You are on page 1of 2

Acentuación gráfica nos encontros vocálicos

A estes casos que acabamos de ver hai que sumar o uso do til para marcar a
presenza dun hiato naqueles casos en que podería haber dúbidas. Vexámolo
en detalle:

Cando nunha mesma palabra hai dúas vogais seguidas pode darse o caso de
que as dúas se pronuncien nun só golpe de voz ou en dous, no primeiro caso
dicimos que hai un ditongo, no segundo un hiato. Fíxate:

 Ditongos: lei - te , moi - to , cau - sa , xu - deu , par - tiu , pui - den


 Hiatos: a - re - a, rí - a, ru - í- do, a - ín - da

Os DITONGOS prodúcense nos seguintes casos:

 Cando hai unha vogal aberta (a, e, o) e unha vogal pechada (i, u) e a
pechada é átona (non recae nela o golpe de voz): leite, moito, auto,
reinado.
 Cando hai dúas vogais pechadas (i, u) e o golpe de voz non cae na
segunda (conduciu, miudiño…)

Os ditongos só levan til cando lles corresponde da acordo coas regras xerais
de acentuación.

Camión leva til porque é aguda rematada en - n, independentemente de que


forme parte ou non dun ditongo e da mesma maneira “noite” non leva porque é
grave rematada en vogal.

Dependendo da combinación das vogais falamos de tres tipos de ditongos:

 Ditongos crecentes: formados por unha vogal pechada (i, u) e logo


unha vogal aberta (a, e, o) Exemplos: riada, ambiente, miope, luar, cruel,
duodeno…
 Ditongos decrecentes: formados por unha vogal aberta (a, e, o) e logo
unha pechada (i, u). Exemplos: nai, teito, oitenta, causa, eu, levou…
 Ditongos homoxéneos: formados por dúas vogais pechadas (i, u).
Exemplos: pediu, Tui...

Os HIATOS prodúcense nos seguintes casos:

 Cando van xuntas dúas vogais abertas: area, heroe, correo, avoa,
poema…
 Cando vai unha vogal aberta e outra pechada (ou unha pechada e unha
aberta) e o golpe de voz cae na pechada: raíz, saúdo, raíña, fío, actúo,
recúe...
 Cando van xuntas dúas vogais pechadas e a segunda é tónica: muíño,
miúdo, xuízo, construír, fiúncho...

Polo tanto, ponse til cando o hiato está formado por vogal aberta e pechada (ou
viceversa) e o golpe de voz cae na pechada (ría) ou cando está formado por
dúas pechadas e o golpe cae na segunda (Luís).

Ponse til para marcar os hiatos naqueles casos en que, se non se marcase,
non se sabería cal das dúas vogais é a tónica. Isto permítenos diferenciar, por
exemplo, pares de palabras como saia e saía.

Cando o encotro de vogais é triplo só se pronuncian na mesma sílaba se a


vogal aberta está colocada entre dúas pechadas. Nestes casos temos un
TRITONGO (por exemplo: vieiro, actuou… Realmente na nosa lingua temos
moi poucos tritongos e na fala hai tendencia a desfacelos e pronunciar coma se
fosen dúas sílabas separadas [vi- ei- ro].

Como o golpe de voz cae na vogal aberta, os tritongos non levan til (salvo que
lles corresponda polas regras xerais de acentuación).

Lembrade que os “u” e “i” que acompañan a “q” ou “g” (queixo, guerra) forman
parte dos dígrafos e non se pronuncian e, polo tanto, non os consideramos
como encontros vocálicos. De pronunciárense escríbense con diérese enriba e,
nese caso, ademais de pronunciarse seguen as regras de acentuación que xa
vimos: argüír, bilingüe...

Outro caso onde empregamos a diérese é na primeira e segundas persoas do


copretérito dos verbos rematados en –aer, -eor, aír, oír e uír (caïamos,
moïamos, saïamos, oïamos, construïamos...) desta maneira indicamos que o “i”
está en hiato e que ademais non forma ditongo con ningunha das dúas vogais
que o rodean e así diferenciarmos estas formas das do presente de subxuntivo
(ca-ï-a-mos / ca-ia-mos).

*Lembra que estas regras se aplican tamén aos estranxeirismos (béisbol, télex,
hóchey, whisky...)

You might also like