You are on page 1of 20

O SUBSTANTIVO

É aquela clase de palabra que:

 refire seres, obxectos, sentimentos, fenómenos ou ideas.


 desenvolven como principal función a de núcleo de sintagma nominal
 admiten morfemas derivativos e flexivos

Exercicio 1
Salienta os substantivos presentes neste texto

O galego acada na época medieval o rango de lingua internacional, xa que está presente
tanto en autores (galegos, portugueses, casteláns, occitanos, sicilianos, etc.), coma en
cortes reais e señoriais (Santiago, Toledo, Coímbra, Lisboa...)

As Cantigas de Santa María, composicións feitas en loanza da Virxe, son a mostra da


vertente relixiosa desta lírica galego-portuguesa e constitúen o corpus de poesía mariana
medieval máis relevante de toda a Península. Foron compostas na corte de Afonso X o
Sabio, quen se encargou da dirección e, en ocasións, da propia elaboración.
Exemplifican o prestixio acadado polo idioma galego como lingua literaria a finais do
século XIII.

Solución

O galego acada na época medieval o rango de lingua internacional, xa que está


presente tanto en autores (galegos, portugueses, casteláns, occitanos, sicilianos, etc.),
coma en cortes reais e señoriais (Santiago, Toledo, Coímbra, Lisboa...)

As Cantigas de Santa María, composicións feitas en loanza da Virxe, son a mostra da


vertente relixiosa desta lírica galego-portuguesa e constitúen o corpus de poesía
mariana medieval máis relevante de toda a Península. Foron compostas na corte de
Afonso X o Sabio, quen se encargou da dirección e, en ocasións, da propia
elaboración. Exemplifican o prestixio acadado polo idioma galego como lingua
literaria a finais do século XIII.

Clasificación semántica
Os substantivos semanticamente clasifícanse do seguinte xeito:

1
Exs. Colectivos: plumaxe, bosque, rosaleda, xentío, bandada, coro, alameda

Exercicio 2

Coloca ó logo de cada adxectivo o substativo abstracto que corresponda

Branco > ____________________ Libre > ____________________

puro > ____________________ Necio > ____________________

leal > ____________________ Sincero > ____________________

Amigo > ____________________ Pío > ____________________

Fresco > ____________________ Bo > ____________________

Intelixente > ____________________ Inimigo > ____________________

Solucións

Branco > brancura Libre > liberdade

puro > puridade, pureza Necio > necidade

leal > lealdade Sincero > sinceridade

Amigo > amizade Pío > piedade

Fresco > frescura Bo > bondade

Intelixente > intelixencia Inimigo > inimizade

Exercicio 3

Subliña os substantivos abstractos

Ducia, máquina, amor, rúa, xanela, xenreira, trabe, réptil, peixe, parrulo, soidade,
cirurxián, exactitude, concreción, abstración

Solucións

2
Ducia, máquina, amor, rúa, xanela, xenreira, trabe, réptil, peixe, parrulo, soidade,
cirrurxián, exactitude, concreción, abstración.

Exercicio 4
Relaciona o substantivo co seu colectivo

____flor 1. manada
____estrela 2. elenco
____espectador 3. recua
____actor 4. constelación
____animais de carga 5. enxame
____can 6. ramo
____canón 7. restra
____boi 8. escuadrilla
____avión 9. batería
____allo 10. manda
____abella 11. auditorio

Solución

1. flor ramo
2. estrela constelación
3. espectador auditorio
5. animais de carga recua
6. can manda
7. canón batería
8. boi manada
9. avión escuadrilla
10. allo restra
11. abella enxame
12. actor elenco

Exercicio 5
Relaciona o substantivo co seu colectivo

3
____voz 1.arquipélago
____nave 2. congregación
____soldado 4. rabaño
____montaña 5. cordilleira
____relixioso 6. batallón
____ovella 8. multitude
____illa 10. bandada
____persoa 11. flota
____paxaro 12. coro

Solucións
____voz 2. coro
____nave 3. flota
____soldado 4. batallón
____montaña 5. cordilleira
____relixioso 6. congregación
____ovella 8. rabaño
____illa 10. arquipélago
____persoa 11. multitude
____paxaro 12. bandada

Exercicio 6
Caracteriza os seguintes substantivos conforme o modelo que se presenta:
Tarxeta Esperanza Teléfono
Pobo Cervexa Rosa
Bolígrafo Xenreira Ordenador
Ex: Tarxeta →común, concreto, contable e individual.

