You are on page 1of 2

TEMA 2.

O FEUDALISMO: SEÑORES E CAMPESIÑOS


ACTIVIDADES

1. Explica a relación que existe entre as segundas invasións e o nacemento do feudalismo.

2. Debuxa unha pirámide da sociedade feudal e explica brevemente como funcionaba.

3. Explica cales eran os privilexios dos que gozaban a nobreza e o clero.

4. Cales eran as obrigados do campesiñado con respecto aos señores?

5. A partir desta imaxe (páxina 6) explica era un feudo e describe que elementos contiña. É
dicir, as súas partes, quen vivía en cada unha delas, que as diferenciaba e que usos se lle
daba a cada unha delas.
6. Define os seguintes conceptos: estamento, feudo, manso, reserva señorial, servo, señor.
Acompaña as definicións dunha frase na que os utilices.

7. Le o seguinte documento e contesta ás preguntas que aparecen a continuación. Non


esquezas facer referencias ao documento:

“A orde eclesiástica non compón senón un só corpo. En cambio a sociedade está dividida en
tres ordes. Á parte do xa citado, a lei recoñece outras dúas condicións: o nobre e o servo,
que non se rexen pola mesma lei.

Os nobres son os guerreiros, os protectores das igrexas. Defenden a todo o pobo, aos
grandes o mesmo que aos pequenos e ao mesmo tempo protéxense a eles mesmos. A outra
clase é a dos servos. Esta raza de desgrazados non posúe nada sen sufrimento. Provisións e
vestidos son fornecidos a todos por eles, pois os homes libres non poden valerse sen eles.
Así pois, a cidade de Deus, que é tida como unha, en realidade é tripla. Uns rezan, outros
loitan e outros traballan. Os tres ordes viven xuntos e non sufrirían unha separación. Os
servizos de cada un destes ordenes permiten os traballos dos outros dous. E cada un á súa
vez presta apoio aos demais. Mentres esta lei estivo en vigor o mundo estivo en paz”.

(ADALBERÓN DE LAON: Carmen ad Robertum regem francorum, 988)

• De que tipo de fonte se trata? Por que?


• Cal é o tema do documento? De que fala?
• A sociedade que describe Adalberón, é igualitaria? Xustifica a túa resposta
• Segundo o documento, por que é importante cada estamento para os outros dous?
• A que estamento cres que pertence o autor do documento? Por que?

You might also like