You are on page 1of 1

O LIBRO DE MERLÍN

O libro comeza cun tal rei de Asen que tiña un fillo (Anesten) que se apaixonou por unha doncela pobre e isto fixo que o
rei Asen perseguise ao seu fillo para que non cometese esta loucura. Este rei parece que foi un verdadeiro rei de Bulgaria,
cuxo fillo fuxiu coa doncela a España e ali construíu unha "cámara na pena". Que significa isto? Unha cámara é unha
habitación, cuarto, sala, palacio... e "pena" é rocha (por exemplo en Portugal temos o Castelo da Pena en Lisboa). Ou sexa,
Anasten construiu na rocha unha especie de gruta secreta para vivir coa súa amante. Esta gruta existe, a "pena" ou
"rocha" está situada en Castilla La Mancha (rexión do centro de España) e corresponde con Rochafrida, onde se construiu
un castelo do século XIII: https://es.wikipedia.org/wiki/Castillo_de_Rochafrida. A "cámara" na pena é unha gruta, cova,
guarida ao pé desa Rochafrida, chamada Cueva de Montesinos: https://es.wikipedia.org/wiki/Cueva_de_Montesinos.

A continuación, A dama do Lago (que vive na illa galega de Sálvora) lle fala a Merlin sobre esa cámara secreta, e non
sabemos que aconteceu porque o livro ten partes perdidas mais parece que Merlin enfeitizou unha serie de mulleres.
Despois, Galván e Marot (cabaleiros da táboa redonda) chegan alí a Rochafrida e tamén enfeitizados e se desexan a morte,
mais a Dama do Lago os libera dese feitizo. Os dous encontran ali 12 doncelas enfeitizadas tamén, das que a mais vella era
unha das principais inimigas de Merlin (esta inimiga sería, segundo algunhas versións, a raíña Mab). Non sei se sabes
moito sobre esta personaxe, mais a Raíña Mab era unha bruxa invocada polas persoas que seguían a relixión celta e as
mulleres a conxuraban para pedirlle cousas (por exemplo facer "macumbas" do tipo amarra-marido). Ou sexa, a raíña Mab
non era boa, estaba relacionada coa maxia negra. Ela quería conquistar o mundo mais non o podía facer soa entón para
iso creou un mago todopoderoso a partir dun cristal: ese mago é Merlin. Porén, Merlin decidiu non utilizar maxia ou usala
para facer o ben e iso provocou unha guerra entre Mab e Merlín. Merlín entón educaría ao rei Artur de pequeno para ser
o último rei celta en loitar de maneira xusta polo seu pobo: para Merlin Artur é o que traerá a gloria do pobo celta para ser
o último rei xusto. Mab quere vingarse desta ultraxe entón enfeitiza a Artur e fai que teña unha relación coa sua irmá
Morgana, nacendo desa unión incestuosa Mordred. Mordred é educado por Morgana e Mab para ser malvado e será
Mordred quen mate a Artur (e Artur quen mata a Mordred nunha batalla final). Despois desta guerra, a relixión celta se
extingue, os pobos xermánicos consiguen dominar aos celtas e como xa ninguén acredita na maxia celta (que é perseguida
pola Igrexa), a raíña Mab e Merlín desaparecen (aínda que a lenda di que Merlín vive eternamente no Bosque de
Brocéliande na Bretaña francesa). Ao final, as persoas celtas foron "catequizadas" polos católicos e entón a raíña Mab foi
esquecida. Entón, entre estas 12 doncelas no alto da "pena" se encontra Mab enfeitizada baixo a apariencia dunha
doncela fermosa e as súas "irmás". Nesta versión galego-portuguesa do libro tamén se fala de 12 doncelas que foron
transformadas por Merlín en 12 lagos, que son as 12 Lagunas de Ruidera, nas proximidades de Rochafrida:
https://es.wikipedia.org/wiki/Parque_natural_de_las_Lagunas_de_Ruidera.

Como conclusión, o Livro de Merlin galego-portugués adapta o mito do último dos reis celtas ao espazo español e por iso o
lugar que é mencionado no libro está en España (porque o orixinal francés falaba dun lugar francés que se chama Les trois
pucelles, polo que estas Trois pucelles, rochas en forma de tres doncelas, foron substituídas porMontesinos e Rochafrida).
Cervantes fala de todos estes lugares e nomea a Merlín como encantador das doncelas no Quixote, e nun dos episodios do
libro di que Don Quixote fica a durmir na "cámara" ou cova de Montesinos e é acordado por un conxunto de morcegos
que estaban dentro, porque de feito o lugar é habitado hoxe por morcegos. É por isto que a cova e o castelo son visitados
como parte da ruta cervantina de Castilla La Mancha (onde se desenvolve a historia). Isto faime pensar que Cervantes
coñecía o Livro de Merlín (xa que estivo perdido durante toda a Idade Moderna e o que hoxe nos chegou son apenas
unhas páxinas).

You might also like