You are on page 1of 1

Haikus

Algúns poemas de Uxío Novoneyra teñen certa semellanza cos haiku


xaponeses.
Un haiku é unha das formas da poesía tradicional xaponesa máis
estendida.
É un poema descritivo que recolle o que está sucedendo nun lugar e nun
momento precisos, case sempre nunha paisaxe, coma un flash que
capta a impresión do instante.

O haiku garda certa relación cos epigramas e coas adiviñas. Está moi
influído pola filosofía e a estética zen.
Destaca sobre todo pola capacidade de suxestión e de facernos ver
aquilo no que antes non repararamos. Condensa emocións,
sentimentos, e tamén teñen cabida o humor e ironía.

• O tema principal é a natureza, e descríbense os cambios de estación,


os fenómenos naturais ou a vida cotiá da xente. Adoita conter unha
palabra que fai alusión á estación ou ao momento do día (grilo, solpor,
lúa, vento, outono…).

• Desde o punto de vista formal, as principais características do xénero


son as seguintes:
– Estrofa de 3 versos, cun total de 17 sílabas xeralmente distribuídas
en 5-7-5 por verso.
– Non ten título.
– Carece de rima.
– Abundan os substantivos, é dicir, é unha forma poética
predominantemente nominal.
– O estilo é sinxelo, austero e sutil.
– Emprega metáforas, sinestesias, etc

You might also like