You are on page 1of 1

AS REDES SOCIAIS : AXÚDANNOS A SOCIALIZAR OU

ÍLLANNOS?

As redes sociais son hoxe en día unha parte das nosas


vidas. Instagram, Ticktok, Youtube, Snapchat … fan que
poidamos sentirnos máis achegados pero tamén pódennos
facer traspasar a liña entre a realidade e o mundo virtual.
Para comenzar, podemos comunicar con amigos ou
membros da nosa familia por todo o mundo. Facebook é
unha rede social na que podes quedar en contacto con
antigos compañeiros e novos. Proba disto é que na
pandemia da COVID-19 as redes eran prácticamente o
único medio de contacto coa nosa familia e amigos.
Podemos compartir as nosas fotos, videos ou pensamentos
con tod@s os nosos amigos dun so clic.
Por outra parte, o uso abusivo das redes sociais producen
serios problemas. O maior inconveniente é que poden ser
moi adictivas. Hai rapaces que teñen necesidade de quedar
moito tempo nestes sites e réstalles tempo de relacionarse
con outros rapaces ou de facer deporte. Proba disto é que
hai adolescentes que comparten a súa vida privada sin
decatarse que a súa intimidade é exposta públicamente
virtualmente pero as consecuencias son reales !!!
En resumo, as redes sociais se son utilizadas
correctamente e con moderación son moi útiles e
divertidas.
Por todo isto, as avantaxes son numerosas pero os
inconvenientes tamén … e as veces unha avantaxe pode
converterse un inconveniente.

You might also like