You are on page 1of 15

7

Unidade

Contidos
Lectura. “Cincenta” e “Leaving New York never easy”
Expresión escrita. Noticia
Léxico. Medios de transporte
Gramática. Pronome (III): demostrativo, posesivo,
identificador, cuantificador, numeral, relativo,
interrogativo e exclamativo
Expresión oral. Como imos?
Ortografía. Puntuación (II): dous puntos, puntos suspensi-
vos e sinais de interrogación e de exclamación
Literatura. Xénero lírico (III): o poema
Técnicas de traballo. Esquema
Expresión escrita
7
Noticia
A noticia, que é o tipo de texto máis empregado nun A noticia consta de tres partes:
xornal, consiste nunha exposición breve e obxecti-
n Titular, que achega a información básica de
va dun acontecemento de actualidade e de interese
maneira moi concisa.
xeral.
n Entrada, en que se sintetizan os aspectos esen-
Unha noticia correctamente elaborada debe fornecer ciais da noticia.
información sobre:
n Corpo, no cal se presentan os datos máis rele-
• Os/as protagonistas • Quen participou? vantes da información e, a seguir, os detalles.
• Unha acción • Que
ou un acontecemento • Onde Unha noticia pode aparecer en diferentes seccións
• O tempo • Cando sucedeu? do xornal, dependendo do seu tema (político, social,
• O modo • Como económico, cultural, deportivo etc.) e do ámbito que
• A causa • Por que abranga (local, nacional, internacional…).

Roteiro polas corgas de Allariz Titular

A Asociación Cultural e de Tempo Libre Tarandeira proponvos un


Entrada
roteiro por terras de Allariz; en concreto, "o roteiro das corgas".
Domingo, 08 febreiro 2015 | Xornal de Galicia Para a ruta, de dificultade baixa (18 km), reco-
méndase levar calzado apropiado, comida e be-
O domingo 22 de febreiro Tarandeira organiza bida, cámara de fotos, bolsa do lixo e ganas de
unha camiñada por terras alaricanas destinada a andar.
persoas que queiran gozar do medio natural mes- No Facebook de Tarandeira pódese encontrar Corpo
turando cultura, deporte e aventura. unha escolma de fotos da preparación do roteiro.
Partirase ás 8:00 horas en autocar desde a ala- O prezo da inscrición é de 13 € para os socios e
meda de Ordes e o regreso está marcado para as as socias e de 16 € para os/as non socios/as. Para
21:00 horas. inscribirse, cómpre telefonar á asociación.

Actividades

1. Procura no texto anterior: 3. Crea dous titulares posíbeis para a seguinte


noticia.
n Quen protagoniza a noticia?
n Onde ocorren os feitos e cando teñen lugar?
n Que acontece e por que? O equipo de baloncesto Breogán
recupera efectivos aos poucos e
n Como se desenvolven os acontecementos? confía en chegar ao completo ao
tramo decisivo do campionato.
2. Redixe unha noticia para unha destas seccións
do xornal. O xogador Sergio Sánchez será
examinado mañá en Madrid e es-
local cultura pérase que regrese ante o Melilla.
internacional deportes

121
7 Léxico
Medios de transporte

Actividades

1. Identifica nas imaxes os seguintes medios de 3. Escolle o significado correcto.


transporte.
Embarcación deportiva ou
ambulancia globo taxi
de recreo, de velas ou de
autobús helicóptero transatlántico á delta
motor, xeralmente de tama-
avioneta lancha transbordador ño medio.
camión submarino veleiro
Caixón escorregadizo que
caravana tándem
iate se emprega para transpor-
tar persoas e cousas.
2. Fai corresponder as palabras populares da es-
querda coas denominacións cultas da dereita. Mecanismo para planear ou
ultralixeiro
realizar voos sen motor.
bicicleta motocicleta
Pequeno avión moi leve, nor-
coche astronave malmente dunha soa praza,
moto velocípede zorra
de baixa potencia e veloci-
nave espacial automóbil dade.