Exercicio 7
Pon dous exemplos de cada tipo de sustantivo:
Comúns Cincretos
Individuais Contables

4
Propios Abstractos
Colectivos incontables

Exercicio 8
Relaciona cada colectivo co seu individual correspondente:
Carballeira Peixe
Banda Músico
Cardume Carballo
Ovella Rabaño

Exercicio 9
Indica o individual que lle corresponde a cada un dos seguintes colectivos:

Enxame Plumaxe Flota


Vidreira Piñeiral Orqueatra
Dentame Arquipélago Velame

O SUBSTANTIVO : XÉNERO
Masculinos

Son substantivos masculinos os rematados en

 -ote e -ete (na súa orixe diminutivos): capote, garrote, barrote, camarote,
piquete, bigote; ou en -ate: chocolate, iate, tomate, etc
 Tódolos deverbativos con sufixo en -e, alternante no masculino con -o: tisne,
encaixe, ruxe -ruxe,...
 -án ou -an, salvo "man": tulipán, volcán, afán, pan, ademán
 -ame ou -ome: agás síndrome e fame
 -ume: betume, cerume, costume, cume, estrume, fume, legume, lume, queixume,
teitume, vagalume, volume (pero a servidume, a podredume...).

Outros substantivos masculinos:

 Os nomes das letras, números, cabos, montes, ríos, océanos: o "a", o "be"

5
 O azucre. O betume. O cal. O cárcere. O contrasinal. O costume. O couce. O
cume. O cuspe. O dote. O fel. O fin (=finalidade). O fume. O labor. O legume. O
leite. O lume. O mar. O mel. O nariz. O paradoxo. O pez. O pudor. O queixume.
O rapsodo. O riso. O sal. O samba. O sangue. O sinal. O síncope. O sorriso. O
teitume. O til. O ubre. O vagalume. O xiz.

Feminino

Son substantivos femininos os rematados en:

 -axe: aldraxe, aprendizaxe, carraxe, ramaxe, agás paxe, traxe e garaxe.


 -se: análise, trombose, cirrose, mímese, con excepción de envase, interese, pase,
valse.
 -ite: apendicite, bronquite, gastrite, (son de orixe grega); os masculinos son
escasos e teñen distinta procedencia: convite, desquite, envite, satélite.
 -(i)tude: altitude, aptitude, magnitude.
 -ade: lealdade, vontade, bondade, señardade, claridade.
 -as: augarrás. Normalmente son plurais. Por exemplo, andas, esposas, entrañas.
 a maioría das árbores froiteiras: a laranxeira a pereira, a nogueira, a
ameixeira, a claudieira….agás: o limoeiro, o castiñeiro, o pexegueiro…

Outros substantivos femininos:

 A ábsida. A acedume. A aguia. A análise. A apocalipse. A apócope. A apóstrofe.


A apotema. A arbore. A armazon. A arte. A augardente. A cablegrama. A cal
(canle). A calor. A canle. A carraxe. A color. A contraorde. A cor. A cordame. A
cute. A dolor. A dor. A eclipse. A fame. A fin (=final). A friaxe. A orde. A
orixe. A paisaxe. A paréntese. o/a personaxe. A pesadume. A plasma. A ponte.
A psicodrama. A pube. A reuma. A rubor. A sentinela. A servidume. a síndrome.
A suborde. A suor. A viaxe. A xénese.

