You are on page 1of 3

DOG Núm.

231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62256

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade,


pola que se amplía o prazo de vixencia da tarifa específica Xente Nova no
transporte público interurbano de competencia da Xunta de Galicia, para o ano
2023.

A Xunta de Galicia, xunto coas administracións municipais das principais áreas urbanas
de Galicia, puxo en marcha o Plan de transporte metropolitano de Galicia (PTMG), consis-
tente nun conxunto de programas dirixidos a potenciar a utilización do transporte público
colectivo. Un dos eixes de actuación prioritarios deste PTMG é o programa de integración
tarifaria, a través da ordenación da oferta de transporte e o abaratamento do custo por
viaxe ás persoas usuarias.

A política tarifaria aplicada no eido do Plan de transporte metropolitano de Galicia supón


unha especialidade respecto do marco tarifario xeral previsto no eido da nosa comunidade
autónoma. Esta especialidade baséase en que se trata dun programa específico destinado
a fomentar o uso do transporte público e afecta as tarifas aplicables ás persoas usuarias.

O tempo transcorrido desde a implantación destes programas puxo de manifesto a súa


favorable acollida por parte das persoas usuarias, o que facilitou a consolidación neses
ámbitos dun sistema de transporte público colectivo cun maior nivel de calidade e eficien-
cia. Ademais, as medidas previstas no dito plan foron reforzadas a partir do ano 2016 coa
implantación dunha tarifa específica dirixida ás persoas menores de 19 anos, a tarifa Xente
Nova.
CVE-DOG: fmri88p5-d4c3-wo30-bds6-r9m9csxfauq7

Tendo en conta o anterior, a Orde da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, do 18


de decembro de 2019 (DOG nº 248, do 31 de decembro), pola que se regula a tarifa espe-
cífica Xente Nova no transporte público interurbano da competencia da Xunta de Galicia
incidiu novamente nestas medidas, nun dobre sentido:

Así, por unha parte, ampliou o abano de idades das persoas que se ven favorecidas
por esta tarifa, para incluír o conxunto de poboación abranguida entre os 4 e os 20 anos,
incluídos.

E, por outra parte, mediante a expansión territorial do ámbito de aplicación desta tarifa
ao conxunto do territorio da Comunidade Autónoma, habilitou o centro directivo competen-

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62257

te en materia de transportes para que efectúe a necesaria programación desta implanta-


ción progresiva. No marco desta habilitación, esta dirección xeral acordou xa unha primeira
expansión territorial do ámbito de aplicación da tarifa Xente Nova á zona de Pontevedra e
ao conxunto da provincia de Ourense, manténdose a previsión da súa progresiva expan-
sión ao conxunto de Galicia.

Finalmente, na disposición transitoria da citada Orde do 18 de decembro de 2019 esta-


blécese que a tarifa Xente Nova será de aplicación a partir da entrada en vigor da indicada
orde, e manterá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2020, habilitando expresamente a
dirección xeral competente en materia de transportes para a ampliación do referido prazo,
logo da tramitación administrativa e contable pertinente.

Dada a aceptación e as vantaxes que para a mocidade representa esta tarifa Xente
Nova, considerouse conveniente o seu mantemento máis alá da data inicialmente estable-
cida, polo que se ampliou o prazo de vixencia para o ano 2021, mediante a Resolución do
17 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se amplía o prazo de
vixencia da tarifa específica da Xunta de Galicia, para o ano 2021 (DOG núm. 259, do 28
de decembro de 2020).

Neste novo exercicio, ademais, consolidouse o proceso de expansión territorial median-


te a Resolución do 6 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se culmi-
na o procedemento de expansión do ámbito territorial de aplicación da tarifa específica XN
ao conxunto do transporte público da competencia da Xunta de Galicia (DOG núm. 93, do
20 de maio), de xeito que a tarifa Xente Nova xa é aplicable para calquera viaxe interurba-
CVE-DOG: fmri88p5-d4c3-wo30-bds6-r9m9csxfauq7

na que se realice nos servizos públicos de transporte regular de uso xeral da competencia
da Comunidade Autónoma de Galicia.

Con posterioridade, ampliouse novamente o prazo de vixencia para o ano 2022, me-
diante a Resolución do 1 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola
que se amplía o prazo de vixencia da tarifa específica Xente Nova no transporte público
interurbano da competencia da Xunta de Galicia para o ano 2022 (DOG núm. 238, do 14
de decembro).

Consonte co anterior, e tendo en conta a evolución altamente positiva na utilización da


tarifa Xente Nova, e da tarxeta TMG Xente Nova a través da que se accede a aquela, con-
sidérase procedente a prórroga do prazo da súa vixencia para o vindeiro ano 2023.

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia


DOG Núm. 231 Luns, 5 de decembro de 2022 Páx. 62258

De acordo co que establece a Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de


febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto, mo-
dificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001, o presente
convenio tramítase como expediente anticipado de gasto, polo que o gasto que se proxecta
queda condicionado á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos xerais
da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.

De conformidade co exposto, considérase conveniente realizar unha nova ampliación


da tarifa Xente Nova para o ano 2023 polo que, cumpridos os trámites administrativos e
contables oportunos,

RESOLVO:

Ampliar o prazo de vixencia da tarifa Xente Nova desde o 1 de xaneiro ata o 31 de de-
cembro de 2023.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2022

Ignacio Maestro Saavedra


Director xeral de Mobilidade
CVE-DOG: fmri88p5-d4c3-wo30-bds6-r9m9csxfauq7

ISSN1130-9229 Depósito legal C.494-1998 https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia

You might also like