You are on page 1of 8

Descripción PROLEC

Para medir o rendemento específico en lectura utilizouse PROLEC-R


(Avaliación dos Procesos Lectores Revisada; Cuetos, Rodríguez, Ruano e
Arribas, 2007). O obxectivo desta proba é diagnosticar as dificultades na
aprendizaxe da lectura. Non só se limita a certificar a existencia de posibles
dificultades de lectura, senón que ademais mostra que procesos cognitivos son
os responsables desas dificultades, isto é, que compoñentes do sistema de
lectura son os que fallan en cada neno e lles impide converterse en bos
lectores.
A batería está composta por nove tarefas que trata de que exploren os
principais procesos lectores, dende os máis básicos ata os máis complexos. A
primeira proba Identificación de letras está destinada aos procesos iniciais de
identificación das letras, algo básico pero fundamental para poder lese, pois
non se poderá conseguir unha boa lectura senón se recoñece dun xeito rápido
e automático todas as letras do alfabeto. Esta proba divídese en:

 Nome ou son das letras. O obxectivo desta tarefa é comprobar se o


neno coñece todas as letras e a súa pronunciación. O neno ten que
nomear cada letra ou o seu son correspondente. Posto que o total de
letras é de 20, os acertos varían ente 0 e 20. Ademais da precisión
tamén puntúa o tempo en segundos que tarda en completar a tarefa.

 Igual- Diferente. O obxectivo desta subproba é coñecer se o neno é


capaz de segmentar e identificar as letras que compoñen cada palabra
que ten que ler. Para iso, preséntanselle pares de palabras e
pseudopalbras iguales (p.ex., calzapo-calzapo) ou diferentes porque
cambia unha das letras (p.,ex pichera-picera). Hai 20 pares de estímulos
polo que a puntuación tamén oscila entre 0 e 20. Ao igual que a proba
anterior tamén se puntúa o tempo.

A seguintes proba, Procesos Léxicos está dividida en Lectura de palabras e


Lectura de Pseudopalabras. Estas probas están destinadas aos procesos
léxicos ou de recoñecemento visual de palabras.

1
 Lectura de Palabras. Esta proba está composta por 40 palabras, 20 de
alta frecuencia de uso e 20 de baixa. A tarefa do alumno é ler estas
palabras en voz alta de forma correcta. Como nas probas anteriores a
puntuación obtense a partir da precisión, entre 0 e 40, e o tempo de
lectura. A maior número de palabras ben lidas en menor tempo, mellores
son os resultados nesta tarefa.

 Lectura de Pseudpalabras. Ao igual que na proba anterior a tarefa do


alumno é ler correctamente o maior número de palabras no menor
tempo posible. Nesta proba hai 40 pseudopalabras, simplemente
cambiando unha letra ou dúas de cada termo da lista de palabras da
tarefa anterior. Así, a palabra “globo” convértese en “gloro.”

A terceira proba, Procesos Gramaticais ten como obxectivo avaliar os procesos


sintácticos, un aspecto bastante descoidado nos test clásicos. Esta proba
divídese en: Estruturas gramaticais e Signos de puntuación.

 Estructuras gramaticais. Consta de 16 ítems, cada un deles está


formado por catro debuxos e unha oración. Un dos debuxos
corresponde coa oración e os outros tres debuxos son distractores. A
tarefa do neno e ler a oración e elixir a imaxe correspondente. Hai catro
tipos de oracións: activas, pasivas, de obxecto focalizado e
subordinadas de relativo.
 Signos de puntuación. O obxectivo desta proba é comprobar o
coñecemento e uso que o lector ten dos signos de puntuación. Para iso
pídeselle ao neno que lea en voz alta un pequeno conto no que
aparecen os principais signos de puntuación (o neno ten que ler
respectando eses signos), Concretamente, puntúanse 11 signos que se
corresponden coa entoación lectora de 4 puntos, 2 comas, 3
interrogacións e 2 exclamacións.

A última proba Procesos Semánticos divídese en: Comprensión de oracións,


Comprensión de textos e Comprensión oral. Estas probas están dirixidas aos

2
proceso superiores ou procesos semánticos e é onde se producen as principais
diferenzas entre lectores normais e nenos hiperléxicos.

