You are on page 1of 8

CIVILIZACIÓN DO CRECENTE FÉRTIL. MESOPOTAMIA E EXIPTO.

CIVILIZACIÓN DO CRECENTE FÉRTIL. MESOPOTAMIA E EXIPTO.

Mesopotamia.

Medio xeográfico.

Mesopotamia significa “entre ríos” en grego, nome acuñado por Herodoto, debido a que
se empraza entre os rios Eufrates e Tigris.

A rexión emprazase ó suroeste de Asia Central, abarcando o actual país de Iraq e parte
de Siria.

Os seus límites foron:

 Norte: montaña Armenia e Tauro.


 Sur: golfo Pérsico.
 Este: Montes Zagros, Persía.
 Oeste: Deserto de Siria e de Arabia.

Presenta as seguintes rexións:

 Norte: Asiria.
 Sur: Caldea (conformada por Sumer, Babilonia e Akad).

O sur de Mesopotamia é unha rexión extraordinariamente fértil e apta para a agricultura;


irrigada polo Tigris e Eufrates e abonada polo limo que traen cada primavera ambos rios. No
norte, o predominio de montañas solo fixo posible o desenvolvemento da gandería.

Economía e sociedade.

A principal actividade económica foi a agricultura. O desenvolvemento agrícola


prosperou grazas á inventiva dos habitantes da Baixa Mesopotamia quenes crearon sistemas de
irrigación, ante a escaseza de choivas, o abrasador calor do verán e o descenso das augas.
Construíronse presas para reter a auga das inundacións e abríronse canles dende os ríos para
regar os campos.

A necesidade de rego, a falta de materias primas esenciais como a madeira, a pedra y os


metais, fixeron indispensable a formación dunha clase dirixente que se encargase de atopar e
administrar esas materias primas, de coordinar as obras hidráulicas, distribuíndo as
responsabilidades e establecendo os “dereitos” de cada un.

A agricultura de regadío no sur de Mesopotamia posibilitou a recollida de varias


colleitas ó ano, e, con iso, un excedente de cebada e outros cereais. O Estado intercambiaba
ditos excedentes, dando orixe a un intenso comercio cos pobos veciños. Gran cantidade de
caravanas viñan de diferentes lugares para intercambiar os produtos agrícolas e artesanais que
eles producían. Como consecuencia desta relación económica, os seus coñecementos artísticos,
técnicos e ideolóxicos fóronse difundindo a diferentes lugares da rexión.

A sociedade era escravista e clasista. Estaba dominada por unha elite de guerreiros
(aristocracia guerreira), sobre unha clase traballadora conformada por campesiños e artesáns.
Así mesmo, a clase dirixente dedicábase ó sacerdocio, empregando a relixión como mecanismo
de control ideolóxico, xustificando o seu poder pola “vontade dos deuses”.
CIVILIZACIÓN DO CRECENTE FÉRTIL. MESOPOTAMIA E EXIPTO.

Proceso histórico.

