You are on page 1of 2

OS MAQUIS

• Que son os maquis?


Os Maquis, tamén coñecido como a guerrilla ou Resistencia Española foi o conxunto de
movementos guerrilleiros antifascistas de resistencia en España que comezou durante a Guerra Civil.

• A que se adicaban?
En España, fronte ao avance das tropas nacionais, algúns contrarios á súa ideoloxía van botándose ao
monte. Dada a inseguridade creada pola represión dos sublevados,son moitas as persoas implicadas
en movementos políticos de esquerdas que deciden non entregarse. Estas xentes,en ocasións simples
simpatizantes, escondéronse maioritariamente nas súas casas ou casas de familiares,sendo nun
principio minoría a dos que buscaron refuxio nas montañas.

• Que tipo de relación tiñan cos habitantes?


Os guerrilleiros tendían a habitar en lugares onde contasen co apoio da poboación, para que , nos
meses de malas condicións para vivir á intemperie, os habitantes das aldeas axudásenlles a
esconderse, xeralmente, en pequenos grupos en casas de apoio dentro dos pobos, especialmente
durante os meses invernais

• Busca un maqui e conta a súa historia?


Marcelino da Parra (1911-1948):

Era un cerrajero que desde a súa mocidade declarouse como


anarquista. Despois do estalido da Guerra Civil foi chamado a loitar
á fronte Norte de Asturias (Bando Republicano), alí gañouse un
posto importante debido á súa destreza coa mecánica.

Tras a derrota da Fronte, el e o seu amigo Manuel Girón marcharon


cara a León onde se asentaron nun pobo facendo vida normal e coa
protección dos aldeáns. En 1938 comezaron os golpes de
guerrilleiros, na súa primeira actuación conseguiron 8500 pesetas
sen ningún morto nin ferido. No 42 atracaron un bus no cal se ía
unha parella de Gardas Civís, o que ao principio se trataba dun
roubo converteuse nun tiroteo con varios mortos.

En xuño de 1945 prodúcese a ‘Caída de Columbrianos’, o golpe


máis duro á guerrilla dado pola Garda Civil, que supuxo o
afundimento dunha rede de ligazóns, apoios e informadores civís
que sustentaba a súa loita militar.
Juan Couñago 4A

You might also like