You are on page 1of 7

COMPOSICIÓN TRANSFORMACIÓNS SOCIOECONÓMICAS

ORIENTACIÓNS: Os seguintes documentos serven de base para realizar unha composición sobre o
desenvolvemento económico español no século XIX, centrando a atención na industria. Na redacción debes
tratar as seguintes cuestións: Os contrastes e os desequilibrios rexionais; as características do
desenvolvemento ferroviario; os sectores produtivos máis destacados; valoración global do desenvolvemento
decimonónico. Lembra que non se trata de responder a preguntas illadas, senón de realizar unha composición
coherente e argumentada, e que na avaliación se terán en conta os coñecementos, a utilización dos
documentos e a corrección da expresión escrita.

Doc.1.-En 1843, Jaime Balmes expoñía a escasa capacidade da capital do Estado para servir de motor
do desenvolvemento económico español:
“Cabalmente temos en España un atranco gravísimo que inflúe máis do que se cre en paralizar o noso
desenvolvemento e en facer inútiles os mellores desexos. A vida de España está nas extremidades; o centro
está exánime, fraco, frío, pouco menos ca morto. Cataluña, as provincias Vascongadas, Galicia, varios puntos
do mediodía, ofrécennos un movemento, unha animación da que non participa o corazón de España. Londres é
digna capital da Gran Bretaña, París, de Francia; na actividade, na vida da que rebordan aquelas cidades vedes
as indispensables condicións da cabeza dun gran corpo. En Madrid e en todos os arredores a longuísima
distancia nada parello atoparedes. Nin agricultura, nin industria, nin comercio”.
Doc.2.-Lei Xeral de Ferrocarrís (1855):
“Art.6. Os particulares ou compañías non poderán construír liña ningunha (...) se non obtiveron previamente a
concesión da mesma (...).
Art.14. As concesións (...) outorgaranse por termo de noventa e nove anos cando máis (...).
Art.19. Os capitais estranxeiros que se empreguen na construción de ferrocarrís ou en empréstitos para este
obxecto quedan baixo a salvagarda do Estado e están exentos de represalias, confiscacións ou embargos por
causa de guerra”.
Doc.3.-Produción de ferro coado en España, 1861-1900 (en millares de toneladas):

ANOS MÁLAGA SEVILLA OVIEDO BISCAIA OUTROS TOTAL


1861-65 12,43 2,22 13,17 11,73 6,10 45,65
1866-70 1,91 1,36 19,24 10,73 9,32 42,56
1871-75 3,08 1,38 24,90 8,72 7,45 45,53
1876-80 3,36 1,43 28,84 17,24 11,7 62,57
1881-85 1,51 1,38 40,08 76,71 11,91 131,59
1886-90 33,18 138,97 2,07 174,22
1891-95 44,30 ? 185,49
1896-1900 52,10 227,69 9,45 289,24
Doc.4.-Neste texto publicado en 1860 saliéntase a importancia da industria catalá:
“En España a palabra industria trae infaliblemente á memoria a palabra Cataluña. O principado é sen dúbida o
núcleo da forza e riqueza industrial da Península; Barcelona é chamada por propios e estraños o Manchester da
nosa querida patria (…). Non hai probablemente industria ningunha que non teña en Cataluña a súa
representación (…). Sabadell e Terrassa adiantaron tan considerablemente na fabricación de las, que xa os
seus artefactos chamaron a atención en exposicións nacionais e estranxeiras. Non menos progresou a cidade
de Reus na industria de tecer a seda (…). Girona elabora en grandes cantidades papel continuo para imprimir e
escribir (…).
As poboacións de Gracia, Sants, Sant Martí, Sant Andreu, Horta e Badalona, que parecen simplemente barrios
anexos á capital do principado, son outras tantas poboacións fabrís, nas que a industria se atopa tan adiantada
coma na mesma metrópole”.
Doc.5.-O historiador Gabriel Tortella valora así o esforzo industrializador na España do século XIX:
“Hai no século XIX español un número elevado de esforzos a prol da modernización do país. Por unha banda
temos os esforzos privados da clase empresarial catalá por crear unha base industrial no principado. Por outra
están os repetidos intentos progresistas por sentar as bases políticas e lexislativas dunha sociedade moderna, é
dicir, industrializada e tecnificada. O século XIX non foi en España de absoluto estancamento: en Cataluña, e en
especial en Barcelona, desenvolveuse unha notable industria; o país levou a cabo a desamortización e a
construción da rede ferroviaria; reformouse a educación, o sistema monetario e bancario, os impostos;
instituíuse definitivamente o orzamento; sentáronse as bases da industria siderúrxica, etc. Pero en total a tan
cacarexada revolución industrial non tivo lugar”

