You are on page 1of 15

1

O humor como trazo esencial galego. O humor en Celestino Fernndez de la Vega e na psicanlise
de Sigmund Freud.
Introducin.
Malia a distancia que Celestino Fernndez de la Vega quere poer nas primeiras pxinas do seu
libro con respecto teora psicanaltica do viens os puntos en comn en mbalas das posturas
acerca do humor son maiores que as diferenzas.
No limiar segunda edicin de O segredo do humor Ramn Pieiro conta como despois de que nos
anos 50 fora prohibida a publicacin dos cadernos da Coleccin Grial, a editorial Galaxia decidiu
publicar unha serie de volumes sobre a cultura galega a modo dun contraataque que podemos
cualificar como mnimo como de galeguista.
Os tres primeiros volumes foran dedicados respectivamente figura de Rosala de Castro, a un
estudo sobre a saudade e ao estudo da relacin entre paisaxe e cultura. As intencins destes volumes
eran basicamente das. En primeiro lugar, demostrar que a lingua galega era apta para tratar
calquera tema culto, como xa sucedera coa traducin do texto de Heidegger da Da esencia da
verdade, elaborada por Celestino Fernndez de la Vega e enviada por Pieiro ao editor o 7 de
setembro de 19521. En segundo lugar, tratbase de estudar aspectos centrais da realidade galega.
Xunto a Rosala, a saudade e a paisaxe outro dos temas que se considerou como fundamental para
ser analizado foi o humor. O volume dedicado ao humor, malia que inicialmente foi pensado como
colaborativo, debido complexidade do tema, preferiuse finalmente que fora o froito dunha
investigacin mis especializada e profunda por parte dun s autor.
E se se trataba nestes volumes de atender ao feito particular galego Celestino inicia precisamente
o seu estudo afirmando que o humor ou o humorismo un tema que a fala galega leva na alma
(Fernndez de la Vega 1963, 20) ou que ten algo que ver coa alma galego-portuguesa (Fernndez
de la Vega 1963, 27) ou mesmo que dende Cervantes os nicos humoristas verdadeiros da
literatura peninsular, son galegos (Fernndez de la Vega 1963, 190).
O obxectivo desta comunicacin non facer unha presentacin sistemtica do texto dO segredo do
humor por enteiro demasiado rico e contn demasiadas referencias para poder seguilas todas-,
senn que se tratar de render homenaxe ao seu autor comparando a definicin e caracterizacin do
humor que presenta coa anlise do mesmo fenmeno por parte da psicanlise de Sigmund Freud en
1

A censura non permitiu a sa publicacin at 1956 (Dasilva 2013, 23).

O chiste e a sa relacin co inconsciente (1905) e nun texto bastante posterior titulado O humor
(1927). A intencin demostrar que, malia o que Celestino considera, o acordo entrmbolos dous
autores moito maior que o desacordo.
I. O humor en Celestino Fernndez de la Vega.
O estudo de Celestino brese cun repaso polas definicins do humor que se poden atopar en
diferentes dicionarios para pasar a continuacin a atender s opinins dos principais especialistas
sobre o tema. De toda esta antoloxa de opinins intersanlle a Celestino especialmente das
caracterizacins:
- a de Theodor Lipps. Theodor Lipps (1851-1914) foi un profesor de Mnic que escribiu sobre
psicoloxa e esttica e a quen se lle atribe ter alcuado o termo Einfhlung [empata]. En 1898
publica O cmico e o humor na que o humor considerado como un fenmeno consistente na
negacin cmica de algo valedoiro (Fernndez de la Vega 1963, 41).
- e a caracterizacin do filsofo e sobre todo Premio Nobel de Literatura de Henri Bergson. Henri
Bergson (1859-1941) foi un filsofo francs recoecido por facer da intuicin a nica ferramenta de
coecemento da vida e da conciencia, cuxa esencia el quere recoller baixo o termo de duracin. En
1900 publicou A risa: ensaio sobre a significacin do cmico onde sostn que o humor o senso
exacto da relatividade de tdalas cousas, isto , a crtica constante do que se cre ser definitivo, a
porta aberta s novas posibilidades sen as que ningn progreso do esprito sera posible (Fernndez
de la Vega 1963, 42).
Como se ve, mbalas das perspectivas anteriores teen un aspecto negativo -crtica do presente- e
un positivo abrir novas perspectivas cara ao futuro. Tras desbotar os comentarios dos estudosos
estranxeiros e sobre todo dos espaois Celestino rende homenaxe s opinins de Ramn Pieiro,
nxel Fole e Manuel Rabanal lvarez, leons que fora primeiro catedrtico de grego no Instituto
Rosala de Castro e logo na Universidade. Este ltimo acertara especialmente ao tomar como
paradigma do humor os personaxes de Un ollo de vidro de Castelao. Cabe lembrar aqu as palabras
do Castelao non s literato-artista senn tamn de humorista-poltico:
Quixen saber quen fora o vampiro no mundo dos homes e fun le-lo seu nome no rico mrmore da
campa. O seu nome s abondoume: Fora un canalla que roubara para dar regala seu bandullo de
porco; dono da xustiza, roubaba desde a sa confortable casa. Para que dicir mis? Era... era un
cacique! (Castelao 1922, 35).