122
Léxico
7

4. Enlaza cada vocábulo co seu sinónimo. 6. Repara na definición destes termos e redixe un
enunciado con cada un deles.
cepelín convoi
escavadora ciclomotor funicular: medio de teleférico: vehículo for-
transporte que se mado por unha cabina
tren dirixíbel emprega para subir e que se despraza pen-
motocicleta pa mecánica baixar grandes pen- durada dun cabo.
dentes.
5. Nesta sopa de letras hai once nomes de medios metro: medio de trans- tranvía: medio de
de transporte que se corresponden cos deseños; porte de pasaxeiros/ transporte de pasaxei-
cales son? as, xeralmente subte- ros/as movido por
rráneo. electricidade.
R E T E U G O F W C K B
F I Q R R F F X Z E P P
Y G T T R I C I C L O O
D E E X A U R R A C R R
G I P J W A V B O R C I
Ó E I T T G H K A L Y E
N A R N F A A C D Z T L
D I A T E N O I M A C O
O M G X P H K Y N N K R
L E U Q U B C Q Y Y L T
A H A J O R U L I K N E
C A N O A E A P E E J P

123
7 Gramática
Pronome (III): demostrativo, posesivo,
identificador, cuantificador, numeral,
relativo, interrogativo e exclamativo
1. Demostrativo
O demostrativo expresa a distancia, espacial ou temporal, existente entre o/a
emisor/a e algo ou alguén que se sinala.
A seguir, recollemos as formas do demostrativo:

Demostrativos variábeis
O demostrativo pode
Grao de Demostrativos
contraer coas prepo- Singular Plural
distancia invariábeis
sicións de e en, dando
Masculino Feminino Masculino Feminino
como resultado deste,
desta, destes, destas, Distancia curta este esta estes estas isto
disto; nese, nesa, neses, Distancia media ese esa eses esas iso
nesas, nisto etc.
Distancia longa aquel aquela aqueles aquelas aquilo

Sintacticamente, as formas variábeis do demostrativo poden exercer dúas fun-


cións: determinante, cando acompañan un substantivo, e núcleo, cando aparecen
soas. Pola súa parte, as formas invariábeis unicamente poden desempeñar a fun-
ción de núcleo, porque sempre van soas.
Esa carteira custa 30 €. Esa custa 30 €. Iso custa 30 €.

2. Posesivo
O posesivo mostra unha relación familiar, de pertenza ou de posesión de algo ou
alguén (posuído/a) a respecto dunha das tres persoas gramaticais (posuidor/a).

Posuidor/a: correspóndese Posesivos


co/coa emisor/a (“eu”, Posuído/a:
1.ª persoa do singular) obxecto Singular Plural
Número Persoa
q
Teño que mostrarche o meu caderno novo.
q
Masculino Feminino Masculino Feminino
Singular 1.ª meu miña meus miñas
Posuidor/a: correspóndese co/coa (un/unha 2.ª teu túa teus túas
destinatario/a (“vós”, 2.ª persoa do plural) posuidor/a) 3.ª seu súa seus súas
q
Onte vin a vosa tía na biblioteca. Plural 1.ª noso nosa nosos nosas
p
Posuído/a: persoa con que se (varios/as 2.ª voso vosa vosos vosas
estabelece unha relación familiar posuidores/as) 3.ª seu súa seus súas

O posesivo pode desempeñar dúas funcións sintácticas: determinante, se acom-


paña un substantivo, e núcleo, cando o substitúe.
Os teus amigos van de excursión. Os teus van de excursión.

Alén disto, o posesivo vai normalmente precedido do artigo definido (o meu


estoxo, a túa maleta), aínda que existen excepcións (miña nai, meu irmán).

124
Gramática
7
3. Identificador O paradigma do numeral presenta formas variá-
beis en xénero e número e formas invariábeis.
O identificador sinala o ser de que se trata ou estabelece
unha relación de igualdade ou diferenza a respecto dos Os principais tipos de numerais son:
outros seres da mesma clase.
n Cardinal, que expresa unha cantidade
A maior parte dos identificadores varía en xénero e nú- exacta:
mero ou só en número, aínda que tamén existen algúns dous/dúas (2), dezaoito (18), vinte e un/
invariábeis. unha (21), cincuenta e catro (54).
certo/a/os/as,
determinado/a/os/as, n Ordinal, que indica a orde exacta nunha
En xénero
Identificadores mesmo/a/os/as, serie:
e número
variábeis propio/a/os/as, sétimo/a/os/as (7.º), décimo oitavo/a/
outro/a/os/as
os/as (18.º), vixésimo/a/os/as (20.º),
En número tal/tales
quincuaxésimo/a/os/as (50.º).
Identificadores invariábeis calquera, demais

O identificador outro/a/os/as pode contraer coas preposi- 6. Relativo


cións de e en: doutro, doutra, doutros, doutras; noutro, noutra, O relativo fai referencia a un elemento mencio-
noutros, noutras. nado anteriormente (antecedente).