Os presentes documentos de carácter económico, teñen como tema común o


desenvolvemento económico e industrial na España do século XIX.Os tres primeiros, son
fontes primarias que fan referencia ás dificultades nun territorio mal vertebrado no que a capital
non constituiu o motor de desenvolvemento económico como noutros países(doc1),situandose
este na periferia peninsular , en Cataluña co sector téxtil(doc4) e en Asturias e País Vasco, co
sector siderúrxico (doc 3).Os esforzos polos gobernos liberais parten por lexislar abolir os
obstáculos á libre circulación dos produtos así como a articulación e mellora das vías de
comunicación como a Lei de Ferrocarrís (doc2). No doc 5 o historiador Gabriel Tortella valora
estes esforzos tanto por parte dos gobernos liberais como dos empresarios privados.

O desenvolvemento económico e industrial español no XIX presenta progresos inferiores aos


outros países europeos, e estes limitáronse a unhas poucas zonas da periferia peninsular,
presentando o centro un baleiro industrial tal como expresa Jaime Balmes no Doc 1 “A vida de
España está nas extremidades”. Presenta polo tanto grandes desequilibrios, distinguíndose
zonas industrializadas, urbanizadas e competitivas e outras zonas atrasadas, rurais e agrarias.

Ademais o desenvolvemento económico está marcado por numerosas dificultades que farán
que este sexa débil e moderado. Isto debeuse a varios factores:
Obstáculos físicos e naturais, cun relevo difícil, ríos pouco navegables que impiden a
articulación dun comercio interior.Escaseza de materias primas e fontes de enerxía.
Trabas arancelarias que non permitían desenvolver un mercado nacional integrado.
Escasas transformacións nos sistemas agrarios co mantemento dunha agricultura tradicional,
con baixa produtividade e escasa renovación técnica que non proporciona beneficios nin libera
man de obra para a industria.
Falta de competitividade dos produtos españois con altos custos de produción,o fixo que os
produtos españois non puidesen competir no mercado mundial e obrigou aos empresarios e ás
autoridades a desenvolver unha política proteccionista.
A reducida capacidade de consumo do mercado interior polo baixo nivel de renda da
poboación.
A falta de capitais e escaso espírito de empresa da burguesía que prefería a compra de terras
e os investimentos especulativos., o que levou ao predominio de capitais estranxeiros nas
principais actividades produtoras.
A despreocupación polas innovacións técnicas por parte dos empresarios e políticos que
preferiron a protección do Estado e a explotación do traballadores á innovación e
competitividade.
O resultado foi que a industrialización en España foi escasa e relegouse a unhas poucas zonas
da periferia , neste sentido, Jaime Balmes no Doc. 1 sinala o inconveniente que supón para o
desenvolvemento económico a existencia dun centro que se atopa “pouco menos que morto e
da súa incapacidade para ser motor da industrialización. O interior de España é eminentemente
agrícola e con escasa transformación nunha agricultura comercial, xa que os intentos de
reforma , principalmente mediante as desamortizacións, non produciron os efectos desexados,
Unha gran parte das terras permaneceron en mans dunha minoría e con escasa produtividade
polo que non se xeraron beneficios para investir na industria. Ademais a desamortización
contribuíu ao atraso na industrialización pola desviación de recursos financeiros á compra de
terras e non nas actividades industriais.
Estes son algúns dos elementos que dificultan o desenvolvemento económico en España, o
que unido á destrución da guerra da Independencia e á perda do mercado colonial americano
aumenta os obstáculos citados anteriormente.
Outro dos problemas era a dificultade de comunicación entre os centros produtores que se
atopaban na periferia, Cataluña,Asturias país Vasco, Galicia e algún punto no sur e o interior,
como sinala Jaime Balmes no doc 1 “arredores a longuísima distancia nada parello
