You are on page 1of 3

1.

USO DA PREPOSICIÓN A CO COMPLEMENTO DIRECTO

Como normal xeral, no galego o CD non vai introducido por preposición, mesmo cando vai
referido a persoas: Coñecín o embaixador (non *coñecín ao embaixador).

Excepcións: o CD só leva preposición a nos seguintes casos :

1. Ante un pronome persoal tónico:

Chamárona a ela, pero non a el. Ti mírame a min.

2. Ante os indefinidos todos / todas, un / unha e calquera:

Por que non os convidas a todos?

Trátano a un de incompetente e isto non pode ser

Chama a calquera deles

3. Ante nomes de parentesco (non é obrigatorio):

Vin a teu irmán (prep.)/ Vin ao teu irmán (prep.+ art.) / Vin o teu irmán (art.)

4. Con nomes propios de persoa (non é obrigatorio, pero está moi xeneralizado):

Hoxe vin a Mario no auditorio =

Hoxe vin o Mario no auditorio / Hoxe vin Mario no auditorio.

5. Para evitar a ambigüidade entre o suxeito e o CD:

 En xeral, a orde na oración é suxeito + verbo + OD. Se se altera, hai que poñer a
preposición:

Apoian os médicos aos farmacéuticos? Ao Celta derrotouno o Deportivo

Ao acusado, a testemuña vírao entrar no banco

 Cando o suxeito non está expreso e o verbo está en 3.ª persoa e co mesmo número
que o CD tamén se pode dar ambigüidade; nese caso cómpre usar a preposición:

Chamou o fontaneiro (quen chamou, o fontaneiro ou alguén ao


fontaneiro?) > Chamou ao fontaneiro.

6. Na correlación un a outro: Quérense un ao outro coma irmáns.

7. No segundo termo da comparación: Respéctoo como a un pai.


RECOÑECEMOS O CD

Se ao convertelo nun pronome nos dá o/a/os/as (e O presidente despediu varios empregados >
nunca lle/lles): despediunos

Se ao pasar a oración a pasiva se converte no Varios empregados foron despedidos polo


suxeito: presidente

Se preguntamos “que persoa ou que cousa é + Que persoa ou que cousa é despedida? >
participio do verbo?” (a resposta é o OD): varios empregados (CD)

Completa as oracións se for preciso e fai as contraccións:


1. Para que as empresas poidan formar ____seus traballadores, cómpre publicar as axudas
decontado.
2. Eles acusan ____Xoán de que non atendeu ____un cidadán no horario de atención____ público.
3. O partido da oposición acusou ____ conselleiro de presentar unha auditoría inventada.
4. Suxeríronlles ____ traballadores que empregasen medidas de presión.
5. Chamou_______ profesora por teléfono.
6. A profesora afirma que o conserxe os chamou ______ todos por teléfono pero que non a
chamou _____ ela.
7. A Asociación de Veciños Río Miño demandou _____promotor inmobiliario.
8. Acordamos contratar_____unha empresa privada para recoller o cartón.
9. Para realizar esta xestión ten que ir ______ Consellería de Educación.
10. Comprometéronse a enviar ___ un grupo de persoas voluntarias____zona do sinistro.
11. Critican_____ alcalde por construír en zona verde.
12. Hai que lle demandar _____Unión Europea un esforzo maior desde o punto de vista
económico.
13. Afirmou que elixiran __ persoa máis capacitada para desempeñar esta función.
14. Exixiulles _____ empregados que asinasen a liquidación.
15. Os promotores reuniron ____ propietarios para discutiren o asunto.

16. Preguntoulle ______ xefe de servizo se sabía algo do tema.


17. Todos culpan______ embaixador do agravamento da situación.
18. Nós seleccionamos ____dous candidatos para este posto, pero falta a escolla final.
19. De verdade apoian _______ traballadores da construción os sindicatos?
20. Requirimos ______ propietario da empresa para que achegue o informe técnico.
21. As testemuñas non se comunicarán entre si nin poderán unhas asistir ______declaracións
das outras.
22. O persoal que asiste _____doentes ten que estar informado do risco de contaminación.
23. Defendemos un modelo económico que incentive ____ que xa están e atraia ____ novos
líderes de opinión.

24. Xa chamamos _____ persoas que estaban apuntadas na listaxe de substitucións.

25. Anunciaron que destituirían _____ xuíz por prevaricación.


26. Mobilizaron ______corpos e forzas de seguridade.
27. A súa misión é asesorar _____ cidadáns.
28. Tamén hai que convocar_____ representante do Concello ____ reunión do Consello Escolar.
29. É obrigatorio informar _____ alumnado dos prazos de reclamación.

You might also like