You are on page 1of 2

Texto e actividades traducidas e adaptadas do libro: Relixión Católica, Edebé.

EN DIÁLOGO CO XUDAÍSMO
Moisés: Un ano cheo de festas
profeta, lexislador e libertador O xudaísmo ten un calendario propio, marcado por
Aínda que a relixión xudea comeza cara festas que lembran os grandes momentos nos que
finais do segundo milenio antes de Yahvé se revela ao seu pobo.
Cristo, co pacto (alianza) entre Deus e Dentro do ciclo festivo anual destacan as seguintes
Abraham, o patriarca da fe, é con festas:
Moisés cando o pobo hebreo se Festas solemnes (yamim noraim), que van dende
constitúe como pobo elixido por Deus e o Ano Novo (Ros ha-saná) ao día da Expiación
da un paso firme cara o monoteísmo ou a (Yom Kipur) ou do Gran Perdón.
fe nun só Deus. Festas maiores (yamim tobim), que son a Pascua
Aquel neno salvado das augas do Nilo, (Pésaj), as Semanas (Sabuot) ou Pentecostés e as
atoparase con Deus en varias ocasións e Tendas (Sukot).
será o mediador da Alianza. Primeiro Festas menores: a Consagración do Templo
recibe a misión de liberar ao seu pobo (Hanuká), as Sortes (Purim).
da escravitude dos exipcios; máis tarde, Festas nas que existe unha obriga de xaxuar: o 9
recibe os preceptos da Lei, que deben de Ab (Tisa be-ab), día da Destrución do
guiar a ese pobo de xeración en Templo.
xeración. Por isto, o xudaísmo recoñece a Dentro do ciclo semanal, o día de descanso ou
Moisés como profeta, lexislador e Shabbath (Sábado), no que os xudeus se dedican á
libertador. lectura da Torá.

Os nomes de Deus O camiño xudeu


YHWH (transcrito Yahvé): este é o nome A Biblia hebrea coñécese co nome de Tanak e está
que os xudeus lle dan a Deus. É o Deus formada pola Torá (o Pentateuco: Xénese, Éxodo,
de Abraham, Isaac e Xacob, o Deus da Levítico, Números e Deuteronomio), os Nevi'im (Profetas)
historia de salvación que se realiza no e os Ketuvim (demais Escritos).
Pobo de Israel. É o Deus do pobo
escollido, o Deus creador, o Deus da Normas de vida
esperanza, o Deus da xustiza e a Os Dez Mandamentos ou Decálogo son o conxunto de
santidade, o Deus da paz. principios éticos e relixiosos que forman o núcleo da Lei
É tan grande que o crente xudeu, por xudea. Revelados por Deus a Moisés no monte Sinaí,
respecto, non se atreve a pronuncialo seu foron escritos en pedra sobre dúas táboas.
nome. Para falar ou dirixirse a Deus, A conduta dun xudeu ríxese polas Mitzvot ou 613
empréganse palabras como Adonai, mandamentos que fan referencia a tódalas dimensións
Ehyeh-Asher-Ehyeh, Tzevaot, el da vida, non son só unha norma, senón un camiño para
Shaddai ou Elohim, entre outros. Cada poder atoparse con Deus.
un destes nomes mostra unha
característica do mesmo e único Deus.
ACTIVIDADES
1.- Cales son as relixións que consideran a Moisés un personaxe importante?

2.- Por que, ás veces, se representa a Moisés cuns cornos ou raios na cabeza? Busca
2 representacións de Moisés na historia da pintura e da escultura, copia as imaxes e
as súas referencias (autor, cronoloxía, onde se atopa) e engádeas na tarefa.

3.- Que significa cada un dos nomes que os xudeus dan a Deus?

4.- Algunhas das Mitzvot recollen as normas de alimentación que deben seguilos
xudeus. Busca información sobre que tipo de comida toman os xudeus e elabora un
menú xudeu para un día.

5.- Das festas xudeas, cales teñen o seu reflexo no calendario cristián?

6.- Define Torá, Talmud e Mishá.

You might also like