You are on page 1of 9

A historia da normativización: a construción da

TEMA 2 variedade estándar. Interferencias e


desviacións da norma.

2020 – 2021

IES Ollos Grandes


1. Normativización e variedade estándar.
Entendemos por normativización o proceso, realizado por institucións científicas, que
procura establecer unha norma (en canto á ortografía, á morfosintaxe, ao léxico ou á
pronuncia). Variedade estándar é a variedade de lingua que resulta correcta de acordo coas
normas académicas e que se basea nas formas que unha Academia considera máis
oportunas. Trátase dunha variedade fundamentalmente de uso escrito empregada como
vehículo de expresión dos medios de comunicación, da ciencia, da filosofía, da literatura...
Esta variedade cumpre varias funcións:
• serve de modelo de referencia para a alfabetización,
• fortalece a conciencia de falar unha lingua diferente doutras,
• crea sentimento de unidade lingüística entre os falantes de distintos dialectos,
• aumenta o prestixio das linguas que a posúen.
Xeralmente distínguense dúas orientacións á hora de establecer unha variedade
estándar; unha máis culta, máis elitista, que defende unha ortografía máis fiel á etimoloxía,
ao latín, aos escritores consagrados; e outra máis popular e máis simple, máis achegada á
oralidade.
Na terminoloxía lingüística hispánica circulan desde o ano 1977 (Vallverdú) os
termos normalización e normativación. O primeiro refírese á "extensión social da lingua"; o
segundo á "escolla e formulación da norma". Un dos campos de actuación básicos no proceso
de normalización dunha lingua é a normativización.

Os procesos de estandarización e fixación dunha lingua son longos e complexos e


atravesan, por regra xeral, tres etapas básicas:
 Codificación: trátase de establecer un conxunto de normas que afectan á
ortografía, gramática, léxico e fonética do idioma.

Ollos Grandes 1
 Modernización: trátase de adaptar a lingua aos novos usos que vaia
adquirindo. No noso caso isto foi moi importante a causa da grande
minorización que a nosa lingua sufriu historicamente.
 Divulgación: trátase de proceder á difusión social do estándar para conseguir a
súa aprendizaxe.
Na escolla das formas que integren a variedade estándar inflúen factores
extralingüísticos. Entre estes podemos destacar o criterio cuantitativo, o prestixio social e
literario e, inclusive, criterios políticos ideolóxicos.

2. Historia da normativización.

En sentido estrito a planificación lingüística en Galiza é moi recente, e non porque


non houbese planificadores senón porque as propostas individuais carecían da socialización
necesaria. Con todo, iniciativas e camiños cara á constitución "espontánea" dun estándar
literario galego hainas desde o comezo mesmo da renacenza literaria galega, hai máis de 150
anos. A falta de normalización motivou que este movemento espontáneo fose moi lento e que
aínda non estivese concluído cando a finais da década de 1970 Galiza recupera parte dos
seus dereitos, e entre eles, tamén en parte, os lingüísticos. A falta de alfabetización e outros
medios de socialización da lingua fixeron máis lenta aínda a aparición dun estándar
coloquial, supradialectal e depurado.
A situación subalterna en que vivira o galego durante
séculos creara entre os falantes a má conciencia de que falaban
incorrectamente o seu propio idioma. Fóra destas elites a
presenza do galego en ambientes que non fosen o rural ou
suburbano, era escaso. Por outro lado, paradoxalmente os
renacentistas escribían nunha lingua que era falada
maioritariamente por analfabetos lingüisticamente alienados.
Tiñan logo que cumprir, tamén, a misión de concienciar a unha
poboación que infravaloraba a súa propia lingua. Cómpre
destacar na segunda metade do s.XIX a publicación de gramáticas da lingua galega, como a de
Francisco Mirás e a de Saco e Arce; así como dicionarios (o de Cuveiro Piñol e o de Marcial
Valladares).