atoparedes” debido á lenta modernización dos medios de transporte.
A mediados do século XIX o atraso nas comunicacións interiores era notable en relación con
outros países. Estradas e camiños eran escasos e non existía unha rede para o transporte
fluvial as canles eran case inexistentes. Polo tanto a rede de transportes non favorecía o
mercado interior.
A lexislación liberal aboliu os obstáculos á libre circulación de bens , pero era tamén necesaria
unha mellora e modernización das infraestruturas de comunicacións para conseguir un
mercado interior máis integrado.
O ferrocarril viuse como unha oportunidade de vertebrar un mercado interior que impulsase a
economía, tanto pola velocidade que alcanzaba como pola redución dos custes.
Pero a súa implantación será deficiente. A chegada do ferrocarril a España será tardía. A
primeira liña ábrese en 1848 unindo Barcelona e Mataró. Haberá que esperar a 1855, durante
o Bienio Progresista, para que se publique a Lei de Ferrocarrís, que dará un pulo ao sector. (a
maior parte dos ingresos da desamortización de Madóz foron destinados á construción do
ferrocarril).O Doc. 2 preséntan uns fragmentos desa Lei xeral de ferrocarrís de 1855. Esta lei
propiciará un crecemento espectacular polo apoio do Estado que deu vantaxes aos inversores
para financiar a construción do trazado: ofrecía subvencións estatais e liberaba de aranceis a
importación de materiais para a construción ferroviaria . Esta lei facilitaba a formación de
sociedades anónimas ferroviarias, e complementóuse coa Lei de Bancos de Emisión e a de
Sociedades de Crédito, que permitiron a formación dun sistema bancario que financióu a
construción da rede ferroviaria .
Houbo aportacións de capitais nacionais, sobre todo catalanes, vascos e valencianos. No
entanto, a escaseza de capitais españois, favoreceu a entrada masiva de capital estranxeiro ,
sobre todo Francés ( Perriere, Rotchild), facilitada polas concesións estatais que se concéden
por un mínimo de 99 anos, para garantir uns grandes beneficios(art 16) e cos capitais
asegurados “Art.19. Os capitais estranxeiros que se empreguen na construción de ferrocarrís
ou en empréstitos para este obxecto quedan baixo a salvagarda do Estado”. Era necesario
construír con rapidez para dar saída ás producións de cereal do interior e satisfacer as
demandas dos produtores (burgueses inversores en terra e nobreza )
Pero o impacto no desenvolvemento da economía non foi tan importante como se esperaba.
Na súa construción deseñase un trazado radial das vías principais, desde Madrid ata os puntos
mais extremos da periferia, co que se consolida un Estado centralizado, pero que non articula o
mercado interior nin relaciona as rexións, sobre todo as periféricas cuxas liñas tardan en
construirse (en Galicia non chega ate 1872)
Establécese ademais un ancho maior de vías cas europeas,( para poder instalar caldeiras de
vapor mais grandes e de maior potencia que superasen as abundantes pendentes da nosa
orografía). Isto dificultou os intercambios por ferrocarril co resto de Europa.
Ademais a autorización, pola lei de 1855, para importar os produtos necesarios para a súa
construción, non favoreceu o desenvolvemento interno (non se emprega a siderurxia asturiana)
e favorecerá as economías estranxeiras (Francia, que é a que inviste na construción das liñas
férreas). Finalmente, a construción quedou en mans de compañías privadas (estranxeiras
maioritariamente) co que os beneficios non se reinvestiron dentro de España.
De todos xeitosa chegada do ferrocarril, aínda que lenta, tivo como consecuencias:
Foi un elemento decisivo no proceso de modernización económica.
Contribuíu á integración das distintas rexións e á formación dun mercado nacional.
Axudou á diminución dos prezos e ao aumento dos intercambios.
Aumento a demanda de traballo.
A lei de 1855 regulamentou tamén as cuestións relativas á construción de estradas
adoptando igualmente unha disposición radial similar ao ferrocarril.

