You are on page 1of 40

LITERATURA

(2º trimestre)
Historia social da lingua: 1936 – 1976
A literatura galega no exilio e no franquismo
A poesía e prosa entre 1936 - 1976
Historia social da lingua: o galego moderno (1936 – 1976)
Verán 1936 →
• Esperanza, positividade, avances, logros.
• Autogoberno galego (Estatuto de Autonomía) na II República.

GUERRA CIVIL Obxectivo:


Uniformización de todo o
Estado español → castelán
único idioma uso público.
DITADURA FRANQUISTA
Tres grandes etapas:
• REPRESIÓN E SILENCIO (1936-1949)
• LENTA RECUPERACIÓN CULTURAL (1950-1963)
• RECLAMACIÓN SOCIAL (1964-1976)
1º etapa: REPRESIÓN E SILENCIO (1936-1949)
• Destrúense todas as iniciativas sociais, políticas e culturais de promoción
da lingua:
• Clausuráronse xornais e revistas, editoriais, partidos, asociacións...

• Os principais defensores do idioma foron


• perseguidos ou asasinados
• Exiliados

• Apoio dos fascismo europeos → Alemaña e Francia (ata 2ª GM 1939/45)

• Etapa de represión absoluta


2º etapa: LENTA RECUPERACIÓN CULTURAL
(1950-1963)
• Apoio EEUU e Vaticano.
• Entrada na ONU de España sendo unha ditadura.

• Saída paulatina do illamento internacional


• Permítense algunhas actividades
• Represión e censura permanecen

• 1950 → creación da editorial Galaxia


• Continúan os problemas para imprimir e distribuír libros escritos en galego
3º etapa: RECLAMACIÓN SOCIAL (1964-1976)

Mediados da década de 1960

• Creación de entidades que traballan para:


• Defender o galego no eido cultural (o único “posible” ata ese momento)

• Promover o seu uso en todos os ámbitos (novidade)


• Partidos nacionalistas (Partido Socialista Galego e Unión do Povo Galego)

• Asociacións culturais (O Galo, O Facho, Abrente...)


• Que contan/critican o poema Do Courel a Compostela de Uxío
Novoneyra e Cunetas de Luís Pimentel da páxina 156?

• Busca as metáforas, os dobres sentidos e as críticas directas.

• No poema de Luís Pimentel Cunetas hai unha referencia moi clara a


un autor/a anterior. Cal é?
• Que sectores sociais e ideolóxicos afectou segundo este poema a
represión?
PRINCIPAIS FACTORES DE SUBSTITUCIÓN LINGÜÍSTICA
Nestas décadas →
• Proceso de substitución lingüística en favor do castelán
• O idioma galego = lingua familiar e coloquial

Os principais factores que aceleraron o proceso:


• Prohibición e persecución do galego en todos os ámbitos de proxección social e prestixio.
• Éxodo do campo as cidades →
• esquema diglósico galego-castelán // familiar e coloquial – funcións elevadas e falar con descoñecidos.
• Rotura da transmisión xeracional (os fillos son educados en castelán)
• Medios de comunicación (especialmente a TV da que o galego estará relegado décadas).
• Ensino público en castelán // Galego excluído do sistema educativo.
• A Igrexa Católica apoia a represión e censura do idioma galego.
A SITUACIÓN DE GALICIA NA POSGUERRA
• Galicia rapidamente ocupada polas tropas fascistas
• Resistencia dos fuxidos e guerrilleiros que combateron no monte ata 1960.
• Suspensión de toda actividade política, cultural e literaria.
• Os principais escritores e intelectuais foron perseguidos e silenciados.

• Os órganos de expresión do galego foron prohibidos:


• Publicación da revista Nós
• O xornal A Nosa Terra
• Clausura do Seminario de Estudos Galegos
• O uso público do galego foi restrinxido.
A LITERATURA NO FRANQUISMO. A RESISTENCIA CULTURAL

• Cómaros verdes (1947), Aquilino Iglesias Alvariño


→ 1º obra publicada despois da GC.

• Recuperación (lenta) da actividade literaria e cultural:


• Colección Benito Soto de poesía
• Editorial Monterrey

• 1950: Editorial Galaxia (fito máis relevante)

• Década de 1960 → EDICIÓS DO CASTRO


• Publica a 2º edición do libro máis lido da historia da literatura galega: ____________________?
A LITERATURA NO FRANQUISMO. A RESISTENCIA CULTURAL (II)

EDITORIAL GALAXIA (1950)


• Iniciativa impulsada por galeguistas novos apoiada por veteranos como Otero Pedrayo.
• O galeguismo adoptou un papel de resistencia cultural ao franquismo:
→ Abandonou a loita política centrando as actividades na promoción da cultura galega.

