You are on page 1of 31

Literatura: 3º TRIMESTRE

de 1976 á actualidade Lucía Moreiras


Situación social e literaria no final do franquismo
Completar coa páxina 180-181 do libro

• Morte de Franco en 1975 → inicio da Transición democrática


• Vanse conseguindo novas liberdades (reclamadas desde facía anos)
• Posibilidade de Proliferación de manifestacións literarias e artísticas

desexo de expresión das inquietudes reprimidas.

• Axitación cultural + loita política e social → réxime democrático


(1978) → aprobación do Estatuto de Autonomía en 1981.
POESÍA de 1976 á actualidade

Cambio de
tendencia (1976)

Poesía da década
de 1980
Poesía de 1976 á actualidade
Poesía da década
de 1990

Tendencias
actuais
O cambio de tendencia na poesía galega (1976)
• Con pólvora e magnolias (1976). Xosé Luís Méndez Ferrín
• Mesteres (1976). Arcadio López Casanova

• Novo rumbo ao discurso poético galego, cambio de tendencia:


• Superación da poesía socialrrealista – (onde predominaba o contido sobre a forma)
• Recuperación do interese pola estética e pola beleza formal do poema sen abandonar o
compromiso cívico.

• Formación do Grupo de comunicación poética Rompente


• Seraogna (1976). Afonso Pexegueiro
• Obra rupturista e innovadora
• Afástase do ruralismo e do socialrealismo.

• Antón Reixa, Manuel Ramón e Alberto Avendaño


• Actitude vangardista, integrando no poema materiais diversos (ilustracións, textos publicitarios...),
un rexistro coloquial, fragmentario e provocador.
Poesía da década de 1980 – Xeración dos 80.
CARACTERÍSTICAS
• Preocupación estética
• Esteticismo (fronte o ton coloquial da poesía socialrrealista) → enriquecemento da expresión poética
• Coidado da linguaxe poética e do vocabulario
• Coidado da estrutura e construción do poema (recuperación das formas métricas clásicas)

• Culturalismo
• Enriquecer a expresión poética → referencias culturais
• Alusións mitolóxicas ou datos históricos
• Citas doutros autores
• Referencias á cultura moderna (cine, música)

• Experimentalismo
• A preocupación formal → experimentación e exploración de novos camiños
• Ruptura da orde lóxica
• Transgresión das normas ortográficas e gramaticais
• Mestura con outras artes

• Variedade temática
• Non abandonan de todo os temas sociais
• O intimismo recupera un primeiro plano (amor, erotismo, morte, soidade)
Poesía da década de 1980 – Xeración dos 80.
ACTIVIDADE POÉTICA
Época dourada da literatura galega pola gran produción e o nivel das composicións.
• Aparición de revistas poéticas: Dorna, Cadernos de poesía
• Convocatoria de premios literarios
• Creación de editoriais

• Colectivos poéticos:
• Alén
• Cravo fondo
• De amor e desamor

• Autores como:
• Lois Pereiro
• Pilar Pallarés – Livro das devoracións
• Manuel Rivas – Balada das praias do oeste

• Comezan a ter forza as voces femininas como Xela Arias – Denuncia do equilibrio
A POESÍA DA DÉCADA DE 1990 – Xeración do 90.
CARACTERÍSTICAS
• Actitude rebelde e inconformista - Influído pola súa xuventude
• Transgresións dos códigos literarios
• Humor e espontaneidade

• Dominio lingüístico
• Precisión no uso da lingua → linguaxe directa e coloquial, pero sen descoidar a forma
• Traballan coa variedade de rexistros
• Xogo lingüístico e ironía

• Variedade temática
• Tratamento renovador dos temas clásicos: A morte, o paso do tempo, o amor e o tema patriótico e social
→ Tratados dun xeito fresco e desmitificado
• Novos temas ligados á sociedade moderna → consumismo, ecoloxía, antimilitarismo
• A sexualidade de forma explícita e a muller como suxeito activo

• Mestura de xéneros e menor peso do formalismo


• Verso libre, rexistro cotián e ruptura das fronteiras entre xéneros literarios
A POESÍA DA DÉCADA DE 1990 – Xeración do 90.
ACTIVIDADE POÉTICA
• Gran actividade poética: autores novos + autores en plena madurez

