You are on page 1of 2

Identifica o tema de que trata esta cousa, indica as características desta e anota

outras dúas narracións do autor explicando o contido de cada unha delas. A que
xeración literaria pertence?

Aínda eu era médico rural e rubía por un camiño da serra. Os casais estaban lonxe;
os arboredos, tamén; e por alí non había máis que toxos e pedras.
No curuto avistei a figura dunha muller que me chamaba coa man, e o patrucio que
camiñaba de par do meu cabalo contoume:
– ¡Malpocadiña! Chámanlle a tola do monte. Era unha rapaza ben asisada e bonita
coma un sol e din que foi unha meiga quen a enfeitizou e despois de perder o xuízo
tívolle un fillo e contan que foi do demo...
Por riba da tola do monte voaba un miñato.

Adapt. de Cousas (1926), A. D. R. Castelao

Esta cousa trata sobre unha muller que, sendo nai solteira, é repudiada pola sociedade
ao non seguir as normas relixiosas e sociais tradicionais, que non aceptaban a maternidade
libre sen pasar polo matrimonio. As palabras do patrucio denotan a falsa interpretación da
sociedade cando identifica o mozo proxenitor co “demo”, polo que se lle exime da asunción da
paternidade, e o feito de ser nai solteira con estar enmeigada (“unha meiga quen a enfeitizou”),
o que explica a tolemia á que alude o seu alcume: “tola do monte”. O castigo do illamento
social declárase dende o principio a través da soidade que sofre a moza: “e por alí non había
máis que toxos e pedras”. O final, no que a voz narrativa de afasta da historia cun anticlímax,
aumenta a soidade da muller: “Por riba da tola do monte voaba un miñato”, sancionada pola
aldea ao culpabilizala só a ela da situación fóra dos canons sociais.
A cousa, forma literaria inventada polo autor, consiste nun relato breve previamente
ilustrado cunha imaxe que o decora; esta posúe só unha acción, tempo, espazo e moi poucos
personaxes.
Castelao, pertencente á Xeración Nós, autores que se implicaron na edición da revista
do mesmo nome de 1920 a 1936, tamén publicou Retrincos, cinco relatos de carácter
autobiográfico nos que se pon de relevo a condición humana, temática que impregna toda a
súa obra narrativa, e Un ollo de vidro, noveliña na que un esqueleto enterrado nun cemiterio ve
e conta todo o que pode ollar co seu ollo de vidro, obxecto que en vida non lle valía para ver.
Nesta critícase o caciquismo e resáltase os comportamentos humanos do ser galego co
emprego do mundo de ultratumba, eido moi do gusto de Castelao.

You might also like