Aquel abrigo, que Xabier mercou no inverno


4. Cuantificador pasado, foi moi caro.
O cuantificador expresa una cantidade indeterminada sen Ese cinema, ao cal iamos de mozos, mudou de
a precisar numericamente. nome.
A maioría dos cuantificadores varía en xénero e número, As formas variábeis e invariábeis do pronome
só en xénero ou só en número, mais tamén temos cuan- relativo son as seguintes: canto/a/os/as, cuxo/a/
tificadores invariábeis. os/as, o/a cal, os/as cales, que, quen, cando, como e
algún/algunha/algúns/ onde.
algunhas, moito/a/os/as,
demasiado/a/os/as,
En xénero
7. Interrogativo e exclamativo
ningún/ningunha/ningúns/
Cuantificadores e número ningunhas, O interrogativo introduce unha pregunta
variábeis pouco/a/os/as, directa ou indirecta, en canto o exclamativo
tanto/a/os/as, abre un enunciado exclamativo ou desidera-
todo/a/os/as tivo.
En xénero varios/as, ambos/as
En número bastante/s Cantos anos fixo?
alguén, algo, ninguén, Gustaríame saber cantos anos fixo.
Cuantificadores invariábeis
nada, cada, cadaquén
Que frío vai hoxe!

Os pronomes interrogativo e exclamativo teñen


5. Numeral o mesmo paradigma, que é case idéntico ao do
O numeral emprégase para precisar exactamente unha relativo: canto/a/os/as, cal/cales, que, quen, cando,
cantidade ou a orde nunha serie. como e onde.

125
7 Gramática
Actividades

1. Busca os pronomes do seguinte texto e, a se- 4. Completa estes enunciados empregando arti-
guir, indica o seu tipo e se son variábeis ou in- gos e posesivos e, se for preciso, realiza con-
variábeis. traccións.
Insiste en soar o móbil enterrado na area. n ........ amigas son o tesouro máis prezado
A noite comeza a facerse no interior da cova, que teño en ........ vida.
alumeada pola luz intermitente, feble aínda, n ........ Señora! Pensamos que nunca recupe-
dun faro, semella. Fun ao especialista, el e to-
rariamos ........ liberdade!
dos aconselláronme un especialista. Un psi-
quiatra. Nai apoiábao. Aquel home pregunta- n Preenche esa folla con ........ desexos para
ba e a min parecíanme chíos das gaivotas as os reis magos.
súas preguntas. Parecían, era a mesma sen- n Décheslle a Luís e a Pedro ........ videoxo-
sación. A mesma. A miña memoria enchíase gos?
de chíos de gaivotas coas súas preguntas.
n ........ dito, ........ feito!
—Cando vostede espertou no hospital tivo, di,
unha primeira sensación agradábel. Vostede 5. Completa cun identificador ou cun cuantifi-
sentiuse mellor no hospital que na casa? cador.
Miguel Sande: n Se ves ........ persoa coñecida no concerto,
Se algún día esta muller morta. mándame unha mensaxe-