• Autores:
• Chus Pato - Urania
• Carlos Negro – Far west (ironía nos tópicos do ruralismo)
• Gonzalo Navaza - A torre da derrotA (palíndromos)

• Incorporación de numerosas voces femininas á primeira liña poética


• Yolanda Castaño – O libro da egoísta
• Olga Novo – A teta sobre o sol
• Enma Couceiro – Humidosas
• Lupe Gómez – Pornografía

• Marta da Costa, María do Cebreiro, María Lado, Helena de Carlos

• Sen prexuízos e cunha linguaxe directa e orixinal tratan →


Temas intimistas e amorosos (sen esquecer o contido social)
• TEXTO GONZALO NAVAZA – O río galaico (páx. 208)
• Que característica aprecias nese texto?
• Exercicio 4, páxina 207.
• Exercicio 1 e 2, páxina 228.
TENDENCIAS ACTUAIS
• O panorama da poesía galega continúa con moito vigor e non deixan de sumarse voces novas.

• Parten da pluralidade temática

• Participan en proxectos compartidos:


• Obradoiros literarios
• Iniciativas que relacionan a poesía coa música, as novas tecnoloxías e o audiovisual

• Servíronse de internet para darse a coñecer inicialmente

• Antía Otero, Daniel Salgado, Lucía Novas, Berta Dávila, Gonzalo Hermo...

• Clasificación en 4 CORRENTES:
• Obras cunha poesía de linguaxe limpa
• Obras de poesía-pensamento
• Obras de poesía militante e operativa
• Obras que buscan desacralizar a poesía
• Exercicio 2, páxina 211.
• Exercicios fotocopias de poesía.
PROSA – panorámica xeral
Contexto: autonomía, lingua cooficial, sen censura, liberdades, cambios sociais e
políticos... → moita produción

• Feitos que converten a NARRATIVA NO XÉNERO MÁIS CULTIVADO


• Proliferación de autores – Confluencia de varias xeracións de narradores:
• Algúns con traxectoria anterior (grupo Nós, membros da Nova Narrativa Galega, os que publican ao rematar a
ditadura e novas incorporacións que non a viviron).

• Dinamización da produción narrativa a través de:


• Creación de editoriais COMERCIAIS para a narrativa (Xerais, Do cumio, Sotelo Blanco...)
• Premios literarios

• Traducións de obras doutras literaturas á nosa e viceversa (editoriais especializadas)

• Aumento do número de lectores

• Incorporación das narradoras


• Mª Xosé Queizan
• + Marilar Aleixandre, Rosa Aneiros, Ledicia Costas, Teresa Moure, Andrea Barreira...
PROSA – periodización

• De 1975 a 1985
• Reedición dos grandes narradores clásicos (sobre todo para o ensino)
• Novela longa

• De 1985 á fin de século


• Relato curto
• Maior abano temático e de forma

• Comezos do s. XXI
• Crecemento da presenza feminina
• Novela negra e novela de temática da Guerra Civil
• Domingo Villar (obra: ________________) ou Pedro Feijoo → moito público
Narrativa policial e
novela negra
Tendencias da narrativa
Narrativa urbana e
posterior a 1976 experimental

Tendencias da narrativa
posterior a 1976
Narrativa histórica
• Pluralidade de temas e liñas narrativas
Narrativa social ou
sociolóxica
• 1980 → narrativa de subxénero
• Doada lectura Narrativa fantástica
• Temas atractivos para o gran público. e de ciencia ficción

Narrativa de
aventuras

Narrativa infantil e
xuvenil
NARRATIVA POLICIAL
(Novela negra, relatos detectivescos, novela de intriga...)

• A que máis se desenvolve nesta primeira etapa

• Crime en Compostela de Carlos Reigosa.


• Iniciadora do xénero
• Serie de novelas protagonizadas polo detective Nivardo Castro e polo
Xornalista Carlos Conde.

• O xénero continúa con gran vitalidade na actualidade.


