You are on page 1of 6

LITERATURA GALEGA I

A literatura galego-portuguesa medieval. A


cantiga de escarnio.
3º ESO
Segundo trimestre.
Acto
Presentación do tema e esquema.
Esquema xeral.
1. A cantiga de escarnio e maldicir.
1.1. Orixe.
1.2. Definición.
1.3. Clasificación temática.
1.4. Aspectos formais.
A cantiga de
escarnio e maldicir
1.Orixe.-
Lírica provenzal (sirventés: sátira de aspectos da política, da moral, da
relixión da sociedade do tempo ou de aspectos persoais)

2.- Definición.-
Cantigas nas que todas a clases sociais son obxecto da burla máis cruel. A
diferenza do sirventés, non se pretende unha crítica seria senón unha burla
que persegue facer rir.
A cantiga de
escarnio e maldicir
3.- Clasificación temática.
3.1.-Sátira política e militar.
Acontecementos relacionados co mundo militar, como a covardía dalgúns
cabaleiros nas cruzadas.

3.2.- Sátira social.


Ridiculizan os diferentes estamentos sociais, e os seus
comportamentos, sobre todo os infanzóns (nobre vidos a menos, arruinados pero
orgullosos aínda, aferrados ao seu estatus privilexiado).

3.3.- Sátira de costumes.-


Costumes sociais da época como as crenzas en agoiros, astroloxía,
maxia e bruxería, as modas no vestir…
A cantiga de
escarnio e maldicir
3.4.-Sátira sexual.
Costumes relacionadas cos comportamentos e costumes sexuais
(soldadeiras, cregos, monxas, homosexuais…).

3.5.- Sátira literaria.


Sobre os tópicos da cantiga de amor (p. ex. A gabanza da dama, ou a
súa suposta beleza…) ou as habilidades versificatorias e musicais de certos xograres.
Tamén trobadores que reaccionan ante o “intrusismo” dos xograres que compoñen.

3.6.- Sátira moral e relixiosa.-


Temática seria e amarga: os vicios máis estendidos na época. Máis
parecidos ao sirventés, con intención didáctica e moralizadora e non burlesca.
A cantiga de
escarnio e maldicir
4. Aspectos formais.
Presenta semellanzas coa cantiga de amor, igual que o sirventés coa cançó.

Cantigas de escarnio. Con equívoco e dobre sentido.

Cantigas de maldicir. Sen equívoco nin dobre sentido

You might also like