2. Procura nestes enunciados todos os pronomes n Cantos afillados tes? ........ .


que houber e indica cales exercen a función de n Percibo ........ falta de confianza.
determinante e cales a función de núcleo.
n ........ as mañás vou dar un paseo pola beira
n Aquela moto que está mal estacionada é vosa? do río.
Teño moita présa por ir visitar o meu mozo.
n Sempre está a pensar no........ .
n Que horror! Certas persoas son incapaces
de ficar caladas. n Non quero máis........ . Grazas!
n —Onde vive ese rapaz? —Quen? —Ese alto de n ........ louco fica coa súa manía.
aí. —Vive na mesma rúa que o outro de alá. n Aquel edificio foi deseñado por ............. os
n Cantas persoas houbo na festa do teu vixési- arquitectos.
mo aniversario? Moitas! Non faltou ninguén.
6. Escribe en letra as seguintes cifras.
n Iso é meu! Non quero que toques ningunha
cousa desas! Ningunha! 11.º 23 24.ª 31 52.º 79
3. Preenche os ocos con demostrativos e realiza 81 102 3.ª 17 8.ª 30.º
as contraccións necesarias.
n Podería mostrarme ........ caderno de aí? 7. Emprega os pronomes relativos, interrogativos
e exclamativos que cumpran.
n En ........ monte que ves ao lonxe hai unha
casa encantada.
n ........ divertidas son esas historias ........
contas!
n ........ é miña nai, Carme; ........ de aí é meu
irmán Roque e ........ que vén na moto é a
n ........ libros mercaches na libraría ........
miña irmá máis pequena. nos encontramos?

n Repara ben nesa fotografía e dime se coñe-


n ........ me pode achegar mañá ao aeropor-
ces ...... museo. Poderías dicirme a quen re- to?
presenta ...... estatua que aparece ao fondo? n Fomos a unha praia ........ augas eran
n ........ non é teu! transparentes
n O rapaz de ....... instituto é unha mente pri- n Tráeme un vaso de auga ........ poidas, por
vilexiada. favor!

126
Expresión oral
7
Como imos?

1. Describe pormenorizadamente un destes medios de transporte:


helicóptero w globo w submarino
u Lembra facer referencia a nocións como a cor, o tamaño, a estrutura, o
medio en que se move, os usuarios e as usuarias etc.

2. Responde oralmente a esta enquisa sobre os medios de transporte na cidade.

• Que medio de transporte adoitas utilizar para ir á escola?


• Que distancia hai, aproximadamente, entre a túa casa e o colexio?
• Cal é a túa opinión sobre o tránsito na túa cidade, vila ou aldea?
• Como concibes a bicicleta? Como un medio de transporte ou como un aparello que serve para facer deporte? Por que?
• Consideras que é positiva a utilización da bicicleta nos desprazamentos urbanos? Por que?
• Cales pensas que son os principais obstáculos para o uso da bicicleta nun medio urbano? Por que?

3. A partir destes deseños explica a rutina dunha viaxe en avión.

4. Na tabela embaixo podes encontrar diferentes opinións sobre o uso do coche e do autobús urbano. Que
argumentario che parece máis sólido e por que?

É mellor empregarmos o coche porque… É mellor empregarmos o autobús porque…


n é máis rápido. n é máis barato.
n permite transportar obxectos. n resulta menos contaminante.
n ten máis medidas de seguranza. n non conxestiona o tránsito.
n podemos usalo a calquera hora do día e en n non crea problemas de estacionamento.
calquera lugar.

127
7 Ortografía
Puntuación (II): dous puntos, puntos suspensivos e
sinais de interrogación e de exclamación
Dous puntos : n Sentimentos de dúbida, ironía, temor, tristeza.
Ei... Alguén está aí ?... Se cadra...
Os dous puntos sinalan unha pausa breve no enun-
ciado. Utilízanse nos seguintes casos:
Este sinal de puntuación representa unha entoación
n Antes dun discurso directo, despois de verbos suspendida.
como dicir, confesar, preguntar, responder etc.
A profesora dixo: “O exame acaba ás cinco”.
Sinais de interrogación e de
n Diante dunha enumeración.
Este verán visitei moitos países: Vietnam, Laos, Chi-
exclamación ?!
Os sinais de interrogación e de exclamación co-
na e Xapón.
lócanse no final dun enunciado e indican que este
n Após o saúdo nunha carta ou nun correo. debe ser lido con entoación interrogativa ou excla-
Prezada María: mativa.
n Ante un comentario descritivo, explicativo, cau- O sinal de interrogación emprégase nos enunciados
sal ou consecutivo. interrogativos directos.
O casamento foi un desastre: os noivos caeron ao Por que andas sempre metido en problemas?
mar na sesión de fotos.
O sinal de exclamación, pola súa parte, utilízase nas
n Despois de expresións como por exemplo ou mellor expresións exclamativas de emoción, admiración,
aínda. decepción, ironía etc.
Falarei co rapaz. Mellor aínda: falarei coa nai. Que dor!
Isto é unha marabilla!
Puntos suspensivos ... Alén disto, este sinal acostuma usarse tamén nos
Os puntos suspensivos marcan o final dun enun- seguintes casos.
ciado que fica incompleto en: n Despois das interxeccións.
n Enumeracións abertas, co valor de etc. ai!; oh!; ala!
Compraron pan, leite, ovos, azúcar...
n Na fin dun enunciado imperativo, para dar maior
n Ideas inconclusas. intensidade.
Realmente, non sei se... Luís, ven aquí!
n Expresións sobreentendidas. n Xunto con outros sinais de admiración ou de ex-
Can ladrador... clamación, coa fin de dar énfase.
n Supresións de fragmentos dun texto citado; neste Como??? Que Brandán aprobou?! Iso é imposíbel!!!
caso, os puntos suspensivos colócanse entre cor-
chetes […]. Sabías que...?

