You are on page 1of 69

As funcións sociais da lingua.

Conflito e diglosia.

Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a

súa repercusión nos usos.


As funcións sociais da lingua.
Lembra
!!
As funcións sociais dunha fingua son en realidade funcións
xerais de relación social realizadas mediante a lingua,
Entre as distintas maneiras en que unha lingua pode
concretar a función comunicativa no seo dunha sociedade
salientamos as seguintes:
Función de identidade
Función laboral

Función cultural
Función familiar

Función local Función institucional


Función de identidade

A lingua opera como vehículo


de articulación interior do
pensamento propio.
Función familiar

A lingua fálase na casa, de portas adentro, cos pais, cos


irmáns. Repárese en que a familia é o espazo da primeira
socialización, aquela en que o individuo aprende parte das
pautas que gobernarán a súa vida adulta, incluídas as
lingüísticas. Entre nós, o galego sobreviviu como lingua
familiar durante séculos. Fóra da casa, os adultos falaban
galego só ás veces.
Función laboral

A mudanza da lingua familiar no ámbito laboral


acontece adoito en lugares onde existen varias
linguas en contacto.
Función local

O idioma emprégase con normalidade nos contactos diarios entre


persoas do mesmo contorno (amigas, veciñas, coñecidas).
En Galicia, o cambio de lugar de residencia carrexou durante moito
tempo unha mudanza de lingua, de xeito que cando os habitantes do
rural marchaban á capital cambiaban o galego polo castelán.

- De andar a servir se me esquenció


de todo el jallego.
- Vaites, vaites.
Función institucional
Un idioma cumpre a función institucional cando é empregado
polos cidadáns para se comunicaren coas institucións
políticas e administrativas. En determinados ámbitos (o
xudicial, por exemplo), a presenza do galego segue a ser
aínda cativa. Noutros, algúns persoeiros empregan o galego
en público de maneira notoriamente artificial ("galego
litúrxico").
Función cultural

A lingua cumpre esta función cando é empregada non só por


aquelas persoas que a aprenderon orixinariamente como
lingua inicial (L1) senón por cidadáns doutros países que a
aprenderon voluntariamente como segunda lingua (L2).
Parte da relevancia que o inglés mantén nos nosos días como
lingua de cultura internacional apréciase na cantidade de
individuos de lingua orixinaria non inglesa que se esforzan en
aprendelo como L-2.
O conflito lingüístico.
Definición causas e
consecuencias.
O ser humano é un ser social que convive con outros membros
no seo dunha sociedade. A sociedade humana existe porque as
persoas que as conforman se relacionan entre si a través dun
mesmo sistema de comunicación. Agora ben, non todos falamos
a mesma lingua, pois os pobos somos diferentes.
A pluralidade lingüística do
planeta non é maldición
bíblica, senón signo de
variedade humana e de
progreso.

Falar dunha única lingua como


universal é un feito
antihistórico.
A diversidade lingüística é tan grande que atopamos 3000
linguas diferentes
Situación lingüística mundial.

Raramente coinciden as
fronteiras lingüísticas coas
políticas.

Hai un número 30 veces maior


de linguas ca de estados.
Neve
Na linguaxe esquimó temos para esta palabra:
• Schnee (al) aniu (neve no chan),
• Neu (cat) kanevvluk (neve lixeira),
murvaneq (neve suave e profunda),
• Neige (fr) natquik (neve en remuíño),
• Snow (ingl) nevluk (neve pegañenta),
qanis, quineq (neve sobre a auga),
• Neve (it) nutaryuk (neve fresca), etc.
• Neve (pt)
• Snö (sueco) Na lingua kangiryuarmiut aínda é maior o
número de palabras para a ‘neve caída’,
• ninge (rom) ‘neve derretíndose’, ‘neve en po’, ‘neve
caendo’, etc.
A adopción dunha determinada lingua como idioma oficial
implica unha decisión xurídico-política (usualmente de rango
constitucional) que reflicta toda unha serie de actitudes
precedentes, de proxectos de actuación, etc... que sería irreal
disociar do acto de autoridade.
A lingua oficial non é sempre a lingua do grupo ou grupos
lingüísticos asentados no territorio do Estado. Os países do
considerado Terceiro Mundo ofrecen moitos exemplos desta
situación: o inglés na India, o francés no Líbano.
Dúas linguas nunha sociedade.

Ningún Estado nace multilingüe. Cando nos atopamos dúas


linguas no seo dunha sociedade, estamos ante un feito
antinatural, froito das vicisitudes históricas.

Miquel Siguán explica isto aludindo a tres motivos:


- os procesos de expansión e unificación política.
- os movementos migratorios.
- os contactos internacionais.
A existencia de máis dunha comunidade idiomática no seo dos
estados a miúdo presenta unha situación de desequilibrio e
desigualdade non só numérica (maioría/minoría), senón tamén
xurídica (prohibición, represión, eliminación/ promoción,
protección, defensa), de status (oficial/particular) e de emprego.

