You are on page 1of 1

MANUEL ANTONIO

1) PRIMEIRA PARTE: contextualización histórica do autor

Manuel Antonio é un autor ao que podemos encadrar na poesía do primeiro terzo do século XX. É un
momento marcado por importantes transformacións: substitución da fidalguía rendista por unha burguesía
industrial, desenvolvemento dos sectores secundario e terciario e incremento do proceso de substitución
lingüística, a pesar de o galego seguir a ser a lingua maioritaria, pois fica vinculada ao mundo rural fronte ao
castelán que acapara os usos formais. Pola necesidade de reivindicar e dignificar a lingua nacerán en 1916 as
Irmandades da Fala, berce do nacionalismo galego. Ao redor delas e do Grupo Nós xirará a intelectualidade
da época. Entre os poetas atopamos dúas correntes: os continuadores de temáticas e formas do Rexurdimento
(a maior parte dos autores das Irmandades) e os renovadores e innovadores da segunda década do século XX
(novecentistas ou autores da xeración do 25) marcados polas vangardas europeas. Manuel Antonio será o
principal representante das vangardas europeas en Galicia, cunha poesía que recolle influencias de diferentes
movementos vangardistas.

2) SEGUNDA PARTE: Características do autor que se poidan ver na peza que teñamos que comentar
(hai que escoller dúas que se relacionen co texto que teñamos que comentar)

● Vangardismo. Manuel Antonio será o prinicpal representante das vangardas na poesía galega.
Adóitase dicir que se encadra dentro do Creacionismo, aínda que tamén ten elementos pertencentes a
outros movementos vangardistas:
○ Creacionismo: superposición de imaxes e reinterpretación da realidade
○ Cubismo: Disposición tipográfica non convencional dos versos, usos de chaves, división en
apartados, uso de espazos en branco...
○ Futurismo: Uso de terminoloxía de tipo técnico e emprego de palabras estranxeiras
○ Das vangardas tamén: ausencia de puntuación
● Métrica irregular. Tamén influencia da vangarda. Predominará na súa obra un versolibrismo e
ausencia de ritmo
● Temática centrada arredor de catro puntos elementais:
○ Mar: Preferentemente nocturno ou crepuscular e elementos asociados: estrelas, lúa, faros,
ronseis, barcos...
○ Soidade: Unha soidade radical, ontolóxica e eterna
○ Tempo: Abundantes referencias ao decorrer do tempo e aos elementos que o miden (reloxos,
almanaques...)
○ Terra: Como contrapunto do mar. Caracterízase pola desilusión, a monotonía e a saudade.

3) TERCEIRA PARTE: Outros/as autores/as e obras desta mesma época (escoller dous)

● Antonio Noriega Varela. A diferenza de Manuel Antonio, atoperamos nel unha poesía moi
tradicional, con temática paisaxística e costumista. Pon en valor nos seus poemas os elementos máis
humildes da natureza. Do hermo (1920).
● Amado Carballo. Vangarda (hilozoísmo). Non é vangarda plena como Manuel Antonio, adscríbese
a un movemento paralelo: o hilozoísmo. Crea poemas impresionistas coa natureza personificada
como centro. Proel (1927).
● Ramón Cabanillas. Aínda que o autor achega algunha novidade na súa obra, incorporando o
saudosismo e modernismo, veremos en parte dá súa obra unha continuación da lírica anterior. No
desterro (1913), Vento mareiro (1915), Da terra asoballada (1917).
● Álvaro Cunqueiro. Terá influencia das vangardas, do Cubismo e do Surrealismo. Veremos tamén
na súa obra a influencia doutro movemento galego pararalelo ás vangardas: o neotrobadorismo.

You might also like