Ollos Grandes 2
1. Proceso de estandarización do galego:
1.a. galego popular (1810 – 1880):
A mediados do século XIX, con estes antecedentes importantes entre os ilustrados do
séc. XVIII (Fr. Martín Sarmiento 1695-1772), e con algúns "precursores" máis inmediatos,
prodúcese un Rexurdimento. Dura ata principios deste século e é impulsado por elites
aculturadas na súa lingua propia, que non estaban de acordo co tipo de nación que lles
inculcaban e lograron, por saber ou por reflexión, identificarse co máis esencial da súa terra.
Cando estes escritores comezan a utilizar o galego, descoñecedores da valiosísima
literatura medieval, cren que son eles os primeiros en usar literariamente a nosa lingua.
Vense, pois, na obriga de fixar unha lingua escrita, coa súa correspondente ortografía. Un dos
problemas con que se enfrontaron estes autores do XIX foi o da ortografía. A ortografía
castelá, que os autores galegos adaptaron como base, non resolvía todas as situacións: o
castelán carece do fonema fricativo prepalatal xordo /∫/, do nasal velar /η/, da oposición
entre vogais /ε/-/e/. Desatouse, por exemplo, unha polémica sobre como representar o
fonema /∫/. Uns eran partidarios de usar só a letra <x>, mentres que outros preferían
escritas etimolóxicas por consideralas máis adecuadas (as letras <j>, <g> e <x> segundo a
orixe da palabra). A isto temos que unir o a complicación de representar na escrita encontros
vocálicos en palabras contiguas ou as contraccións. Existían, así mesmo, problemas léxicos e
morfolóxicos.
Neste contexto moitos autores acababan mesturando diferentes opcións; por
exemplo, Rosalía de Castro empregaba na escrita a morfoloxía do seu dialecto, mais tamén a
doutros: calade, calá, tirai como P4 do Imperativo. A escrita desta época ten un forte carácter
dialectal e presenta unha enorme variabilidade.

1.b. galego enxebrista (1880 – 1936):


Certos grupos intelectuais manifestan unha intención estandarizadora, sobre todo
tras a fundación das Irmandades da fala, cando comeza a saír o galego fóra dos lindeiros do
literario. Escríbense en galego os primeiros ensaios e as primeiras obras de carácter
científico de tipo local. É tamén nesta época cando comeza a haber publicacións periódicas (A
Nosa Terra) de alcance máis ambicioso ca as do século pasado. Aparece unha importante
xeración de escritores, artistas, científicos e políticos, coñecida co nome da revista que os
agrupaba, Nós, a quen debemos o mellor que deu Galiza no camiño da súa recuperación. Os
homes desta xeración propóñense europeizar Galiza, tanto nas ideas estéticas como na

Ollos Grandes 3
ciencia. Desde a perspectiva lingüística é unha etapa importantísima da historia do galego,
posto que se dá un gran progreso na súa elaboración, a saber a modernización terminolóxica
e desenvolvemento estilístico. Un feito destacábel é a fundación dunha Academia (1905),
longamente desexada por moitos, que ansiaban un código que acabase coa anarquía
lingüística. Coa creación do Seminario de Estudos Galegos e a elaboración no ano 1933
dunhas Normas pra a unificazón do idioma galego, aparecen solucións que acabarían por ser
definitivas no galego actual. Búscase a unificación supradialectal no plano léxico, a fixación
de certas conveccións ortográficas (a grafía <x> para o son /∫/, o dígrafo <nh> para a velar,
os grupos consonánticos cultos...) e a diferenciación máxima co castelán recorrendo a
hiperenxebrismos, arcaísmos e mesmo vulgarismos. Porén, o estalido da Guerra Civil e a
ditadura franquista interromperon este proceso.

1.c. galego protoestandar (1936 – 1980):


Sobre a base construída na preguerra, inténtase buscar unha maior simplicidade
ortográfica e gramatical, adoptar solucións supradialectais e
corrixir paulatinamente os excesos diferencialistas da etapa
anterior. A recuperación posterior ao franquismo comezou
ao principio dos anos 50. Despois do ingreso de España na
UNESCO as medidas represivas contra o galego atenuáronse.
Isto permitiu que algúns galeguistas sobreviventes da
guerra acometesen a empresa de transmitirlle á xente nova
o ideario do vello galeguismo, fundado principalmente na
defensa idiomática e outras tarefas de carácter cultural. Nestes anos, a Editorial Galaxia
elaborou unha proposta de normas que aplicaba aos libros que publicaba: dígrafo <nh> para
a nasal velar, grafía <x> para /∫/ e para /ks/, acentuación castelá, eliminación de guións e
apóstrofos... Nos anos 60 madurece a primeira xeración de galegos que non viviu o trauma da
guerra civil. Florece o asociacionismo cultural e comeza outra vez a organización do
galeguismo a través dos partidos políticos. Debemos engadir un feito de notábel interese: a
creación dunha sección de estudios filolóxicos na Universidade de Santiago no ano 1963.