5.500. Cultura de Samarra-Hassuna e Tell Hallaf.


5.500- Culturas
5.000. Iniciase a conquista da Baixa Mesopotamia.
3.500 Neolíticas
Cultura de Eridu e Hadji Mohammed.
ac0 Presumerias
4.500. Cultura de El Obeid. Regadío e roda de alfareiro.
Período Sumerio:
3.500. Xorde a primeira cidade-estado: Uruk.
Logo establécense Ur, Lagash, Nippur, Eridu, Kish, Umma.
Estas cidades-estado foron gobernadas por un “Ensi” (rei-
sacerdote), reemprazado logo polo “atesi” (rei-guerreiro)
3.200. Invención da escritura cuneiforme (Uruk).
3.000. Constante rivalidade entre as cidades pola terra,
desenvolvendo a metalurxia do bronce para producir armas.
2.350. Inícianse as incursións acadias.
Imperio Acadio:
3.500- Período 2.300. Sargón I derrota a Lugalzagesi, rei de Umma, sometendo os
1.800 Sumerio- sumerios, Elam e parte de Siria. Estableceu o primeiro Imperio da
aC Acadio Historia. Capital: Agadé (Akkad)
2.270-2.230. Naram Sin logra a máxima expansión acadia.
2.200. Invasión dos Guti (dragóns da montaña). Destrución de
Akkad.
Renacemento Sumerio:
2.050.Utukenghal de Uruk expulsa os Guti.
Establecese a III Dinastía de Ur, destacando Umammu, ó que se lle
atribúe o primeiro código escrito (de carácter local); aínda que
outros atribúenllo o seu fillo Shulgi.
1.950. invasión de elamitas e amorritas que logo de acabar co
predominio de Ur establecéronse en Babilonia.
1.792-1.748. Hammurabi reunificou Mesopotamia e creou un vasto
imperio cuxa capital era Babilonia. Amurallou a cidade para a súa
defensa. Promulgou a lexislación nacional máis antiga (Código de
1.800- Primeiro Hammurabi), baseado na “Lei do Talión”. A nivel relixioso,
1.595 Imperio estableceu o culto o Deus Marduck. Estableceu como lingua oficial
aC Babilónico ó Acadio e difundiuse o famoso “Poema de Gilgamesh”.
Invasións Indoeuropeas: Hititas, Kasitas, Mitanis.
Introduciron o ferro, o carro e o cabalo de guerra.
Producíronse séculos de incursións violentas e incertidume
747-727. Teglatfalasar III, rei asirio conquista Babilonia.
721-705. Sargón II el Grande funda a dinastía Sargónida.
705-680. Senaquerib, estableceu a capital en Ninive.
s. VIII Imperio 680-669. Asarhadon iniciou a conquista de Exipto.
aC-612 Asirio 669-629. Assurbanipal, logrou a máxima expansión asiria. Fundou
a Biblioteca de Nínive (a primeira do mundo).
Alianza entre Nabopolasar (babilonio) e Ciaxares (medo)
612. Destrución de Ninive.
603-562. Nabucodonosor II derrota al faraón Necao II en la
batalla de Karkemich. Destrúe Xerusalén (587) y deporta a miles
Segundo
de hebreos a Babilonia (Cativerio de Babilonia)
612-539 Imperio
Mandou edificar os “Xardíns Colgantes de Babilonia.
Babilónico
Invasión persa ó mundo de Ciro II o Grande, que derroca o rei
Nabodino e o seu rexente Baltasar.
CIVILIZACIÓN DO CRECENTE FÉRTIL. MESOPOTAMIA E EXIPTO.

Manifestacións culturais.

Arquitectura.

 Construcións de gran tamaño.


 Empregaron o ladrillo (invento sumerio)
 Aplicaron coñecementos matemáticos nas súas edificacións.

Zigurat.
 Eran pirámides escalonadas de tres ou máis niveis.
Relixios
 Cumprían unha función cerimonial e astronómica.
a
 Destacan os Zigurats de Ur, Uruk e Babilonia.
 O Templo Branco de Uruk foi o antecedente dos Zigurats.
Construíron cidades amuralladas.
Destacan os palacios como o de Korshabad en Asiria.
Civil
Xardíns colgantes de Babilonia, considerado unha das sete marabillas do mundo
antigo.
Tumbas reais de Ur.
Funerar
Tratase dunha necrópole con dezaseis tumbas rexias, a máis significativa é a do Rei
ia
Abargi e da raiña Puabi ou Shubar.

Escultura.

Destacando os touros alados (querubes) de Korshabad (Asiria), e o grupo escultórico de


Tell-Asmar (Sumeria), a Estela dos Boitres e a Estela de Ennatum e o Estandarte de Ur.

Escritura Cuneiforme.

Inventada polos sumerios cara o 3.300 aC, é de carácter ideográfico y foi descifrada
polo inglés Rawlinson empregando a Pedra de Behistun. É a mais antiga do mundo e foi
atopada en Uruk.

Lexislación.

 Código de Urnammú (Shulgi): primeira lexislación local (Ur).


 Código de Hammurabi: primeiro código nacional (Imperio Babilónico), atopado por J.
Morgan en 1901.
 Lei de Talión: “Ollo por ollo, dente por dente”

Ciencias.

Nocións de Aritmética e Xeometría, como o sistema sexaxesimal (60) e


Matemática
duodecimal (12); principios do círculo, circunferencia, arco e radio; noción de
s
base, altura e ángulo.
Iniciaron as observacións astronómicas recoñecendo 5 planetas: Mercurio,
Venus, Terra, Marte, Xúpiter.
Astronomía
Crearon o horóscopo (zodíaco).
.
Calendario lunar (360 dias, divididos en 12 meses de 30 dias cada un, 24 horas,
60 minutos, 60 segundos)
CIVILIZACIÓN DO CRECENTE FÉRTIL. MESOPOTAMIA E EXIPTO.

Relixión.