Esta realidade cristaliza nun conflito lingüístico.


No enfoque da realidade multilingüe caben dúas opcións:
• eliminación directa ou indirectamente das linguas minorizadas
en favor da que o Estado define coma “nacional” e “oficial”:
uniformismo.
• recoñecemento desas linguas a través do seu recoñecemento
formal coma idiomas oficiais ou eventualmente nacionais. Cada
comunidade debe manter, conservar e facer progresar a súa lingua,
establecendo unha segunda para se comunicar con individuos
doutra comunidade: ecoloxismo lingüístico.
O ideal do equilibrio lingüístico
consiste en que todas e cada unha das
linguas desempeñen no seu territorio
propio a totalidade das funcións
posíbeis para calquera idioma.
Substitución lingüística
Bilingüismo e diglosia
Miguel Siguán propón chamar bilingüe ao
individuo que é quen de empregar dúas ou
máis linguas en calquera situación e con
parecida facilidade e eficacia.
bilingüismo

individual social territorial


Do punto de vista individual o bilingüismo é
a capacidade que posúe un individuo para
comunicarse coa mesma facilidade en dúas
linguas.
O problema xorde ao determinar o grao de
dominio de ambas as dúas linguas atendendo
tanto ao código oral coma escrito.
Do punto de vista social falamos de bilingüismo
cando no seo dunha comunidade se empregan
dúas linguas diferentes como medio de
comunicación, sendo condición indispensábel
que unha parte importante dos individuos desa
sociedade sexan bilingües.

Se isto non se
cumpre,
estamos ante
un fenómeno
Un exemplo
En Bélxica disto é o catro
recoñécense caso rexións
belga. lingüísticas,
cada Bélxica
En unha cun territorio
existen determinado.
oficialmenteTresvarias
delas
son monolingües:
comunidades a flamenga, no
lingüísticas: a francesa
norte, (cos
en
valóns falantes) e a xermana. Só na capital,
Flandes, fálase flamengo, mentres que no
Bruxelas, recoñecen o bilingüismo franco-
sur, na Valónica, as linguas utilizadas son o
flamengo; agora ben, a poboación non é
valón e o francés.
maioritariamente bilingüe.
Tanto uns coma outros desenvolven a súa
vida social nun dos sistemas sociais, con
locais onde se atopan falantes dunha ou
outra lingua, asociacións profesionais ou
recreativas distintas, servizos públicos
separados ou con ventás distintas segundo a
lingua... e o que é máis significativo, con
dous sistemas escolares distintos onde non
ten éxito a promoción do idioma alleo.
Cando nunha zona bilingüe a
maioría dos falantes prefire
utilizar unha lingua ou outra
dependendo das situacións,
prodúcese unha situación de
diglosia.
lingua A ou dominante é a que se
emprega nas situacións máis formais

lingua B ou dominada só se emprega,


habitualmente, en situación coloquiais
Hai diglosia sempre que entre as linguas

non existe unha situación de equilibrio, o

cal se manifesta, por exemplo, en que se

opta por unha lingua para o uso familiar e

outra para o ensino ou para usos máis

formais.

Tamén hai diglosia cando o emprego dunha

das linguas implica menor consideración

social.
Hábitat Nivel cultural Nivel económico

rura urbano Nos centros urbanos e nas capas sociais con


status económico superior, aumenta o emprego
l do castelán. Esta tendencia, sen embargo, non
ten exacta correspondencia se atendemos aos
indicado­res culturais .
O castelán preséntase como a lingua
prestixiosa, a da cidade e das clases
dominantes, dos usos formais e do futuro, do
progreso
o galego chega a identificarse co mundo
rural ou mariñeiro, os espazos non
urbanos, os usos non formais e a tradición,
o pasado...
DIGLOSIA

O individuo pode tomar actitudes tales como as de:

•aceptar que as dúas linguas teñen funcións sociais distintas.

• intentar identificarse co grupo lingüístico preponderante e tratar de


asumir esa lingua preponderante coma se fose a súa primeira lingua.

•manterse fiel á súa primeira lingua

(Ambigüidade : actitudes mesturadas coas acabadas de mencionar.)


A coexistencia entre as dúas linguas é tensa e
inestábel.