1.d. galego estándar (1980 – actualidade):


Xa no ano 1970 comezou un labor serio por parte das institucións para planificar a
norma do galego. Co réxime democrático Galiza convértese en Comunidade Autónoma,

Ollos Grandes 4
tendo como linguas oficiais o galego e o castelán, aínda que a Constitución marca o dereito e
o deber de coñecer o castelán pero só o dereito de coñecer o galego para os cidadáns galegos,
o que provoca unha cooficialidade asimétrica. Durante os primeiros anos da preautonomía e
da autonomía, as medidas de fomento do galego centráronse no ensino; así o decreto do 20
de xullo de 1979 permitiu a incorporación do galego ao ensino como materia. Máis ou menos
polas mesmas datas abríronselle ao galego as posibilidades de ser lingua da administración
ao pasar a ser lingua oficial, é dicir, vólvese unha lingua con misións novas. Entón estaba
claro que para a normalización do galego a anarquía normativa, ou a multiplicidade de
normas, era un obstáculo moi notábel. Esta foi a base sobre a que a RAG e o ILGA elaboraron
estándar actual, recollido nas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego. A Xunta
de Galiza declarounas oficiais en 1982, despois de acadar o galego o status de lingua oficial
de Galiza no Estatuto de Autonomía de 1981.

2. Diferentes tendencias normatvas na historia do galego:


Neste marco que acabamos de trazar insírese a cuestión da codificación lingüística. A
variedade estándar defendida pola RAG non era plenamente aceptada. A elaboración das
normas oficiais contou con fortes debates e discrepancias. Dúas son as tendencias principais
á hora de fixar un modelo normativo. Por unha banda, o reintegracionismo ou lusismo, que
propugna, seguindo criterios históricos e culturais, a reintegración
do galego no seu tronco orixinario. Considera que o galego falado é
unha variedade da lingua portuguesa e que, polo tanto, o estándar
do portugués debe ser o modelo para o galego culto. A solución
para salvar, dignificar e purificar o noso idioma é que se reintegre no seu ámbito lingüístico e
cultural propio: o luso- africano- brasileiro. Por outra, o isolacionismo, que propón como
modelo ortográfico o do castelán e opta por escollas que afondan na diferenciación co
portugués. Entre estas dúas tendencias existe unha intermedia, a normativa de “concordia”
ou de “mínimos reintegracionistas” que pretende un achegamento ao portugués
fundamentalmente na planificación do léxico, xa que a completa aproximación ortográfica
hoxe en día resultaría pouco viábel. Declarouse sempre partidaria dun acordo que
simplificase o panorama normativo galego.
As normas do galego foron revisadas en 1995 e en 2003. Esta última revisión, a
proposta do ILG e da AS-PG, introduciu cambios que significaron o achegamento das
diverxencias existentes entre o oficialismo, o reintegracionistmo e a normativa de mínimos

Ollos Grandes 5
(O problema das contraccións ao/ó, a acentuación, a apostrofación, a guionización, a
representación de [ò], ou [h]).

3. interferencias e desviacións da norma.


