You are on page 1of 1

VOCABULARIO TEMA 1 AS VIAXES Martes 24 de marzo de 2020

1. Na lingua cotiá unha «odisea» é:


– Viaxe chea de aventuras e dificultades.
– Acción realizada con moito esforzo.
• Relaciona cada palabra co seu significado: percorrido, itinerario, expedición,
excursión, traxecto, periplo.
a) Proxecto ou plan dunha viaxe co camiño que se vai seguir ou que se seguiu, as paradas
previstas, etc. ITINERARIO
b) Viaxe marítima de exploración arredor dun continente, dun mar, etc. Por extensión,
viaxe longa por lugares descoñecidos. PERIPLO
c) Viaxe breve que se fai para recrearse, para estudar, para coñecer algún sitio, etc.
EXCURSIÓN
d) Viaxe ou marcha dun grupo de persoas cun fin militar, científico, deportivo, etc.
EXPEDICIÓN
e) Espazo que percorre ou vai percorrer unha persoa, animal, unha cousa ou un grupo.
PERCORRIDO
f) Espazo que hai que percorrer para ir dun lugar a outro. TRAXECTO

2. Pon na orde correcta as letras e forma as palabras que corresponden a estas


definicións:
a) Representante comercial que viaxa para negociar compras ou vendas. xanivate
viaxante
b) Persoa que fai unha viaxe, especialmente cando esta é longa. roxeiavi - viaxeiro
c) Persoa que viaxa nun medio de transporte. xaspaerio - pasaxeiro
d) Persoa que navega, en particular o mariño que pola súa profesión fai longas viaxes
polo mar. tenvanega - navegante
e) Persoa que realiza viaxes de pracer, visita lugares de interese, etc. tisatru - turista
f) Persoa errante, que vai dun lugar a outro sen ocupación ou destino fixo. // Amigo da
aventura ou das viaxes. banguvado - vagabundo
g) Persoa que anda ou viaxa polo mundo. // Persoa que vai en peregrinación a un
santuario. Grorepeni – peregrino

3. Sitúa no encadeado as palabras que corresponden ás seguintes definicións:

1. Pequeno estoxo para transportar obxectos de aseo persoal. NECESER


2. Conxunto de cousas que se levan nas viaxes. EQUIPAXE
3. Dormitorio nun barco. CAMAROTE
4. Parada que fai unha nave para cargar combustible, embarcar ou desembarcar mercancías ou
pasaxeiros, etc., e continuar logo a súa ruta. ESCALA
5. Acción de embarcar nun barco, nun avión, etc. EMBARQUE
6. Proxecto ou plan dunha viaxe co camiño que se vai seguir ou que se seguiu, as paradas, etc.
ITINERARIO
7. Parte do porto na que atracan os barcos. PEIRAO
8. Caixa de coiro, lona ou outros materiais, que se usa para levar cousas nas viaxes e que pode
ter unha ou dúas asas. MALETA
9. Viaxe por mar facendo escala en varios portos para visitalos. CRUCEIRO

You might also like