You are on page 1of 7

Terminoloxía específica

A linguaxe xurídico-
administrativa
(Léxico e semántica)
Terminoloxía específica

A linguaxe xurídico-administrativa
A linguaxe xurídico-administrativa
Emprégase no eido do Dereito e da Administración. Fronte ao carácter
innovador da linguaxe científico-tecnolóxica, a linguaxe xurídico-
administrativa presenta uns trazos marcadamente conservadores (debido,
entre outros motivos, á longa tradición documental existente).
Nos textos pódese establecer a seguinte clasificación tipolóxica:
• Textos lexislativos: leis e decretos.
• Textos administrativos: instancias, actas, contratos, declaracións xuradas,
certificados etc.

• Textos xudiciais: demandas, sentenzas etc.


Características:
A linguaxe xurídica adoita abusar de:
• Os circunloquios, isto é, de expresar mediante un rodeo o que se pode
decir de xeito moito máis breve, claro e directo.
• O uso do xerundio.
• Fórmulas de tratamento.
• As maiúscuslas.
• Dos latinismos e dos galicismos.
Recursos que contribúen a convertela nunha linguaxe complexa e anacrónica
que, en moitas ocasións dificulta a comprensión e, polo tanto, a
comunicación.
Canto ao léxico:
• Uso de latinismos debido á influencia do dereito romano: ab intestato, sen
testamento; corpus delicti, corpo do delito; ex aequo, por igual; ex profeso,
intencionadamente; motu proprio, voluntariamente; mutatis mutandis, cambiando
o que debe cambiarse; nihil obstat, nada que obxectar; sine die, sen data fixa;
stricto sensu, en sentido restrinxido.

• Emprego de fórmulas fixadas: a teor de, de conformidade con.

• Uso de abreviaturas e siglas: art., artigo; DOG, Diario Oficial de Galicia.

• Emprego de fórmulas de cortesía e tratamento: Ilustrísimo/a, Magnífico/a.

• Uso de léxico especializado: decreto lei, resolución, derogar, sentanza, querela,


preito, edicto, veredicto.
Canto ás características morfosintácticas

• Uso de substantivos e adxectivos formados a partir de verbos.


• Emprego de verbos impersoais ou en terceira persoa.
• Oracións en pasiva.
• Estruturas sintácticas longas.
Canto ao nivel textual

• Presentan unha estructura fixa e convencional, a xeito de formulario.


• Constan de encabezamento (cos datos do solicitante), corpo (onde se
exponen os feitos ou as solicitudes) e peche.
• Os textos lexislativos estrutúranse en leis, capítulos, sección, artigos,
parágrafos etc.

You might also like