Após un sinal de interrogación ou exclamación non se


[...] Aquí en Elsinor todo temos pechado por mor do
escribe punto. A palabra seguinte debe grafarse con
vento [...]. maiúscula (Que? Tes frío?), salvo que despois do sinal
interrogativo ou exclamativo se coloque unha vírgula
ou un punto e vírgula (Que che parece?; concordas?).
128
Ortografía
7
Actividades

1. Xustifica a utilización dos dous puntos nestes enunciados.


n No festival de cinema proxectáronse varios filmes: comedias, dramas e algunha curtametraxe de
ciencia ficción.
n Noutras palabras: todo saíu á perfección.
n E, de repente, ela exclamou: “Por fin somos libres!”.
n Todas as palabras esdrúxulas levan acento gráfico; por exemplo: rápido, célebre, lóstrego etc.

2. Reescribe estas secuencias corrixindo os erros de puntuación.


n Podes vir Carlos?. Quero falar contigo urxentemente.
n A moza loira que vive no segundo dereito, chámase Silvia
n A xuíza dixo. “garden silencio!.”.
n Quen gañará o concurso? o alumnado de Primeiro A ou o de Primeiro B?

3. Explica o emprego dos puntos suspensivos en cada enunciado.


n Apañaron na horta cebolas, cabaciños, allos–porros...
n Non me digas que...?
n [...] Adolphe Sax aprendeu a perforar tubos de clarinete e frauta, e a tocalos [...] Como era moi
enxeñoso, comezou por perfeccionar o clarinete engadindo pezas de cobre. Entón decatouse de que
existía un espazo baleiro entre os instrumentos de corda, os de metal e os de madeira [...].

4. Completa estes deseños con enunciados en que figuren puntos, vírgulas, puntos suspensivos e signos
de interrogación e exclamación.

5. Coloca neste texto os sinais de puntuación que faltan: cinco puntos, quince vírgulas, dous puntos,
dous puntos suspensivos e dous sinais de interrogación.
Quen inventou as aspas
Pois si as aspas non existiron sempre e os sinais de puntuación tampouco se utilizaron sempre así
na Idade Media escribíanseasvecesaspalabrassenningunhaseparaciónninpuntuación un pouco difícil
de ler non porén desde a antigüidade grega existían signos de puntuación e espazos para separar as
palabras e as frases mais como aínda non existía a imprenta os libros escribíanos a man os frades e
cada un facía un pouco o que quería utilizando a puntuación como lle petaba ou non utilizándoa en
absoluto Easísaíanascousascomosaían tras a invención da imprenta en 1440 os impresores buscaron
formas de facilitar a lectura co paso dos séculos foi mellorando a presentación das páxinas coa sepa-
ración das palabras e dos capítulos e a utilización cada vez máis rigorosa dos signos de puntuación
punto vírgula exclamación interrogación
Philippe Nessmann:Todas as respostas ás preguntas que nunca te fixeches.

6. Ditado.
Texto: O afundimento do Tiránic. Autor: Breogán Riveiro

129
7 Literatura
Xénero lírico (III): o poema
1. Poema
O poema é un texto literario organizado en estrofas; non obstante, existen poe-
mas longos que non se dividen en estrofas, senón que están formados por un
número variábel de versos que se denomina serie ou tirada.

A seguir, recollemos os tipos de poemas máis destacados.