• Antífona da cantiga (1951) de Cabanillas → 1º publicación


• Escolma de literatura popular.
• O folclore estaba máis tolerado polas autoridades, máis facilidade para pasar a censura.

• Colección ILLA NOVA


• Para os escritores novos.
• Publicáronse as obras más relevantes da Nova Narrativa Galega.

• 1963: revista Grial


• Vía de expresión para o ensaio.
A LITERATURA GALEGA NO EXILIO:
A actividade cultural dos exiliados galegos

• Persoeiros implicados na actividade política e cultural antes da GC


tiveron que partir ao exilio.
• Exilio a latinoamérica, EEUU e Europa.
• A capital do exilio: Buenos Aires (Castelao)
• Os Centros Galegos convertéronse en núcleos de resistencia e en
promotores da cultura galega.
• Os exiliados organizáronse par manter a actividade política e cultural
prohibida en España.
A LITERATURA GALEGA NO EXILIO:
A actividade cultural dos exiliados galegos (II)
PRINCIPAIS INICIATIVAS DOS EXILIADOS
• Edicións de xornais e revistas culturais
• Creacións de editoriais para a publicación de obras en galego
• Posta en marcha un teatro galego (creación de numerosas compañías
de teatros e grupos músico-corais.
• Emisións de programas de radio
• Divulgación da cultura galega mediante cursos, recitais, exposicións e
actos culturais.
A LITERATURA GALEGA NO FRANQUISMO

POESÍA

Literatura galega
NARRATIVA
no Franquismo
CULTO

TEATRO

POPULAR
A POESÍA DE 1936 a 1976
• Na posguerra conviviron autores de xeracións e idades diferentes
• Como consecuencia da guerra e represión, os autores de maior idade publican ao mesmo tempo
que os máis novos (que comezan en 1950).

PRINCIPAIS LIÑAS POÉTICAS


• Poesía herdada da preguerra
• Ruralismo
• Imaxinismo
• Neotrobadorismo
• Poesía clasicista
• Cultura grecolatina e formas clásicas (hendecasílabo, soneto, etc.)
• Aquilino Iglesias
• Poesía intimista
• Interior do individuo e sentimentos persoais
• Luís Pimentel
• Poesía socialrealista
• Iniciada polos exiliados
• Denuncia das inxustizas e da opresión do franquismo // crítica xeral das desigualdades, a guerra, o
imperialismo...
• Sinxeleza expresiva para transmitir con claridade a carga ideolóxica
• Celso Emilio Ferreiro
Aquilino Iglesias Alvariño
A XERACIÓN DE Xosé Mª Díaz Castro
1936 Celso Emilio Ferreiro

A POESÍA DE 1936 A PROMOCIÓN Antón Tovar


DE ENLACE Luz Pozo Garza
A 1976

Uxío Novoneyra
XERACIÓN DAS Manuel María
FESTAS Xohana Torres
Luís Pimentel* MINERVAIS Bernardino Graña
Xosé Luis Méndez Ferrín
A XERACIÓN DE 1936: CELSO EMILIO FERREIRO
Autores máis vellos que viviron a Guerra Civil e xa comezara a súa traxectoria poética antes da
guerra.
• AQUILINO IGLESIAS
• XOSÉ MARÍA DIAZ CASTRO
CELSO EMILIO FERREIRO
Características temáticas e formais da poesía de Celso Emilio Ferreiro
• Eixos temáticos:
• Social-realismo: compromiso con Galicia, coas clases traballadoras e coa loita pola liberdade fronte a
ditadura franquista // temas universais: a inxustiza, o imperialismo, as desigualdades....
• Sátira: (unida ao anterior) a ironía e o sarcasmo sérvenlle para atacar as clases burguesas (conformistas
e cómplices da ditadura, e aos individuos que representan a intolerancia e a opresión.
• Intimismo: temas como o amor, a soidade, o desacougo fronte aos misterios da existencia...

• Aspectos formais:
• Sinxeleza e estilo próximo á fala cotiá
• Procesos estilísticos sinxelos
• Repeticións: anáforas, paralelismos, aliteracións, enumeracións...
• Metáforas e simbolismos de doada identificación
A XERACIÓN DE 1936: CELSO EMILIO FERREIRO
Obra poética de CELSO EMILIO FERREIRO

• O soño sulagado
• 1º libro en galego
• Conviven poemas intimistas e poemas sociais

• Longa noite de pedra (1962)


• Experiencia: encerro na cela do mosteiro de Celanova por acusacións falsas
• Símbolo da loita antifascista pola súa defensa da liberdade e denuncia das inxustizas.

