You are on page 1of 2

Sinala a función sintáctica e o tipo de frase:

Aquel día que fomos ó parque foi fastástico. Suxeito (FN)/ Atributo (FAdx.)

O seu pai traballa de auxiliar de biblioteca no concello. C. Predicativo (F.Prep.)

A rapaza que viches onte no parque vive preto da miña casa. Suxeito (FN)/ CCL (FAdv.)

Confío moito nas vosas posibilidades. C. Réxime ou Suplemento (FPrep.)

A túa avoa hoxe atópase moito mellor. C. Predicativo (F.Adv.)

Acaba de saudarte aquel rapaz da chaqueta vermella? Suxeito (FN)

O libro de Historia lévao Anxo na súa mochila. C.Directo (FN)

Non abuses da miña xenerosidade. C. Réxime ou Suplemento (F. Prep.)

Quero xardas con patacas cocidas para cear. C. Directo (FN/ FSubstantiva)

Aos asistentes regaláronlles un libro de poemas. C. Indirecto / F.Prep.)

Naquela charla faláronnos dos perigos das drogas. C. Réxime ou Suplemento (F.Prep.)

Esa nena que ves aí sentada é a delegada da miña clase. Atributo (F.N)

Este ano atópote moito máis madura e responsable. C. Predicativo (F. Adx.)

Pensa en todo o que levan feito por ti. C. Ré

Agardarei por ti ata as oito e media. CCT (F.Prep.)

Encántame o abrigo vermello que mercaches onte. Suxeito (FN)

Ese cadro foi pintado por Modigliani C. Axente (F. Prep.)

Púxose moi nerviosa no exame e non daba feito nada. C. Predicativo (F. Adx.)

Onte vin a túa amiga francesa na feira de Padrón. C.Directo (FN)

Nunca se arrepentiu das súas decisións. C.Réxime ou Suplemento (F.Prep.)

Na Semana Santa sempre hai accidentes nas estradas. C. Directo (FN ou F. Substantiva)

Sucederon cousas realmente incribles nestes dous últimos anos. Suxeito (FN ou F. Substantiva)/ CCT (F.
Prep.)

Enfadouse porque non daba descargado o Pokémon Go. C.Directo (FN)

Díxome que hoxe estaba moito mellor ca onte. Atritubo (F. Adv.)

Estaba na entrada do instituto a última vez que o vin. CCL (F. Prep.)

Recibíronse moitas solicitudes para ese posto de traballo. Suxeito (FN)

Non me gusta nada o teu novo noivo. Suxeito (FN)

Acórdaste daquela viaxe que fixemos a Praga? C. Réxime ou Suplemento (F.Prep.)


Identifica a función oracional ou predicativa:

Oe, María, déixasme o teu lapis? Vocativo

Ti es, sen dúbida, o meu mellor amigo. Atributo oracional

Sinceramente, ese libro non me gustou nada. C. da enunciación

En primeiro lugar, deberedes ler con atención o texto. Circunstante

A respecto da guerra en Ucraína, todos pensamos o mesmo. Tópico ou tema.

Feita a primeira lectura, deberedes subliñar o máis importante. Cláusula absoluta.

Así a todo, non vai tanto frío para poñer ese xersei de la! Circunstante.

Clasifica as oracions segundo a modalidade enunciativa:

Quen me dera poder facer unha viaxe arredor do mundo! Desiderativa

Quizais sexa mellor deixarlle unha mensaxe no móbil. Dubitativa

Ide rematando que xa vai tocar o timbre. Imperativa

Indica o tipo de composición (subliña o nexo):

Eu tamén estiven nesa festa mais non te vin. Coordinada adversativa.

Coida a presentación, ou sexa, non fagas borróns no exame! Coordinada explicativa.

Vés connosco ou quedas cos teus curmáns? Coordinada disxuntiva.

Dareille o aprobado a quen o mereza. Subordinada substantiva.

O barrio onde vivo, encántame. Subordinada adxectiva de relativo.

Facédeo como eu vos dixen. Subordinada adverbial propia de modo.

Sempre chegan cando xa comezou a clase. Subordinada adverbial propia de tempo.

A película gustoume máis do que agardaba. Subordinada adverbial comparativa.

Non fun de viaxe porque tiven que estudar para os exames. Subordinada adverbial impropia causal.

Mentres non remate a clase, non entreguedes os exames. Subordinada adverbial impropia condicional.

Chamoume á unha da mañá para que lle explicase un exercicio! Subordinada adverbial impropia final.

You might also like