You are on page 1of 2

TEMA 3.

OS XÉNEROS LITERARIOS
Falamos da concepción de xénero literario dende Aristóteles, quen foi o primeiro en falar
de teoría literaria en Occidente. Dende a aparición deste concepto ate hoxe en día, moitos
autores intentaron crear unha funcionalidade e definición exacta. Así, para algún como
Claudio Guillén, un xénero é un enunciado descritivo que informa sobre un número de
obras anteriores relacionadas con él. Para otros, como Garrido Gallardo, o xénero é
considerado como campo institucional (modelo de escritura).
A pesar de moitas concepcións, o que sí que está claro é que os xéneros son un marco de
referencia inexcusable para os fenómenos literarios, estando moi vinculados á experiencia
e á práctica lectora.
XÉNEROS HISTÓRICOS E XÉNEROS TEÓRICOS
Segundo Gerard Genette, quen foi un dos primeiros en enunciar que os xéneros son a
estructura básica da teoría literaria, a problemática dos xéneros ten moito que ver coa
transtextualidade; é decir, o conxunto de relación que mantén un texto literario con outro.
Exisen distintos tipos de relación transtexttuais:

• Intertextualidade: presenza dun texto noutro a través dunha alusión.


• Paratextualidade: textos que xiran en torno a os mesmos.
• Metatextualidade: texto como crítica/comentario doutro
• Hipertextualidade: texto que se fai a partir doutro.
• Arquitextualidade: relación dun texto coas categorías ás que se vincula.

Segundo Todorov, os xéneros históricos son o resultado dunha observación da realidade


literaria, e os xéneros teóricos dunha dedución teórica.
Segundo Frye, para entender os xéneros é importante entender o medio de difusión dos
textos (relación autor- lector)
O MODELO CLÁSICO DOS XÉNEROS
• Platón
Segundo o frao de parecido coa realidade distingue entre: poesía (nada), teatro
(imitación) e epopeya (casi casi).
• Aristóteles
Toma as concepcións de Platón r as modifica, distinguindo entre: obras superiores
(traxedia e epopea) e obras inferiores (comedia)
Tamén distingue entre tipos de retórica: deliberativa (asambleas), xudicial ou
epidíctica (textos onde se alaba/eloxia/critica)
• Virgilio
“Rota Virgili”: eneidas, bucólicas e geórgicas.
O MODELO ROMÁNTICO DOS XÉNEROS (modelo máis empregado)
Segundo o Romanticismo, existen tres xéneros literarios:
1.Épica (obxectiva, primitiva e narra a conciencia dun pobo)
2.Lírica (subxectiva: o autor narra o seu mundo interior)
3.Drama (obxectiva e subxectiva: fase máis elevada da arte)

You might also like