Foi politeísta e os seus deuses eran antropozoomorfos. Formaban triadas, a principal foi:
Anu, Ea, Enlil.

 Tiamant (Caos).
 Nergal (Noche, mal. Señor do país de onde se volve)
Sumeria  Ea (Auga)
 Enlil (Vento)
 Anu (Ceo)
Principais
Deuses  Marduck (Xúpiter, Deus principal)
 Shamash (Sol, Xustiza)
Babiloni
 Sin (Lúa, señor do tempo)
a.
 Ishtar (Venus, Beleza, amor. Representado en forma de
paloma)
Asiria o Assur (Guerra)

Exipto.

Medio xeográfico.

O territorio onde se desenvolveu a civilización exipcia emprazouse no noreste de


África, fronteirizo ó continente asiático e bordeado de desertos e mares, atravesado polo río
Nilo. Xunto á rexión de Mesopotamia constitúen un dos lugares mais fértiles do mundo.

Os seus limites foron:

 Norte. Mar Mediterráneo.


 Sur. Deserto de Nubia, Sudán.
 Este. Deserto Oriental, Mar Vermello.
 Oeste. Deserto Occidental, Deserto de Libia.

Presenta as seguintes rexións:

o Baixo Exipto. Emprazada ó norte, é coñecida tamén como a zona do delta. As


periódicas inundacións do Nilo converten á rexión en pantanosa e rica en
nutrientes, especialmente en limo.
o Alto Exipto. Emprazase cara o sur, na rexión do val. Para aproveitar as súas
terras fértiles, os exipcios tiveron que construír sistemas de rego.

Os antigos exipcios chamaba a súa terra “kemet” (terra negra) para diferenciala do
deserto que o rodeaba, chamado deshret (terra vermella) que ocupa o 90% do país. Entre xuño e
outubro, o río Nilo inunda as súas ribeiras e ó retirarse deixa unha grosa capa de barro coñecida
como limo, o cal é un excelente fertilizando. Esa e a terra negra dos exipcios.

Sociedade e economía.

A base da economía foi a agricultura. Ó igual que en Mesopotamia, os exipcios


desenvolveron un complexo sistema de canles de irrigación, canles e diques. Así mesmo, o uso
do limo como fertilizante foi vital para incrementar a produción, especialmente de cereais (trigo,
CIVILIZACIÓN DO CRECENTE FÉRTIL. MESOPOTAMIA E EXIPTO.

cebada). Nesta tarefa despregáronse unha grande cantidade de campesiños (fellah), que en
época de enchente dedicábanse ás actividades artesanais ou a construción de obras hidráulicas.
De outro lado, os exipcios estableceron relacións comerciais cos Pobos do Mar, especialmente
cos fenicios, o que lles permitiu ampliar o seu sistema de navegación e as súas fronteiras
mercantís. Exportaron rolos de papiro, cereais e a artesanía local. Produto do intercambio
obtiñan madeira (cedro, ébano), coiro, ouro, incenso, marfil, cabalos e carros de guerra. O
Estado Exipcio encargábase de redistribuír os excedentes agrícolas, exixindo ós campesiños o
pago de impostos en especies que eran almacenados en graneiros para a época de escaseza. Un
adecuado sistema de almacenamento garantía o sustento da poboación cando a enchente do Nilo
era insuficiente para a produción.

A sociedade exipcia era clasista e escravista.

 A clase dominante estaba encabezada polo faraón (Gran Casa),considerado o fillo da


divindade. Acompañábano a nobreza, a casta sacerdotal (Hierogrammatas) e os
funcionarios (visires, escribas).
 De outro lado, estaban os soldados profesionais, encargados da expansión e protección
dos territorios exipcios. Constituíron así mesmo a principal forza de represión contra as
revoltas campesiñas.
 A clase traballadora estaba conformada por comerciantes e artesáns.
 Finalmente, os escravos, obtidos mediante guerras de conquista, carecían de dereitos e
tiñan o seu cargo as labores máis pesadas.

Proceso histórico.