Con respecto ao resto dos sectores industriais os mais importantes foron o téxtil e o
siderúrxico.
A demanda de ferro para a construción do ferrocarril, aínda que en España foi
escasa,estimulou a industria siderúrxica. A evolución do sector podemos observala a través
da táboa coa produción de ferro coado en España no período de 1861 a 1900 que amosa o
doc 3. Nela aparecen datos das principais zonas, Málaga, Asturias e Biscaia, pero tamén
aparece Sevilla e o total doutras zonas.
O sector siderúrxico,estivo moi ligado ao desenvolvemento da minaría de ferro e carbón.A
lexislación mineira de 1868 (Lei de minas) permitiu a liberalización do sector e a entrega de
concesións de explotación masiva dos xacementos a numerosas compañías(desamortización
do subsolo). En Asturias, a explotación de carbón alcanzou un gran desenvolvemento e no
País Vasco o mineral de ferro era moi abundante e de calidade, xa que contiña pouco fósforo e
se exportaba maioritariamente a Reino Unido, Bélxica e Alemaña. En torno a Málaga e Sevilla,
atópanse as industrias extractivas (cobre, mercurio), aínda que non exerceron un gran impulso
na zona dado que estaban en mans de compañías estranxeiras (inglesas e francesas).
Os primeiros intentos de crear unha siderurxia moderna déronse en Andalucía(Málaga,
Marbella),coa introdución dos altos fornos polos irmans Heredia, pero estes fracasaron polos
elevados custos de produción(uso de carbón vexetal), non poden competir coas do norte e a
escasa demanda.Na táboa vemos como a súa produción en período de 1861 a 65 é de 12,43 e
a partir de aí vai en diminución e desaparece en 1886.
Outro foco importante é o asturiano que se desenvolve.Os xacementos de hulla(carbón
mineral) en Asturias favoreceron a localización da industria siderúrxica a pesar do seu escaso
poder calorífico. Pasa de ter 13,17 en 1861-65 a 52,10 en 1900 , pero non se consolida ao
carecer dun carbón de calidade e pola falta de demanda de produtos industriais.
A partir de 1880 será a siderurxia do País Vasco a que se impoña, debido á calidade das súas
minas de ferro;o capital acumulado pola exportación do mineral a Reino Unido;a utilización do
carbón de coque galés(consolidase o eixe comercial Bilbao-Cardiff) ); a demanda do ferrocarril
e os pedidos da mariña española e a concentración industrial en grandes empresas(Altos
Fornos de Biscaia). En 1885 instalou o primeiro convertidor Bessemer de España. O seu
crecemento obsérvase claramente na táboa onde vemos como a produción no período 1861-
65 só chega á 11,73 milleiros de toneladas, pero en 1900 alcanza as 227, 69, moi por encima
do resto .
Poren o arranque do proceso de industrialización prodúcese no sector téxtil en Cataluña,que
se converte nun dos principais sectores industriais. Tal como sinala o doc 4 “O principado é
sen dúbida o núcleo da forza e riqueza industrial da Península” Este é o primeiro que adopta os
novos métodos de produción e onde se introducen as máquinas de fiado e tecer hidráulicas ou
movidas por vapor (fábrica dos irmáns Bonaplata) a principios do século XIX. A rápida
mecanización viuse favorecida pola escaseza de man de obra .Xa existían aquí manufacturas
previas de indianas desde o sec XVIII e o sector veuse renovado coa introdución do
algodón,que reemplaza á lá e ao liño. A industria viuse favorecida polo reinvestimento dos
capitais procedentes da agricultura e o seu crecemento facilitado polo proteccionismo do
mercado interior.
Pero este crecemento estivo condicionado pola carencia de materia primas (había que
importar o algodón de América), de fontes de enerxía (a escaseza de carbón en Cataluña e a
dificultade do seu transporte favorece o aproveitamento da enerxía hidráulica nas colonias
industriais). Ademais a debilidade do mercado español debido ao escaso poder adquisitivo do
campesiñado levou aos empresarios a esixir medidas proteccionistas o que derivou nunha falta
de competitividade.
O desenvolvemento se interrompe cara 1861 debido á política progresista que se orienta cara
outros investimentos(minas,ferrocarrís) e sobre todo debido á Guerra de Secesión americana
(1861-65) que provoca a fame de algodón.
O gran salto no sector téxtil prodúcese unha vez superada a crise do 68 ao beneficiarse dos
avances noutros sectores como o transporte. Malia todos estes esforzos a produción seguiu
sendo limitada, concentrada xeograficamente e cuns custos de produción moi elevados.