Soneto: composición poética de catorce versos De verso libre: conxunto de versos que non teñen
hendecasílabos organizados en dous cuartetos que rima nin igualdade na medida.
riman igual e dous tercetos de rima variábel. Este tipo de poema ten moita presenza na poesía
Existe unha relación entre as estrofas e o contido moderna e contemporánea.
do poema, xa que os dous cuartetos se utilizan para
Esta será na morte
expor o tema principal mentres que os tercetos (en
a miña última palabra:
especial o último) presentan a conclusión.
quen me dera ser gata
Esquéceche que son un mal copleiro 11 A
para vivirte sete veces.
e pídesme un soneto, –Deus me valla!– 11 B
Olga Novo
no que pinte na nosa doce fala 11 B
da túa moza o encanto milagreiro; 11 A Romance: serie ilimitada de versos octosílabos e
un soneto en que a forza de pandeiro, 11 A rima asonante (nos pares) que sempre segue o es-
rebuscándolle o xeito de embruxala, 11 B quema – a – a – a – a – a – a – a...
faga brillar o teu amor que estala… 11 B Adios ríos, adios fontes, 8 –
Malpocado! Tes cousas de chanteiro! 11 A adios regatos pequenos, 8 a
Sendo, como é, garrida e boniteira, 11 C adios vista dos meus ollos 8 –
abofé teu desexo non me esprico. 11 D non sei cando nos veremos. 8 a
Esa vereda non te leva á feira! 11 C Miña terra, miña terra, 8 –
Non é cousa de pruma nin de pico! 11 D terra donde m’eu criei, 7+1 a
Todo iso que ti qués, de outra maneira 11 C hortiña que quero tanto, 8 –

dise moito mellor… Como?... Nun bico! 11 D figueiriñas que prantei. 7+1 a
Prados, ríos, arboredas, 8 –
Ramón Cabanillas
pinares que move o vento, 8 a
paxariños piadores, 8 –
Silva: grupo ilimitado de versos hendecasílabos e
casiña do meu contento. 8 a
heptasílabos con rima consonante e un esquema de
Muíño dos castañares, 8 –
rima libre.
noites craras de luar, 7+1 a
Ermos os seus saídos, 7– campaniñas trimbadoras 8 –
Os cancelos pechados, 7a da igrexiña do lugar. 7+1 a
Fundidos teitos, escaleiras, trabes, 11 – Amoriñas das silveiras 8 –
Sen tellas o tellado, 7a que eu lle daba ao meu amor, 7+1 a
Non paso un día po–los seus lindeiros 11 – camiñiños antre o millo, 8 –
Sen pararme ante a casa d’o fidalgo. 11 A Adios para sempre adios! 7+1 a

Manuel Curros Enríquez Rosalía de Castro

130
Literatura
7
Actividades

1. Resolve o encrucillado. 1

2
Verticais. 1. Serie ilimitada de versos octosílabos e
rima asonante con esquema de rima – a – a – a – a. 3
2. Verso de nove sílabas. 3. Grupo de catro versos de 4
rima consonante ABAB. 5. Poema de catorce versos
hendecasílabos divididos en dous cuartetos e dous
tercetos. 5

Horizontais. 4. Catro versos octosílabos con rima 6


asonante e esquema de rima – a – a. 5. Composición
de hendecasílabos e heptasílabos con esquema de
rima libre. 6. Estrofa de catro versos con rima con-
sonante e esquema ABBA. 7. Rima só das vogais. 7

2. Realiza a análise métrica do poema “Amor apre- 3. Comenta o seguinte poema desde o punto de
surado” (medida dos versos, tipo de rima, de es- vista métrico e estilístico.
trofa e de poema).
Canzón do temporal
Miráchesme, mireiche, nos miramos;
Sorríchesme, sorrinme, os dous sorrimos; Os berros dos mazaricos
N’os nosos ollos nosa imaxen vimos: rachan as sedas do mar
Ti n’os meus, eu n’os teus nos retratamos, no carro das mouras nubes
Desde entonces d’amor nos abrasamos; vén do sur o temporal.
Un mesmo gusto ou pena os dous sentimos, Nas barras e nos peiraos
E anque a paraxes diferentes imos, rompen as foulas cristadas
Decote n’o camiño tropezamos. de lóstregos azuados
Xa que d’o corazón libres dispomos, das estrelas afogadas.
Aos páxaros d’os bosques imitemos, Púxose o ceo de loito
Que os niños fan entre ramaxe e gomos; polos que van afogar.
Nosa doce ventura apresuremos. As centellas como trallas
Que a vida é curta e responsables somos baten no lombo do mar.
D’o tempo tan precioso que perdemos.
Luís Amado Carballo: Proel.
Francisco Añón: Poesías galegas.