A primeira definicin sistemtica do humor do libro de Fernndez de la Vega afirma que o humor
unha resposta con senso a unha peculiar situacin de vida [] o esforzo mis intelixente do ser
humano por se liberar da sa tediosa condicin (Fernndez de la Vega 1963, 56).
O dicionario electrnico Estraviz da lingua galega ofrece como sinnimos de tedioso, entre outros:
fastidioso, aborrecbel, enoxoso2.
O humor situado por Celestino entre a traxedia e a comedia. Na sa opinin, tanto a traxedia como
a comedia son situacins nas que o ser humano perde a cabeza e non ten resposta, ante as que non
posible atopar unha resposta con senso. Na traxedia o ser humano est ante unha situacin que non
pode dominar, onde hai unha necesidade superior s sas forzas, que est oculta e cuxo carcter de
invencbel s se descobre ao final, momento no que se lle quita todo senso ao esforzo humano por
combatela. Exemplos paradigmticos que se nos ocorren: Edipo ou Antgona desbordados
absolutamente polo seu destino, nun caso incestuoso, no outro de rebelin poltica contra as normas
do estado. Na comedia sucede algo semellante. Tamn aqu ten lugar un fracaso do ser humano
mais ao contrario que no caso do fracaso trxico non se trata dun fracaso grave, senn dun fracaso
que resulta pouco ameazante (Fernndez de la Vega 1963, 70). A nica diferenza sera que
mentres que na traxedia a loita tera sentido porque o suxeito cre que existe algunha posibilidade de
xito, no caso da actitude cmica trtase dun desafo inxenuo posto que se sabe en todo momento
que existe unha desproporcin insuperbel.
No humorismo o ser humano acada a lle buscar e atopar senso a situacins que semellaban non ter
resposta axeitada (Fernndez de la Vega 1963, 63). A diferenza fundamental do humor con
respecto comedia e traxedia que nestes dous ltimos casos non posbel ningunha resposta
con senso, mentres que o humorismo, , precisamente, a resposta con senso al onde difcil
atopala (Fernndez de la Vega 1963, 73). O procedemento que emprega o humorismo para
conseguir isto atenuar as circunstancias, relativizar a sa gravidade, facer que se lle preste
atencin a outra perspectiva do asunto menos dura. Por exemplo, mediante unha certa irona
obxectivadora ou distanciadora, que permita poerse a un lado da tristura ou da ledicia que unha
determinada situacin soe provocar normalmente.
O humorismo intenta quitarlle importancia tristura e ledicia, e para iso, ten que moverse na
ambigidade, na relatividade, sen poder decantarse por unha versin definitiva de cmo son as
cousas, senn mis ben tendo que escoller aquela que lle interese en cada momento. Este feito sera
o que fara que os humoristas sexan vistos polos filsofos con certo receio, posto que estes aspiran a
2

http://www.estraviz.org/tedioso.

unha definicin unvoca da experiencia. Por outra banda isto xustificara tamn a peculiar forma
aberta ou carcter amorfo do humor (Fernndez de la Vega 1963, 93). Se o cmico est en
correlacin coa comedia, o humorstico pode aparecer baixo diferentes representacins.
O paradigma do humor para Celestino O Quixote de Cervantes, porque se trata da obra dun autor
que con profundo coecemento e experiencia da dureza da realidade intenta non darse por vencido e
atoparlle sentido vida, por moi amarga que esta poida resultar no seu computo global. Cervantes
non invita risa cmica nin o pranto trxico, senn que incita a comprender e sorrir (Fernndez
de la Vega 1963, 95). As, seran errneas todas aquelas interpretacins que sosteen que don
Quixote unha figura cmica ofrecida por Cervantes aos seus lectores para que estes se ran e se
mofen del. Ao que aspira Cervantes a espertar unha certa empata co personaxe e a que se advirta
que todos podemos ser Quixotes na medida en que as nosas loitas particulares son igual de
desproporcionadas e dificultosas que a loita do Quixote contra os xigantes que tan s el pode ver.
Isto evidentemente ten sentido para aqueles suxeitos que estn anda nalgn tipo de loita, e non para
os reconciliados. O Quixote sera entn un intento por construr senso no aparente sensenso ou
contrasenso (Fernndez de la Vega 1963, 103).
Outra figura humorstica paradigmtica para Celestino o coronel Egor Ilich Rostaniev da novela
de Dostoievski A aldea de Stepanchikovo (1859). A novela conta como aparece nunha casa familiar
un personaxe alleo familia que se gaa a confianza da viva e seora da casa e acaba por
converterse nun tirano. Rostaniev o fillo desta viva, ex-soldado, afbel e educado que se ve
sometido sa nai e sobre todo ao novo amado desta. Na interpretacin de Celestino Dostoievski
non pretende provocar unha risa descarnada e indiferente, senn crear complicidade co lector e
conseguir que unha situacin aparentemente inasumbel perda algo do seu talante trxico e sexa
vista como grotesca e, polo tanto, redimible. Hai que lle buscar senso, pois, como temos visto
repetidamente, esa a tarefa do humorista (Fernndez de la Vega 1963, 107). O mesmo sucedera
co Charlot de A quimera do ouro (1925), quen ha de pasar primeiro infinitas penurias antes de
atopar a felicidade.
As tres obras anteriores (o Quixote, a novela de Dostoievki e filme de Chaplin) son para Celestino
representantes do que el d en chamar humor benvolo, onde se trata de evitar caer no cmico.
Outro tipo de obras que Celestino distingue son as obras de humor negro, onde o que se trata de
evitar, o que se trata de racionalizar o trxico. Se Cervantes o representante por excelencia do
primeiro tipo de humor, Quevedo sera un representante do humor negro, ao intentar afastarse do
pranto e da tristura (Fernndez de la Vega 1963, 144ss.).