• Domingo Villar, Pedro Feijoo
NARRATIVA URBANA E EXPERIMENTAL

• Herdeiros da NNG
• Ambientadas en espazos urbanos modernos (ás veces marxinais)
• Retrato da sociedade de consumo
• Variedade de puntos de vista e estrutura fragmentaria (reflicte o caos urbano)

• Suso de Toro. Polaroid (1986) e Tic Tac (1993)


→ textos fragmentarios que mostran a realidade urbana cotiá dun xeito incoherente e
desordenado.

*Literatura Bravú
• Movemento reivindicativo da identidade galega entre o rural e o urbano
• Un millón de vacas (1990) de Manuel Rivas.
• https://es.wikipedia.org/wiki/Brav%C3%BA
NARRATIVA HISTÓRICA
• Recuperar episodios da historia de Galicia tanto pasados como máis próximos á
actualidade.

• Xoán Bernárdez Vilar (precursor desta liña)


Un home de Vilameán. → Revolución irmandiña do século XV.
• Vítor F. Freixanes,
O triángulo inscrito na circunferencia, mestura de narración histórica coa épica.
• Darío Xohán Cabana – época medieval.

• Época fascista – a visión dos perdedores e represaliados, protagonistas que


intentan manter a dignidade acosados pola barbarie fascista.
• Agosto do 36 – Xosé Fernández Ferreiro
• As rulas de Bakunin – Antón Riveiro Coello
• O lapis do carpinteiro e Os libros arden mal – Manuel Rivas
NARRATIVA SOCIAL OU SOCIOLÓXICA

• Primeiros anos do posfranquismo e da Transición política


• Trata problemas da época desde unha actitude de análise crítica
• Os autores pertencen á xeración de finais do franquismo.

• Xavier Alcalá
• A nosa cinza, evolución dun mozo na sociedade franquista
• Fábula, retrata a sociedade galega no tempo da Transición
NARRATIVA FANTÁSTICA E DE FICCIÓN CIENTÍFICA
• Relaciónanse coa nosa tradición literatura a través de Cunqueiro e a literatura artúrica.

• Darío Xohán Cabana


→ recupera a materia artúrica mesturada ca realidade actual en Galván en Saor
→ en Fortunato e Trasmundi sitúa uns seres marabillosos nunha sociedade paralela.

• Ramón Caride Ogando → representante da ficción científica

NARRATIVA DE AVENTURAS

• Morning star de Xosé Miranda.

• Moitas obras da narrativa de aventuras adscríbense ao ámbito da literatura infantil e


xuvenil.
NARRATIVA INFANTIL E XUVENIL

• Auxe extraordinario a partir de 1986

• Espazo literario valeiro ata a década dos 80 (excepcións algunhas obras de Manuel
María ou Neiras Vilas)

• Inclusión da materia de Lingua e Literatura Galega no ensino →


• Novos autores
• Ilustradores
• Coleccións moi diversas nas editoriais
• Amplo público lector (aínda que sexa “obrigado”)

• Paco Martín (pioneiro nesta literatura) → Das cousas de Ramón Lamote (1985)

• Agustín Fernández Paz


• Obra extensa, chea de referencias ao cine, ao cómic e á propia literatura
• Tratamento do misterio, as emocións e os valores de solidariedade enraizados na cultura galega.
• Cartas de inverno

Introduce máis autores e obras que coñezas. Podes botar man da páx. 183)
• Que consecuencias tivo para a literatura galega a introdución do
galego no ensino?

• Dende un punto de vista temático, que tipos de textos narrativos


podemos atopar hoxe en día?

• Texto As cousas – Manuel Rivas, Que me queres, amor?


Páx. 187-188, ex. 1, 2 e 3
O teatro de 1916 á actualidade
1. As Irmandades da Fala e a creación dun teatro nacional galego

2. O teatro na Época Nós

3. O teatro durante o franquismo

4. A Escena teatral a partir de 1976


• Teatro independente
• Teatro profesional
1. As Irmandades da Fala e a creación dun teatro nacional galego
• Teatro = actividade básica para a promoción da lingua, para a fixación dun rexistro culto e para a
expresión da alta cultura en Galicia no idioma propio.

• Escaseza de textos e compañías teatrais → solución: organizar unha infraestrutura teatral en Galicia
• Creación de cadros de declamación
• Agrupacións folclóricas → realización de espectáculos de música e baile + representación de pezas dramáticas.

