You are on page 1of 2

1. Fai un comentario dunha das composicións* de Poétic@, de Fran Alonso.

Poétic@ é unha obra de creación dixital do autor Fran Alonso. É online, de acceso libre e ten
a posibilidade de lectura multilingüe, acceso a recursos multimedia ou comunicación
intertextual. Segundo o mesmo autor explica en “Sobre o libro”, no propio sitio web: “(...)
Aborda a poesía dixital e transmedia, explorando as posibilidades expresivas das novas
tecnoloxías na creación literaria a través dun discurso ácido e corrosivo sobre a propia poesía
e os seus mitos e tópicos. (...)” [Sobre o libro |Poétic@ (poetica.gal)].

Neste exercicio comentaremos un dos poemas da obra atendendo aos aspectos característicos
da literatura dixital.
“Fracaso” atópase na páxina 27 e pertence á primeira sección, titulada Poética, canda outros 53
textos.

O tema é, en esencia, as complicacións que no proceso creativo atopa ás veces o escritor,


comparando a situación coas dificultades que afronta para defecar unha persoa con
estrinximento. Este poema concorda cunha visión común á xeneralidade da obra: a
desmitificación da poesía e do propio poeta mediante o recurso ao popular, o non idealizado e
o cotián.

Máis concretamente, o texto céntrase no propio poeta. Existe ás veces unha visión idealizada
desta figura e da súa actividade como creador. Os trazos que acompañan esta idea adoitan ser,
entre outros, a percepción ‘divina’ da inspiración, o espazo idílico, a reclusión, a nocturnidade
ou a creación do poema como u n traballo anárquico, pouco dificultoso para unha persoa
que ten un cualidade innata.

Estes versos reflicten a idea contraria: o poeta é unha persoa, coma outra calquera, que está a
facer un traballo, coma outro calquera, e fracasa: “(...) Cando non me saen / os poemas (...)”.
Esta situación ponse en paralelo cunha imaxe, a de alguén esforzándose por facer de ventre, o
que ridiculiza por completo a idea do poeta sobrehumano: “(...) Por máis forza / que faga / só
consigo / que asome un delicado / fío de merda. (...)”.

Para obter este resultado, Fran Alonso bota man dos seguintes recursos literarios, comúns ao
conxunto da obra: texto deliberadamente moderno, con tendencia ao prosaísmo, cun léxico
marcado e común e que recorre ao cotián e mesmo á escatoloxía.

Ademais, no comezo da composición, o autor introduce unha cita do escritor francés Antonin
Artaud, “Onde ole a merda, ole a existencia”, que garda relación directa co sentido do poema,
pois vincula a presenza de merda coa presenza de vida, desmitificando a propia existencia pero,
dándolle ao mesmo tempo, o seu valor: creamos (ás veces con atrancos) porque existimos; é a
propia existencia a que nos permite crear.

En relación coas citas, é de interese mencionar a súa abundante presenza; aparecen espalladas
por todo o proxecto, dialogan entre si e pretenden ir creando unha ambientación e un hipertexto
en constante construción sobre a idea de poesía.

En canto aos recursos multimedia, atopamos un audio de 19 segundos que acompaña o texto
(https://poetica.gal/wp-content/uploads/Fracaso.mp3). Nel o autor fai unha lectura dramática
do mesmo, cun ton marcado pola constrición característica que exerce o corpo ao tentar facer
de ventre con estrinximento. Ademais desta nota de audio, ao longo da obra aparecen moitos
outros recursos multimedia: capturas de pantalla, vídeos de poemas recitados, chíos deTwitter
ou vídeos musicais.

Finalmente, poderiamos dicir que Fracaso garda certa relación con outros textos da mesma
obra nos que se critica unha suposta “alta literatura” ou a propia crítica literaria. Non é este un
poema que ataque nada directamente, combativo, pero a selección do tema, o estilo e os
recursos utilizados parecen indicar un intento deliberado de oposición a tendencias literarias
máis elitistas.

You might also like