131
7 Técnicas de traballo
Esquema
O esquema é a organización gráfica das ideas contidas nos textos e das relacións xerárquicas que se estabelecen
entre elas. Adoita realizarse despois de ter subliñado un texto ou de ter redixido o seu resumo.

Un esquema ben elaborado debe posuír as seguintes características:

n Ofrecer unha visión xeral do texto de que se n Dispor as ideas ordenadamente, das principais
parte. ás secundarias.
n Ser conciso. n Empregar palabras-chave como definición, ti-
n Presentar unha estrutura clara. pos, estrutura, causas, consecuencias etc.

Existen diferentes clases de esquemas:


Esquema de chaves, frechas ou raias Esquema de números ou letras
Mamíferos 1. Estrutura 1.1. Vertebrados 1.1.1. Mamíferos
Aves 1.1.2. Aves
Vertebrados Peixes 1.1.3. Peixes
Réptiles 1.1.4. Réptiles
Anfibios 1.1.5. Anfibios
Estrutura Poríferos 1.2. Invertebrados 1.2.1. Poríferos
Celentéreos 1.2.2. Celentéreos
Clases Vermes Clases 1.2.3. Vermes
Invertebrados
de Moluscos de 1.2.4. Moluscos
animais Equinodermos animais 1.2.5. Equinodermos
Artrópodos 1.2.6. Artrópodos
Herbívoros 2. Alimentación 2.1. Herbívoros
Alimentación Carnívoros 2.2. Carnívoros
Omnívoros 2.3. Omnívoros
Ovíparos 3. Reproducción 3.1. Ovíparos
Reproducción Vivíparos 3.2. Vivíparos
Ovivíparos 3.3. Ovivíparos

Actividades

1. Le o seguinte texto e completa o esquema de frechas.


Chámase cambio climático á variación global do clima da Terra, que é debido a causas naturais e tamén
á acción do ser humano.
A media anual europea das temperaturas atmosféricas aumentou 0,3 / 0,6 °C desde 1900. De acordo
cos modelos climáticos, prevense novos aumentos, por encima dos niveis de 1990, até preto de 2 °C para
o ano 2100, con incrementos superiores no norte de Europa en comparación co sur. Entre as posíbeis
consecuencias do aumento de temperatura contémplanse: a elevación do nivel do mar, treboadas máis
frecuentes e intensas, inundacións e secas etc. A gravidade destas consecuencias dependerá, en parte,
das medidas que se adopten para paliar estes efectos durante os próximos anos e décadas.
Para garantir que a temperatura non se incremente máis de 0,1 °C por década e que o nivel dos mares non
aumente máis de 2 cm por década, será necesario que os países industrializados reduzan as emisións dos
gases responsábeis do efecto invernadoiro (dióxido de carbono, metano, óxido nitroso e diversos compos-
tos halogenados). O transporte urbano é responsábel en gran parte destas emisións.
Ministerio de Medio Ambiente: “Que é o cambio climático e como nos afecta”.

Definición
Causas
Cambio climático
Consecuencias
Medidas paliativas

132
Rc
Reforzo de competencias
Voar é seguro
Vai vostede emprender unha viaxe en avión; talvez non o faga frecuentemente ou quizais sexa para
vostede un feito habitual. En calquera caso, é posíbel que sinta certa aprehensión ou, mesmo, medo
a voar. Non se preocupe; acontécelle a unha de cada seis persoas adultas, case sempre por falta de
información. Se ese for o seu caso, lembre: voar é seguro.
Isto débese a que no transporte aéreo nada se deixa ao azar. O avión en que vostede vai viaxar encóntrase
en perfectas condicións de voo. Caso contrario, non obtería a preceptiva certificación que a Axencia
Estatal de Seguridade Aérea en España –ou as distintas administracións aeronáuticas en calquera parte
do mundo– expiden para autorizar a súa posta en servizo.
A tripulación do seu avión está composta por especialistas altamente cualificados que son sometidos a
frecuentes controis e foron rigorosamente seleccionados ao longo de anos de preparación intensiva.
Cando vostede se encontre a bordo do avión, engalando, en voo ou aterrando, a súa seguranza está
garantida polo correcto funcionamento do avión e pola profesionalidade da tripulación. Alén diso, desde
terra o seu voo é seguido e controlado constantemente por un conxunto de profesionais que, manexando
os máis sofisticados equipos, contribúen á súa seguranza.
Por iso, cando suba a un avión, non esqueza: voar é seguro.
www.aena-aeropuertos.es LMS

