You are on page 1of 11

DIVINIDADES INDíXENAS E

ROMANIZACIÓN
OBXETIVOS:

▻O obxecto deste estudo e analizar a realidade do sincretismo resultante entre as divindades


indíxenas do Noroeste e as divindades romanas.

▻Este traballo consiste nunha sinxela aproximación a evolución de estos cambios, tendo en conta
a permanencia das formas de culto e divindades indíxenas, e a introdución e difusión da relixión
romana.

▻O marco cronolóxico esta comprendido entre finais da Idade de Bronce ata finais do século IV.
Metodoloxía:

▻Para chegar a este sincretismo facemos un repaso de algunhas divindades relevantes no Noroeste, así
coma do sacerdocio, os lugares de culto, sacrificios e rituais.

▻Para coñecer unha relixión coma a pertencente a cultura galaica, precisamos recorrer as fontes
arqueolóxicas coma epigráficas, que son as utilizadas polos especialistas para levar a cabo os seus estudos.
▻A problemática que presenta a epigrafía, e que a escritura empregada e o latín, posto que
falamos dunha sociedade que non posuía escritura.

▻Aínda que temos en conta que as que están adicadas a divindades indíxenas móstranos o único
testemuño que temos do panteón indíxena na zona do Noroeste, esta información na maioría dos
casos limitase o nome da divindade.

▻Outro problema que se nos presenta, e o da conservación. O material empregado case sempre e
o granito e debido a estar exposto a humidade o aire libre, e tendo en conta o paso do tempo, e as
veces a re utilización das pedras, pode levar a confusións o borrarse partes das inscricións.
Relixión Celta
▻ A relixión dos antigos celtas, non e ben coñecida, xa que os datos dos que dispoñemos son
escasos e non moi precisos.

▻E probable que a relixión prerromana do Noroeste manifestara aspectos comúns coa que
practicaban os celtas noutras rexións de Europa.
▻Algún destes aspectos, son as manifestacións relixiosas que se circunscribían a cultos locais
relacionados coas montañas, os bosques, as augas, os que se invocaba baixo diferentes divindades.
▻Incluían un elevado numero de deuses que variaban dependendo da rexión.
▻Tamén temos diferencias, como a ausencia de imaxes de deuses, que son habituais noutros
lugares coma na Galia.
▻Non temos constancia de que existira un sacerdocio na zona do Noroeste, e temos en conta que
os druídas tanto na Galia como en Britania desempeñaron un papel importante, tanto no ámbito
político coma no relixioso.
Época romana:
▻A relixión romana comeza coa conquista, canto mais se consolidaba esta conquista mais
aumentaban os medios de difusión da súa relixión, aínda que a súa aceptación foi un proceso mais
complexo.

▻Os romanos respectaban as crenzas que tiñan os indíxenas mentres non se interpuxeran nos seus
plans de conquista.

▻As relixións indíxenas, ademais de convivir coas romanas, serviron de axuda para o asentamento
dos cultos romanos.
Relixión romana no Noroeste

▻O fenómeno de sincretismo que se deu no Noroeste, consistía na asimilación de divindades


indíxenas a divindades romanas, o cal na maioría dos casos, podémolo observar cando se
atribúen epítetos indíxenas a un dios romano. Aínda que ante estos casos temos que ter en conta
que e difícil saber cando se produce un sincretismo en realidade, mesturando os atributos
específicos de ambas divindades, e cando a divindade indíxena non se ve alterada, só se produce
un cambio de nome.

▻Tendo en conta que o Noroeste era unha zona que conservou fortes pervivencia indíxenas, e unha
escasa penetración romana (en comparación con outros lugares da península), este
dualismo indíxena-romano, non o explica todo, pois deuses como Xúpiter, con gran aceptación no
Noroeste, poderíase solapar con outra divindade indíxena, en cambio Marte non tiña moitos
devotos por existir deuses no panteón indíxena como Bandua, que estaban fortemente
arraigados e pertencían o seu mesmo ámbito.
Outras formas de sincretismo:
▻Os deuses romanos relacionados coas augas, estaban tamén presentes nas relixións indíxenas,
esto facilitaba a fusión entre ambas. Nalgúns casos durante o proceso de latinización, estas
divindades indíxenas adquirían nome romano.
▻Outro grupo de divindades eran as relacionadas coa protección da agricultura, dos bosques e os
xardíns, e dicir, relacionadas coa fecundidade da terra, estas divindades estaban presentes
tamén na relixión indíxena, esta coincidencia no culto, esto tamén facilitou o sincretismo e a
asimilación dos deuses romanos.
▻Os “Lares”, protectores da casa e dos viaxeiros, esta relación cos viaxeiros facíanos tamén
protectores dos cruces de camiños, coñecidos entón coma “Lares Viales”. Estas advocacións fóronse
asimilando con divindades indíxenas, coñecemos casos onde o nome romano de “Lares Viales”
está acompañado dun epíteto indíxena, esto móstranos que detrás destes nomes romanos existían
deuses indíxenas, que tiñan as mesmas funcións de protexer a os viaxeiros e recibían culto nos
cruces dos camiños.
Lugares de culto no Noroeste
▻Cando falamos de espazos sagrados da relixión indíxena do Noroeste, non podemos falar de
construcións levadas a cabo polo home, con muros e teito, senón que estamos a falar de
espazos relixiosos a o aire libre.

▻Tamén podían existir espacios sagrados relacionados coa auga: mananciais, ríos etc. Ou ben a
cima dunha montaña.

▻Sempre se trataba de lugares con unha topografía especial que adquirían a condición de
sagrados por conter un simbolismo que permitía transformalos nun lugar de comunicación co
mundo dos deuses.

▻Un exemplo de sincretismo nos lugares de culto e santuario rupestre de Panoias (Vila Real,
Portugal). Neste santuario atopamos a integración de divindades romanas coas que
tradicionalmente viñan sendo veneradas nesta zona, o cal constitúe un sincretismo relixioso.
Conclusións

▻A difusión dos cultos romanos na sociedade indíxena revela unha serie de transformacións na
mentalidade dos poboadores do Noroeste, e axúdannos a comprender a intensidades dos
cambios levados a cabo durante a romanización.
▻Esta adaptación a relixión romana producese a través da interpretación das divindades indíxenas
en clave romana, ou das romanas en clave indíxena.
▻Debemos de ter en conta que o sincretismo entre relixións diferentes non se produce entre
divindades idénticas, senón entre aquelas que teñen trazos similares.
▻Este proceso, desencadea transformacións e deformacións que varían dependendo das
necesidades e aspiracións do momento.
►E evidente, o proceso de coexistencia, pero tamén o de sincretismo, co que se van fusionando
progresivamente as crenzas romanas, coas crenzas que nalgúns casos teñen carácter local, coma
por exemplo cando falamos de Bandua ou Nabia, e noutros casos están estendidas a zonas mais
amplas.

►Por ultimo engadir, que e indubidábel como a influencia romana opera en todos os medios
sociais, cambiando o ambiente, os costumes e tradicións, que a súa vez se ven reflexadas nas
novas crenzas e formas de vida relixiosa.

You might also like