 Comprensión de oracións. O obxectivo é comprobar a capacidade do


lector para extraer o significado de diferentes tipos de oracións. O
alumno ten que ler cada oración e responder ás demandas que cada
unha expresa. O total de oracións é de 16; as tres primeiras pídenlle que
realice ordes sinxelas (“Dá tres golpes na mesa”), as tres seguintes que
realice algúns retoques sobre uns debuxos que se lle presentan
(“Debuxa un cadrado dentro dun círculo”), as tres seguintes que sinale
tres debuxos que se corresponden coa oración que hai escrita debaixo
(“Debuxa tres pelos no bigote do rato”) e as catro últimas son oracións
locativas nas que debe sinalar, entre catro, o debuxo que corresponde á
oración (“A pelota azul está sobre a caixa vermella”).

 Comprensión de textos. O obxectivo é comprobar se o lector é capaz


de extraer a mensaxe que aparece no texto e integralo nos seus
coñecementos. Nesta proba utilízanse catro textos, dous de tipo
narrativo e os outros dous de tipo expositivo. En cada texto hai catro
preguntas, polo que a puntuación oscila entre 0 e 16 puntos.

 Comprensión oral. Nesta última proba hai dous textos, ambos de tipo
expositivo, nos que se mide a comprensión oral. Neste caso os textos,
non os ten que ler o neno, senón que o avaliador é quen os le en voz
alta e a continuación formúlalle preguntas, polo que o neno só ten que
escoitar e responder.

Esta proba dividise en tres niveis de análise: Índices Principais, Índices de


Precisión e Índices de Velocidade en base a puntuacións directas que indican
distintos niveis de dificultade.
No primeiro nivel de análise poden determinarse si existen dificultades nalgún
dos procesos e se estas son leves ou severas. Podemos clasificar as
puntuacións en: N (Normal), D (Dificultade leve) e DD (Dificultade severa).

3
Tamén se analiza a habilidade lectora do suxeito, clasificándoa en: B (Baixa),
M (Media) ou A (Alta).
No segundo nivel de análise Índices de precisión, engádese unha categoría
máis (Dúbidas ¿?) para aqueles procesos que se sitúan entre a normalidade e
a dificultade. Os valores que se atopen dentro desta categoría intermedia
deben interpretarse como aspectos a reforzar durante a recuperación, xa que
pode ser que o alumno teña con eles algunha dificultade.
No terceiro nivel, Índices de velocidade pódese clasificar ao suxeito en cinco
categorías de acordo a tempo en segundos: ML (Moi Lento), L (Lento), N
(Normal) R (Rápido) e MR (Moi Rápido).

A fiabilidade do PROLEC-R calculouse desde un punto de vista da súa


consistencia interna. Calculáronse os valores dos coeficientes alfa de Cronbach
co número de acertos en todas as probas. Dito estatístico depende, entre
outros aspectos, da covariación dos elementos e a lonxitude da proba. Os
valores alcanzados son os propios das probas de screening, as cales se
caracterizan pola súa brevidade de avaliación debido ao reducido número de
elementos e a súa escasa dificultade, o que redunda nunha baixa covariación
entre os ítems (menor variabilidade implica menores covariacións e polo tanto
un valor máis baixo do coeficiente de correlación). Tendo isto en conta,
pódense afirmar que os valores son satisfactorios.
Os índices de fiabilidade que se obteñen nas distintas subprobas son: Nome de
letras.49, Igual-Diferente .48, Lectura palabras .74, Lectura
Pseudopalabras .68, Estruturas Gramaticais .63, Signos de Puntuación .70,
Comprensión de Oracións .52,Comprensión de Textos .72, Comprensión
Oral .67. A fiabilidade total desta proba é .79.

Análise de resultados do PROLEC

A continuación analizaranse os resultados obtidos polo caso (Táboa 1)

4
Táboa 1

Resultados nos índices principias na proba de rendemento específico en lectura (PROLEC)

ÍNDICES PRINCIPALES

ÍNDICE DESCRICIÓN PD CATEGORÍA HABILIDADE


LECTORA

DD D N

NL Nome de letras 125 N X M

ID Igual-diferente 14 D X _

LP Lectura de 40 D X _
palabras

LS Lectura de 30 D X _
pseudopalabras

EG Estruturas 11 D X
gramaticais

SP Signos de 8 D X _
puntuación

CO Comprensión de 13 DD X
oracións

CT Comprensión de 9 D X
textos

CR Comprensión oral 3 N X

Pode observarse na Táboa 1 que a alumna non ten dificultades á hora de


nomear as letras e na comprensión oral.

