You are on page 1of 3

Lectura comprensiva:

A cova do Rei Cintolo

A Cova do Rei Cintolo atópase na parroquia de Argomoso, no municipio de


Mondoñedo. É a cova natural máis grande de Galicia, con máis de 6500 metros
de lonxitude, e a única virxe de España.

A cova está formada por tres pisos de galerías nas que, ademais, pódense observar
espectaculares formacións de estalactitas e estalagmitas, o que converte a
expedición, unha vez coñecida a lenda, nunha experiencia de conto.

Conta a lenda que…


“Era Bría un próspero Reino no que vivían
felices todos os súbditos do bondadoso Rei
Cintolo. Este tiña unha filla, a princesa Xila,
de afamada beleza e numerosos pretendentes.
Pero o corazón de Xila xa tiña dono; estaba
profundamente namorada dun aposto e
novo conde chamado Uxío, máis nobre e
honesto que rico.

A voda xa estaba sinalada cando as tubas do Reino anunciaron a chegada de


Manilán, un poderoso e malvado feiticeiro que comunicou de inmediato ao Rei
Cintolo que casaría coa súa filla Xila e que, de non ser aceptado, arrasaría o
Reino de Bría matando a todos os seus habitantes.

O valente Uxío dirixiuse ao campamento e retou a Manilán; en encarnizada loita


acabou co perverso bruxo. Pero antes de morrer, Manilán preparara xa o seu
horrendo feitizo: á súa morte un gran estrondo arrasaría o reino enteiro, sendo
este devorado polas entrañas da terra.

Cando Uxío regresou vitorioso tras matar a Manilán non atopou máis pegada do
Reino de Bría que a boca dunhas fermosas covas. O novo conde, preso dun ataque
de tolemia, entrou na cavidade en busca da súa amada, e nunca regresou.

Aínda hoxe, nalgúns amenceres, pode verse á porta da Cova á bela Xila peiteando
ao vento os seus lacios cabelos dourados, esperando que alguén desfaga o
encanto do malvado feiticeiro para renovar os seus días de amor e felicidade.

Din que aquel que o logre será cuberto de riquezas polo Rei Cintolo”.

Página 1 de 2 visita twinkl.es


Lectura comprensiva: A cova do Rei Cintolo

Respostas
Responde ás seguintes preguntas utilizando frases completas:

1. Como se chamaba a filla do Rei Cintolo?





2. Quen era Manilán e que quería?





3. Cal foi o feitizo de Manilán sobre o Reino de Bria antes de morrer?






4. Puido casar Uxío con Xila? Que ocorreu?






5. Que recibirá quen logre desfacer o encanto do malvado feiticeiro?





Página 2 de 2 visita twinkl.es


Lectura comprensiva: A cova do Rei Cintolo

Respostas
1. Como se chamaba a filla do Rei Cintolo? A filla do Rei Cintolo chamábase Xila.

2. Quen era Manilán e que quería? Manilán era un poderoso e malvado feiticeiro que
quería casar coa filla do Rei Cintolo, Xila.

3. Cal foi o feitizo de Manilán sobre o Reino de Bria antes de morrer? O feitizo foi que
á súa morte un gran estrondo arras aría o reino enteiro, sendo este devorado polas
entrañas da terra.

4. Puido casar Uxío con Xila? Que ocorreu? Uxío non poido casar con Xila porque cando
regresou vitorioso tras matar a Manilán non atopou máis pegada do Reino de Bría que
a boca dunhas fermosas covas.

5. Que recibirá quen logre desfacer o encanto do malvado feiticeiro?


Din que aquel que o logre será cuberto de riquezas polo Rei Cintolo.

Página 1 de 1 visita twinkl.es

You might also like