Como de pasada, Celestino apunta que mentres que o cmico est asociado a unha cultura concreta
e a un momento histrico particular, o propio do humor ter unha aspiracin universal, dicir, o bo
humor sera aquel que practicamente calquera ser humano independentemente da sa cultura
podera entender. Calquera ser humano occidental e moderno, que cando propiamente nace o
humor na sa opinin3.
O que importa que en mbolos dous casos humor benvolo ou negro- trtase de evitar a
indiferenza da risa cmica ou a renuncia a entender que provoca o pranto para espertar, moi ao
contrario, a empata co personaxe e coa situacin e facela as soportbel. Trtase de levar a cabo un
esforzo por comprender, por responder con senso a situacins conflitivas (Fernndez de la Vega
1963, 117).
O captulo VII dO segredo do humor fai un acercamento proposta do filsofo e fundador da
antropoloxa filosfica Helmuth Plessner (1892-1985)4. Plessner escribe un texto sobre a risa e o
pranto en 1941 no que afirma que na risa e no pranto, por diferentes motivos, o corpo funciona por
si s, responde automaticamente a unha determinada situacin, mentres que a persoa est en
realidade ausente. Esta despersonalizacin ten un efecto de alivio para o suxeito. A risa aparece ante
unha situacin na son posbeis diferentes sensos que son contraditorios entre si, de forma que o
suxeito non pode escoller entre eles. No caso do pranto, o que sucede que non se pode atopar
senso algn. dicir, finalmente, e de novo, risa e pranto teen lugar ante situacins onde non
posbel ningunha resposta con senso. Pola contra, no sorriso, o suxeito est presente, emprega a sa
faciana como instrumento expresivo, o suxeito non se ausenta do seu corpo, senn que o emprega,
pode separase del a vontade, sen ter que desaparecer.
En definitiva, o humor ten como lmites externos o pranto e a risa, porque ao humorista non lle
interesa provocar o pranto nin a risa, senn algo que os limita e os frea, o sorriso, signo de que se
comprende algo, de que posbel atopar senso anda nunha situacin aparentemente sen el.
Evidentemente a Celestino intersalle esta tese: que no sorriso e no humor a el vencellado hai un
esforzo do suxeito por elaborar unha situacin que doutra maneira invitara a que se ausente.

Marta Prez insiste na sa tese doutoral sobre o humor ao contrario nunha concepcin do humor como unha prctica
especfica dunha comunidade e cun estilo propio e diferente do humor doutras comunidades. De xeito mis extensivo,
falaremos de humor cultural ao nos referir a este tipo de construcins humorsticas, nas que unha determinada cultura
que adoita configurarse dentro dunha identidade tnica establece os marcos do que pode ser ou non obxecto de risa
(Prez 2007, 33).
4
Helmuth Plessner, La risa y el llanto. Investigacin sobre los lmites del comportamiento humano, ed. Trotta, Madrid,
2007.