* LEMBRA: A OPOSICIÓN DE XÉNERO MASCULINO / FEMININO NON SÓ


SERVE PARA DIFERENCIAR O SEXO, ÁS VECES TAMÉN DIFERENCIA
SERES POLO TAMAÑO ou ENTRE INDIVIDUAL E COLECTIVO:

O cesto / a cesta O leño / a leña


O barco / a barca O froito / A froita

6
Exercicio 10
Completa co froito, a árbore froiteira ou o seu colectivo

 Dixéronme que case non hai __________ en Galicia. É unha mágoa, pois ben
que me saben as olivas.
 Xa está en flor a nespereira. Logo teremos __________.
 A ameixeira do portal ten unha póla rota porque está atestada de ___________.
 Xa é tarde para irmos á carballeira e collermos ___________.
 Foi ó figueiredo, subiu a coller _______ e caeu da __________.
 Na maceda, ó pilla-la primeira _______ da ____________ deulle unha cambra
 Dende esa estrada víanse noutrra cerdedos. Daquela, as _________ en primavera
están inzadas de _______.
 _________ e A _________ están cheños de limóns e laranxas
 En Galicia inda hai morogueiros, pero nunca lles vin dar _________.

Solución

Completa co froito, a árbore froiteira ou o seu colectivo:

 Dixéronme que case non hai oliveiras en Galicia. É unha mágoa, pois ben que
me saben as olivas.
 Xa está en flor a nespereira. Logo teremos nésperos.
 A ameixeira do portal ten unha póla rota porque está atestada de ameixas.
 Xa é tarde para irmos á carballeira e collermos landras
 Foi ó figueiredo, subiu a coller figos e caeu da figueira.
 Na maceda, ó pilla-la primeira mazá da maceira deulle unha cambra
 Dende esa estrada víanse noutrra cerdedos. Daquela, as cerdeiras en primavera
están inzadas de cereixas.
 limoeiro e a laranxeira están cheños de limóns e laranxas
 En Galicia inda hai morogueiros, pero nunca lles vin dar morogos.

Exercicio 11

7
Coloca o artigo correspondente diante do substantivo

____ aguia. ____ carraxe. ____ fume. ____ pudor.

____ análise. ____ color. ____ labor. ____ queixume.

____ ____ cor. ____ legume. ____ reuma.


apocalipse.
____ cordame. ____ leite. ____ riso.
____ apócope.
____ costume. ____ lume. ____ rubor.
____ apóstrofe.
____ couce. ____ mar. ____ sal.
____ arbore.
____ cume. ____ masacre. ____ sangue.
____ arte.
____ cuspe. ____ mel. ____ sentinela.
____ atlas.
____ dolor. ____ nariz. ____
____ servidume.
augardente. ____ dor. ____ orde.
____ sinal.
____ azucre. ____ dote. ____ orixe.
____síncope.
____ betume. ____ eclipse. ____ paisaxe.
____ síndrome.
____ cal (de ____ pantasma. ____ paréntese.
pintar). ____ sorriso.
____ fel. ____ personaxe.
____ cal ____ suor
(canle). ____ fin ____ pesadume.
(=final). ____ ubre.
____ calor. ____ pez,
____ fin ____ vagalume.
____ canle. (=finalidade). ____ ponte.
____ viaxe.
____ cárcere. ____ friaxe.

Solucións

A aguia. A análise. A apocalipse. A apócope. A apóstrofe. A arbore. A arte. O atlas. A


augardente. O azucre. O betume. O cal (de pintar). Cal (canle). A calor. A canle. O
cárcere. A carraxe. A color. A cor. O cordame. O costume. O couce. O cume. O cuspe.
A cute. A dolor. A dor. O dote. A eclipse. O fel. A fin (=final). O fin (=finalidade). A
friaxe. O fume. O labor. O legume. O leite. O lume. O mar. O masacre. O mel. O nariz.
A orde. A orixe. A paisaxe. A paréntese. O/a personaxe. O pesadume. O pez, A ponte.
O pudor. O queixume. O rapsodo. A reuma. O riso. A rubor. O sal. O sangue. A
sentinela. A servidume. O sinal. A síncope. A síndrome. O sorriso. A suor. O ubre. O
vagalume. A viaxe.