Establecéronse comunidades agrícolas e gandeiras (nomos ou


Período
spats) ó longo do Nilo, gobernadas por un monarca.
Predinástico ou
4.500- Invención da escritura xeroglífica (3.100). Creación dun
Arcaico ou
1.800 calendario solar (estrela Sothis). División rexional política:
adoradores de
Baixo Exipto (capital: Buto) e Alto Exipto (capital:
Horus
Hieracómpolis)
Menes o Namer (Rei Escorpión), monarca do Alto Exipto,
vence o rei do norte e logra a unificación (capital: Tinis).
Considerado como o primeiro faraón.
Período Tinita
1.800- Iniciou a historia dinástica e o culto ó Boi Apis.
(Dinastias I-II)
Expedicións á rexión de Nubia (rica en ouro). Construción de
canles de irrigación e diques. Edificación de mastabas
(primeiros recintos funerarios)
A capital trasladouse a Menfis. Creouse o cargo de Visir
(Primeiro Ministro). Relacións comerciais con Fenicia e
Creta. Construción de pirámides: Pirámide escalonada do
Imperio Antigo ou
faraón Zozer(arquitecto: Imhotep) e as pirámides lisas do val
Período Menfita
de Gizeth (Keops, Kefrén e Micerinos)
(Dinastías III-VI)
Durante o reinado de Pepi II, o Estado perdeu autoridade
ante os nomarcas, xerando unha crise política que puxo fin ó
Imperio Antigo.
Primeiro División de Exipto e anarquía política, dado que os
2.160-
Intermedio administradores dos Nomos buscaban independizase, o
2.055
(Dinastía VII-X) discrepar sobre o sistema herditario.
2.055- Imperio Medio ou Mentuhotep II, reunifica o Alto e o Baixo Exipto e establece
1.795 Tebano (Dinastía como capital a Tebas, logo de derrotar ós reis de
XI-XII) Heracleópolis (2055). Estabilidade política e restablecemento
CIVILIZACIÓN DO CRECENTE FÉRTIL. MESOPOTAMIA E EXIPTO.

das rutas de comercio e a explotación de ouro de Nubia.


Impúxose o culto ó deus Amon-Rá.
A invasión dos Hicsos (reis estranxeiros). Procedentes da
rexión de Canaán (Palestina), introduciron o uso do ferro, o
Segundo Intermedio
1.795- cabalo e o carro de guerra. Estableceron como capital a
(dinastías XIII-
1.551 Avaris (delta do Nilo). Absorberon a cultura exipcia e
XVII)
adoitaron a súa organización política.
Instálanse os xudeus ou israelitas.
Amosis I. Faraón de Tebas, expulsa ós hicsos e fainos
retroceder ata Palestina (1551). Restablecese a Tebas como
capital do Imperio. Este novo período de hexemonía tebana
caracterizase pola organización dun exército profesional e
xerarquizada.
Hatshepsut, Emperatriz que protexeu e impulsou as artes.
Obtivo o apoio dos sacerdotes de Amón.
Tutmosis III, logrou a máxima expansión exipcia, ocupou
Cannán (batalla de Megido, 1457) e Siria.
Imperio Novo ou
Amenofis IV (Akenaton), impulsou unha reforma monoteísta
1.551- Neotébano
(Deus Solar Atón) para contrarrestar a influencia política e
1.085 (Dinastías XVIII-
riqueza económica dos sacerdotes de Amón e recuperar a
XX)
centralización política: Tell-El- Amarna (Akenaton)
Tutankamon, o “faraón neno” restableceu o politeísmo
manipulado polos sacerdotes de Amón. Morreu antes de
cumprir os 20 anos.
Ramsés II, logrou o máximo esplendor cultural de Exipto.
Culminou a construción dos templos de Karnak e Luxor, e
iniciou o tempo de Abu Simbel. Firmou a Paz de Kadesh
(1285) cos hititas, considerado como o primeiro tratado de
paz do mundo.
Terceiro Rebelión dos libios e os ataques dos Pobos do Mar. Período
Intermedio: iniciase de inestabilidade política, polos conflitos entre a casta
a decadencia sacerdotal e militar, pobreza e loitas sociais.
1.085-
(Dinastías XXI-
s. VII
XXIV)
Período Etíope Goberno de Taharka (derrotado polos Asirios) e Tanatanum
(Dinastía XV) (fuxiu do conflito)
Invasión asiria iniciada por Asarhadon e culminada por
Renacemento Saita
Asubanipal (s. VII)
e fin da civilización
Psamético I expulsou ós asirios e Exipto floreceu
exipcia (Dinastía
(Renacemento Saita, s. VI)
XXVI)
Cambises II (Rei Persa, derrota a Psamético III na batalla de
s. VII-
Pelusium (525) e conquista Exipto.
332
Posteriormente, serán sometidos polos macedonios de
Dinastia Extranjera Alexandre Magno (332), que deixaran como herdeira a
(XXVII-XXXI) Dinastía Lágida ou Ptolemaica.
Finalmente a rexión sería conquistada polos romanos que
pasaría a converterse en provincia romana con Octavio (31),
trala batalla de Accio ou Actium.