II. O humor en Freud.


No seu texto sobre O chiste (1905), o psicanalista viens Sigmund Freud estuda fundamentalmente
o chiste, pero tamn lle dedica espazo aos fenmenos do cmico e do humor.
Para Freud o chiste a nivel tcnico o resultado dunha condensacin con formacin substitutiva
(Freud 1905, 21) ou dunha condensacin con modificacin leve (Freud 1905, 26), dicir,
basicamente, a elaboracin dunha nova palabra que vn substitur a outra anterior engadndolle un
novo sentido ou modificando lixeiramente o sentido da palabra anterior. O exemplo paradigmtico
tratoume como a un dos seus, por enteiro famillonariamente, que nas sas Estampas de viaxe
(1826) Heinrich Heine pon na boca dun axente de lotera ao describir o seu trato co millonario
barn de Rohtschild. Esta expresin condensa familiar e millonario, engadindo a idea de que os
millonarios nunca podern ter un trato verdadeiramente familiar con aqueles que non son da sa
categora. O chistoso ten que ver para Freud co feito de que unha tendencia compresin ou,
mellor dito, ao aforro goberna en todas estas tcnicas (Freud 1905, 42), a tendencia ao aforro a
que, trala nosa exploracin da tcnica do chiste, quedounos como o trazo comn ltimo (Freud
1905, 77).
Agora ben, non suficiente con esta condensacin ou este aforro, senn que necesario algo mis.
Este algo mis que a tcnica do chiste e a tendencia ao aforro teen que poder provocar no
ouvinte unha sensacin de pracer (Freud 1905, 90). Non ser mis que unha vez introducida a
comparacin entre o chiste e o soo cando Freud poder identificar o funcionamento do primeiro.
Non se pode esquecer que A interpretacin dos soos fora publicada en 1900 e que este texto sobre
o chiste de 1905. As mesmas tcnicas o desprazamento, a falacia, o contrasentido, a figuracin
indirecta, a figuracin polo contrario (Freud 1905, 84) estn presentes no soo e no chiste.
Ademais da coincidencia no emprego das mesmas tcnicas, o chiste, como o soo, posibilita a
satisfaccin dunha pulsin (concupiscente ou hostil) (Freud 1905, 95). A tcnica que permite
satisfacer esta pulsin habitualmente reprimida consiste en rodear e salvar un obstculo que se
interpn no seu camio, rodendoo e obtendo pracer dunha maneira que en principio est prohibida.
Por exemplo, nun tipo de chistes que Freud cualifica como tendenciosos, concretamente nos chistes
tendenciosos sobre sexo, os varns poden dicir cousas sobre as mulleres que normalmente estn
sometidas represin e gaar as un pracer que lles soe estar prohibido. Ou, outro exemplo, nos
chistes de burla sobre un terceiro consguese expresar aquela pulsin agresiva normalmente

reprimida, de maneira que o chiste sortear limitacins e abrir fontes de pracer que se volveron
inasequbeis (Freud 1905, 97). O chiste tamn se pode dirixir contra institucins, normas morais
ou preceptos relixiosos, de maneira que se trata dunha ocasin de expresar aquilo que a moral coti
e predominante non permite dicir.
Xa que logo, o chiste consegue superar unha determinada inhibicin psquica e consgueo facer
dunha maneira que resulta menos custosa c enfrontamento directo con ela. En troques de dicir que
Deus ou a transcendencia unha invencin intil e apaar o consecuente rexeitamento social e pode
que o castigo da propia conciencia en forma de culpabilidade, o chiste consegue expresar a mesma
idea de maneira sutil e velada, de forma tal que hai un aforro de enerxa psquica.
E se esta manobra provoca pracer porque o gasto psquico aforrado librase en forma de pracer
(Freud 1905, 114). Esta a tese fundamental de Freud sobre o chiste: o chiste pretende saltarse a
censura, a crtica, a represin mediante uns mecanismos que permiten levar a cabo ese salto cun
aforro de enerxa. A enerxa aforrada acaba liberndose como risa, e posto que toda liberacin de
enerxa ten segundo Freud un efecto pracenteiro, como pracer. O chiste axuda a que certas pulsins
con miras de manifestarse ou mesmo a que pulsins sufocadas poidan finalmente manifestarse
superando a barreira da represin. A enerxa que anteriormente estaba acumulada e encerrada en
certa va psquica e que non poda chegar a ser liberada acada co chiste un camio polo que
descargarse. A esta enerxa vn sumarse tamn a enerxa consumida na propia inhibicin, anda que
esta cantidade pode que non sexa en moitos casos demasiado elevada en comparacin cantidade
de enerxa liberada.
O chiste, polo tanto, desenvolve o seu traballo no mbito do inconsciente. Freud sostn que non se
trata dunha actividade consciente e voluntaria. Consiste, polo contrario, nun certo compromiso entre
a pulsin inconsciente e os requirimentos da crtica racional. Esta crtica non permitira pasar unha
pulsin de forma bruta, mais tolera as alusins veladas pulsin contidas no chiste.
O pracer que comportara a satisfaccin directa da pulsin neste caso unha pulsin de crtica, de
repulsa, de carraxe, en definitiva, de agresin- non aparece; mais coa reformulacin da pulsin en
chiste consguese al menos unha satisfaccin parcial. O chiste leva a cabo unha superacin dunha
inhibicin; a risa asociada ao chiste provn entn da liberacin da enerxa que se ten aforrado ao
vencer esta inhibicin con menor cantidade de enerxa que de ter tido que afrontala directamente.
En canto ao cmico, no texto de 1905, Freud toma o clown e a pantomima como paradigma e sostn
que o que fai graza o feito de que para conseguir acadar un determinado fin os movementos do