8
FORMACIÓN DO FEMININO

 Regra xeral: feminino en -a. Fillo / filla; avó / avoa; presidente / presidenta

 Os substantivos rematados en -án → engaden -á ou –ana . Cidadán / cidadá;


Curmán / curmá; Catalán /catala; Ancián / anciá; Alemán / Alemá
Lacazán / lacazana; Paspán / paspana

 Os substantivos rematados en -ón → engaden -oa ou -ona. León / leoa;


Patrón / patroa; Ladrón / ladroa.
Abusón / abusona; Cabezón / cabezona

* FÍXATE EN QUE OS SUBSTANTIVOS REMATADOS EN –ÁN E EN –ÓN QUE


FAN O FEMININO EN –ANA E –ONA ADOITAN TER UN VALOR
PEXORATIVO.

 Algúns substantivos, especialmente certos cargos, fan o feminino engadindo un


sufixo distinto, xeralmente –esa ou -isa:

Abade / abadesa; alcalde /alcaldesa; barón / baronesa;


Poeta / poetisa; sacerdote / sacerdotisa;
Heroe / heroína; tsar / tsarina;
Galo / galiña;rei / raíña; can / cadela; xudeu / xudía;

 Algúns substantivos teñen feminino irregular (diferente raíz) :

Pai / nai; home / muller; cabalo / egua; xenro / nora; macho / femia; boi / vaca;
Carneiro / ovella;

 Os substantivos comúns diferéncianse só polo artigo:

o/a suicida; o/a axente, o/a mártir, o/a trapecista

 Os substantivos epicenos teñen unha soa forma (sexa masc.. ou fem..):

A formiga; a pantasma; o leopardo; a testemuña; o cónxuxe.

Exercicio 12

Indicar o feminino de

9
1. abade 22. alcalde
2. neno 23. estudante
3. poeta 24. europeo
4. ladrón 25. heroe
5. sacerdote 26. padriño
6. avó 27. sultán
7. príncipe 28. louzán
8. ateo 29. español
9. home 30. toleirón
10. autor 31. reo
11. cabaleiro 32. solteirón
12. frade 33. compostelán
13. patrón 34. capitán
14. visconde 35. monxe
15. langrán 36. rapaz
16. sogro 37. mentirán
17. emperador 38. mestre
18. carneiro 39. folgazán
19. cabalo 40. pai
20. curmán 41. nugallán
21. pastor

Solucións:

Exercicio 13

Indicar o feminino de

1. cristián 19. papón


2. boi 20. can
3. campión 21. actor
4. lambón 22. xenro
5. marido 23. cidadán
6. galo 24. intérprete
7. tsar 25. fisterrán
8. xudeu 26. barón
9. león 27. castrón
10. francés 28. macho
11. padrasto 29. parente
12. aldeán 30. mártir
13. temperán 31. castelán
14. deus 32. alemán
15. papa 33. contratista
16. compadre 34. duque
17. señor 35. embaixador
18. rei 36. irmán

10
37. marrán 39. vilán
38. cru 40. alto

Solucións:
1. cristiá
1. curmá
2. vaca 1. nora
2. pastora
1. abadesa 3. campioa 2. cidadá
3. alcaldesa
2. nena 4. lambona 3. a intérprete
4. a estudante
3. poetisa 5. muller 4. fisterrá
5. europea
4. ladroa, ladra 6. galiña 5. baronesa
6. heroína
5. sacerdotisa 7. tsarina 6. cabra
7. madriña
6. avoa 8. xudía 7. femia
8. sultá
7. princesa 9. leoa 8. parenta
9. louzá
8. atea 10. francesa 9. a mártir
10. española
9. muller 11. madrasta 10. castelá
11. toleirona
10. autora 12. aldeá 11. alemá
12. rea
11. dama 13. temperá 12. a contratista
13. solteirona
12. freira 14. deusa 13. duquesa
14. compostelá
13. patroa 15. papisa 14. embaixadora
15. capitá
14. vizcondesa 16. comadre 15. irmá
16. rapaza
15. langrana 17. señora 16. marrá
17. mentirana
16. sogra 18. raíña 17. crúa
18. mestra
17. emperatriz 19. papona 18. vilá
19. folgazana
20. cadela 19. alta
20. nai
18. egua/besta 21. actriz
21. monxa
22. nugallá