• Viaxe ao país dos ananos


• Critica o colectivo de galegos emigrantes en Venezuela pola falta de compromiso e o afán de
enriquecerse.

• Onde o mundo se chama Celanova


• Obra intimista
• Expresa o amor pola súa dona, reflexiona sobre o paso do tempo, os amigos e a vinculación
coa súa vila natal.
• Exercicio 1 da páxina 157

• Cal é o feito biográfico que se relaciona con Longa noite de pedra?

• A reiterativa presenza da pedra adquire un carácter simbólico. Explica


cal pode ser o simbolismo da pedra neste poema, tendo en conta as
metáforas que se asocian a pedra a distintas realidades.

• Por que crees que se colleu o título do poema para denominar así ao
período franquista?
A PROMOCIÓN DE ENLACE
• Autores e autoras que eran moi nenos durante a Guerra Civil.
• Criáronse marcados pola miseria da posguerra.
• Tardaron en acceder á cultura e a tradición literaria en galego.
• Moitos comezaron escribindo poesía en castelán.

• ANTÓN TOVAR
• LUZ POZO GARZA
A XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS (OU DE 1950)
• Os integrantes participaron e foron premiados no certame FESTAS MINERVAIS organizado pola
USC en 1950.
• Tiveron como titores a Ramón Piñeiro e os membros de Galaxia.
• Contexto: sociedade moi pechada e pouco receptiva á cultura (menos aínda á cultura galega)
• Integráronse na actividade galeguista que rexurdía nesa década.
• Membros:
• Uxío Novoneyra
• Manuel María
• Xohana Torres
• Bernardiño Graña
• Xosé Luís Méndez Ferrín

• Grupo Brais Pinto


• Formado por algúns membros da xeración
• Desenvolveu unha gran actividade cultural
• Nome da editorial
• Membros:
• Xosé Luís Méndez Ferrín
• Bernardiño Graña
• Raimundo Patiño
• Alexandre Cribeiros
A XERACIÓN DAS FESTAS MINERVAIS (OU DE 1950)
• Represión e censura franquista → referentes na cultura europea e anglosaxoa.
• Interese polas correntes culturais e estéticas modernas.
• Influídos polo existencialismo (sentido da vida e absurdo da existencia)
• Música jazz e contracultura dos anos 60 (defensa dos dereitos sociais EEUU)

LIÑAS TEMÁTICAS
• ESCOLA DA TEBRA
• Corrente fortemente intimista (influída polo existencialismo)
• Poesía atormentada e pesimista
• Manuel María e Manuel Cuña Novás
• PAISAXISMO RENOVADOR
• Evoluciona con respecto ao ruralismo
• Reflexión profunda ante a natureza → omnipresente e grandiosa
• Uxío Novoneyra e Manuel María
• POESÍA SOCIAL ou SOCIALREALISTA
• Corrente predominante
• Levada á máxima expresión na xeración anterior (Celso Emilio Ferreiro)
• Manuel María
• Exercicio 3 da páxina 157

• Os poemas de Manuel María incluídos na obra Documentos personaes


imitan satiricamente textos administrativos ou xurídicos.
• Que modelo escolle para este poema?
• Indica os elementos que nos permiten afirmalo.
• Por que resultan absurdas as prohibicións?

• O poema de Novoneyra leva o título dunha oración relixiosa. Cal é o nome


correcto deste tipo de oración?
• Como se reproducen as características do poema?

• En que liña temática encadrarías o poema O lobo? Por que?


• Que elementos nos sitúan nun espazo natural afastado e agreste?

• Exercicico 4 da páxina 157


NARRATIVA
CONTINUADORA
DO GRUPO NÓS

Tendencias da narrativa NARRATIVA


ÁLVARO CUNQUEIRO
de posguerra FANTÁSTICA

A PROSA DE NARRATIVA - ANXEL FOLE


1936-1975 REALISTA - BLANCO AMOR

XOSÉ LUIS MÉNDEZ FERRÍN


NOVA NARRATIVA
M.ª XOSE QUEIZÁN
GALEGA
CARLOS CASARES

*XOSÉ NEIRA VILAS


A PROSA DE 1936-1976

• Galaxia → consolidar unha narrativa e ensaio galego


Tendencias da narrativa de posguerra
• NARRATIVA CONTINUADORA DO GRUPO NÓS
• Liña temática: evolución da fidalguía (iniciada por Otero Pedrayo)
• A xente da barreira (Ricardo Carballo Calero) – 1º novela de posguerra