No camiño da rehabilitación do idioma, da súa normalización para todos os ámbitos
da vida cotiá do país, o galego topou cunha serie de atrancos derivados da parcial
castelanización do léxico, da redución da lingua a ámbitos rurais e coloquiais, e da
diversidade de formas existentes no galego falado. Neste camiño da rehabilitación do léxico
houbo e hai interferencias e inconvenientes xerados polo propio idioma ou provocados polo
contacto con idiomas alleos.
A norma estándar debe excluír as interferencias e as desviacións da norma.
3.1. Interferencias:
As interferencias son os préstamos innecesarios, aqueles para os que si existe una
palabra propia na lingua receptora, e que son debidos á presión sociocultural da lingua
dominante. Na lingua galega a maior parte das interferencias proceden do castelán
(castelanismos), aínda que na actualidade son moitas tamén as que veñen do inglés
(anglicismos) e, en menor medida, do portugués (lusismos).
• Os castelanismos innecesarios desvirtuaron o léxico ao substituír formas propias
por palabras castelás (pueblo, rodilla, carretera, señal…) ou cargándoas de connotacións
restrinxidas (grifo-billa, escoba-vasoira, ril-riñón, labios-beizos…).
A influencia do castelán non se limita só ao léxico, senón que afecta tamén a todos os
planos da lingua:
Fónico: por exemplo, a non distinción entre a vogais de grao medio abertas [є/ ‫ ]פ‬e
medio pechadas [e/o] que permite diferenciar palabras [v є n/ven] , [b ‫ פ‬la/bola].
Ortográfico: usar a ortografía castelá en vez da galega: Boda-voda; abogado, avogado,
armonía-harmonía…
Morfosintáctico: por exemplo, o xénero das palabras en castelán [o ponte, a nariz, a
leite….]. Erros na colocación dos pronomes persoais [ Me chamaches por telefono]. Formas
verbais compostas con haber [ non mo había dito ].
• Os lusismos son os préstamos innecesarios que se colleron do portugués, aínda que,
dado o pasado común de ambas linguas, este considérase a fonte fundamental para o
enriquecemento do léxico culto. [ponto, meio, povo, amável,…]

Ollos Grandes 6
3.2. As desviacións da norma:
As desviacións da norma máis importantes que afectan á construción da variedade
estándar son os hipergaleguismos, os vulgarismos e os arcaísmos. Estas formas, xunto coas
interferencias, deben ser evitadas, sobre todo na escrita e nos actos comunicativos formais.
• Os hipergaleguismos ou hiperenxebrismos, isto é, a falsa “galeguización” de formas
que ben coincidían en ambos idiomas (Ex. ambente, inconvinte, primaveira, gasolina) ou ben
se sometían artificialmente ás mesmas evolucións etimolóxicas que sufrían as palabras
patrimoniais (Ex. urbán, semán, persoaxe, pranta, craro, pubricar…).
• Os vulgarismos, resultado dalgún tipo de vacilación vocálica ou consonántica e que
responden á mesma motivación diferencialista respecto do castelán: Ex. verdá, virtú, a ialma,
soio, amoto, arrabear, vran, pra, amare, comere, corazonhe, sasenta, probe, menistro,
samáforo….
• Os arcaísmos constitúen o tipo de desviación menos frecuente e apenas perviven na
actualidade. Eran exclusivos da lingua escrita e dos usos máis formais. Ex. ren, conquerir,
vegada…