Exercicio 14

Explicar as diferenzas entre os seguintes pares de palabras

1. pipo-pipa
1. bolso-bolsa
2. porto-porta
2. caldeiro-caldeira
3. pozo-poza
3. caxato-caxata
4. rato-rata
4. coiro-coira
5. río-ría
5. cuartillo-cuartilla
6. saco-saca
6. fouciño-fouciña
7. teto-teta
7. leño-leña
8. tixolo-tixola
8. machado-machada
9. vasoiro-vasoira
9. peso-pesa
10. viño-viña

Solucións:

11
singular plural

1. animal
bolso: o deanimais
man –bolsa: en xeral
2. caldeiro: forma troncocónica, para líquidos –caldeira: máis xeral
papel papeis
3. cancelo: máis pequeno –cancela: máis xeral
4. caxato: máis
candil xeral –caxata: feita dunha póla
candís
5. coiro: xeral –coira: pel dun animal
6. farol
cuartillo: farois
medida –cuartilla: folla de papel
7. fouciño: de folla máis pequena –fouciña: de folla máis grande
8. xornal
leño: unhaxornais
unidade –leña: colectivo de leño
9. machado: máis grande –machada: máis pequena

10. peso: xeral –pesa: medida de peso


1. pipo: máis pequeno –pipa: máis grande
2. porto: o de mar ou montaña –porta: a da casa
3. pozo: de boca estreita –poza: de boca ancha
4. rato: máis pequeno, o de campo –rata: máis grande, a do lixo (animais diferentes)
5. río: corrente de auga –ría: brazo de mar que entra na terra
6. saco: boca máis estreita –saca: boca máis ancha
7. teto: mama do ubre dunha vaca, porca...–teta: mama das femias dos mamíferos
8. tixolo: máis pequeno e con buratos para asar –tixola: a utilizada para fritir
9. vasoiro: grande e usado nos fornos –vasoira: máis pequena e para a casa

10. viño: líquido tirado das uvas –viña: lugar onde hai vides

O SUBSTANTIVO : NÚMERO
O plural en galego fórmase utilizando as seguintes regras:

 Regra Xeral: engadir -s

Can-cans / rei – reis / avó – avós....

 Cando unha palabra remata en –l , o plural faise engadindo -es

singular plural
réptil réptiles
fol foles
difícil difíciles

AGÁS: Se é aguda, entón engadimos -is

12
 Cando unha palabra remata en -s ou –x, non varía á hora de formar o plural.

singular plural
lapis lapis
mércores mércores
fax fax
unisex unisex

AGÁS: Se é aguda ou monosílaba (ver caso seguinte)

 Cando unha palabra remata en -s , -r ou –z e é aguda ou monosílaba, engade -es

singular plural
calor calores
vez veces
arnés arneses
mes meses

Exercicios 1

Complete cos plurais correspondentes:

candil: ______ festa: ______ sol: ______

papel ______ camión: ______ difícil: ______

raíz ______ reptil: ______ lacón: ______

can: ______ ollomol: ______ canción: ______

presidente: ______ xornal: ______ rei: ______

ril: ______ crise: ______ coche: ______

13
final: ______ dor: ______ hotel: ______

cor: ______ sal: ______ animal: ______

televisión: ______ mal: ______ lei: ______

mexilón: ______ normal: ______ ración: ______

Solucións

1. candís 11. xornais 21. televisións


2. papeis 12. crises 22. mexilóns
3. raíces 13. soles 23. dores
4. cans 14. difíciles 24. sales
5. presidentes 15. lacóns 25. males
6. riles 16. cancións 26. normais
7. festas 17. reis 27. hoteis
8. camións 18. coches 28. animais
9. reptís 19. finais 29. leis
10. ollomoles 20. cores 30. racións