• Creación do CONSERVATORIO NACIONAL DE ARTE GALEGA (1919)


• Formación de actores e promoción de obras renovadoras da escena galega.
• A man de Santiña (Cabanillas) → ambiente refinado, clase alta, en galego, linguaxe estilizada.
• Obras dramáticas que se afastaron do costumismo e do humor fácil.

• 1922: Conservatorio Nacional de Arte Galega → ESCOLA DRAMÁTICA GALEGA


• Leandro Carré Alvarellos
• Preferencia pola representación de obras costumistas, afastadas da estética renovadora.

• VARIAS TENDENCIAS:
• Renovadora (Cabanillas, Villar Ponte)
• Intermedia entre renovación e tradición (Leandro Carré Alvarellos)
• Conservadora
2. O teatro da Época Nós
• Modernización da cultura galega → creación dun teatro moderno galego.

• CASTELAO, influencer dos dramaturgos galegos


• Ideas recollidas de toda Europa nunha das súas viaxes-
• Teatro como espectáculo total (música, pintura, escenografía e danza)
• Exemplo práctico: Os vellos non deben de namorarse (1941, Buenos Aires).

• Ramón Otero Pedrayo


• A lagarada (ambientada no tempo da vendima e os efectos do viño)
• Teatro de máscaras (pezas breves de antes da Guerra Civil)
• Vicente Risco
• El bufón d-El Rei
• Rafael Dieste
• A fiestra Valdeira
Busca o argumento das obras
3. O teatro durante o franquismo
• Actividade cultural paralizada.
• Manifestacións teatrais = representacións folclóricas dos coros populares.

• O teatro sobrevive no exilio


➢ Teatro popular
• Recrea de xeito sentimental e humorístico os costumes da Galicia campesiña e mariñeira.
• Manuel Varela Buxán
➢ Teatro culto
• Estética coidada, temas profundos e problemas da sociedade galega desde un punto de vista crítico.
• Luís Seoane
• Eduardo Blanco Amor: Farsas para títeres

• 1950: renovada actividade cultural (certo aumento de liberdades)

• Álvaro Cunqueiro
• O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1958)
• Revisión do personaxe de Shakespeare, incorpora o mito de edipo e reflexiona sobre a condición humano
desde unha perspectiva pesimista.
• Presencia dun coro
4. A escena teatral a partir de 1976
• Modernización temática e formal

• Afán de profesionalización (=traballo) que se consegue:


• Establecemento de axudas económicas e creación de circuítos de representación
• Creación dunha compañía institucional o Centro Dramático Galego
• Establecemento dunha Rede Galega de Teatros e Auditorios
• Creación dunha Escola Superior de Arte
• Creación de premios

todo isto IMPLICA

• Consolidación de compañías de teatro profesionais


• Desenvólvese o teatro infantil e xuvenil
• Compañías de marionetas e monicreques
4. A escena teatral a partir de 1976
Etapa do Teatro independente (década de 1960)

Fitos fundamentais
1. Fundación da compañía Teatro Circo
2. Iniciativas da Asociación Cultural Abrente
• Mostra de Teatro de Ribadavia
• Certame Abrente de Teatro Galego (textos teatrais)

• Determinantes para o teatro galego posterior


• Grupo Abrente → xeración de autores teatrais (ligados á asociación homónima) que
normalizou e levou á profesionalidade a escena galega.

• Autores: Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal, Roberto Vidal Bolaño


4. A escena teatral a partir de 1976
Teatro profesional (década de 1980 e posterior)

• Década 1980: creación de compañías de teatro profesional formadas e


integradas na súa maioría por actores que proviñan do teatro
independente → conséguese unha estabilidade.

• Nacemento do teatro institucional coa creación do CENTRO DRAMÁTICO


GALEGO (CDG) en 1984.
• Compañía pública dependente da Consellería de cultura.
• Obxectivo: posibilitar a representación de obras en galego e conformar un repertorio
estable de obras de estética e temas diversos.
• Referente para a escena galega e apoio para os creadores teatrais.
Repasamos
• Que supuxo a denominada “Transición democrática” para a cultura
galega en xeral? (Ex. 1, páx. 183)

You might also like