clown semellan ser desmedidos en relacin aos movementos habitualmente necesarios. Do que se
trata aqu, entn, de que hai un gasto superfluo que nosoutros en igual actividade nos teriamos
aforrado (Freud 1905, 181). Na comparacin entre a accin do clown e aquela que o suxeito
normal empregara para a mesma actividade hai un desfase enerxtico claro que se descarga en
forma de risa. O riso que nace ante o cmico, en definitiva, sinal dunha certa superioridade,
sentida como pracenteira, que nos adxudicamos con relacin ao outro (Freud 1905, 186).
Un exemplo que se nos ocorre para ilustrar isto o feito de como Marx presenta aos capitalistas no
primeiro volume dO capital rndose, rndose pola plusvala acumulada tralo proceso de producin.
A sa risa cmica apuntara precisamente a que obteen o froito do traballo dos proletarios sen
ningn esforzo, ademais de que o fan mediante un intercambio de salario por forza de traballo
supostamente xusto. Eles estn nunha situacin na que o gasto de enerxa mnimo comparado ao
esforzo dos traballadores5.
Desta maneira, mentres que o mbito natural de operacin do chiste o inconsciente ou mis
exactamente o compromiso entre inconsciente e preconsciente, o cmico semella situarse no
preconsciente, onde ten lugar unha certa comparacin entre dous gastos. Comparacin entre
aspas porque non se trata tampouco, como no caso do chiste, dunha comparacin consciente, senn
dunha actividade que ten lugar de maneira automtica no preconsciente. Se non sucede de maneira
automtica, se require dunha atencin, dunha reflexin, dunha elaboracin do pensamento para ser
percibida, a comparacin deixa de ser cmica.
Ao anterior hai que engadirlle unha certa condicin: a diferenza de gasto convrtese en pracenteira
e, polo tanto, en cmica, en motivadora da risa, s cando ela non empregada para outros fins e
pode ser descargada de maneira automtica. En xeral, se media algn tipo de xuzo no que o suxeito
recoece a sa superioridade, o riso cmico desaparece e se transforma como moito en sorriso,
cando non en indiferenza ou desprezo. Por suposto, se o suxeito ante o que se presenta a situacin
supostamente cmica est implicado dalgn xeito nela porque a situacin lle provoca algn tipo de
dano, o cmico esvacese de inmediato.
Resumindo: o chiste unha maneira de salvar unha crtica e o cmico ten algo da orde da
superioridade que nos fai sentir estar situados fronte a un outro inhbil ou torpe.
5

O empresario Ponse sobre as patas posteriores. Debera o traballador cos seus propios membros crear no aire azul os
produtos do traballo, producir mercadoras? Non lle d el a materia coa que e na que pode darlle el exclusivamente
corpo ao seu traballo? Debido a que a meirande parte da sociedade padece un tal non-ter-nada, non lle deu el
sociedade a travs dos seus medios de producin, o seu algodn e as sas bobinas, un servizo inmensurbel, mesmo ao
traballador mesmo, ao que ademais subministra con vveres? E non debera cobrar por este servizo? (Marx 1867, 206).

Chegamos entn s ltimas oito pxinas do texto sobre O chiste nas que Freud pasa a ocuparse
explicitamente do fenmeno do humor. O humor nesta obra pensado como aquilo que en certas
ocasins que deberan resultar dolorosas, permite anda un certo pracer. O humor tera a misin de
defender ao suxeito dos afectos penosos e permitirlle gaar un certo pracer. En vez de deixar que os
afectos penosos o invadan, en determinadas ocasins e por motivos que se descoecen o suxeito
toma a situacin con humor e rise a pesar dos afectos negativos que normalmente o deberan
invadir:
Agora ben, o humor un recurso para gaar o pracer a pesar dos afectos penosos que o estorban:
introdcese nun lugar dese desenvolvemento de afecto, reemprzao (Freud 1905, 216).
Se na situacin cmica prodcese unha liberacin da enerxa directamente proporcional enerxa
que ao suxeito lle sobra en comparacin coa enerxa excesiva que gasta un segundo suxeito, no
humor prodcese un aforro de enerxa psquica, posto que do que se trata de evitar a liberacin
dun afecto penoso:
O pracer do humor nace, pois non poderamos dicilo doutro xeito -, a expensas de este
desprendemento de afecto interceptado; xorde dun gasto de afecto aforrado (Freud 1905, 216).
Por outra parte, mentres que o chiste necesita sempre dunha terceira persoa a quen comunicarllo e
que lle faga rir, o cmico pode xa atoparse directamente grazas presenza dunha segunda persoa ou
dunha situacin sen necesidade de ser comunicado a un terceiro. O humor aquilo que s require da
presenza do suxeito a si mesmo, sen necesidade de comunicalo a un terceiro nin de que exista algo
externo co que compararse e que resulte as cmico. O humor a capacidade de converter en
pracenteiro sen necesidade da presenza doutra persoa aquilo que de entrada debera ser penoso. Un
suxeito pode gozar do pracer humorstico a soas, anda que de momento Freud non poida explicar
que o que sucede exactamente nesa persoa.
O exemplo de humor escollido por Freud o do reo que o luns no que vai ser executado exclama
Vaia. Comeza ben a semana. Unha traducin contempornea dese humor podera ser quen ante
unha multa de trfico que chega por correo postal exclama: Vaia. Comeza ben o mes. Freud fala
dunha peculiar grandeza da alma (Freud 1905, 217) daquel suxeito capaz de facer humor sobre a
sa situacin por moi penosa que esta sexa e que lle permite separarse daquilo que est destinado a
aniquilalo e empurralo desesperacin (Freud 1905, 217).