Ollos Grandes 7
O NOME DAS LETRAS é sempre De dúbida: Talvez: Talvez visite os O ARTIGO en galego é: o, a, os, as.
masculino e debes lembrar que o q grandes almacéns. Podemos usar ou non a súa segunda
chámase “que”; o qu chámase “que forma (aquela que vai precedida de
u”, o ll é “ele dobre” e o ch é “ ce guión), pero o texto das normas non
hache”. a usa. Ex. Imos ver o partido.
ESTUDO: Substantivo. Esforzo do
OS GRUPOS –CT- e –CC-, en xeral, entendemento. Ex: O estudo é Para a CONTRACCIÓN DA
perden o C cando van precedidos necesario para a formación persoal. PREPOSICIÓN CO ARTIGO, admítense
das vogais i ou u. Ex.: Condución, // Conxunto de materias dun centro as solucións ao e ó. O texto das
conflito, produción, estrito, de ensino. // Obra que analiza un normas escolle a solución ao. Ex.
produto, tradución, tema: leu un estudo sobre a arte Fun ao monte apañar castañas.
dicionario,Vitoria, xurisdición, románica.
conduta, ditadura, construción, O encontro da conxunción
ESTUDIO: Substantivo. É o lugar de comparativa CA co ARTIGO é ca a,
delito, estrutura, introdución…
traballo de artistas e escritores: ca o, ca as, ca os; Ex. Aquela casa é
Con todo mantense noutras palabras Sabela ten o seu estudio en Lugo. // máis bonita ca a miña; ou ben cá
coma: adicción, convicción, Conxunto de edificios para filmar (ca + a) e có (ca + o)
convicto, edicto, ficción, ficticio, películas ou emitir programas de
pictórico, succión, veredicto... radio ou televisión.: Estivemos no ALGUNHAS FORMAS ELIMINADAS POR
estudio de TV. INCORRECTAS.
Algúns casos salientables son:
[suxeito – suxeitar]; [reitor - VOGAL.Substantivo . É o son da Forma actual Forma eliminada
reitorado – reitoral]; [seita – linguaxe humana. Letra que o
sectario – sectarismo]; [Doutor – representa. Ex.: A palabra No entanto *Sen embargo
“amizade” comeza pola vogal “a”. Porén *Nembargantes
doutoramento]. Cando menos *Alomenos
Nomeárono vogal nas eleccións
Entón *Entonces
O I / U TÓNICOS EN HIATO municipais.
Aínda que *Anque
acentúanse graficamente se van
inmediatamente antes ou despois VOCAL. Adxectivo. Referido á voz
dunha vogal átona ex.: aínda, baúl, humana. Ex.: O gregoriano é o tipo ALGUNHAS TERMINACIÓNS CONFLI-
caída, constituíu, egoísmo, miúdo, de música vocal máis antigo. TIVAS.
moía, prexuízo, raíña, raíz, ruído,
OUVIR – OÍR.Verbo. Os dous son -ZO, -ZA. Ex. Diferenza, espazo,
saír, saín... Non se acentúan cando
correctos e sinónimos. grazas, desgrazas, xustiza, licenza,
aparece a letra “H” ex.: prohibo,
prohibe. nacenza, novizo, presenza,
PERANTE. Preposición. Significa “en
querenza, sentenza, servizo, terzo,
presenza de Ex.: “presentouse
INTERROGATIVOS E EXCLAMATIVOS prezo, desprezo, desprezar, xuízo,
perante o xuíz”
non levan acento gráfico e só é de axuizar.
uso obrigatorio o signo de ATÉ – ATA. Preposición. As dúas son
interrogación ou exclamación ao -ARÍA, -ERÍA. Son terminacións
correctas. O texto das normas
final da oración. Unicamente nos intercambiables agás nos seguintes
utiliza “ata” Ex. Ata mañá / até
casos en que puidera haber casos: Notaría, secretaría,
mañá
confusión débese utilizar o acento. mercería, galantería, batería,
Ex:. Dime qué queres? Galiza ou Galicia? As dúas son galería,
correctas. Galiza considérase unha
Por norma xeral non debemos -ENZA: Diferenza, indiferenza,
forma “amplamente documentada
utilizar O GUIÓN agás despois dos sentenza, presenza, pertenza,
na época medieval, que foi
prefixos ex- e non- Deste xeito licenza.
recuperada no galego
temos palabras coma ex-presidente contemporáneo”. Galicia é a forma
ou non-fumadores. -BLE / -BEL: Son dúas formas
maioritaria na expresión oral e correctas. Amable/amábel ;
escrita moderna. recomendable/recomendábel
Algúns ADVERBIOS: De lugar:
aquén, alén. Ex.. Viven aquén da O USO DO XENÉRICO NA LINGUA
ría; emigrara alén mar. Acotío, Estable / estábel ; O texto das
decote: Pasea acotío (a diario). NORMAS emprega –ble.
A gramática do galego advirte que o
uso do masculino como xenérico é
De tempo: Enseguida, deseguida.: unha consecuencia da
De cantidade. Apenas: Apenas preponderancia social dos homes e
houbo capturas. da invisibilización das mulleres.
Recoméndase fuxir do uso do
De modo: Amodo, devagar:
masculino, e utilizar os dous
Achegouse amodo para non espertar
xéneros. Tamén podemos facer uso
ao neno.
dos nomes colectivos: o alumnado,
as persoas...

Ollos Grandes

You might also like