You are on page 1of 2

O MARECHAL PERO PARDO DE CELA

Per treyzón tamén vendido


Jesús, nosso Redentor,
e por questes treydores,
Pero Pardo, meu Señor.

(Lamento da Frouseira

O Marechal Pero Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneyra naceu en Castro d’Ouro fillo dunha
das máis nobres linaxes do Reino de Galicia, os Señores de Cela e de Violante de Aguiar.
Intimo amigo dos Condes de Monterrei e de Lemos, casou con Dona Isabel de Castro, filla da
Condesa Beatriz e de Don Pedro de Osorio, vencellándose así cos poderosos Condes de Lemos
e con outras importantes linaxes do Reino de Galicia. 

O Reino de Galicia encontrábase daquela nunha situación política delicada tras sufrir dúas
Guerras Civís Irmandiñas e máis a secesión do sur do Reino, o recente Portugal. Asasinado
con veneno o rei Henrique IV, estoupou a guerra sucesoria entre galegos e casteláns, declarando
estes raiña a Doña Isabel La Católica, en tanto que Galicia defendía o lexítimo trono da filla de
Henrique IV, Dona Xohana A Beltranexa, A Excelente Dona, e seu esposo, o rei Afonso de
Portugal. 

Reorganizado o poder político de Castela, os Reyes Católicos emprenden a anexión do Reino de


Galicia asasinando as principais familias nobres galegas. Don Pero Pardo de Cela, descendente
de Don Fadrique o irmanasco do rei Pedro I, declárase fiel á soberanía do Reino de Galicia e
rebelde á submisión ao Reino de Castela. 

Así, os Reyes casteláns enviaron outro exército a Galicia para derrotar a Pardo de Cela,
continxente comandado polo capitán basco-francés Mudarra, que
eliminou toda a última resistencia que encontrou ao seu paso, como
afirma o cronista dos Reyes Católicos "que ya parecía crueldad, y
era entonces necesaria; y por eso se hacían muchas carnecerias de
hombres". 

A loita entre galegos e casteláns mantívose durante 3 longos anos


nas terras de Britonia. Pardo de Cela fíxose forte na Provincia de
Mondoñedo sen que Mudarra poidera facelo recuar. No resto do
Reino de Galicia, a nobreza galega asasinada empezaba a ser
substituída por nobreza castelá e os Reyes Catolicos dictaban as
primeiras medidas da "Doma y Castración del Reyno de Galicia".

Tras reiterados fracasos militares Mudarra contactou con vasalos do


Marechal dubidosos do resultado final da guerra, aos que lles ofreceu un grande tesouro e o
perdón pola súa rebeldía. 

 Os desleais vasalos abriron logo as portas do castelo de A Frouxeira aos casteláns aproveitando
a estancia de Pardo de Cela no castelo de Castro d’Ouro, onde o Marechal estaba a visitar ao
leal Señor Pero de Miranda. De volta á Frouxeira o 7 decembro 1483, o exército de Mudarra
prendeu por sorpresa no salón do castelo ao Marechal e o seu fillo e máis a Don Pero de
Miranda, "con moitos fidalgos onrados que con el estaban", levándoos a Mondoñedo para
execución pública exemplar.

You might also like