Exercicios 2

Poñer as seguintes palabras en plural

1. local 11. ruín 21. decreto lei


2. fusil 12. gardacostas 22. xardín
3. tren 13. multicolor 23. tal
4. paraugas 14. quebranoces 24. animal
5. áxil 15. xirasol 25. café
6. rapaz 16. cabalo do demo 26. lenzo
7. mil 17. lei 27. oasis
8. útil 18. estrela de mar 28. pita do monte
9. amábel 19. sapoconcho 29. álbum
10. lobo 20. porco teixo 30. vacaloura

Solucións

1. locais 11. ruíns 21. decretos lei


2. fusís 12. os gardacostas 22. xardíns
3. trens 13. multicolores 23. tales
4. os paraugas 14. os quebranoces 24. animais
5. áxiles 15. xirasoles 25. cafés
6. rapaces 16. cabalos do demo 26. lenzos
7. miles 17. leis 27. os oasis
8. útiles 18. estrelas de mar 28. pitas do monte
9. amábeis 19. sapoconchos 29. álbums
10. lobos 20. porcos teixos 30. vacalouras

14
Exercicios 3

Poñer as seguintes palabras en plural

1. dólar 11. fiel 21. cru


2. a 12. verdade 22. galego-portugués
3. plural 13. asistente 23. cal
4. cor 14. cruz 24. túnel
5. cónsul 15. bo 25. lambón
6. venres 16. tonel 26. español
7. garda civil 17. luns 27. mandil
8. pel 18. réptil 28. pereira
9. can 19. señor 29. sol
10. pobre 20. país 30. vagalume

Solucións
1. dólares 12. verdades 22. galego-
2. as 13. asistentes portugueses
3. plurais 14. cruces 23. cales
4. cores 15. bos 24. túneles
5. cónsules 16. toneis 25. lambóns
6. os venres 17. os luns 26. españois
7. gardas civís 18. réptiles 27. mandís
8. peles 19. señores 28. pereiras
9. cans 20. países 29. soles
10. pobres 21. crus 30. vagalumes
11. fieis

Exercicios 4

Poñer as seguintes palabras en plural

1. exalumno 11. caracol 21. civil


2. fácil 12. hotel 22. u
3. rei 13. algún 23. ancián
4. anel 14. bocoi 24. dor
5. dolmen 15. azul 25. mel
6. un 16. fiábel 26. tórax
7. xudeu 17. israelí 27. xentil
8. baúl 18. proxectil 28. ollomol
9. nó 19. motor 29. lapis
10. cartafol 20. clímax 30. prismáticos

Solucións

15
1. exalumnos 11. caracois 21. civís
2. fáciles 12. hoteis 22. us
3. reis 13. algúns 23. anciáns
4. aneis 14. bocois 24. dores
5. dolmens 15. azuis 25. meles
6. uns 16. fiábeis 26. os tórax
7. xudeus 17. israelís 27. xentís
8. baúis 18. proxectís 28. ollomoles
9. nós 19. motores 29. os lapis
10. cartafoles 20. os clímax 30. os prismáticos

Exercicios 5

Poñer en plural as seguintes frases

1.- O marroquí é un home que ten unha cultura moi diferente á occidental.

2.- O mércores sempre tomo un café tranquilamente ante a televisión sen ter o mandil posto
e mentres fumo un cigarro, xa que é o único día que non debo traballar despois de xantar.

4.- Ese rei ditou unha lei sorprendente: obriga ao coronel e ao cónsul a presentárense o luns
e o xoves ante a Comandancia da Garda Civil.

5.- O nivel cultural e económico desa familia é aceptábel: todos teñen anel e len algún libro
cada semana.

6.- Ese val é moi fértil e agradábel, e ten de todo. Alí podes ver desde un pónei ou un boi
pacendo ata un hindú xogando ao hóckey no xardín do hotel.

7.- Hai un farol municipal no parque infantil, mais como está fronte ao cuartel aínda se vai
vendo.

8.- Ese can é un berrón, non fai máis que ladrar.

9.- O gol marcado polo xogador israelí non foi legal.

10.- Din que a estrela de mar non é hostil ao ollomol.

11.- Aquel monxe paúl meteu un libro no baúl de cor azul.

12.- No local social dese organismo tómase moito café.

13.- Puxo un pernil sobre a mesa e dixo que esa era a súa credencial.

