ter ganas de durmir.
Soño: Realización psíquica que se produce mentres dormes.

Testemuña/ Testemuño
Testemuña: Persoa que testifica, ou presencia algunha cousa.
Testemuño: Declaración que dá a testemuña.

Último/ Derradeiro
Último: Pódese empregar sempre.
Derradeiro: Ten uso restrinxido, só cando se refire a algo que é definitivo, que remata
sen posibilidade de continuación.

You might also like