1. Procura no dicionario o significado dos seguintes adxectivos. LAS


preceptiva w aeronáuticas w cualificados w intensiva w sofisticados

2. Selecciona o sinónimo adecuado para as palabras da esquerda. LA

cinética conceder alegría


azar casualidade expedir conseguir aprehensión asombro
superstición comprar escrúpulo

3. No texto aparece o termo engalar, que significa ‘separarse da terra ou da auga cando unha aeronave
inicia o voo’; procura en internet tres vocábulos que fagan referencia a accións realizadas por avións.
LMDAS

4. En pares, escribide unha noticia relacionada cun dos tres aeroportos galegos. Lembrade responder ás
seguintes preguntas. LDASI
n Quen participou?
n Que sucedeu?
n Onde, como, cando e por que aconteceu?

5. Relata oralmente en primeira persoa o día a día dun avión que realiza o traxecto Santiago de Compos-
tela-París. LMDASI
6. A partir do título “Voar”, crea unha composición utilizando algunha das formas poéticas traballadas
nesta unidade. LAIC
7. Emprega un procesador de textos para deseñar un esquema que sintetice a información presentada no
fragmento que acabas de ler. LMDA
Clave de competencias
L Comunicación lingüística; M Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía; D Competencia dixital;
A Aprender a aprender; S Competencias sociais e cívicas; I Sentido de iniciativa e espírito emprendedor; C Conciencia e expresións culturais.

133
Aa
Autoavaliación de contidos
1. Que personaxe teñen en común os poemas que abren a unidade?
Branca de Neve Carapuchiña Cincenta

2. A noticia consiste nunha...


exposición breve e obxectiva exposición subxectiva dun exposición obxectiva dunha
dun acontecemento de acontecemento de actualidade serie de acontecementos reais
actualidade e de interese xeral. e de interese xeral. ou imaxinarios.

3. Cal é a definición correcta de teleférico?


medio de transporte medio de transporte vehículo formado por
de pasaxeiros/as movido empregado para subir e unha cabina que se despraza
por electricidade baixar grandes pendentes pendurada dun cabo

4. Identifica a serie formada por un posesivo, un identificador e un numeral.


vosos, propias, vixésimo meu, bastante, dezasete aquilo, calquera, trinta e un

5. Cal é a regra incorrecta a respecto dos sinais de puntuación?


Os dous puntos úsanse O sinal de exclamación Os puntos suspensivos em-
após o saúdo nunha utilízase despois das préganse despois de expresións
carta ou nun correo. interxeccións. como por exemplo.

6. Que forma métrica teñen en común Cincenta e Leaving New York never easy?
romance soneto poema de verso libre

7. Cales destas características debe posuír un esquema?


Debe ser detallado. Ten que ser conciso. Debe dispor as ideas ordenadamente.

Autoavaliación de destrezas
Son capaz de... Sempre Ás veces Nunca
recoller por escrito un acontecemento recente dándolle forma de noticia?
recoñecer os principais medios de transporte?
identificar os distintos tipos de pronomes?
diferenciar a función de núcleo da función de determinante nun pronome?
explicar oralmente as características de distintos vehículos?
defender a miña opinión e argumentar razoadamente?
utilizar correctamente os dous puntos, os puntos suspensivos e os
sinais de interrogación e de exclamación?
distinguir as características fundamentais dun poema?
realizar un esquema que me axude a organizar a materia de estudo?
procurar información de maneira autónoma?
seleccionar información a partir de diversas fontes?
comprender e producir textos orais ou escritos?
traballar en equipo?
respectar as opinións dos/das compañeiros/as?

134

You might also like