You are on page 1of 2

“EL DIARIO DE ANNA FRANK”

Resumo:
En poucas palabras, poderíamos resumir esta obra coma a representación da vida dunha
rapaza na época do Holocausto.
Cando xurdiron as primeiras leis antixudías, así coma os primeiros sentimentos de odio cara
aos xudeus, a familia de Anna, a famila Frank, decidiu emigrar cara a Holanda, cara a
Amsterdam concretamente.
No aniversario de Anna, esta recibiu coma agasallo un diario, no que escribiu con detalle
todo o que sucedeu mentres, acompañada de 7 persoas máis, vivía agochada na parte de
atrás da fábrica do seu pai. Tempo despois, desafortunadamente, os nazis atoraron o lugar,
así que levaron a todos a campos de concentración, onde igual que moitos outros xudeus,
Anna faleceu. O único que conseguiu librarse foi o seu pai, quen tempo despois publicou o
diario de Anna, cumprindo así o seu soño.

Quén é Anna Frank?

Anna Frank non era máis que unha rapaza indefensa, de familia xudea.
Anna é especialmente recoñecía polo seu diario, onde se recollen todas as súas memorias
e anécdotas daqueles tempos tan terribles.
Da mesma forma que millóns de xudeus, ela foi obligada a ir a un campo de concentración,
onde finalmente morreu debido ás pésimas condicións deste.

Explica as leis de Nuremberg. Cales delas aparecen na historia de Ana Frank?

As leis de Nuremberg son leis con fundamentos racistas que tiñan como finalidade acadar
a protección do sangue e o honor alemáns, ademais da lei de cidadanía do Reich.
A lei para a protección da sangre e o honor alemans prohibiu o matrimonio entre xudeus e
alemanes non xudeos, criminalizou as relaciones sexuais entre eles e prohibiua aos xudeos
contratar a mulleres alemás menores de 45 anos coma servizo doméstico.
A Lei de ciudadanía do Reich tiña por obxectivo definir a quen aplicaba a primeira lei.
As leis que aparecen nesta historia son a lei de ciudadanía do Reich e a lei para a
protección do sangue e o honor alemáns.

Investiga sobre os campos de exterminio.

Os campos de exterminio, tamén coñecidos como fábricas da morte, foron un tipo de campo
de concentración construído durante a Segunda Guerra Mundial polo réxime nazi.
As vítimas dos campos de exterminio foron executadas principalmente por gaseamento, en
instalacións permanentes construídas para tal fin ou en furgonetas.
Algúns campos de concentración nazis, como Auschwitz e Majdanek, exterminaron
prisioneiros ao final da Segunda Guerra Mundial usando gas velenoso e traballo extremo en
condicións de fame.
Ademáis, a xente que se atopaba alí vivía nunhas condicións xa non hixiénicas, senón que
éticamente pésimas. Por exemplo, os prisioneiros con máis masa corporal, recibían como
pixama un pixama raquítico, así como os máis delgados recibían uns pixamas xigantes;
conseguindo así que pasasen situacións de vergoña.

Escribe un ensaio sobre o libro coa túa opinión persoal.


Persoalmente, lin este libro cando tiña 11 anos e pareceume o mellor libro que lin na miña
vida. Penso que non hai mellor maneira de entender a historia que escoitando ou, neste
caso lendo, os testimonios dunha persoa relacionada con esta. Respecto ao argumento do
libro, dando a miña opinión persoal, paréceme incrible que hai tantísimo poco tempo e,
simplemente por unha cuestión de ideales, xente incocente sufrise o que sufriu.
O libro en si pareceume moi doado de ler, moi entretido, aínda que ás veces un pouco
pesado, pero penso que é moi emocionante poder ver os testimonios dunha pobre nena e a
súa situación. Sen dúbida é un libro que recomendaría a todo o mundo, todos deberíamos
coñecer diferentes visións da historia, non soamente a visión obxectiva dos libros de texto
da escola.

NOA VILLAVERDE GARCÍA, 4ºESO A

You might also like