You are on page 1of 1

…Ao confesar ao irmán de Isolda das brancas mans, a súa tortura, o leal compañeiro prometeu a Tristán que, se volvía

no barco con
ela, pondría as velas brancas; en cambio, se non conseguía volver coa amada, levaría as velas negras.
O leal compañeiro, conseguiu volver coa súa amada. Isolda das mans brancas, celosa de ver isto, pensou en contarlle a Tristán que o
barco que viña tiña as velas negras, pero aínda que o odio era grande, non podía facerlle iso a unha persoa que quería, asi que decidiu
non dicirlle nada a Tristan, e deixarlle vivir unha vida cunha persoa que de verdade desexaba.
Tristán, asomándose polo firme balcón, observou de lonxe as relucentes velas brancas que cubrían o barco do seu fiel amigo, e a
felicidade apoderouse del. De de lonxe podíase apreciar o cabelo longo e relucente que o vento movía. Ao chegar ao porto, Isolda
baixou do barco dun pequeno salto apoiada nas mans do seu amado Tristán. Estes amantes, decidiron que o mellor era escapar do
pobo e a cidade antes de que alguén se decatase do que estaba a ocorrer. Pasaron días e noites xuntos, da man correndo polo bosque,
nos amenceres e atardeceres ao alto do outeiro máis alto.
E así, Tristán e Isolda viviron unha vida xuntos, sen responsabilidades nin persoas polo medio, durmindo nas cabañas máis apartadas
do bosque, e alimentándose da comida que lles mandaba o irmán de Isolda das brancas mans, só él e ela, e ninguén máis.
Os dias pasaron, noites e mañás xuntos, cunha felicidade máis grande da que nunca estes dous tiveron. Pasaron os anos e Tristan e
Isolda tiñan a mesma paixón que ao principio da súa historia de amor, e esta parella estaba disposta a nunca regresar.
Mais anos pasaron, e as memorias destes xa estaban cansadas, xa non podían andar tanto nin correr polo bosque e un dia vendo as
estrelas relucentes ao final dun outeiro, durmíronse con lúa chea, e o que non sabía Tristán, era que a súa amada, a persoa que mais
quería, non volvería a espertar. Con esta tristeza apoderada do seu corpo ancián, Tristán sabía que o mundo xa non era igual, pero non
só sabíao el, tamén o sabia o seu corazón, o cal ao non ter a súa outra metade, deixou de funcionar minutos máis tarde de decatarse da
morte de Isolda. E así, na outra vida, Tristán e Isolda xa non tiveron que ocultarse da xente, e viviron xuntos por e para sempre.

You might also like