You are on page 1of 1

Lingua Galega e Literatura.

1º BACHARELATO
Aitor Rivas

TRABALLO VOLUNTARIO SOBRE UN LIBRO DE LECTURA *

1º BACHARELATO

Beleza vermella, Arantza Portabales.

En Santiago cométese un espantoso crime que, en realidade, semella unha obra de arte.
Unha instalación de vangarda. A asasinada é a sobriña da máis importante artista
galega, e a maneira en que aparece o cadáver semella un dos seus traballos de
vangarda. Todo o cuarto cuberto uniformemente co sangue da vítima. Será que matar
pode ser unha forma de arte? Seis persoas, todas achegadas á vítima, son sospeitosas,
porque todas poderían ter motivos para cometer o crime. Polo medio, paixón sen
control e un manexo da intriga que fai desta autora unha das voces cruciais da novela
negra galega contemporánea.

1. Despois de leres este texto introdutorio da Editorial Galaxia sobre a novela, cales cres que son
os puntos positivos da mesma? Explica que elementos utiliza a autora para engancharnos á
lectura.

2. Describe como son os personaxes da novela. Que fan? Como se comportan? Que cambios se
poden observar en cada un deles a medida que avanza o argumento?

3. Le a seguinte entrevista coa autora (https://praza.gal/cultura/arantza-portabales-vivimos-na-era-


da-comunicacion-e-nunca-tan-sos-estivemos-tan-incomunicados) na que fala sobre outra novela.
Explica que diferenzas pensas que existen entre os dous libros?

4. Escribe un texto subxectivo (no que destaques as cousas positivas e tamén as negativas) coa
túa opinión persoal e que poida servir para promocionar a novela (aprox. 300 palabras).

* Pódese entregar en papel ou no seguinte enderezo electrónico: profenovo@hotmail.com

You might also like