10

O sorriso que aparece na faciana do espectador dbese a unha transformacin da enerxa


inicialmente destinada a provocar compaixn ou tristura en sorriso. Neste caso, hai un gasto de
enerxa por parte do suxeito que humoriza sobre si mesmo, porque ten que contrarrestar os seus
afectos penosos mediante o humor. Aquel que fai humor sobre unha situacin penosa que o afecta
consegue transmitirnos a indiferenza que el mesmo ten que desenvolver para aturar a sa situacin,
facendo que o espectador pase grazas a esta indiferenza da compaixn ao sorriso.
No que se refire ao suxeito afectado, este capaz de transformar certas situacins de enfado en
humor. En realidade os sentimentos que ao seren aforrados poden desembocar no humor son moi
variados: compaixn, enoxo, dor, enternecemento En xeral segundo Freud calquera sentimento
aforrado penoso para o suxeito pode dar lugar ao humor, mais tamn un pracer cmico que
abortado pode desembocar en humor. Freud tamn se ocupa do Quixote e colcao, ao igual que
Celestino, do lado do humor. Se inicialmente pareca ser unha figura puramente cmica, ao final,
na medida en que acaba sendo defensor nobre dunha serie de metas ideais, Freud di que o Quixote
cesa de producir efecto cmico e d paso ao humor (Freud 1905, 219). O Quixote pasa de ser
unha figura cmica a devir unha figura que esperta a nosa empata e compaixn combinadas con
certo pracer humorstico moderado.
O que fai o humor quitarlle a un afecto negativo a sa enerxa total ou parcialmente para as poder
convertelo en pracenteiro. A sa funcin eliminar unha posibilidade de desenvolver un afecto
provocado por unha situacin e que sera un obstculo para o efecto de pracer (Freud 1905, 220).
Falta, anda, porn, entender cales son os motivos e como posbel que un suxeito desprace os
efectos negativos que o ameazan e os converta en algo da orde do humor. De entrada, claro que
non se trata dunha operacin de tomar conciencia ou dunha racionalizacin, por as dicir, de corte
hegeliano, que considera que o afecto doroso que se sente ten sentido por formar parte dun todo
maior no que se converte en algo positivo un intento por subsumir a dor singular nunha certa
racionalidade universal-. Tanto o humor -como o cmico- non son o resultado dun proceso de
razoamento, senn que actan automaticamente e no plano do preconsciente. Queda por resolver a
pregunta acerca de que gaa o suxeito que humoriza sobre a situacin penosa na que se atopa.
De momento pode conclurse que Freud explica chiste, comicidade e humorismo como tres
modalidades diferentes de aforro de enerxa psquica, enerxa que unha vez aforrada descargada
como pracer: no chiste, a enerxa que se aforra ao vencer unha inhibicin sen necesidade de
afrontala directamente; no cmico, a enerxa que se aforra na execucin dun movemento ou

