You are on page 1of 2

A FRAUTA MÁXICA

CANDO XORDE?

A frauta máxica, é unha ópera en dous actos con música de Wolfgang


Amadeus Mozart e libreto en alemán de Emanuel Schikaneder. A obra ten
forma de singspiel, un tipo de ópera popular cantada en alemán, no que se
intercalan partes faladas sustituíndo aos recitativos, e cancións de cuño
nacionalista que sustitúen as arias.
É a última ópera escenificada en vida do compositor e estreada en
Viena, en setembro de 1791 baixo a dirección do propio Mozart, apenas
dous meses antes da súa morte.

BREVE DESCRIPCIÓN DOS PERSONAXES:

• TAMINO, tenor lírico. É un príncipe que namórase de Pamina, e decide


rescatala, para iso, terá que superar duras probas, para as cales foi provisto
dunha frauta máxica. É un personaxe de carácter amable, alegre e aposto.

• PAMINA, filla da raíña da noite, soprano. Foi secuestrada polo malvado


Sarastro, e será liberada por Tamino.

• A RAÍÑA DÁ NOITE, soprano coloratura. Esta personaxe representa todo o


malo: maldade, escuridade, hipócresia e egoismo. Durante toda a obra
obsérvase a súa maldade, mesmo utiliza a Pamina para a consecución dos
seus fins maléficos, tentando por todos os medios asasinar a Sarastro.

• SARASTRO, Baixo. Trátase dun sacerdote iniciado no culto de Isis e Osiris,


quen en oposición ao mundo da Raíña da Noite representa todo o bo: a luz, o
sol, a verdade, a sabiduria e o coñecemento. É un personaxe frío, sereno,
tranquilo e de aspecto serio. A medida que avanza a obra abrándase un
pouco debido á influencia de Pamina, á que raptou para afastala da
influencia da súa nai.
• PAPAGENO PAXARERO, Barítono lírico. Trátase dun cazador de paxaros,
de carácter alegre. É un personaxe cómico, divertido e inocente e tamén algo
mentireiro. Vive apartado do resto do mundo, o que lle fai ter un nivel
extremadamente baixo de coñecementos.. El é un vendedor de paxaros que
comerciaba coa raíña e que é obrigado a axudar a Tamino na súa misión, o
que para el resulta unha arriscada aventura. Durante a obra namórase de
Papagena.

• PAPAGENA soprano É un personaxe enigmatico, que comeza sendo unha


vella críada do castelo, pero ao final resulta ser unha muller paxaro de similar
ao de Papageno, e do mesmo xeito que este ten unha forma de ser alegre e
divertida que fai xogo co seu aspecto xuvenil e radiante.

ARGUMENTO RESUMIDO:

Tamino, un jóven príncipe, perseguido por unha serpe penétrase nos


dominios da Raíña da Noite, quen se aparece ensinándolle un retrato da súa
filla Pamina, que foi secuestrada polo malvado Sarastro.
Tamino namórase ao ver a imaxe da rapariga, entón a Raíña
promételle a man da súa filla se a salva. Tamino acepta o reto, e
acompañado do cazador de paxaros real Papageno e dunha Frauta Máxica
regalada pola Raíña da Noite, sale aá búsqueda de Pamina.
No camiño, o príncipe é cada vez máis consciente de que o mal o
encarna realmente a Raíña da Noite, non Sarastro, asi que, Tamino xunto con
Pamina, deciden quedar con Sarastro no reino da luz, para o cal, deberán
superar unha serie de probas. Nesta peza, demostrase que as cousas non
sempre son o que parecen, e finamente, o ben triunfa sobre o mal.

You might also like