Ten dificultades nas probas: Igual- Diferente, Lectura de palabras, Lectura de


pseudopalabras, Estruturas gramaticais, Signos de puntuacións e Comprensión
de textos. Tamén ten dificultades severas na comprensión de oracións, onde se
esixía debuxar un cadrado dentro dun círculo, a nena debuxou un caderno.

En canto a habilidade lectora o caso obtivo puntuacións moi inferiores as


estipuladas para a súa idade polo que non se contemplan en ningunha

5
categoría, excepto no Nome das Lestas que se atopa na categoría Media
(Táboa 2).

Táboa 2

Resultados suxeito nos índices de precisió n na proba de rendemento específico de lectura


(PROLEC)

ÍNDICES DE PRECISIÓN

ÍNDICE DESCRICIÓN PD CATEGORÍA

DD D ¿? N

NL-P Nome de letras 20 N X

ID-P Igual-Diferente 17 ¿? X

LP-P Lectura de palabras 35 DD X

LS-P Lectura de 32 ¿? X
pseudopalabras

SP-P Signos de puntuación 9 ¿? X

Localizados os procesos nos cales existen ou non dificultades , este nivel de


análise permítenos afinar algo máis na interpretación. Neste nivel inclúese
unha categoría máis (Dúbidas ¿?) para os procesos situados entre a
normalidade e a dificultade. Podemos observar que as puntuacións da alumna
nas probas Igual-Diferente, Lectura de pseudopalabras e Signos de Puntuación
atópanse na categoría de Dúbidas.

En canto á velocidade (Táboa 3), observamos que a alumna ten a cualificación


de ML (Moi Lento) na Lectura de Palabras e nos Signos de Puntuación. Nas
probas Igual-Diferente e Lectura de pseudopalabras a puntuación atópase na
categoría L (Lento). Estas baixas puntuacións mostran que a alumna ten unha
menor velocidade de acceso aos procesos que a maioría dos nenos da súa
idade. Por último a proba Nome das Letras realizouna con normalidade (N).

6
Táboa 3

Resultados do suxeito nos índices de velocidade da proba de rendemento específico en lectura


(PROLEC)

ÍNDICES DE VELOCIDADE

ÍNDICE DESCRICIÓN PD CATEGORÍA

ML L N R RM

NL-P Nome de letras 16 N X

ID-P Igual-Diferente 123 L X

LP-P Lectura de palabras 87 ML X

LS-P Lectura de 106 L X


pseudopalabras

SP-P Signos de puntuación 107 ML X

A nena parece presentar dificultades de distinta severidade nos catro procesos


principais implicados na lectura .Tivo problemas na tarefa de Igual-Diferente,
nas dúas tarefas de procesos léxicos, nos procesos sintácticos e nos procesos
semánticos sobre todo na comprensión de textos e oracións.

As dificultades atopadas nos procesos de identificación de letras débense máis


a un baixo nivel de automaticidade que a unha falta de coñecemento sobre as
letras e a súa pronunciación. Tamén pode indicar problemas atencionais, xa
que para comprobar se as dúas palabras son iguais ou diferentes é necesario
comparar letra a letra e neste proceso é fácil distraerse.

Nas tarefas de procesos léxicos a alumna tivo puntuacións similares na lectura


de palabras (30) e na lectura de pseudopalabras (40), isto significa que a nena
está lendo mediante a vía subléxica, posiblemente porque non ten unha
representación ortográfica das palabras frecuentes.

As dificultades tamén están presentes nos procesos sintácticos sobe todo nos
Signos de Puntuación.

7
En canto aos procesos semánticos a nena ten dificultades na Comprensión de
Textos e dificultades severas na comprensión de Oracións.

Sen embargo, a nena non presenta dificultades no Nome das letras e na


Comprensión Oral.

You might also like