You are on page 1of 1

Durante moito tempo xogar sempre se considerou o contrario totalmente de aprender. Estaba a aula e, despois, o patio.

Aprender
era o polo oposto de xogar. O xogo era algo que caracterizaba a rapazada máis nova. Segundo ías medrando, dedicabas o tempo
a ocupacións máis serias.

Como o vemos agora? As cousas mudaron, non si? Boa parte do profesorado inclúe elementos lúdicos nas súas actividades de
aprendizaxe. Os proxectos eTwinning son tamén, sen dúbida, o marco perfecto para «ludificar» a aprendizaxe.

A que nos referimos con «ludificación»?

A ludificación, ou ludificar a aprendizaxe, non significa integrar xogos completos nos nosos escenarios de aprendizaxe. A ludificación
pode definirse como a utilización de elementos lúdicos e técnicas de deseño de xogos en contextos non lúdicos.

A educación considérase, tradicionalmente, un contexto non lúdico, o mesmo que os negocios. Os fabricantes de zapatillas
deportivas, por exemplo, queren que a xente corra máis para venderen máis zapatillas. Algunhas grandes marcas desenvolveron
aplicacións que contan cada paso que damos ao correr e que nos indican ata onde chegamos correndo e a que velocidade.
Infórmannos de cal foi a nosa carreira máis rápida ou máis longa. Estas aplicacións permítennos establecer retos e obxectivos e, se
os acadamos, recibimos un trofeo ou unha medalla. Algunhas delas mesmo inclúen funcionalidades que nos permiten, por exemplo,
competir con amigos. Así que ao final, a experiencia de correr convértese en algo moi similar a participarmos nalgún tipo de xogo. E
o resultado é que a máis xente lle gusta correr, para o cal hai que mercar máis zapatillas...

No ámbito da educación podemos aplicar a mesma idea. Aprender é como correr. Temos que facer un esforzo, si, pero se o
ludificamos podemos mudar a percepción.

Os xogos teñen certos compoñentes típicos como os puntos, as cualificacións e o espírito competitivo. En moitos xogos
encontraremos normas, obxectivos e retos e, as veces, poderemos pasar ao seguinte nivel. Se o facemos ben, recibimos
recompensas, incentivos ou algún signo distintivo.

You might also like