You are on page 1of 1

Lusofonía

Que é?
A lusofonía é o conxunto de países que teñen como lingua oficial o portugués. Concretamente son nove
países: Portugal, Cabo Verde, Brasil, Guinea-Bissau, Angola, Mozambique, Guinea Ecuatorial, Santo Tomé e
Príncipe e Timor Oriental.
Tamén existen rexións do mundo onde a lingua portuguesa é a oficial, como en Macao, unha zona de
China. Así mesmo existen rexións onde o portugués non é oficial, pero é falado igualmente debido aos
vínculos históricos que tiveron con Portugal, como é o caso de Goa, na India, ou de Malaca, en Malasia.
Reparto da poboación lusófona:
O país lusófono máis poboado é Brasil, por unha gran diferencia, pois ten máis de 200 millóns de
habitantes. Os seguintes serían Mozambique, Angola e Portugal, dos cales ningún supera os 25 millóns de
habitantes.
En total a poboación lusófona ascende a uns 260 millóns de persoas.
Relación co Galego:
Galicia e Portugal gardan importantes vínculos históricos, culturales e sociales. Un dos máis importantes é
a lingua, pois as dúas proceden do galaico-portugués. Esta lingua foi falada en toda a zona noroeste da
península, o que hoxe en día é norte de Portugal, e Galicia. Usouse durante a Idade Media, de feito tamén
recibe o nome de portugués medieval. Esta é a lingua da cal proceden o galego e o portugués actual, que
se separaron a redor do século XV.
Lei Paz Andrade:
A Xunta de Galicia defende a integración de Galicia na lusofonía, isto vese reflexado na chamada Lei Paz
Andrade. Esta lei defende o aproveitamento da lingua portuguesa e os vínculos coa lusofonía, obrigando
aos poderes públicos a promover o coñecemento da lingua portuguesa e da súa cultura. Foi aprobada no
2014 por unanimidade no Parlamento de Galicia.
Ademáis, os grupos reintegracionistas fan especial hincapé en que o galego e o portugués son o mesmo
idioma, con pequenas variacións léxicas e ortográficas, isto según a súa corrente de pensamento.
Xogos da Lusofonía:
Os Xogos da Lusofonía é un evento multinacional deportivo organizado pola ACOLOP, ou Asociación dos
Comités Olímpicos de Lingua Portuguesa. Este evento reúne atletas de fala portuguesa, lusófonos ou das
zonas africanas que falan portugúes (PALOP). Tamén poden participar aqueles países que teñan unha
importante colonia portuguesa ou que tiveron un pasado común con Portugal.
Esta competición existe dende o 2006, a súa primeira edición que tivo lugar en Macao. Participaron uns
700 atletas de 12 países diferentes, os 9 fundadores, Guinea Ecuatorial, India, Sri Lanka e Ghana.

You might also like