14.- O rol desempeñado polo bemol no pentagrama é moi importante. Foi o que dixo ese
doutor que é moi hábil no manexo do bisturí.

15.- Aquel capitel representa unha escena celestial.

16
16.- O martes sempre vén algún rapaz.

17.- O corazón senil tamén pode ser pasional.

18.- O lacón está moi caro segundo o prezo oficial.

19.- Teño que mercar tea para un lenzo branco e un calzón azul.

20.- É un edil admirábel segundo o editorial do xornal dominical.

21.- O e pode ser unha vogal aberta ou fechada.

22.- É unha flor común e fácil de atopar en calquera verxel.

23.- Cacei unha perdiz naquel piñeiral.

24.- Esa fábrica téxtil ten unha parede anil.

25.- Crese que o pardal é capaz de cantar unha hora enteira.

26.- Pon o mantel da mesa grande e vai traendo o pemento cru.

27.- Non me gusta ese cartel, é igual que o do ano pasado e ten unha cor insufríbel.

28.- O caracol de meu irmán gañou o campionato mundial, foi o máis áxil e dócil.

29.- A explosión foi provocada por un gas letal.

30.- A abertura gradual de oficinas bancarias farase tendo en conta a situación da sucursal
existente.

31.- Algún proceso febril esixe un tratamento delicado.

32.- Con ese pincel tan mao non vas poder pintar o bergantín que se ve nese libro.

33.- Sempre foi un amoral e un intratábel no asunto mercantil.

34.- O antigo guaraní era moi vital e sempre andaba nu.

35.- Nunca vin home máis papón e lacazán.

36.- Sempre será un heroe ocasional o que resolva a situación de perigo.

37.- Estableceu un símil moi difícil de comprender.

38.- Non me convencerás con esa razón.

39.- Tiña un oficio moi raro, andaba á caza do saltón e íao metendo nun fardel, pero el dicía
que lle daba cartos.
Solucións:

17
1.- Os marroquís son uns homes que teñen unha cultura moi diferente á occidental.

2.- Os mércores sempre tomamos uns cafés tranquilamente ante as televisións sen termos os
mandís postos e mentres fumamos uns cigarros, xa que son os únicos días que non debemos
traballar despois de xantarmos.

4.-Eses reis ditaron unhas leis sorprendentes: obrigan aos coroneis e aos cónsules a
presentárense os luns e os xoves ante a Comandancia da Garda Civil.

5.- O nivel cultural e económico desas familias é aceptábel: todos teñen aneis e len algúns
libros cada semana.

6.- Eses vales son moi fértiles e agradábeis, e teñen de todo. Alí podedes ver desde uns
póneis ou uns bois pacendo ata uns hindús xogando ao hóckey nos xardíns dos hoteis.

7.- Hai uns farois municipais nos parques infantís, mais como están fronte aos cuarteis
aínda se vai vendo.

8.- Eses cans son uns berróns, non fan máis que ladraren.

9.- Os goles marcados polos xogadores israelís non foron legais.

10.- Din que as estrelas de mar non son hostís aos ollomoles.

11.- Aqueles monxes paúis meteron uns libros nos baúis de cor azul.

12.- Nos locais sociais deses organismos tómanse moitos cafés.

13.- Puxeron uns pernís sobre as mesas e dixeron que esas eran as súas credenciais.

14.- Os roles desempeñados polos bemoles nos pentagramas son moi importantes. Foi o que
dixeron eses doutores que son moi hábiles no manexo dos bisturís.

15.- Aqueles capiteis representan unhas escenas celestiais.

16.- Os martes sempre veñen algúns rapaces.

17.- Os corazóns senís tamén poden ser pasionais.

18.- Os lacóns están moi caros segundo os prezos oficiais.

19.- Temos que mercar teas para uns lenzos brancos e uns calzóns azuis.

20.- Son uns edís admirábeis segundo os editoriais dos xornais dominicais.

21.- Os es poden ser unhas vogais abertas ou fechadas.

22.- Son unhas flores comúns e fáciles de atopar en calquera verxeis.

