You are on page 1of 1

A VACA NA LITERATURA GALEGA

A literatura social galega atopou na enorme forza controlada do boi, maternalidade


da vaca e no carácter dos dous (pacentes, sufridos e resignados á súa negra sorte)
unha metáfora da vida do proletariado galego. Por iso diferentes escritores utilizaron
este animal, macho ou femia, como metáfora da realidade social do home galego.

Textos de Rosalía, de Castelao, de Manuel María, de Xosé Manuel Carballo, Dario


Xohán Cabana observan a vaca en si mesma con ternura e con respeto. Outros
textos de Lamas Carvajal ou de Álvarez Limesas observan a vaca como espello
doutras realidades humanas.

O seguinte é un texto de Castelo extraído do seu libro “Sempre en Galiza”:

A vaca é o símbolo da paz.

Vale máis o que significa unha vaca que o que simboliza un león rampante. Xa o
dixo un dos nosos economistas: “A árbore xenealóxica dunha vaca de leite é máis
útil que a árbore xenealóxica dun aristócrata”.

A vaca esqueceu os cornos e danos o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu
coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. Non nos pode dar máis.

A nosa vaca ten o pesebre en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle dá de
comer a unha vaca non ten dereito a muxila.

O día que nós emitamos papelmoeda non estamparemos nel o retrato dos políticos,
nin dos sabios, nin dos artistas; estamparíamos, somentes, a figura dunha vaca,
como símbolo da nosa economía humanamente distribuída.

O día que Galiza sexa unha comunidade cooperativa, ergueremos un gran


monumento cunha vaca en bronce dourado. Tamén hai razas de vacas, e a mellor é
a nosa. O día que saibamos o que vale unha vaca, Galiza quedará redimida.

A raza Rubia galega (ou vaca Marela).

A rubia galega é unha raza de vacún autóctona de Galicia. É a máis característica


de Galicia e ten o pelo de cor rubia con variacións de ton. Emprégase para a
produción de carne e noutros tempos como animal de traballo. Abunda
especialmente na provincia de Lugo, onde se concentra o 75 % do censo, e
na provincia da Coruña, estando tamén presente noutras comunidades e
noutros países de Europa e de Sudamérica.

A raza Rubia Galega é tan identificativa de Galicia como a paisaxe, os costumes ou


o idioma. Perfectamente adaptada e vinculada coa xeografía e a orografía galega
forma parte da súa paisaxe, estando representada na cultura galega tanto pictórica
como literaria, así como na cerámica típica galega.

You might also like