• NARRATIVA FANTÁSTICA
• Reflicte un mundo idealista e ficticio
• Álvaro Cunqueiro

• NARRATIVA REALISTA
• Céntrase na Galicia rural, nos seus costumes, nas súas crenzas e na súa paisaxe.
• Terra brava (Ánxel Fole) ??
• Blanco Amor → narrativa realista pero máis próxima ao realismo social e de crítica á sociedade franquista.
A PROSA DE 1936-1976:
ÁLVARO CUNQUEIRO – NARRATIVA FANTÁSTICA
• (Poeta vangardista antes da Guerra Civil)
• Representante da NARRATIVA FANTÁSTICA

CARACTERÍSTICAS DA NARRATIVA DE CUNQUEIRO


• Mestura do real e o marabilloso
• Personaxes míticos + personaxes de caracterización realista
• Feitos cotiáns + feitos fantásticos → son presentados e aceptados con naturalidade.
• Para dar verosimilitude:
• Datos, datas e detalles moi precisos
• Presenza dos feitos por persoas importantes

• Uso de recursos da tradición oral popular


• Tendencia á digresión
• Complicación da historia con introdución de voces e relatos secundarios
• Técnica das historias encaixadas (un narrador conta unha historia, un personaxe desa historia
actúa de narrador doutra historia)

• Presenza do humor e da ironía


A PROSA DE 1936-1976. Álvaro Cunqueiro: OBRA
Narracións longas
• Merlín e familia
• Ambientado en Galicia.
• Merlín, a raíña Xenebra e varios criados → eixo de historia independentes.
• Diversos visitantes acoden a Merlín para que lles solucione os seus problemas.
• As crónicas de Sochantre
• Ambientado na Bretaña francesa.
• Un sochantre é secuestrado por unha comitiva de defuntos.
• Os personaxes contan historias e viven novas aventuras.
• Se o vello Sinbad volvese ás illas
• Mariño das Mil e unha noites retirado
• Recibe unha oferta para volver ao mar e emprende a viaxe para facerse cargo do barco → non había tal barco.

Narracións curtas
• Escola de menciñeiros
• Retratos de personaxes (menciñeiros ou curandeiros) relacionados coa cultura popular
• Retratos de animais fantásticos
• Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes
• Retratos de personaxes (moitos con características fantásticas) baseados no xeito de actuar dos personaxes populares
galegos.
• Exercicio 1 páx. 121
• Exercicio 1 páx. 125: texto Cunqueiro (páx. 122)
A PROSA DE 1936-1976: ÁNXEL FOLE – NARRATIVA REALISTA

• Militou no galeguismo → despois da GC tivo que exiliarse na montaña de Lugo →


materia narrativa para os seus relatos
• Representante da NARRATIVA REALISTA

CARACTERÍSTICAS DA SÚA NARRATIVA

• Influencia da narración popular oral


• Emprega fórmulas como “xa vos digo...”, “hai ben tempo que...”
• Técnica das historias encaixadas
• Encadea narracións unha dentro doutra
• Reproduce o rexistro oral coloquial
• Existen personaxes que actúan como auditorio para o relato
• Reflicte a realidade concreta da Galicia rural: traballos, fauna, vexetación, costumes...
• Temas: relacionados coa visón do mundo do campesiño galego, coas súas crenzas e
supersticións.
A PROSA DE 1936-1976. Ánxel Fole: OBRAS

• Á lus do candil
• Ambientados nas terras do Courel
• Marco: un grupo de persoas queda incomunicado pola neve e distráense contando
historias.
• Misterio e sobrenatural → cunha explicación lóxica
• Terra brava
• Marco:
1º) un médico do Incio vai recibindo personaxes que tratan diferentes temas
relacionados con Galicia.
2º) O sobriño do médico atopa un cartafol con historias de intriga e misterio escritas a
partir dos relatos das diferentes reunións.
• Contos da néboa
• Escenarios urbanos e vilegos
A PROSA DE 1936-1976.
EDUARDO BLANCO AMOR – autor do exilio – NARRATIVA REALISTA

• Emigrou a Bos Aires e regresou ao final do franquismo.


• Cultivou poesía e teatro. Destaca pola narrativa REALISTA.