23.- Cazamos unhas perdices naqueles piñeirais.

18
24.- Esas fábricas téxtiles teñen unhas paredes anís.

25.- Crese que os pardais son capaces de cantaren horas enteiras.

26.- Poñede os manteis das mesas grandes e ide traendo os pementos crus.

27.- Non nos gustan eses carteis, son iguais que os dos anos pasados e teñen unhas cores
insufríbeis.

28.- Os caracois de meus irmáns gañaron os campionatos mundiais, foron os máis áxiles e
dóciles.

29.- As explosións foron provocadas por uns gases letais.

30.- A abertura gradual de oficinas bancarias farase tendo en conta a situación das sucursais
existentes.

31.- Algúns procesos febrís esixen uns tratamentos delicados.

32.- Con eses pinceis tan maos non ides poder pintar os bergantíns que se ven neses libros.

33.- Sempre foron uns amorais e uns intratábeis nos asuntos mercantís.

34.- Os antigos guaranís eran moi vitais e sempre andaban nus.

35.- Nunca vin homes máis papóns e lacazáns.

36.- Sempre serán uns heroes ocasionais os que resolvan as situacións de perigo.

37.- Estableceron uns símiles moi difíciles de comprender.

38.- Non nos convenceredes con esas razóns.

39.- Tiñan un oficio moi raro, andaban á caza dos saltóns e íanos metendo nuns fardeis,
pero eles dicían que lles daban cartos.

Exercicios 6

Colocar nos ocos as palabras que van entre parénteses fixándose no xénero e número
que lles corresponda, engadindo os artigos e facendo as contracción necesarias

 Por exemplo, entraron catro ............de ........... (camión, leite, fresco): entraron catro camións de leite
fresco

1. En ............. dese lugar sobresaen ............. (paisaxe, árbore, froiteiro).


2. Esas ............. publicáronse en varios ............. (lei, xornal, nacional).
3. En ............. grande hai ............. de tráfico ............. (ponte, algún, sinal,
indescifrábel).

19
4. Comprou varios ............. para as cociñeiras dos seus ............. (mandil, azul,
hotel).
5. Non podía aturar ............. de ............. a pesar das ............. (aquel, dor, ril,
inxección).
6. As palmeiras dan moitos ............., as colmeas ............. e os burros .............
(dátil, saboroso, mel, couce, doloroso).
7. As listas de ............. godos son ............. de memorizar para .............
e ............. para outros (rei, fácil, un, difícil).
8. ............. que aquí fixeron os .............piratas figurará nos ............. da historia
local (pillaxe, capitán, libro).
9. Ás ............. os nosos ............. non podían remediar os ............. aos
emigrantes (vez, cónsul, mal).
10. ............. dos ............. paseaban polos pazos ............. con ............. (algún,
paxe, rei, real, traxe, branco)
11. Boteille ............. á comida (pouco, sal).
12. A parella de ............. meteu o coche en ............. mais deixoulle as .............
acesas (garda civil, garaxe, luz).
13. Cal é ............. de ............. dos .............? (cor, sangue, animal)

Solucións:
1. Na paisaxe dese lugar sobresaen as árbores froiteiras.
2. Esas leis publicáronse en varios xornais nacionais.
3. Na ponte grande hai algúns sinais de tráfico indescifrábeis.
4. Comprou varios mandís azuis para as cociñeiras dos seus hoteis.
5. Non podía aturar aquela dor de riles a pesar das inxeccións.
6. As palmeiras dan moitos dátiles saborosos, as colmeas mel e os burros couces
dolorosos.
7. As listas de reis godos son fáciles de memorizar para uns e difíciles para
outros.
8. A pillaxe que aquí fixeron os capitáns piratas figurará nos libros da historia
local.
9. Ás veces os nosos cónsules non podían remediar os males aos emigrantes.
10. Algúns paxes dos reis paseaban polos pazos reais con traxes brancos.
11. Boteille pouco sal á comida.
12. A parella de gardas civís meteu o coche no garaxe mais deixoulle as luces
acesas.
13. Cal é a cor do sangue dos animais?.

20

You might also like