11

representacin en comparacin enerxa que gasta o suxeito do que nos estamos rindo; e no humor,
a enerxa que se invertera nun sentimento penoso de non seren capaces de facer humor a partir desa
situacin.
Mais o tratamento da cuestin por parte de Freud non se queda aqu. A primeira tpica de Freud
consciencia, preconsciente, inconsciente- deixar paso a partir de 1923 segunda tpica, que divide
a psique en eu, elo e supereu. Nun texto de 1927 sobre o humor Freud, sen desestimar o punto de
vista econmico-enerxtico, introducir a perspectiva dinmica e empregar a nocin de supereu
para intentar explicar porque ante unha situacin que mesmo pode resultar fatal o suxeito capaz de
adquirir a distancia suficiente como para facer humor con ela.
De novo se insiste na idea de que o humor o resultado de aforrarse os afectos que a situacin
debera espertar normalmente e sobrepoerse a ela mediante unha broma. E de novo Freud afirma
aqu que o humor, en comparacin ao chiste e ao cmico, ten algo de grandioso e pattico (Freud
1927, 158) e que esta grandiosidade ten que ver coa capacidade narcisista, co feito de que un eu
indiferente non se sinta ameazado a pesares de estar nunha situacin de alto risco e, aqu esta o
esencial, de que sexa capaz de extraer pracer dela. Evidentemente non se trata de caer na neurose ou
no delirio. O neurtico exaxerara ou infravalorara a importancia da situacin. O delirante
denegara radicalmente o potencial ameazante da situacin real, refuxirase na loucura. Trtase de
que co humor o suxeito consegue superar unha situacin dificultosa sen resignar, como o fan
outros procedementos de igual propsito, o terreo da sade anmica (Freud 1927, 159).
Segundo Freud o humorista ten con respecto sa situacin un comportamento como de pai a fillo.
O supereu unha certa herdanza da autoridade dos proxenitores (nai e pai) que agora
interiorizada. A operacin do humor consiste en desprazar as enerxas dende o eu ao supereu, de
maneira que tdolos intereses do eu resultan agora desdebeis (Freud 1927, 160) e as sas
reaccins poden ser sufocadas. Exemplos deste desprazamento son a mana liberacin do eu do
control que recibe por parte do supereu- ou a melancola sufocacin cruel por parte do supereu
exercida sobre o eu-. Mediante o humor a persoa desva a enerxa dende o eu at ao supereu e este
consegue manter controladas as reaccins do eu e anda por riba lle procura unha certa ganancia de
pracer. Trtase dun pracer que non acada as cotas do chiste ou da risa cmica, mais que
experimentado como particularmente emancipador e enaltecedor (Freud 1927, 161).
dicir, neste texto Freud propn que o supereu non sempre e necesariamente cruel como se
establece na maiora dos textos freudianos -, senn que pode adquirir un talante humorstico. Mais o

12

que interesa que o humor unha operacin na que se consegue desviar a atencin da penosidade
dun feito que ataca ao eu a base de concentrar esta enerxa no supereu. dicir, de novo, o humor en
Freud no ano 1927 ten como misin superar o dramtico dunha situacin sen caer na neurose ou no
delirio.

III. Freud e Celestino.


Celestino critcalle a Freud nos comezos do seu libro que vexa no humor tan s un gasto de
sentimento aforrado e interpreta isto como se Freud afirmase que o humor s serve para librarnos
da mgoa e da dor ao modo dunha especie de analxsico (Fernndez de la Vega 1963, 42). Se o
humor ten das facianas, unha de crtica e outra de resistencia, sen dbida Freud insiste mis na
perspectiva da resistencia: unha vez recoecida a dureza da situacin real, o humorista procura tirar
o mximo beneficio dela en forma de pracer, intentando minorar a dureza da situacin. O que lle
interesa a Celestino , polo contrario, destacar a capacidade crtica: o humorista ten a capacidade
para detectar o miserbel e inxusto, diramos nosoutros- dunha certa realidade e anda as provocar
o sorriso. O que Celestino busca destacar o papel crtico que o humorista pode chegar a
desenvolver e certo que isto non aparece con tanta claridade nos textos de Freud.
Celestino tamn lle bota en cara a Freud e a outros que se teran equivocado ao considerar que o
humor unha das variantes do cmico (Fernndez de la Vega 1963, 57). Para Celestino a risa
cmica incompatible co sentimento, mentres que o sorriso do humor est relacionado coa
simpata, a tenrura e a compaixn. O humorismo ira mis al da exterioridade, da non
voluntariedade e da falta de comprensin cmicas e tera que ver cunha capacidade comprensiva e
unha interioridade graves que son sempre buscadas. O certo que, como se viu, Freud considera
que chiste, comicidade e humor son tres maneiras de aforrar un gasto psquico, pero as distingue tan
netamente que non xusto atriburlle que o humor e o chiste sexan simplemente variantes do
cmico.
Resulta interesante que ambos autores coincidan na tese de que o Quixote non un texto cmico,
senn humorstico. Trtase dun asunto de certa finura, de detalle e tan en contra das lecturas
habituais da obra de Cervantes que cabe pensar en que a coincidencia non casual. Para Celestino
Cervantes pretende que os lectores consideren que eles tamn son Quixotes, de maneira que se
estableza con respecto ao personaxe unha certa empata: calquera lector debera en certa medida ser
consciente que os seus ideais son ideais e aceptar con resignacin que estes nunca acabaran de

