You are on page 1of 1

Comentaro xogo motor III

Carmela Sanjorge

O papel do profesor durante as sesións debe seguir varios puntos. En primeiro lugar o
profesor ten que ofrecerlle ao alumnado toda a información posible a través da fala ou
mesmo dunha demostración rápida e no caso de que haxa preguntas, respondélas. Tamén
ten que situarse á altura do nivel dos alumnos, adoptando una postura entusiasta cara o
xogo. Para facilitarse o traballo ten que reunir aos alumnos para que presten todos atención,
expoñer o xogo asegurándose de que non hai dúbidas e formar os equipos asi como a
repartición de material de forma equitativa. En segundo lugar o profesor ten que animar ao
alumnado a xogar ao xogo que el propoña sempre tendendo a fuxir da repetición ademais
de integrar no grupo á xente que máis lle custa. Para poder integrar a un todo o alumnado
pódeselle encargar que prepare o xogo: colla o material necesario, forme equipos, propoña
alternativas ou mesmo que formen parte do xogo sendo xuíces ou árbitros. En terceiro
lugar, durante o xogo, o profesor pode adquirir 2 roles:participando directamente nel,
integrándose no grupo ou ben adquirindo o rol de árbitro ou mediador.
Sobre este primer opino que o rol do profesor é moi importante xa que é un modelo a seguir
e polo tanto os rapaces non van reaccionar igual ante unha actitude de cansancio ou
aburrimento que a unha actitude entusiasta e animada. Con dita transmisión de emocións
os rapaces entenderán o xogo dunha forma ou doutra por iso é importantísimo para o
desenvolvemento da sesión a actitude do profesor.
Tamén considero que o máximo nivel de implicación do porfesor na clase é cando se integra
en ela sendo un xogador máis, pero tamén comprendo (sobre todo con nenos pequenos)
que ás veces ten que adoptar unha postura máis seria como arbitro , xa que noutro caso
non se podería desenvolver o xogo.

Despois de cada sesión é necesario que nos reunamos cos alumnos para falar con eles das
sesións. Eu penso que con isto conseguimos de novo a súa atención tras o tempo xogando.
Ademais tamén podemos coñecer moitas opinións sobre o que causa o xogo e como se
sinte o alumnado respeto ao xogo ou á sesión. Ademais neste momento tamén lle damos
protagonismo aos alumnos de novo , xa que todos ou case todos teñen que falar.
As características que debe ter todo bo profesor son entusiasmo, vocación, carácter
espontáneo, sinceridade, honestidade, sentido da xustixa, confianza en si mesmo e
imaxinación. Penso que todas estas características son importantes xa que ao mesturalas
todas atopamos a un gran profesor. Un exemplo é que de nada che sirve propor un xogo
innovador cando non confías en ti mesmo para espoñelo ou explicalo ben.

You might also like