Aparte destes sectores, se desenvolveron outros aínda que de menor importancia, así en
Cataluña no Doc. 4, cítase o sector téxtil (la e seda), a produción de máquinas, a produción de
papel, etc.no País Vasco ademais desenvólvese a química e metalúrxica de transformación
(máquinas e motores),construción naval(Astilleros del Nervión)Tamén adquiren
desenvolvemento as actividades relacionadas co mundo agrario (viños, corcho, ). A finais de
século aparecen tamén as industrias eléctricas de produción e distribución. Todas estas
actividades víronse favorecidas polo establecemento do proteccionismo do mercado interior.
No resto de España a industria no XIX está moi pouco desenvolvida, como nos indica o Doc. 1,
concéntrase sobre todo na periferia.No interior hai moi pouco industria a excepción das
eléctricas ou as alimentarias como a fariñeira en Valladolid, a vinícola na Rioxa ou Xerez; a
paseira en Málaga, aceiteira en Xaén.
Con respecto a Galicia podemos dicir que o desenvolvemento industrial foi pobre. Os sectores
tradicionais (téxtil, ferrerías, curtidos, .) arruináronse pola competencia doutras zonas. O liño,
materia téxtil por excelencia desaparece por non resistir a competencia do algodón. A
salgadura de pesca tradicional convírtese en industria conserveira, sobre todo nas Rías Baixas,
arredor da sardiña (Barreras, Masso,Alfageme). Esta industria viuse favorecida por ter acceso
ás materias primas de forma fácil (aceite, sal, sardiña) e polos investimentos das familias
catalás en cuxas mans estaba esta industria. Debemos mencionar tamén a construción naval
en Ferrol e Vigo e a produción hidroeléctrica desde 1900.
A industria a principios do XIX se viu favorecida polas políticas proteccionistas que limitaban a
competencia e a modernización.
A estes avances na industria habería que engadir os avances na agricultura, o comercio(
exportacións de viño, aceite ou minerais) e as reformas realizadas polo Estado liberal no
sistema monetario como a unificación monetaria coa creación da peseta en 1869) e financeiro
(creación de bancos para financiar á industria) e no sistema fiscal (reforma de Alejandro Mon).

A pesar dos límites desta industrialización(posición xeográfica, escasa capacidade de compra


dos consumidores españois, insuficiencia de capitais e recursos enerxéticos de calidade.),
desenvolveuse en España un esforzo industrializador importante , tal como sinala Gabriel
Tortella no Doc 5. “Hai no século XIX español un número elevado de esforzos a prol da
modernización do país..”. Tanto por parte do goberno a través da lexislación “intentos
progresistas por sentar as bases políticas e lexislativas dunha sociedade moderna” como dos
empresarios particulares, aínda que non chega a producirse unha revolución industrial como en
Inglaterra. No entanto outros historiadores como Jordi Nadal, falan de que a industrialización en
España foi un fracaso. G. Tortella prefire falar dunha lentitude, non fracaso, dun patrón latino
de modernización caracterizado por unha maior lentitude, menor profundidade, pero que
sentou as bases da industria moderna en España.

You might also like