Manifestacións culturais.

Arquitectura.
CIVILIZACIÓN DO CRECENTE FÉRTIL. MESOPOTAMIA E EXIPTO.

Era monumental, acorde ó concepto de inmortalidade exipcia.

Uso da pedra (grandes bloques)

Sistema construtivo adintelado e sólidas columnas.

 Mastabas (voz árabe “mesa” ou “banco”: son os recintos funerarios


máis antigos de Exipto.
 Pirámides: tumbas para os faraóns. Escalonadas como a de Zozer, no
val de Saqqarah; e lisas como as de Keops, Kefren e Mikerinos no val
Funerari de Gizeh, cerca do Cairo. Keops é a de maior tamaño, considerada a
a. “Gran Pirámide”, con 150 m de alto e 230m de lado.
 Hipoxeos: foron tumbas escavadas nas ladeiras das montañas do
chamado “Val dos Reis” (Alto Exipto) durante o Imperio Novo ou
Neotebano.
 Speos. Feitas nas cordilleiras lonxanas.
 Karnak (construído por Ramses II en honra de Amon-Ra)
 Luxor (mandado construír por Amenofis III)
Relixiosa
 Deir el Bahari (mandado a construír por Hatshepsut)
 Abu Simbel (construído na época de Ramses II)

Escultura.

Alcanzaron xigantescas proporcións e extraordinaria consistencia. Formas ríxidas,


carentes de expresividade e de soltura de membros. Destacan: os colosos de Ramsés II,
Amenemhat e de Memnon (en honra a Amenofis III), a Esfinxe de Gizeh, ou o escriba sentado.

Escritura.

A escritura faise de dereita a esquerda, cunha cuña puntiaguda. Existindo varios tipos:

Xeroglífic A mais antiga e complexa (3.100). Escritura sagrada, empregada en sarcófagos,


a. tumbas, monumentos e esculturas, e representábase con gran detalle.
Simplificación da escritura xeroglífica. Era máis sinxela, fluída e estilizada, sendo
Hierática. empregada en textos relixiosos. Foi empregada por escribas e sacerdotes en copias
literarias.
O termo provinte do grego demotika (popular). É unha forma abreviada da
Demótica
hierática. Utilizada polos escribas para asuntos cotiáns e transaccións comerciais.

A escritura exipcia foi descifrada polo francés Jean Francois Champolion.

Ciencias.

Matemática Nocións de Aritmética, Xeometría e Trigonometría (papiro Rhind ou Amhes e o


s. papiro de Moscú)
Calendario Solar: 365 dias divididos en 12 meses de 30 dias cada un (mais cinco
Astronomía dias, coñecidos como epagómenos). Comezaba cando a estrela Sotis (Sirio)
aparecía no horizonte á saída do Sol (amencer)

Dereito.
CIVILIZACIÓN DO CRECENTE FÉRTIL. MESOPOTAMIA E EXIPTO.

Establece a sucesión por vía materna.

O dereito penal, establece unha serie de penas segundo os delitos: estafador (cortaráselle
unha man ou ambas), parricida (queimado vivo), adultera (cortar a nariz).

Relixión.

Politeísta e panteísta.

 Deuses zoomorfos e antropomorfos, o que evidencia un culto ós animais e ás forzas


naturais.
 Crenza na “vida despois da morte”.
 Fontes de estudo: “Textos das Pirámides” e o “Libro dos Mortos.

Principais deuses.

 Ra (símbolo da luz solar, dador de vida: pai dos faraóns)


 Amón (deus principal de Tebas. Creador do Universo)
 Osiris (xuíz dos mortos. Deus da vexetación.)
 Isis (muller de Osiris, deusa do matrimonio. E protectora da agricultiura)
 Horus (fillo de Osiris e Isis, deus con cabeza de falcón. Señor do ceo)
 Aton (Deus da dozura e da paz)
 Seth (deus do mal e o deserto, irmán de Osiris)
 Anubis (deus da momificación, cabeza de chacal. Xuíz dos mortos)
 Thot (deus dos escribas e a sabedoría, cabeza de ibis)
 Maat (deusa da xustiza, representada por unha pluma)
 Hathor (deusa do amor e a alegría, cabeza de vaca)

You might also like