CARACTERÍSTICAS DA SÚA OBRA


• Ambientadas en espazos urbanos → Ourense (Auria, A.)
• Narración realista
• Clases traballadoras e a infancia
• Incorporación de técnicas innovadoras
EDUARDO BLANCO AMOR: OBRA
• A esmorga (1959)
• Sucesos de tres mozos durante unha noite de troula.
• Formato: declaración xudicial dun deles que vai revelando os feitos a un xuíz do que
non se transcriben as preguntas.
• Crueza e ambiente marxinal e violento no que viven os protagonistas → inadaptados
á sociedade oficial.
• Os biosbardos
• Conxunto de relatos protagonizados por nenos e adolescentes.
• Xente ao lonxe
• Novela longa
• Vida dos obreiros da cidade de Ourense a comezos do XX.
• Intentos dos traballadores de conseguir unha organización sindical e represión das
forzas da orde.
• Evolución do nenos da familia protagonista e o seu proceso de maduración.
• Exercicios 3 e 4 da páxina 95.
A PROSA DE 1936-1976 (II): A NOVA NARRATIVA GALEGA
• A partir de 1950 e 1960 → renovación da narrativa galega

• Incorporación de técnicas e temáticas da renovación da novela


occidental a partir dos anos 20 (desenvolvidas por autores como
Kafka, James Joyce ou Marcel Proust)

• Principal movemento renovador → Nova Narrativa Galega

Francia: Noveau Roman

• Outros autores continuarán na liña do realismo social.


A PROSA DE 1936-1976 (II): A NOVA NARRATIVA GALEGA
• Emprego de técnicas narrativas innovadoras
• Fóxese do narrador en 3º persoa
• Monólogo interior
• Narración obxectiva (cámara cinematográfica)
• Técnica epistolar
• Renovación temática
• Retrato pesimista e negativo da realidade. Existencialismo → absurdo da vida
• Realidade de pesadelo, bórranse as fronteiras entre o real, irreal ou o soñado
• Ruptura da linealidade temporal
• Desaparición da sucesión lóxica dos acontecementos
• Presente intemporal
• Sen trama argumental coherente
• Espazo urbano
• Mundo rural → espazos urbanos e suburbanos
• Ambiente opresivo, violento e ameazante.
• Novo tipo de personaxes
• Escapan dos heroes tradicionais
• Personaxes anónimos, inadaptados, marxinais, con tendencia á violencia e movidos por impulsos escuros.
Autores da NNG

• Gonzalo R. Mourullo
• Iniciador da corrente: Nasce unha árbore e Memorias de Tains

• Xosé Luis Méndez Ferrín

• M.ª Xose Queizán

• Carlos Casares

• Camilo Gonsar
• Derradeira obra da NNG: Cara a Times Square
Xosé Luís Méndez Ferrín
• 1º etapa)
• Percival e outras historias
• Materia de Bretaña / mestura de realidade e fantasía / represión social e política
• O crepúsculo e as formigas
• Relatos onde predomina a violencia e os ambientes opresivos.
• Arrabaldo do norte
• Narración obxectiva
• Un personaxe anónimo deambula por un espazo urbano sen un destino preciso.
• 2º etapa)
• Narrativa chea de simboloxía e referencias ao nacionalismo galego e á represión do
franquismo.
• Retorno a Tagen Ata (territorio mítico reflexo de Galicia)
• 3º etapa)
• Combinación do experimentalismo narrativo coa fantasía e a crítica política e social.
María Xosé Queizán

• Defensa da cultura galega e na política nacionalista.


• Imprime unha visión feminista da realidade á literatura galega.

• A orella no burato
• Técnica da narración obxectiva
• Deambular dun vagabundo que vai revelando o seu pasado a través do
monólogo interior.
Carlos Casares
• Persoeiro destacado da cultura galega

1º etapa) NNG
• Vento ferido
• Monólogo interior
• Narración obxectiva
• Violencia e sufrimento
• Cambio en tres
• Xoguetes para un tempo prohibido

• 2º etapa) temática histórica


• 3º etapa) temática realista e técnicas máis tradicionais
• Exercicio 3 da páxina 121.
• Exercicio 2 da páxina 125: texto de Ferrín (páx 123).
• Exercicio 3 da páxina 125: textos de Queizán e Casares.
Xosé Neira Vilas
• Narrativa realista
• Xeitos de narrar tradicionais
• Nalgunhas obras emprega técnicas innovadoras que o aproximan á NNG.

2 núcleos temáticos:
• O mundo rural galego
• Desde un punto de vista infantil
• Memorias dun neno labrego e Cartas a Lelo
• Miseria do campo galego nos duros anos da posguerra e a maduración dos protagonistas
• Desde un punto de vista adulto
• Xente no rodicio
• Crueza do mundo rural cheo de desigualdades sociais, pobreza e violencia.
• Mundo da emigración galega a América.
• Remuíño de sombras
• Loita pola vida dos emigrantes e as dificultades de adaptación.

• Iniciador da literatura infantil en galego

You might also like