13

cumprirse. Claro que iso implica tamn que os lectores teen anda algn tipo de ideal, de soo, de
utopa. Para Freud, anda que estea presente, o mis importante non o lado cmico, senn a
actitude que capaz de ter o enxeoso fidalgo ante as circunstancias que o rodean: sera algo as
como que a sa actitude non sabemos se consciente ou inconsciente- non mis ca unha estratexia
para sobrelevar unhas circunstancias penosas, deixando nun segundo plano o feito de se est ou non
esta verdadeiramente tolo.
Mis entrando nun aspecto mis central da comparacin entre mbolos dous pensadores cabe
considerar a como mnimo, compatibilidade, das das definicins que ofrecen do humor.
Recapitulando. Para Celestino o humor aquela actitude que capaz de atopar senso no non senso,
que capaz de provocar o sorriso ante unha situacin que non ten senso e non o ten porque resulta
tan insoportbel que non hai maneira de atoparlle xustificacin-. Evidentemente, non se trata de
obviar a gravidade da situacin, senn todo o contrario: unha vez tomada conciencia de como est
configurado un estado de cousas e descuberta a sa enorme gravidade, poder anda ser capaz de
facer humor, como agardando unha nova oportunidade para cambiala. Freud non di xustamente
outra cousa. O humor acta como unha estratexia de defensa do eu ante unha ameaza exterior que
pretende afrontar unha situacin dificultosa co mnimo posbel de gasto psquico, dicir, co mnimo
de sufrimento posbel. Formulado combinando os conceptos de Freud e Celestino: o humor o
xesto mediante o que supereu tomas as rendas e controla toda posbel reaccin automtica de pnico
do eu para conseguir racionalizar unha situacin sen senso a travs do senso.
IV. Conclusin.
A televisin un medio privilexiado para advertir como o cmico gaa cada vez mis espazo en
perxuzo do humor. Que o cmico aquela situacin sen sentido onde o suxeito percibe unha
desproporcin entre o que est sucedendo e as capacidades de resposta, demstrano os cmicos
profesionais que buscan cada vez mis provocar a risa dende o sensentido, dende a total falta de
crtica, ou en todo caso, coa clara intencin de deixar de lado a denuncia dunha realidade que cada
vez mis insoportbel. Con esta caracterizacin poderamos xa pensar qu hai de humor na
meirande parte das series cmicas televisivas: para Celestino, ao non haber crtica, nada. Cada vez
acada maior espazo o mal chamado humor fcil, porque en realidade non humor, senn algo
meramente cmico. O humor televisivo transformouse nunha comicidade baleira que non outra
cousa que unha invitacin resignacin intercalada con pausas analxsicas a modo de supositorio
antiinflamatorio de quince minutos de duracin. Vxanse os programas cmicos da TVG nos

14

ltimos tempos6. Claramente se percibe aqu que moito mis difcil ser consciente dos aspectos
negativos da realidade e facer humor con eles, dicir, provocar o sorriso sen esquecer aquilo que
non gusta do que nos rodea. En definitiva, sobran cmicos, escasean humoristas.
Se o humor e o humorismo un dos catro temas escollidos pola editorial Galaxia para facerlle
fronte anulacin sistemtica ao que o franquismo someteu no pasado e somete no presente por
inercia a lingua e cultura galegas, claro que o motivo era que os que realizaron esa eleccin
pensaban que o humor era algo que ten que ver co galego. E non fai falla forzar demasiado as
cousas para entender que se o humorismo algo especialmente galego porque o humorismo
unha das ferramentas que lle permiten aos galegos aturar as circunstancias penosas que lle tocaron
vivir: o paradigma de humorista que toma Celestino o Quixote pero tamn a opresin sistemtica
retratada nos debuxos do Castelao que mesmo como artista nunca deixou de exercer a poltica: a
opresin das clases mis desfavorecidas por parte dos caciques, por parte da Igrexa, por parte dos
seoritos da Universidade e sobre todo por parte daqueles que gobernan dende fra o pais. O humor
algo esencialmente galego porque o pobo galego est condenado tamn a pelexar e facer senso
dunha situacin sen senso e iso sen caer no riso ou no pranto, senn intentando comprender e levar
o mellor posbel a opresin padecida.

Vxase sobre este aspecto a iluminadora tese doutoral indita de Marta Prez Pereiro (2007).

15

Bibliografa:
Castelao (1922), Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, Galaxia, Vigo, 2011, edicin dixital.
Dasilva, X.-M. (2013), La traduccin al gallego y la censura franquista, Quaderns. Revista de
Traducci, 20, 2013, p. 17-29.
Fernndez de la Vega, C. (1963), O segredo do humor, Galaxia, Vigo, 20093.
Freud, S. (1905), El chiste y su relacin con lo inconsciente, Amorrortu editores, Buenos Aires,
2006, Obras completas, volume VIII.
Freud, S. (1927), El humor, Amorrortu editores, Buenos Aires, 2007, Obras completas, volume
XXI, p. 157-162.
Marx, K., Das Kapital. Erster Band (1867), Berlin, Dietz, 1980.

Prez Pereiro, M., (2007), Modalidades humorsticas na comedia televisiva galega. Humor e
ideoloxa na frmula televisiva da comedia de situacin, Tese doutoral, Universidade de Santiago
de Compostela, 2007, http://hdl.handle.net/10347/2381.

You might also like