Grupo monóglata Grupo monóglata en


en lingua foránea lingua propia

Grupo diglósico

Glotofaxia
Os procesos normalizadores dependen de:

acción institucional da da accións


comunidade, colectiva non institucional
materializada a través daqueles individuos que se
do poder político agrupan para levar a cabo o
proceso normalizador

acción individual, derivada


da vontade de ser das
persoas que conforman a
sociedade
Substitución lingüística Normalización lingüística

desaparición do galego en
beneficio do castelán A súa consideración como unha
ferramenta comunicativa propia do
noso país, manifestación do noso
ser cultural, e o seu emprego
xeneralizado libre de prexuízos.
O obxectivo final dun estado multilingüe e

Asegurando o
democrático non é “promover o bilingüismo”

seu futuro
senón garantir a utilización de dúas ou

máis linguas na comunidade política


Garantir aoutilización
asegurando seu futuro. de dúas ou
máis linguas asegurando o seu
futuro.
A única alternativa posíbel para
a supervivencia das linguas é a
normalización Cada lingua debe
cumprir no seu
lingüística, isto é, facer da
territorio propio a
lingua o vehículo normal de totalidade de
comunicación dunha sociedade. funcións posíbeis.
Por outro lado, estudios sociolingüísticos sobre os niveis de
coñecemento e uso do galego revelan que é entendido pola
xeneralidade da poboación, que ademais é capaz de falalo;
pero só posúen competencia escrita menos da metade dos
falantes.
O analfabetismo en galego é xeral entre os adultos aínda
que, gracias á súa introdución no ensino, as novas xeracións
están adquirindo destrezas de lecto-escritura no idioma
propio.
Estereotipos e prexuízos

lingüísticos:

a súa repercusión nos usos.


Que son os prexuízos?
• Son xuízos de valor
sen base suficiente
emitidos sobre unha
lingua ou sobre os
falantes dela co
propósito de provocar
o seu rexeitamento.
Os prexuízos lingüísticos non son innatos

No discurso
Polas condutas
Estes prexuízos son moi variados e atéstanse so
formulacións diversas, aínda que teñen un fondo
común que non é outro máis que o desprezo pola
diferenza e o afán de asimilación
Prexuízos estéticos

linguas suaves vs. ásperas (serán, en todo o


caso, os falantes os que falen).

Os chistes en galego son


máis graciosos
Prexuízos
socioeconómicos

_ Ese muchacho dicen que sabe


muchísimo
_ Sí; pero tiene un acento tan gallego!
….
"Un can de Turquía ouvea igual que un can de Dinamarca; un cabalo
das Pampas arxentinas rincha igoal que un cabalo da Bretaña. ¿E
sabedes por que? Porque os probes animaes aínda están no idioma
universal...” (Castelao 1961: 43)
Prexuízos
socioculturais
o emprego do galego como un sinal de descortesía ou de falta
de educación en determinados contextos:

1)O galego como desconsideración cara ás persoas descoñecidas (de


asumirmos iso, estariamos reservando para o galego un papel totalmente
subordinado como lingua inferior condenada á progresiva desaparición).

2) Renuncia ao uso do galego por respecto ás persoas foráneas.


O galego non serve
para o rock / pop
Prexuízos
sociopolíticos
▪ O galego, imposición dunha minoría política intolerante
(tanto a Lei de normalización lingüística como o Plano
xeral de normalización da lingua galega, por exemplo,
foron aprobados por unanimidade no Parlamento galego).

▪ A imposición do galego no sistema educativo (todas as


materias teñen o mesmo grao de imposición; sería como
falarmos en Inglaterra da imposición do inglés).

▪ Como antes se impuxo o castelán, agora quérese da


mesma forma impor o galego (moita xente foi ridiculizada,
castigada e inclusive nalgún caso asasinada por falar ou
defender o galego: deuse un só caso á inversa?).
▪ Os nenos e nenas non gostan da materia de lingua
galega (e gostan das outras materias?; aquelas
crianzas que menosprezan o galego están a proxectar
o desprezo das persoas maiores do seu contorno).

▪ O castelán tamén é lingua propia da Galiza (que o


castelán é tan galego como o galego resulta unha
contradictio in terminis; sería como dicir que o queixo
de Castela é tan galego como o do país porque tamén
o consomen persoas galegas).
Libro que
hai que ler
exercicios
Páx. 148: ler os textos e respobnder 1a,
1b, 2c
Páx 149: 2,3, 4

E ademais repasamos o verbo


Páx 151: 1, 3
O discurso que contén os prexuízos lingüísticos en contra
do idioma galego, foise conformando ao longo dos
séculos, nun lento proceso de imposición e substitución
lingüística que durou centos de anos. En consecuencia,
mudar eses prexuízos tan longamente adquiridos implica
grandes dificultades e tamén moito tempo, pois non se
pode destecer nuns días o que se teceu en séculos. A
mellor estratexia para combatermos os prexuízos será,
por tanto, cuestionármonos ese discurso estabelecido e
intentarmos modificalo mediante o coñecemento das
causas en que asenta.

You might also like