You are on page 1of 1

VALORES DE “SE”

PRONOME “SE”

* Reflexivo, indicando a coincidencia entre axente e paciente da acción e con función


sintáctica de complemento directo: Cortouse e tivo que acudir a urxencias.

* Recíproco, desempeñando as funcións sintácticas de complemento directo ou


indirecto: Despedíronse e prometeron escribirse cartas.

* Morfema verbal, nos verbos pronominais (queixarse...) e nos que funcionan ás veces
como pronominais (afogar / afogarse...). Preocúpase moito por ti. Quéixanse das malas
comunicacións das que dispoñen.

* Indicador de pasiva reflexa, cun suxeito paciente que concorda co verbo: Nesas hortas
plántase millo. Nesas hortas plántanse patacas.

* Indicador de activa impersoal, sempre co verbo en 3º persoa do singular: Alúgase


apartamento(s) na tempada de verán. Aquí vívese de marabilla.

CONXUNCIÓN CONDICIONAL E COMPLETIVA “SE”

* “Se” conxunción completiva: Preguntounos se chegáramos ben.

*“Se” conxunción condicional: Se chegades cedo, agardade por nós.

You might also like